"Fer" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2007.

  • GALICIA

    Poeta. Licenciado en Dereito e Filosofía e Letras, pertenceu ao corpo de intendencia da Armada. Ocupou a cátedra de Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidad de Murcia. Publicou, entre outras obras, Nebulosas (1934), La avena de Dafnis y otros poemas (1935-1942) (1943), La canción de los pinos (1945), Poemas del mar y del alma (1948), Argos. Poema del mar y del alma (1948, 2ª edición 1953), Lirios de Compostela (1949), Cuatro poetas belgas de hoy (1950), O espello das brétemas e outros poemas (1987) e Vuelo hacia dentro (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Diplomático, fillo de Francisco Fernández de Costa e X conde de Lemos, marqués de Sarria e conde de Vilalba e de Andrade. Casou coa súa curmá dona Ana Francisca de Borja. Carlos II nomeouno vicerrei e capitán xeneral dos reinos do Perú no ano 1667. Patrocinou a construción da capela dos Desamparados de Lima, onde pediu que o soterrasen, aínda que despois o seu cadáver se trasladou á igrexa de San Pedro por mor do desmantelamento da citada capela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista ilustrado e sacerdote. Membro dunha familia fidalga, estudiou leis e foi membro do Colegio de Abogados da Coruña. No ano 1767, o Rei Carlos III nomeouno cóengo da catedral lucense e, en 1776, acadou o arcediagado de Dozón (Lalín). Exerceu como provisor e vigairo xeral do bispado de Lugo. Foi director, desde a súa fundación en 1784, da Sociedade Económica de Amigos del País da súa cidade natal. Escribiu varias obras xurídicas, entre as que destacan Discursos críticos sobre las leyes y sus intérpretes (1765) e Dios y la naturaleza: compendio histórico, natural y político del universo (1779), obra de dez volumes que deixou inconclusa. Publicou tamén un Elogio del dialecto gallego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e crítico de arte. Licenciouse en Historia da Arte e en Arqueoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse en Historia da Arte pola Universidad Complutense de Madrid. Cursou estudios de literatura francesa na Sorbonne de París e de arte contemporánea no Metropolitan Museum e no MOMA de Nova York. Foi profesor do Liceo Internacional de París (1985-1991), responsable das edicións de 1982, 1983 e 1986 da Bienal de Arte de Pontevedra, director da sección de Artes Plásticas da Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia (1984), conservador do Centro Galego de Arte Contemporánea (1994-1995) e profesor de historia da arte contemporánea na facultade de Belas Artes e de movementos artísticos contemporáneos na facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigo. Realizou o comisariado de distintas exposicións de arte na maioría das cidades de Galicia, como a Illa das Esculturas (Pontevedra, 1999), e en Madrid, Barcelona, València, Lisboa e París. Participou en numerosas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e mariño. Herdeiro do señorío de Torés, marchou a Filipinas como alférez no ano 1589 e, en 1590, ascendeu a almirante de naos. En 1593 realizou unha viaxe a China en misión diplomática e, en 1595, viaxou a México, cidade na que residiu ata 1598, cando foi chamado a defender as illas Filipinas dunha invasión xaponesa. Realizou numerosas viaxes polo Pacífico polo que recibiu o título de cabaleiro da orde de Santiago (1601).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xogador e adestrador de fútbol. Como preparador da Sociedade Deportiva Compostela (1989-1995) conseguiu ascender o club de xeito consecutivo dende a terceira división á segunda B (tempada 1989-1990) e á segunda A (tempada 1990-1991). Logo de tres tempadas en segunda A (1991-1992, 1992-1993 e 1993-1994), acadou o ascenso á primeira división por vez primeira na historia do club santiagués e, ao remate da tempada seguinte (1994-1995), abandonou a S D Compostela, despois de rematar o Campionato de Liga nun posto de permanencia na máxima categoría. Na tempada 1995-1996 e 1996-1997 dirixiu o equipo de primeira división do Real Club Celta de Vigo. A seguir marchou a Portugal para adestrar, na tempada 1997-1998, o Sporting Braga, equipo de primeira división. Despois foi adestrador do Sevilla Club de Fútbol (1997-1998) e do Club Deportivo Tenerife (1999-2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo. Despois de ser ordenado sacerdote, en 1844 estableceuse en Madrid. En 1852 acadou a cátedra de Literatura na Universidad de Madrid, onde foi discípulo de Julián Sanz del Río. Representante do catolicismo liberal, defendeu a separación do estado e da Igrexa e criticou as inxerencias desta en cuestións seculares. No 1867 abandonou a Igrexa. Coa Revolución de 1868 ocupou o cargo de reitor da Universidad de Madrid (1868-1870) e intentou levar a cabo reformas baseadas no pensamento krausista. Centrado na educación feminina, a partir do 21 de febreiro de 1869 inaugurou na Universidad de Madrid unhas conferencias dominicais que foron a base da creación do Ateneo de Señoras e da Escuela de Institutrices. É autor de Caracteres históricos de la Iglesia española (1866) e Memoria testamentaria (1874).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Emigrado a Arxentina, desenvolveu nese país a súa actividade ata o seu regreso a España. Despois da Guerra Civil, e sobre todo nos anos corenta, alternou colaboracións en publicacións periódicas galegas, como La Voz de Galicia, e madrileñas. Das súas obras destacan Dicionario de El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha (1962), Dicionario del novelista (1983) e Antologia del pensamiento cinematográfico (1947?), primeira obra que un autor galego dedica á técnica cinematográfica e ás súas repercusións artísticas a partir de obras e artigos preexistentes, cunha estrutura didáctica na que relaciona frases máis ou menos coñecidas que serven para unha aproximación aos primeiros cincuenta anos do cine. Son rechamantes as reproducións de pensamentos de S. M. Eisenstein, nuns tempos no que todo o soviético estaba anatematizado cultural e politicamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenome latino derivado da voz zepherinus ‘relativo ao céfiro’, e esta, á súa vez, de Zephyrus, termo proveniente do grego ζέ ϕ υρος. O Céfiro, divindade que personificaba o vento, relacionábase antano co rexurdir da vida e da natureza. Ceferino (ss II-III), santo e papa, celébrase o 26 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pontífice romano (199-217), sucesor de Víctor I. Consagrou 13 bispos, 13 presbíteros e 7 diáconos. Como defensor da fe obrigou a que os fieis comungasen pola Pascua e combateu as herexías de montanistas e teodorianos. Represéntase na arte iconográfica con vestiduras papais, coa tiara e coa cruz de tres traveseiros. A súa festa celébrase o 26 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Louis-Ferdinand Destouches.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Licenciouse en Ciencias Políticas e Económicas na Universidad de Madrid. Foi director do departamento de difusión do Instituto Nacional del Libro Español, director da revista El Libro Español e profesor na Escuela de Librería de Madrid. Publicou, entre outros libros, Edición y comercio del libro español 1900-1972 (1972) e Historia del Derecho español de prensa e imprenta 1502-1966 (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiadora da arte. Doutora en Historia da Arte Antiga e Medieval pola Universidade de Santiago de Compostela (1995), ampliou estudios en Estrasburgo, París e Perugia. Profesora de historia da arte na facultade de Xeografía e Historia dende 1994, especializouse no estudo da iconografía da morte na escultura funeraria do medievo galego. Realizou traballos de investigación relacionados coa diocese de Tui-Vigo, como a confección do seu inventario mobiliario litúrxico e o estudo histórico e estrutural da catedral tudense. Colaborou, entre outras publicacións en Tuy. Museo y Archivo histórico diocesano, Museo de Pontevedra, Cuadernos de Estudios Gallegos e Archivo Español de Arte. Dirixiu a colección de historia da arte da Fundación Cultural Rutas do Románico. Foi coautora, entre outras obras, de A comarca do Deza (1998), Pola beira do Miño en Galicia e Portugal (1999) e Arte y poder en la Galicia de los Trastámara: la provincia de La Coruña (2000). Entre as súas obras destacan La catedral...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte central da Terra, cunhas características térmicas e de densidade elevadas, composta principalmente de ferro e níquel e cun radio de 3.500 km.

