"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Medida da capacidade de adaptación da retina ás variacións da intensidade luminosa.
-
PERSOEIRO
Estadista inglés. A súa oposición á emancipación católica fixo que Xurxo III o nomease Primeiro Ministro (1801-1804). Asinou a Paz de Amiens con Francia (1802). Foi Ministro do Interior (1802-1822).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización sindical mariñeira. Iniciou a súa actividade no ano 1917 e cesouna ao comezar a Guerra Civil. Os seus obxectivos eran asociar a todos os traballadores do mar de Bueu que estivesen matriculados; mellorar a condición do sector e defender e representar aos traballadores do mar diante dos patróns e autoridades gobernativas. Malia que a súa vinculación inicial foi co socialismo da UXT, debido á estratexia de espallamento que a CNT e a súa Federación Regional de Industria Pesquera encetaron dende o ano 1931 por todo o litoral galego, a organización remataría comprometéndose co ideario anarquista, que non abandonaría ata a súa disolución. Entre 1932 e 1936, debido as continuas flutuacións do prezo da sardiña, que repercutían directamente nas endebles economías mariñeiras, promoveu unha serie de mobilizacións da clase mariñeira.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Pontevedra o 17 de setembro de 1882 e subtitulada “Semanario defensor de los intereses generales de Galicia”. Foron os seus redactores: Antonio Curros Enríquez, Félix Lázaro e Torcuato Ulloa, entre outros. Contiña numerosos artigos tratando polémicas e mantivo un enfrontamento co xornal El Libredón.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal nado o 11 de agosto de 1912 en Bueu, e dirixido por Ricardo Portela Pazos. Desapareceu no número 34, o 16 de novembro de 1913. Incluía información local e política, poesías en castelán e unha sección chamada “D´os nosos clásecos” con reproducións de poemas de Lamas Carvajal e Rosalía de Castro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade constituída oficialmente o 5 de febreiro de 1919 como Sociedad de Maquinistas, Fogoneros y Metalúrgicos de Marín, foi a primeira sociedade que abrangueu os maquinistas e traballadores da construción naval desa vila como resposta á modernización do sector pesqueiro galego que, nos núcleos urbanos máis importantes, estaba a abandonar as técnicas tradicionais de pesca e construción para adoptar a máquina de vapor e, consecuentemente, os cascos de aceiro que a nova tipoloxía de barco precisaba. Os 121 socios que acolleu no ano da súa fundación son un dato obxectivo sobre a importancia da modernización pesqueira en Marín.
-
-
Acción e efecto de adelgazar.
-
Déficit de tecido adiposo, coincidente ou non cun déficit de tecido muscular. Pode ser pasaxeiro ou persistente. Amais, pode ser constitucional ou adquirido, por consecuencia dunha insuficiente alimentación, do déficit de inxestión por razóns psicolóxicas (anorexia nerviosa), de enfermidades que dificultan a dixestión ou a absorción, de enfermidades crónicas infecciosas e cancerosas, de enfermidades do metabolismo (diabete) ou de doenzas endocrinas como o hipertiroidismo ou a insuficiencia hipofítica suprarrenal. O signo máis evidente e directo do adelgazamento é o déficit ponderal ou perda de peso.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
deuteromiceto.
-
PERSOEIRO
Gramático e lexicógrafo alemán. Comezou a súa investigación lingüística estudiando a latinidade medieval (adicións ao glosario de Du Cange), sen embargo, a súa obra máis importante é a Grammatisch-kritisches Wörterbuch der hochdeutschen Mundarten (Dicionario gramático-crítico dos dialectos altoalemáns, 1774-1786) que contribuíu notablemente á codificación deste idioma. Do ano 1759 ao 1761 foi profesor do Gymnasium protestante de Erfurt (Turinxia) e, dende o ano 1787, conselleiro da corte e director da biblioteca de Dresden.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigos estados árabes vencellados dende 1882 a Gran Bretaña por tratados de protección que no ano 1937 se constituíron nun único protectorado. Estaba dividido nun protectorado oriental, que comprendía a rexión de Hadramawt cos estados de Saiwun, Sihr e Al-Mukalla, os sultanatos de Qisn, Suqutra, de Bar Haf, Bir Ali e os territorios de Irqah e de Al-Haura; e nun protectorado occidental, con oito sultanatos, dous emiratos e sete territorios. Algúns estados do protectorado occidental crearon no 1960 a Federación de Adén. En 1963, esta federación e a colonia de Adén formaron a Federación de Arabia do Sur, á que se sumaron outros estados, dos que algún pertencía ao protectorado oriental. Co resto do territorio, os británicos formaron un novo protectorado de Adén que, finalmente, pasou a formar parte da Federación de Arabia do Sur en 1967 para crear a nova República Popular do Iemen do Sur.
-
-
Extirpación cirúrxica dunha glándula.
-
adenoidectomía.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Extirpación das vexetacións adenoides.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hiperplasia do tecido glandular.
-
-
Partidario dalgunha idea ou persoa.
-
Iniciado, versado nalgunha práctica, disciplina, saber ou coñecemento en xeral.
-
-
-
Acción e efecto de adestrar ou adestrarse.
-
Exercicios realizados con animais, especialmente con cans, coa intención de que realicen movementos ensaiados, que localicen persoas soterradas ou para atopar mercadorías delitivas, etc.
-
Sesión na que os deportistas executan exercicios para o mantemento da súa forma física e a mellora da técnica e táctica individual e colectiva.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de adiar.
-
-
Acción e efecto de adiantar ou adiantarse.
-
Circunscrición territorial baixo a xurisdición dun adiantado.
-
Dignidade de adiantado.
-
-
-
Acción e efecto de adiantar ou adiantarse.
-
-
Reembolso de capital á agricultura. Segundo os fisiócratas, distínguense tres tipos: primeiros adiantos, que teñen por obxecto preparar o terreo para o cultivo; adiantos anuais, para afrontar os gastos dos cultivos que se repiten anualmente; e adiantos primitivos, para investimentos duradeiros como gandería e maquinaria, que só poden ser reembolsados en períodos superiores a un ano.
-
Pagamento anticipado ou empréstito.
-
Empréstito ou póliza de crédito que concede un banco comercial a un cliente por un tempo indefinido, aínda que modernamente tende a estar fixado, cousa que non quita que sexa renovado case automaticamente.
-
-
Progresión, paso cara a adiante nun proceso evolutivo do que se obteñen beneficios.
-
Diferencia entre a hora do cronómetro e a hora civil de Greenwich cando a primeira é posterior.
-
Libramento que unha empresa consinte en facer a un traballador a conta do seu soldo, do cal lle será descontado na contía e nos termos convidos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Figura retórica que consiste en enfatizar un feito imposible para conseguir un ambiente irreal, mesmo fantástico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera sal ou éster de ácido adípico. O único sal tecnicamente importante é o adipato de hexametilendiamina (sal de nailon), materia prima empregada para a fabricación de nailon 66. Os ésteres utilizados industrialmente son, en cambio, moi numerosos, e a súa principal aplicación é a plastificación das resinas sintéticas e de derivados celulósicos.