"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Que denota ou implica antagonismo.

    2. Alucinación auditiva verbal na que algunhas voces se opoñen a outras: unhas insultan ao suxeito, mentres que outras o animan. Obsérvase na psicose alucinatoria crónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado de loita, de rivalidaden e de oposición.

    2. Inhibición ou interferencia dun organismo no crecemento doutro. O antagonismo pode ser por antibiose, por parasitismo ou por depredación e por competencia.

    3. Acción oposta de substancias, órganos ou sistemas do organismo como, por exemplo, o bíceps respecto do tríceps.

    4. Na absorción selectiva das substancias disoltas do solo por parte das raíces, acción negativa dos ións dun elemento sobre a absorción do outro, por exemplo, a obstaculización da absorción dos ións potasio por parte dos ións calcio, cando abundan.

    5. Acción ou efectos dun medicamento opostos aos doutro. Iso pode estar motivado, ou ben por reacción química entre eles, ou ben polo feito de que actúan de forma oposta sobre un mesmo substrato orgánico.

    6. Inhibición ou interferencia mutua entre dous ións diferentes en todo o que fai referencia á súa acción biolóxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se atopa en loita, en oposición a outro.

    2. Que presenta antagonismo.

    3. Composto natural ou sintético que interfire a síntese ou a función dunha substancia por un mecanismo de competencia. Na cinética enzimática recibe tamén o nome de antimetabolito.

    4. Personaxe que nunha obra de fición, tanto na literatura como no cine, se opón á figura do protagonista.

    5. Resorte de retorno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe asturiana procedente do municipio de Parres que, segundo algúns investigadores, pasou a Galicia fundando casa en Rubiáns, no concello de Vilagarcía de Arousa. As súas armas ostentan escudo partido: a primeira partición de sinople, cunha torre de pedra e a segunda de ouro, cunha banda de sinople; bordo de goles, con oito estrelas de ouro. Outra variante leva, en campo de goles, un castelo de prata sobre rochas que ten, ao seu pé e no flanco destro, unha cabeza de mouro; na torre de homenaxe aparece unha bandeira de ouro cunha hasta de prata. A forma castelanizada deste apelido é Antayo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teórico húngaro de arte, establecido en Inglaterra. Formulou un enfoque historicista na análise da obra de arte, especialmente nos seus compoñentes económicos, políticos e sociais en xeral. Entre as súas obras, sobresaen Florentine painting and its social background (A pintura florentina e o seu contexto social, 1947) e Osservazioni sul metodo della storia dell´arte (Observacións sobre o método da historia da arte, 1954).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e embaixador espartano. Foi enviado por Esparta no ano 393 a C para asinar a paz con Persia, á que se opuñan Atenas, Argos, Tebas e Corinto. Unha vez sometida Atenas por unha escuadra dirixida polo xeneral Antálcides coa axuda do sátrapa persa Tiribase, feito que a obrigaba a asinar a paz, só foron quen de oporse ao pacto Argos, Tebas e Corinto, polo que este deixou de contar cunha oposición forte. A Paz de Antálcides ou do Rei (387 a C), negociada por Antálcides en nome dos gregos e por Artaxerxes, significou a recuperación de Xonia (agás Lemnos, Imbros e Skyos que permaneceron no poder de Atenas). Así mesmo, debido a que quedaban disoltas as ligas entre cidades gregas, Esparta convertense en árbitro dos asuntos graves helénicos debido á súa posición militar predominante, aínda que significou a fin das aspiracións espartanas e atenieuses dun dominio panhelénico e da emancipación de Persia. Tamén supuxo a perda de todas as conquistas efectuadas por mor das Guerras Médicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Marcas dentadas que teñen os paos das cangallas do carro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do il de Antalya, Turquía (502.269 h [1995]). Porto do Mediterráneo no interior do golfo de Antalya e centro comercial da chaira da Panfilia. É un lugar característico de turismo. Ten aeroporto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Il de Turquía, na costa do Mediterráneo (20.815 km2; 1.146.500 h [1990]). A súa capital é Antalya. Ten cultivos de cereais, sésamo, froita e madeira. Explota minas de cromo e de uranio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura retórica baseada na repetición que consiste na asociación de distintos significados a un só significante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura de pensamento que transforma o argumento dunha acusación poñéndoa en contra do mesmo acusador.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. O ano pasado.

    2. Antigüidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade do paralelismo que se manifesta nunha relación de simetría, directa ou inversa, entre dúas proposicións diferentes cun mesmo contido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estrela da constelación de Escorpión, a décimo sétima máis brillante da bóveda celeste (magnitude visual aparente 1) a unha distancia de 424 anos luz. É unha estrela superxigante vermella, 1.900 veces máis luminosa ca o Sol, e pertence ao tipo espectral M1.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PENÍNSULAS

    Península da Antártida que separa o mar de Weddell do mar de Bellingshausen. Coñecida tamén polo nome de Terra de Graham, península de Palmer ou Terra de O´Higgins, ten 1.500 km de lonxitude e culmina a 4.171 m de alt. Tectonicamente e petrograficamente é continuación da cordilleira andina, que se prolonga por debaixo do océano polo Scotia Ridge. Parte deste territorio podería ser de carácter insular, soldado hoxe con inlandsis. A península sufriu dobramentos e fracturacións que conformaron as tres aliñacións montañosas que a percorren. O litoral é moi recurtado, con numerosos fiordes, illas e canais onde afloran algunhas rochas eruptivas (principalmente basaltos). Cara ao mar de Weddell esténdese a Terra de Coats; nesta área o glaciarismo é moi notable. O Reino Unido, Arxentina e Chile reivindican a súa soberanía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cloruro de calcio natural hidratado, de fórmula CaCl2 ·6H2 O, descuberto na Antártida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á Antártida.

    2. Paralelo situado 23° 28’ do Polo Sur.

    3. Reino fitoxeográfico que comprende as illas oceánicas austrais desprovistas de vexetación arbórea (Kerguelen, Tristán da Cunha e outras), o extremo meridional de América, a alta montaña andina e o continente antártico. Presenta unha flora moi pobre, mesmo en comparación coas terras árticas, con especies polo xeral endémicas, agás algúns xéneros que se estenden ata Nova Celandia e o SL de Australia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colonia británica formada nos territorios da Antártida situados entre o paralelo 60° latitude S e os meridianos 20° e 80° lonxitude O. Os territorios que abrangue son a parte continental -coa península Antártica-, as illas Órcadas do Sur e as illas Shetlands do Sur. A súa superficie é de 388.500 km2. Ata o 3 de marzo de 1962 formou parte das dependencias das Malvinas. Arxentina e Chile reivindican para si unha parte deste territorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • O máis meridional dos océanos que rodea a Antártida. Está formado pola reunión da parte sur dos océanos Atlántico, Índico e Pacífico. Como non ten límites ben definidos, estes establecéronse a partir das temperaturas das augas superficiais. Convencionalmente dividiuse en dúas partes: a primeira, a máis próxima ao polo, de salinidade débil e temperatura próxima aos 0°C, esténdese desde a costa ata a liña de converxencia antártica (de 50° a 60° de latitude sur); a segunda área comprende entre a liña de converxencia antártica e a de converxencia subtropical (de 35° a 40° de latitude sur) e ten unha temperatura entre 5° e 10°C. As augas están cubertas por plataformas de xeo, preto da costa antártica. Augas adentro, o xeo tamén é abundante e ás veces forma icebergs de gran volume. O fondo está constituído por fosas de gran profundidade, como a de Bellinghausen (5.398 m) limitada pola dorsal da illa de Pascua. Outra gran fosa é a que se estende ao S do océano Pacífico entre as illas Hawaii e...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á rexión antártico-andina.

    2. Rexión do reino antártico que comprende o extremo sur de América que se prolonga cara ao norte pola alta montaña andina.

    VER O DETALLE DO TERMO