"García" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 414.

  • GALICIA

    Escritor. Colaborador das publicacións Grial e Encrucillada, publicou Miro (1987), O globo máxico (Premio Barco de Vapor 1987), O deus desaparecido (1991), O segredo do novicio (1992), O lagarto Paco (1993) e O crocodilo na habitación (1994). Recibiu o Premio Nacional de Tradución (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escritora. Publicou Os milagres de Santiago (1988), Xosé faise amigo do vento (1990) e Xosé e o vento (2002). Recibiu o Premio Nacional de Tradución (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cantautor. Formou parte do grupo Voces Ceibes. Da súa discografía destaca Pola unión (1977) e Os nomes das cousas (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e crítico literario da arte. Da súa produción destacan El escorpión (1969), Fedra (1975), Novela española actual (1967), Arte hoy, arte del futuro (1976) e Novela española de posguerra (1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escritora galega. Da súa produción, enmarcada dentro da literatura para nenos, destaca Moncho e Dríar (1988), O sapo Crisapo (1990) e O espello (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sindicalista. Integrouse na Sociedad de Pintores ao redor de 1920 e foi militante da CNT. Delegado do seu sindicato ante a CRG na etapa republicana, rexeitou dende 1934 o control que o Partido Sindicalista chegou a exercer sobre a Federación Local de Sindicatos, defendendo a continuidade desta na central anarcosindicalista. Trala Guerra Civil exiliouse en Chile, onde asinou, en 1955, un manifesto a prol de superar a escisión que daquela sufría a CNT.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre e xornalista. Foi director do diario El Telegrama. Vencellado ao movemento provincialista galego, partipou en certames literarios e reunións desta tendencia política. En 1870 colaborou no almanaque La Aurora de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Profesor. Fundou, xunto con Manuel Martínez, e dirixiu a Escola Fröbel de Pontevedra (década de 1880), situada na Casa do Barón. Participou no Congreso Regional de Pontevedra (1887) e foi redactor en Pontevedra do xornal La Luz. Publicou Froebel y su sistema educativo [...] (1887).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tenor e compositor. En 1816 participou na estrea en Roma de Il barbieri di Siviglia de Rossini. Actuou tamén nos EE UU e México e exerceu a docencia. Das súas composicións destaca a ópera El poeta calculista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Barítono, fillo de Manuel del Pópolo Vicente García. Foi profesor de canto e inventor do laringoscopio. Foi profesor do Conservatorio de París e posteriormente da Real Academia de Música de Londres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actriz. Iniciou o seu traballo teatral profesional a finais dos anos oitenta na compañía Chévere, participou en espectáculos como Río Bravo ou Big Bang, ademais de ser habitual nas Ultranoites da Sala Nasa. Outros espectáculos nos que participou foron Bailando en Verán e As Troianas, con Espello Cóncavo, ou Valle-Inclán 98, co Centro Dramático Galego. En 1997 recibiu o Premio María Casares á Mellor Actriz Secundaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico e compositor. Estudiou música en Suecia entre 1976 e 1980. De volta a Galicia formou parte dos grupos de jazz Parabara, Filloa Express e Clunia. Con este último grupo obtivo diversos galardóns e gravou varios discos, entre os que destacan Clunia Jazz (1982), Rúa Cega (1986) e Carpe Diem (1995). A partir dos anos noventa compaxinou a súa actividade de solista coa de compositor musical e produtor doutros artistas e grupos como Xocaloma (Rosas de luz, 1990), Manuela e Miguel (Barco na alba, 1990), Uxía Senlle (Danza das areas, 2000) ou Luar na lubre (Espiral, 2002). Como compositor destaca o seu traballo de creación de material didáctico para nenos, entre o que cómpre mencionar Arrolín arrolán (1994) ou Cantos de berce (2001). Tamén realizou un gran número de composicións para ambientar obras de treatro, entre as que salientan A fiestra valdeira (1994), A noite das tríbades (1996),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Activo entre 1704 e 1721, foi discípulo de frei Gabriel de Las Casas. Rematou as obras do seu mestre e deu as trazas e construíu a igrexa da colexiata de Iria Flavia (1708-1714).