"CAD" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 940.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fechadura non fixa provista dunha barra que se introduce nas argolas dunha caixa, armario, porta, etc. Consiste nunha caixa que contén os mecanismos de fechadura e da que saen os dous extremos dunha barra, polo xeral en forma de U, un articulado e o outro provisto dunha fenda onde encaixa o pasador. Os mecanismos de fechadura poden ser substituídos por unha combinación que, por medio dun xogo de fendas e saíntes, traba o brazo articulado da barra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compartimento das lanchas de pesca e das dornas no que se gardan as redes e os aparellos.
-
-
Rexión anatómica sobresaínte, situada entre o van e as coxas, e formada polo ensanchamento dos cadrís. A cadeira articúlase mediante o xogo da cavidade acetabular do cadril, que ten aumentada a superficie articular cunha cartilaxe, e a cabeza do fémur; ao mesmo tempo, está fixada por catro ligamentos que permiten os movementos de flexión, extensión, abdución, addución, rotación e circundución.
-
-
Asento individual con respaldo, con ou sen brazos, xeralmente con catro patas. Apareceu por primeira vez en Exipto, onde lle puxeron patas imitando as dos animais. Esta tradición obsérvase tamén no mundo asirio. Os gregos e romanos fixéronas pregables, en forma de tesoira, dobre ou múltiple. As cadeiras medievais teñen unha orixe monárquica ou eclesiástica. No Renacemento adquiriu unha maior difusión como obra de arte, sobre todo no s XVII (estilos Luís XIII e Luís XIV) e no s XVIII (estilos Luís XV, Luís XVI e Chippendale). No modernismo creceu o interese por adecuar a cadeira ao corpo humano. Máis tarde co deseño industrial tamén se cambiaron os materiais, e substituíuse a madeira polo plástico, o aluminio ou o aceiro.
-
Banqueta con tres patas utilizada como asento.
-
cadeira con ouriñal
Cadeira destinada aos nenos pequenos ou á xente maior imposibilitada, cun burato redondo no asento, para colocar un ouriñal.
-
cadeira curul
Asento que empregaban os edís patricios romanos.
-
cadeira de brazos
Cadeira con barras laterais para descansar os brazos; adoita levar o asento almofadado.
-
cadeira de frade
Cadeira con brazos que leva o asento e o respaldo de coiro cravados.
-
cadeira de rodas
Cadeira con rodas laterais grandes, a miúdo pregable, que permite os desprazamentos ás persoas incapacitadas.
-
cadeira eléctrica
Artificio en forma de asento, utilizado para executar as persoas que están condenadas a pena de morte, mediante unha descarga eléctrica de máis de 2.000 V. Inventouna T. A. Edison en 1888.
-
...
-
-
-
-
-
Conxunto de asentos unidos entre si e pegados á parede que se integran na estrutura do coro das igrexas, conventos, salas capitulares ou salas de xuntanza. As cadeiras poden estar colocadas en forma de ringleira ou en círculo, na nave central da igrexa ou na ábsida, e xeralmente son de madeira. Nos períodos barroco e gótico chegou á súa máxima expresión artística.
-
Conxunto de cadeiras, sofás, canapés ou diváns da mesma clase cos que se amobla un cuarto.
-
-
Lugar no que se fabrican cadeiras artesanalmente ou onde se venden.
-
-
Construción feita con perpiaños colocados uns sobre outros.
-
Conxunto de perpiaños.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Santuario situado na parroquia de Pinol (concello de Sober), a pouca distancia do canón do Sil. A romaría celébrase entre o 8 e o 10 de setembro. A igrexa data dos ss XVIII e XIX e está construída en estilo clasicista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
madeixa
-
-
-
Paos que van introducidos na parede dunha casa para termar das trabes.
-
Pao que, paralelo ao eixe, atravesa por enriba do leito do carro para aseguralo cando se carga con moito peso.
-
-
Roldana empregada para subir pesos.
-
Mesa de traballo do carpinteiro e do zoqueiro.
-
-
-
Femia do can.
-
-
Antiga moeda de cobre de cinco céntimos.
-
Moeda de valor escaso.
-
-
-
[Scrobicularia
-
aroliña.
-
-
Nome que reciben as eirugas de certas bolboretas e coleópteros que constitúen pragas para os cultivos.
-
Denominación común dos insectos da orde dos dermápteros, constituída por un milleiro de especies de corpo alongado, de ata 25 mm de lonxitude, de cor castaña escura. A característica máis salientable é que o abdome remata en dous apéndices semellantes a unhas pinzas, nos machos arqueados e nas femias case que rectos; estas poden ter unha función disuasoria, especialmente se son confundidas coas mandíbulas dun insecto meirande. Teñen un aparato bucal mastigador, ollos compostos, antenas longas e finas de ata 50 artellos, ás anteriores curtas e endurecidas formando élitros e, debaixo destas, outro par membranoso, delgado e reticulado (con aparencia de epiderme humana, de onde procede o nome da orde), que en repouso se manteñen dobradas. Non voan con frecuencia e algunhas especies carecen, mesmo, da capacidade de voar. Poñen, normalmente, ata 40 ovos que a femia coida durante o inverno; as crías son atendidas e alimentadas como mínimo durante o primeiro ano, dando lugar a grupos moi unidos...
-
Muller mala e de xenio moi vivo que semella ladrar coma unha cadela cando fala.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ento moito máis frío ca o do resto do ano, propio dos meses de febreiro e marzo.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Chandrexa de Queixa baixo a advocación de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Can de pequeno tamaño, por ser un cachorro ou por pertencer a unha raza de talle reducido.
-
dentón.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que reciben os moluscos bivalvos de cuncha pequena (ata 2 cm) e estreita, propios de areas finas, como a coquina e a tallerina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe leonesa oriúnda de Aguilar de Campos, do partido xudicial de Villalón, en Valladolid. Estendeuse por León, Asturias, Galicia e Castela, e unha rama pasou mesmo a México. As súas armas levan un escudo acuartelado: o primeiro cuartel, en campo de goles, cun castelo de prata e unha cadea de ouro pendurada da súa torre; o segundo e terceiro cuartel, en campo de ouro, cun espiño de sinople arrincado; o cuarto cuartel, en campo de prata, con dous lobos andantes de sable, postos un sobre o outro; bordo de azul, con seis castelos de ouro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cadea radiofónica pertencente ao grupo de Radio Popular SA-Cadenas de Ondas Populares (COPE), implantada no ámbito estatal en xuño de 1992. Conta con 55 emisoras de Frecuencia Modulada e a súa programación baséase na “radio-fórmula cien”, na que inclúe música e apartados de información diversa, dividida entre contidos de ámbito local e nacional. Semanalmente ofrece a lista musical de éxitos que elabora o equipo de profesionais dirixido por Rafael Revert, nun programa especial emitido os sábados á mañá. Ocasionalmente emite concertos dos grupos máis destacados tanto nacionais coma internacionais. En Galicia posúe distintas frecuencias repartidas entre as vilas de Santiago, Ourense, A Coruña, Lugo, Vigo, Ribadeo e Pontevedra, dirixida por Fernando González Macías (2000).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Emisora radiofónica fundada en 1966 e implantada no ámbito estatal, pertencente á Sociedad Española de Radiodifusión (Cadena SER). Especializada en música e pioneira na “radio-fórmula”, elabora unha lista semanal cos corenta temas musicais de máis éxito no momento baixo o título de Los 40 Principales. Emite, amais, programas informativos musicais, concertos en directo, ou gravados, presentacións de discos e entrevistas a artistas e profesionais da música. Dirixida en Galicia por Anxo Botana (2000), conta cun coordinador en cada unha das delegacións e frecuencias, repartidas por Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. Canal + e Canal Satélite Dixital emiten a mesma fórmula diaria nun canal temático denominado Cuarenta Principales.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Emisora radiofónica fundada en 1990 e implantada no ámbito estatal, pertencente á Sociedad Española de Radiodifusión (Cadena SER). Especializada en música en español, conta con delegacións e frecuencias que teñen, á súa vez, autonomía local, dirixidas e coordinadas en Galicia por Alfonso López Teijeiro, Olga Beberide Martínez, Jorge Hermida Aldao, Begoña Caeiro, Eugenio González de Haz e Cristina López Lazare. A ela pertencen unha serie de frecuencias localizadas nas cidades de Ferrol, A Coruña, Lugo, Pontevedra, Ourense, Vigo e Viveiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Radio España.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedad Española de Radiodifusión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Emisora radiofónica im-plantada no ámbito estatal que iniciou as súas emisións en 1958 cando a Dirección General del Secretariado Nacional de la Comisión Episcopal de Cine, Radio y Televisión e os representantes das distintas dioceses españolas e das diferentes emisoras parroquiais, acordaron transformar a súa estrutura local e crear unha cadea de radiodifusión nacional. As emisoras pioneiras foron Radio Vida, chamada posteriormente Radio Popular de Sevilla, e Radio Popular de València. Un ano máis tarde nacían Radio Popular de Burgos, de Lleida, de Pamplona, de León e de Zaragoza, ata completar a cifra de 43 emisoras de Onda Media, 67 de Frecuencia Modulada e 49 de Cadena 100. En 1981, por imperativos legais, adoptou o nome de Radio Popular SA-Cadena de Ondas Populares. En febreiro de 1983, baixo a dirección xeral de José Andrés Hernández, ex-director de Radio Popular de Vigo, iniciou unha programación baseada na emisión de magazines, boletíns informativos, debates, coloquios...
-
GALICIA
Cineasta. Licenciado en Ciencias da Información e bolseiro da Academia de Belas Artes de Roma e da Fundación Juan March. Preocupado pola experimentación icónica destacan as súas películas en super 8 dos anos oitenta. Dedícase preferentemente ao cine industrial.
VER O DETALLE DO TERMO