"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Que ou quen ve moi pouco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Narrador e dramaturgo ruso. Iniciou os seus estudios na escola grega da súa cidade e despois na escola media profesional. O seu pai arruinouse e tivo que trasladarse a Moscova, mentres el e o seu irmán Iván quedaban en Taganrog. En 1879 trasladouse a Moscova para ingresar na facultade de Medicina. Dous anos máis tarde comezou a publicar os seus contos nos xornais de San Petersburgo e co volume P’ostrye Rasskazy (Contos de todas as cores, 1886) acadou o seu primeiro éxito. É un dos máis xenuínos representantes do realismo psicolóxico, unha tendencia coa que iniciou as súas colaboracións co Teatro de Arte de Moscova, dirixido por Konstantin Stanislavski. Creou un teatro “de estados de ánimo”, renunciou á acción dramática propiamente dita e dedicouse á pintura de atmosferas. Os seus personaxes viven pasivamente ou con angustia a decadencia da Rusia tsarista e plasma a vida diaria da clase media rusa no período anterior á revolución, ao tempo que constitúe un exemplo de construción...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Toureiro. Coñecido como Celita, debutou como matador de xatos o 2 de febreiro de 1910 en Madrid. Tomou a alternativa da man de Manuel Mejías Bienvenida na Coruña o 15 de setembro de 1912 e confirmouna en Madrid da man de Antonio García Malla o 22 de setembro do mesmo ano. A súa derradeira corrida tivo lugar en Madrid o 26 de febreiro de 1923.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peixe do xénero Latimeria, da subclase dos sarcopterixios. Este grupo animal abundou durante o Devónico; críase que se extinguira totalmente hai 70 millóns de anos, pero en 1938 foi descuberto para a ciencia no Índico africano. Estes peixes son descendentes dun tronco propio de augas doces do Devónico. Acadan os 2 m de lonxitude, presentan ollos grandes, mandíbulas con gran capacidade de apertura, aleta caudal dificerca, unha liña lateral moi desenvolvida e un órgano sensorial no fociño que lles serve tanto para moverse na escuridade dos seus refuxios coma para capturar presas. Os machos son máis pequenos ca as femias. Pasan as horas de luz en covas e gretas de orixe volcánica situadas a uns 180 m de profundidade.

    2. Peixe de cor castaña, recoñecido pola ciencia en 1997 nun mercado de Manao e coñecido polos indonesios como raja laut ou ‘rei do mar’.

    3. Peixe de cor azul metálica, con manchas brancas que constitúen un deseño críptico na escuridade das covas onde están presentes esponxas e cunchas de ostras de cor branca. O primeiro animal foi recoñecido pola ciencia de forma casual en 1938 durante unha dragaxe na costa de Sudáfrica. Tras este achado fortuíto fixéronse pescudas entre os pescadores das Illas Comores, que xa o pescaban de xeito ocasional con anzol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Franciscano italiano. Foi nomeado gardián do convento de menores de Worms en 1221. Coñecido pola súa obra poética e musical, escribiu dúas biografías sobre san Francisco de Asís por encargo de Gregorio IX no 1229, aínda que non foron descubertas ata 1894, data da súa publicación. Unha das súas obras máis relevantes foi a secuencia da misa de defuntos Dies irae, dies illa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situada no concello de Culleredo, é a torre da homenaxe do antigo castelo que construíu Martiño de Becerra no último terzo do s XIV. Ten planta cadrada e muros de cantería de máis de 12 m de altura. Despois das Revoltas Irmandiñas pasou a mans dos Andrade, polo que os brasóns que aínda conserva representan as armas desta familia e as dos Freijomil. Propiedade do concello de Culleredo, rehabilitouse como museo etnográfico. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porto do fondo da ría de Viveiro, na súa beira oriental, situado no litoral da parroquia de Celeiro (concello de Viveiro). É base dunha importante flota pesqueira, que ten no Gran Sol e no Atlántico oriental os seus principais caladoiros. A partir desa gran flota de altura desenvolvéronse no lugar outras actividades industriais relacionadas co mar, como as industrias conserveiras e de conxelados de peixe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que aínda non casou.

    2. Estado ou condición da persoa que non casou, aínda que xa ten idade para facelo. No budismo e no cristianismo, o celibato está establecido como un modo de vida institucionalizado. No budismo está ligado ao ideal de liberación das paixóns para chegar ao nirvana. Celibato, castidade e virxindade ensalzáronse no cristianismo primitivo, debido a unha concepción escatolóxica da salvación, coa crenza na inminencia do xuízo final e da fin do mundo. O primeiro tratamento canónico apareceu no concilio provincial de Elvira, no ano 306. Durante os dous séculos seguintes, tres papas estableceron sucesivamente as primeiras leis. Estas leis prohibían ordenar homes casados. O Código de Dereito Canónico de 1983 mantén esta prohibición, pero admite a posibilidade de ordenar como diáconos a homes casados no caso do diaconado permanente. As igrexas orientais mantiveron unha disciplina distinta: no concilio in Trullo estableceuse que os sacerdotes e os diáconos só podían casar antes de ordenarse e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Estudiou na Academia de San Fernando de Madrid, da que foi despois membro, e en Roma (1803-1814). Autor do pazo neoclásico de Alòs e de Dou (1818?) de Barcelona, interveu na restauración de Monserrat. Estudiou os restos do templo romano de Barcelona que identificou cun dedicado a Hércules.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e ourive. Aprendiz de prateiro en Florencia, estableceuse en Roma (1523-1540). Alí participou na defensa da cidade ante as forzas de Carlos V en 1527 e traballou para o Papa Clemente VII Medici. En 1540 trasladouse a París e traballou para Francisco I dentro da escola de Fontainebleau. Regresou a Florencia en 1545 e foi protexido por Cosme I de Medici. Autor de moitas pezas de ourivería, só se lle atribuíu con certeza o Saleiro de Francisco I (1540-1543), de ouro e esmaltes, coas figuras de Neptuno e Anfitrite. Na escultura destacan o Perseo (1545-1554), feito en bronce e que contén no pedestal un relevo de Andrómeda, a Ninfa de Fontainebleau (1543-1544), os bustos de Cosimo I (1548) e de Bindo Altoviti (1550?) e o Crucifixo de El Escorial. Aínda que foi considerado discípulo de Michelangelo Buonarroti, acadou unha personalidade propia plenamente integrada no manierismo. Escribiu numerosas rimas, dous tratados, Sull’oreficeria...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e cerralleiro. Traballou en Galicia a mediados do s XVI realizando as obras de pintura e dourado do retablo da Quinta Angustia na catedral de Santiago de Compostela (1565). En 1568 encargáronlle uns caixóns para gardar os ornamentos do convento de San Francisco. Tamén, cara ao 1568, traballou na igrexa de San Martiño de Noia. Así mesmo, realizou numerosas reixas. Ao redor de 1569 regresou a Valladolid, onde fixo as reixas do mosteiro de San Benito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequena torre de base cadrada, situada no concello de Rairiz de Veiga. A súa construción relaciónase co rei portugués Afonso Enríquez. Nela celébrase, no día da Virxe das Mercedes, unha festa de mouros e cristiáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conduto que comunica o celoma co exterior e que adoita ter unha función excretora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento astronómico que permite a observación continuada dunha determinada parte do ceo sen que sexa necesario modificar a orientación do dispositivo óptico co que se fai a observación. Consiste basicamente nun ou varios espellos planos, e nun mecanismo que fai xirar estes espellos ao redor dun eixe paralelo ao da Terra para compensar o movemento aparente do ceo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incisión do anel constrictor dunha hernia estrangulada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que se coñecía na Antigüidade o cabo Touriñán. Estrabón tamén o denomina cabo Nerion, xa que nesta zona habitaba o pobo dos célticos nerios (celtici neri).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editorial Céltiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe latina que se emprega na composición de palabras co significado de ‘celta’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á cultura e lingua celtas que se desenvolveron na Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • celtohispánico.

    VER O DETALLE DO TERMO