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director teatral arxentino. Iniciou a súa carreira profesional en Bos Aires, onde estudiou Medicina e Arte Dramática e onde en 1956 montou un espectáculo, El maleficio de la mariposa, no que partía do texto de Federico García Lorca. En París, en 1964, presentou os espectáculos El Retablillo de Don Cristobal, sobre un texto de Lorca e La rosa de papel, a partir dunha obra de Valle-Inclán, e despois Ubu Rei (1965), El gran teatro del mundo (1966) e El cementerio de automóbiles (1967), cos que obtivo un amplo recoñecemento. En 1969 iniciou unha colaboración coa compañía de Nuria Espert, coa que dirixiu os espectáculos As criadas (1969) e O balcón (1970), con textos de Genet, Yerma (1972), a partir da obra homónima de García Lorca, e Divinas Palabras (1976), versión da obra de Valle-Inclán. O seu traballo, ás veces discutido, orientouse cara á renovación do conxunto do espectáculo dramático, utilizando a miúdo para construír o aparato escénico unha grande espectacularidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre de obras. Colaborou nas obras do Hospital Real (1510), onde realizou dúas fontes (1510), traballou nas bóvedas (1527) e fixo outros traballos (1533). Traballou vinculado a Juan de Álava e en 1521 asumiu a dirección das obras do claustro da catedral de Santiago de Compostela xunto con Xoán de Bergantiños e Alonso Gontín, co que foi mestre de obras do colexio de Santiago Alfeo (1532). Na catedral realizou a capela da Concepción (1523), segundo as trazas de J. de Álava, diversas obras na capela de Mondragón (1525) e reformas na capela do Espírito Santo (1526). En 1531 encargouse das obras de reforma da capela parroquial de San Xoán Apóstolo. Fóra de Santiago traballou na capela maior de Santa María a Grande de Pontevedra con Diego Gil, Alonso Mariño e Rodrigo de Rioboo (1520).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo e cineasta. En 1977 fundou a editorial Cascorro Factory, dedicada ao cómic e dende 1981 colabora con El País. Dirixiu o filme No hables más de mí (1984) e realizou o libro de prensa El Dorado (1987), de Carlos Saura. En 1989 fundou o colectivo e a revista El Canto de la Tripulación. En 1994 participou en Londres no Spanish Art Festival e expuxo en París, Bruxelas, Cuba e México. Publicou Bikers (1994) e Madrid visto por (1994). En 1999 recibiu o Premio Nacional de Fotografía de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filántropo. Emigrou de neno a Cuba, onde foi un dos fundadores da Junta de Beneficiencia de los Naturales de Galicia. Fundou o Banco García-Barbón de La­ Habana, onde foi concelleiro e membro de diversas compañías comerciais. Regresou a Galicia en 1884 e instalouse en Verín, onde contribuíu á restauración da igrexa parroquial e do santuario de Nosa Señora dos Remedios, promoveu a compañía de automóbiles entre Verín e Ourense, da que foi accionista, e a Electro SA de Verín. Fundou o colexio de San Xosé e dotouno dos elementos pedagóxicos máis modernos. Trasladouse a Vigo, onde favoreceu a construción das escolas superior e elemental industrial e salesiana do Areal, a urbanización da cidade e doou os terreos onde se construíu a Escola de Artes e Oficios, posteriormente Universidade Popular de Vigo. Contribuíu á celebración dos Xogos Florais de Tui. Recibiu as cruces da Beneficiencia, Isabel la Católica e a Gran Cruz de Alfonso XII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e político. Dirixente agrarista, participou na constitución da Federación Agraria de Negreira e colaborou na redacción de La Zarpa, diario dos agraristas galegos. Publicou Páginas de mi vida (1925), Nubes y sombras (1927) e Hojas del corazón (1928).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Obtivo o título de procurador dos tribunais e posteriormente seguiu diversas actividades comerciais. Pertencente á Xeración das Festas Minervais, participou nos parladoiros do Café Español e ao longo da súa traxectoria colaborou en distintas revistas e xornais. Foi cofundador do grupo O Galo e en 1963 participou cun recital xunto a outros autores na celebración do primeiro Día das Letras Galegas. En 1980 foi elixido directivo da primeira Asociación de Escritores en Lingua Galega e presidente do Ateneo de Santiago de Compostela. Na política, estivo vinculado ao Consello da Mocidade e en 1963 participou na constitución do Partido Socialista Galego (PSG). Da súa produción destaca Ao pé de cada hora (1967), Tempo de Compostela (Premio da Crítica Española l978), 37 debuxos para un país (1985), Compostela (1989) Obra poética (1993), Conto de Reis (1991), Os misterios de Monsieur D’Allier (Premio da Crítica 1993) e Rafael...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e galerista. Coñecido como Boente, licenciouse en Belas Artes na Universitat de Barcelona. Realizou exposicións tanto en Galicia como en diversas cidades españolas. Recibiu, entre outros galardóns, o Primeiro Premio de Carteis Festas de San Froilán (1978), o Primeiro Premio de Pintura Provincial Certame Xuvenil de Artes Plásticas (1982) e o premio mellor autor lucense no concurso de fotografía Arquitectura na cidade (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO