"xia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 855.

  • eritromelalxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección que afecta ás extremidades, especialmente ás inferiores. Caracterízase por unha vasodilatación paroxística bilateral, con arrubiamento cutáneo, edema, aumento da temperatura e crises dolorosas. A dor aumenta co movemento e a posición baixa do membro. OBS: Tamén se denomina eritermalxia ou enfermidade de Weir-Mitchell.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina sobre a renovada existencia do mundo e do home no final da historia e máis alá da morte. No Antigo Testamento a escatoloxía refírese aos últimos acontecementos que Deus lle anunciou ao pobo de Israel para a fin dos tempos, centrados na persoa do Mesías e na instauración do seu reino. Os desastres nacionais de Israel motivaron a aparición dunha literatura apocalíptica que explica os feitos escatolóxicos como unha destrución do mundo presente, que será substituído por un mundo futuro. A comunidade dos discípulos de Xesús, convocada polos acontecementos pascuais, definiuse diante do pobo como a comunidade escatolóxica: Deus, pola resurrección de Xesucristo de entre os mortos, inaugurou os últimos tempos, abertos a xudeus e non xudeus. O xuízo de Deus xa se realizou, pero aínda non se ten manifestado: os crentes esperan a parusía ou manifestación gloriosa de Xesucristo no derradeiro día, en que se fará realidade a resurrección dos mortos. Nesta liña, a teoloxía cristiá...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tratado sobre os excrementos.

    2. Carácter das cousas relacionadas cos excrementos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teoría escénica que se ocupa da escenificación e dos procesos de representación que interveñen na creación, a comunicación e a recepción teatral. OBS: Tamén se denomina teoría da posta en escena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de estudios filolóxicos e lingüísticos realizados, sobre todo nos dominios lingüísticos francés e alemán, sobre as linguas vernáculas escritas antes da invención da imprenta. Esta disciplina trata de achegarse ao feito xeneralizado das variantes gráficas tan frecuentes nas scripta medievais. Naceu cos estudios de Louis Remacle sobre o antigo valón (1948) e continuou con Carl Theodor Gossen e Hans Goebl, entre outros. Un dos temas máis importantes destes estudios é a elaboración de mapas escriptolóxicos que permitan situar no espazo e no tempo un documento dado, grazas aos seus trazos ou características gráficas. Así, poderase aplicar esta metodoloxía aos distintos textos galegos de finais do s XX que documentan distintas heterografías. Unha aproximación para o s XV galego pode localizarse na tese doutoral Para unha escriptoloxía da lingua galega, de Xulián Maure.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disciplina da arqueoloxía que estudia os restos culturais localizados en formacións subterráneas naturais, entre outras, covas, grutas e cavernas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Ciencia e actividade deportiva dedicada á exploración e ao estudo das cavidades subterráneas naturais.
    Historia da espeleoloxía
    A arqueoloxía evidencia que dende a súa orixe, a humanidade empregou as cavernas para prácticas máxico-relixiosas, como vivenda e tamén como sepulcro. Séneca, Homero, Aristóteles e outros escritores antigos relataron incursións subterráneas. Na Europa medieval as cavernas considerábanse lugares misteriosos, infernais, habitados por seres malignos e monstros. Un dos primeiros estudios sobre cavidades naturais foi Mundus Subterraneus (Amsterdam, 1655) do xesuíta alemán A. Kircher. En 1748, Nagel descendeu á sima de Mazocha, no karst de Moravia. No s XIX, Lidner descendeu á sima Trebiciano en Trieste (1840) e Schmidt percorreu en barca os ríos das cavernas Recca e Piuka, próximas tamén a Trieste (1850). O nacemento da espeleoloxía coincidiu co esplendor do alpinismo, trala conquista do Monte Cervino en 1865. O creador da espeleoloxía...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos invertebrados acuáticos con forma de saco, cunha soa abertura e que viven reunidos en colonias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da socioloxía política que estudia os partidos políticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acumulación excesiva de graxa nas nádegas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio das sensacións, os órganos, os sentidos e a sensibilidade en xeral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo pertencente ao Estixe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da medicina que estudia a anatomía, fisioloxía e patoloxía da boca e das súas estruturas, como dentes, lingua, beizos, maxilares, músculos ou glándulas salivares.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Ciencia de proxectar e dirixir as grandes operacións militares. Ten como partes executivas a táctica, que se ocupa da estrutura dos exércitos, do recrutamento, do funcionamento do armamento e dos transportes e do estudo do terreo, do medio humano e das características do adversario; e a loxística, que se ocupa de calcular, preparar e levar a cabo todo o que fai referencia á vida, ao movemento e ás necesidades da tropa para conseguir a máxima eficacia en cada operación concreta.

      2. Coordinación das forzas políticas, económicas e diplomáticas para conseguir os obxectivos dun Estado, dun grupo ou dun partido.

    1. Arte de coordinar as accións para lograr o obxectivo que se pretende.

      1. Conxunto de accións que se desenvolven no transcurso dunha competición conforme a un plan establecido con anterioridade.

      2. xogada de estratexia

        Conxunto de movementos coordinados dun equipo deportivo, especialmente os ofensivos que seguen á execución dun lanzamento.

      1. estratexia do k

        Estratexia ligada aos procesos de supervivencia dunha especie; neste caso, as poboacións que posúen esta estratexia desenvólvense en límites próximos aos marcados pola súa capacidade de carga; presentan unha curva sigmoidea de medra poboacional, viven en ambientes máis ou menos estables e a súa mortalidade depende do tamaño poboacional.

      2. estratexia do r

        Estratexia ligada aos procesos de supervivencia dunha especie; consiste en que as poboacións presentan flutuacións irruptivas que ascenden e descenden bruscamente, mostrando unha curva de desenvolvemento poboacional similar á curva exponencial; as especies que manifestan unha estratexia rR de supervivencia presentan para lograla, maior dependencia das condicións do medio ambiente que do tamaño poboacional.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Orixe dunha palabra e tamén a súa evolución ata a forma actual.

    2. Ciencia que na lingüística moderna ten por obxecto de estudo a orixe das palabras, tentando determinar as causas e circunstancias da súa evolución desde un punto de vista fonético, morfolóxico ou semántico. Na gramática tradicional este concepto designaba unha das súas partes e o seu campo de competencia era moi semellante ao da actual morfoloxía. Así, chorar provén de PLORĀRE, freixo de FRAXĬNU. Para os antigos, localizar a etimoloxía dunha palabra era descubrir o seu “verdadeiro sentido” (gr ἕτυμον), isto é, a vinculación entre unha palabra e unha cousa. Na Idade Media críase que as linguas se remontaban ao hebreo (hai pervivencias desta crenza ata o s XIX) e proliferaron as etimoloxías puramente anecdóticas; un exemplo destacado son as Etymologiae de Isidoro de Sevilla (s VII). Os comparatistas (s XIX) foron os primeiros en formular o método científico na procura etimolóxica. Na súa primeira etapa (método fonohistórico),...

    3. Nome que recibiu unha parte da gramática ata o s XIX, que vén coincidir coa moderna morfoloxía, e que alternou co de analoxía. Debía ensinar a remitir unha forma dada á súa categoría respectiva e se esta admitía flexión, á súa forma orixinal; así, por exemplo, o nominativo nos nomes ou o infinitivo nos verbos. Constituía a teoría dos accidentes gramaticais.

    4. Recurso literario que consiste en empregar unha definición como explicación do étimo dunha palabra. Así, por exemplo, HUMĬLIS está relacionado con HUMUS ‘terra’ e, en sentido literal, significa ‘baixo, situado debaixo, pouco elevado’.

    5. Fenómeno lingüístico que consiste en alterar a forma dunha palabra pola semellanza fónica e semántica que presenta con outra doutra familia léxica coñecida coa que non mantén identidade de orixe. Así, por exemplo, o lat BOBARĬU ‘pastor de bois’ debería dar boveiro en galego, pero en realidade deu boieiro por influencia da voz boi; do mesmo xeito, o lat v *BISŌCŬLU ‘dous ollos’ debería dar bisollo, pero, ao relacionarse co verbo virar, deu birollo. Este proceso, enmarcado na tendencia, consciente ou inconsciente, dos falantes a conferirlles transparencia e motivación ás palabras, é moi frecuente no rexistro lingüístico máis vulgar. Deste xeito, escóitanse a miúdo, entre outras moitas, voces como vagamundo, en vez de vagabundo, por influxo de mundo; biciclista, en vez de ciclista, por bicicleta; formigador, en vez de fumigador, por formiga;...

    6. Interpretación errónea da etimoloxía dun nome, fenómeno especialmente frecuente na toponimia. Así, por exemplo, o nome de lugar Foilebar (O Incio), derivado do latín FOGIUM LUPALE ‘foxo para lobos’, asociado aos verbos “foi + levar”, ou Parderrubias (Salceda de Caselas), procedente do latín PARETES RUBEAS ‘paredes rubias’, asociado aos vocábulos “par + de + mulleres (rubias)”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estudio das causas das cousas.

      1. Conxunto de causas que se admiten como responsables de que se inicien os mecanismos patoxénicos dun proceso patolóxico.

      2. Rama da medicina que estudia as causas das enfermidades.

    2. Atribución, de carácter antropomórfico, dun fundamento ou dunha causa a un feito ou unha realidade concretos. Aínda que a diferenciación non resulta sempre clara, pódese distinguir entre etioloxía mitolóxica e etioloxía histórica. A narración bíblica de Caín e Abel e o mito platónico da caverna son etioloxías mitolóxicas da diferenciación entre pobos nómades e sedentarios e da condición do coñecemento humano, respectivamente. Os relatos bíblicos e extrabíblicos dunha caída orixinal, en cambio, poden explicar a orixe histórica da presenza do mal no mundo, como a obra do home e non de Deus; nestes casos pódese falar de etioloxía histórica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disciplina que conxuga o estudo das culturas contemporáneas (etnográficas) coas producións materiais (arqueolóxicas), para comprender as relacións de comportamento das comunidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia interdisciplinar que ten como obxectivo detectar e definir os fundamentos científicos e os diferentes métodos tradicionais que os pobos indíxenas e as comunidades locais empregan para a xeración de coñecementos en relación aos seres vivos e ás culturas humanas. A súa investigación abarca os campos da bioloxía e a antropoloxía. A través dos coñecementos etnobiolóxicos pódese ver que o home na súa socialización da natureza desenvolve unha serie de técnicas de reprodución de plantas e animais, clasificación e valorización cunha simboloxía plenamente establecida polo consenso e as experiencias do grupo social.

    VER O DETALLE DO TERMO