"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Atlas celeste publicado en 1603 por Johann Bayer, constituído por 51 mapas detallados de determinadas rexións do firmamento, no que cada constelación aparecía superposta á figura correspondente ao seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Catálogo de estrelas elaborado por F. W. Herschel e revisado e completado despois polo seu fillo J. F. W.Herschel, en 1843. Contén a posición e a magnitude de 3.256 estrelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cirurxía plástica que se practica no padal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parálise do veo do padal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos uranoscópidos.

    2. Peixe da familia dos uranoscópidos.

    3. Familia dos peixes teleósteos, da orde dos perciformes, de dimensións medianas, cabeza grande e cúbica, boca cortada oblicuamente e aberta, polo tanto, cara a arriba, os ollos totalmente dorsais, con dúas aletas dorsais pelvianas en posición xugular e a caudal non escotada, o opérculo provisto de fortes e agudas espiñas que comunican con glándulas velenosas capaces de producir feridas dolorosas -incluso a morte ao home-, e órganos eléctricos detrás dos ollos que poden emitir descargas de ata 50 volt.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que procede do latín urbanus ‘cidadán, pertencente á cidade’, e posteriormente ‘educado, pulido’, en oposición a rusticus ‘campesiño, labrego’; de urbs ‘cidade, urbe’, voz de orixe prelatina. Tamén é posible que a relación co adxectivo ‘cidadán’ sexa por etimoloxía popular e que urbanus sexa unha transformación do xentilicio Urbanius, testemuñado en época clásica a carón de Urbinius e de orixe non romana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Iniciativa comunitaria financiada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e o Fondo de Cohesión, co fin de fomentar a creación e a aplicación de modelos de desenvolvemento que contribúan á rexeneración económica e social de zonas urbanas en crise. A URBAN I (1994-1999) estaba dirixida aos barrios urbanos con grandes dificultades de illamento, precariedade e exclusión dos habitantes coa axuda de intervencións encamiñadas a mellorar o medio social e físico no seu conxunto. O éxito desta primeira iniciativa levou á súa renovación para o período 2000-2006 (URBAN II). A nova iniciativa tiña dous obxectivos fundamentais; estimular a elaboración e aplicación de estratexias innovadoras para a rexeneración económica e social das cidades, pequenas e medianas poboacións e barrios das grandes cidades en declive; e aumentar e intercambiar os coñecementos e as experiencias en relación coa rexeneración e o desenvolvemento urbano na UE.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? s III) Papa (220-230), sucesor de Calisto I. Segundo o Liber Pontificalis, instituíu 25 títulos presbiterais. Iconograficamente representouse vestido de pontifical e leva un acio ou unha copa na man (atributo persoal). A súa festividade celébrase o 25 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Châtillon-sur-Marne 1040? - Roma 29.7.1099) Papa (1088-1099). De nome Odón, foi prior de Cluny, bispo de Ostia e legado pontificio en Alemaña. Interveu na Querela das Investiduras e durante o Concilio de Clermont-Ferrand (1095), promoveu a Primeira Cruzada. Condenou a investidura laica, o nicolaísmo e a simonía. Excomungou a Enrique I de Francia e loitou contra o Emperador Enrique IV. A súa festividade celébrase o 29 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1185-1187). De nome Uberto Crivelli, foi cardeal (1182) e bispo de Milán (1185). Por cuestións familiares emprendeu unha loita contra Federico I Barbarrubia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1261-1264). De nome Jacques Pantaleón, foi arquidiácono de Liexa (1240), bispo de Verdún (1253) e patriarca latino de Xerusalén (1255).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1362-1370) De nome Guillerme de Grimoard, foi monxe beneditino e abade de Saint Victor en Marsella.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1378-1389). De nome Bartolomeo Prignano, foi bispo de Acerenza (1363) e de Bari (1377). A súa elección rompeu a serie de papas franceses, algo que motivou a elección de Clemente VII (1378) e o inicio do Cisma de Occidente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1590). De nome Giambattista Castagna, foi arcebispo de Rossano (1553), gobernador de Perusa (1559), nuncio en Madrid (1564) e Venecia (1573) e cardeal (1583). Tivo un peso importante durante o pontificado de Sisto V pero, aínda que a súa elección suscitou moitas esperanzas, morreu aos poucos días.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1623-1644). De nome Maffeo Vincenzo Barberini, durante a Guerra dos Trinta Anos, intercedeu ante Filipe IV (1640) demandando clemencia para os revolucionarios franceses. Fundou o colexio Propaganda Fide en Roma (1627), e reduciu notablemente o calendario festivo (1642).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Redactor dos diarios Solvák (1928) e Gardista (1940), destacou pola triloxía novelística Zivý bič (O látego vivinte, 1927), Hmly na úsvite (Brétemas á alba, 1930) e Vosídlach (Na emboscada, 1940). É autor das memorias Zelená krv (Sangue verde, 1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista. Cofundador da revista Cosmópolis (1894), voceiro do movemento modernista en Venezuela, cultivou sobre todo o conto e a novela de ambiente crioulo. Destacan En este país (1916), La casa de las cuatro pencas (1037) e a póstuma El criollismo en Venezuela (1945).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado. En 1810 uniuse aos independentistas e combateu con Francisco Miranda e Simón Bolívar. Deputado, ministro e membro do Consejo de Estado da Gran Colombia, axudou á segregación de Venezuela, da que foi vicepresidente e presidente (en 1832 e 1848).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade da persoa que posúe boas maneiras, que convive en grupo respectando a personalidade dos outros e que observa as normas de convivencia e de trato social. Máis alá dos aspectos sociais e morais, a urbanidade cultiva a estética das boas formas prestándolle especial atención ás normas de hixiene relativas á comida, ao vestiario e á vivenda. Durante os ss XVII-XIX constituíu unha materia especial nos sistemas educativos.

    VER O DETALLE DO TERMO