    2. centrosoma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que produce cera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acólito que porta o cirio na igrexa ou nas procesións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política. Graduada en Psicorientoloxía pola University of Laredo (Texas), realizou cursos de dereito na Université de La Sorbonne e de socioloxía en Helsingor (Dinamarca). Residiu en Suíza (1972-1975), onde ocupou o cargo de secretaria da Federación de Entidades Españolas dos cantóns de St. Gallen e Appenzell. Ao seu regreso integrouse na política local de Vilagarcía e ocupou a secretaría xeral da Xunta local do PP. Foi deputada do Parlamento galego, polo PP, na IV lexislatura (1993-1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doenza causada polo protozoo flaxelado Trypanosoma cruzi, descuberta polo patólogo Carlos Chagas en 1909. Propia de América Central e Meridional, transmítese por medio dos hemípteros heterópteros das especies Rhodnius prolixus e Triatomoa megista. Caracterízase pola presenza de febre, ollos inchados, malestar xeral, edema e agrandamento do bazo e dos ganglios linfáticos. Tamén se coñece como tripanosomiase americana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Emigrado a Arxentina, ingresou no exército e participou como capitán das milicias de Río Negro na guerra con Portugal (1801) e na liberación de Bos Aires, ocupada polos ingleses en 1806. En 1814, como comandante militar da praza de Paysandú (Uruguay), axudou os exércitos españois que estaban asediados en Montevideo polos independentistas. Unha vez finalizado o proceso independentista, trasladouse a España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e editor. Despois de fundar o xornal vigués La Oliva, xunto con J. Ramón Fernández en 1856, marchou a La Habana; alí constituíu unha librería e un obradoiro de publicacións. En 1868 fundou, xunto con Francisco de Armas Martínez, a revista El Ateneo. Máis tarde editou os semanarios El moro Muza, D. Juanípero, Juan Palomo e La Legalidad. Amais exerceu como correspondente en Cuba do xornal El Heraldo Gallego de Ourense. Na súa editorial La Propaganda Literaria publicou numerosos libros en galego, entre eles, Follas Novas (1880) de Rosalía de Castro, e Aires da Miña Terra (1880), de Curros Enríquez. Contribuíu, do mesmo xeito, á impresión de Historia de Galicia, de Murguía, e á edición de libros relacionados coa educación, a agricultura e a administración. Unha vez instalado o seu obradoiro en Madrid, tirou do prelo durante catro anos a publicación La Ilustración Gallega y Asturiana, co apoio do seu...

    VER O DETALLE DO TERMO