"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de americanizar ou de americanizarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Elemento químico artificial radioactivo transuránico (Z=95), da familia dos actínidos. No ano 1944 Seaborg e os seus colaboradores identificaron o isótopo 241Am nos produtos de desintegración do 241Pu. O americio é moi electropositivo e en solución acuosa é normalmente trivalente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico bisemanal xurdido en Santiago o 18 de abril de 1820, fundado e dirixido por Antonio Ferro Montaos. Foi impreso por Xoán Bautista Moldes e por Rey Chiquito. De tendencia constitucional, voceiro da Xunta Patriótica de Santiago, nel figuraba como redactor Tomás Canabal e Mariño. Contiña editoriais, comunicados, xunto con novas políticas e sociais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación fundada en 1972 baixo a presidencia de Felipe Bárcena Varela de Lima. Dende 1973 está presidida por Juan Manuel López-Chaves Meléndez. O seu obxectivo é a difusión e defensa do patrimonio artístico, rural e urbano de Galicia e o camiño de peregrinación a Santiago, especialmente os camiños portugueses. Entre as súas publicacións cómpre citar: Inventario de pazos y torres, Los canteros gallegos, Restos visigóticos de la villa de Panxón, La catedral raíz de Europa, Guía del horreo gallego e Caminos portugueses a Santiago. Amais dos premios acadados na súa andaina a prol do Camiño de Santiago e do turismo rural, merece especial atención a súa contribución no Consello de Europa a prol da declaración do Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada o 24 de febreiro de 1993 baixo a presidencia de Celestino Lores Rosal. O seu marco de actuación xira ao redor do camiño portugués cara á catedral de Santiago de Compostela. Organizan peregrinacións dende Portugal, rutas de sendeirismo e convocan o premio periodístico Camiño Portugués, amais de exposicións e conferencias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade creada o 22 de febreiro de 1957 por José Benito Pardo e Pardo. Dende novembro de 1966 depende da Asociación Española de Amigos de los Castillos -tendo en Galicia unicamente a sección provincial de Lugo- que está presidida por Carlos Ferreiro Rodríguez. O seu marco de actuación xira ao redor de castelos e fortalezas, ademais doutros monumentos como pazos, mosteiros, catedrais ou igrexas. Organizan visitas aos monumentos máis destacados de España e Europa e, desde 1964, convocan ciclos de conferencias, entre outros actos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución formada o 21 de xaneiro de 1991 e presidida por Eligio Rivas Quintas. O seu obxectivo é conservar a natureza e promocionar o pobo da serra ourensá de San Mamede e dos concellos do seu contorno. Organizan conferencias sobre etnografía ou historia, escaladas ao alto de san Mamede e obras de restauración do camiño e da ermida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Introdución dunha función amina nunha molécula orgánica por desprazamento doutro grupo funcional. O método principal de aminación é a acción do amoníaco sobre os derivados haloxenados e sobre os nitroderivados, os alcois e fenois e os ácidos sulfónicos. A aminación en serie aromática é unha operación importante na preparación de intermediarios para a síntese de colorantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización internacional fundada en Londres en 1961 por Peter Benenson e outras persoas para conseguir a liberación dos denominados “prisioneiros de conciencia”, ben polas súas ideas políticas ou ben polas relixiosas que non utilizasen a violencia, e para garantir os dereitos humanos alí onde se seguen violando. É o órgano consultivo da ONU, do Consello de Europa e da UNESCO. Actúa normalmente a base de informes elaborados por membros de países non implicados directamente no obxecto do informe. Ten un gran número de colaboradores voluntarios, agrupados en delegacións nacionais. En 1977 outorgáronlle o Premio Nobel da Paz.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acto de desposesión dun beneficio eclesiástico motivado por causas graves.
-
-
Acción e efecto de amoestar.
-
Nalgúns xogos como o balonmán ou o fútbol, mostra dunha tarxeta de diferente cor que se sinala logo dunha infracción e que castiga ao infractor, ben avisándoo, castigándoo temporalmente ou expulsándoo definitivamente do campo e do partido.
-
Notificación pública que se fai nas igrexas, oral ou escrita, do nome e doutras circunstancias dos que desexan contraer matrimonio por esas datas, co fin de requirir dos fieis a manifestación dos impedimentos que poden ser contrarios a este matrimonio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción ou efecto de amolar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de adaptación do discurso dun interlocutor que participa nun acto comunicativo ás características do discurso doutro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Transformación das substancias orgánicas nitroxenadas do solo (proteínas e ácidos nucleicos dos restos de vexetais e de animais, excrementos, excrecións, etc) en amoníaco, por desaminación precedida de hidrólise. Lévana a cabo numerosos microorganismos.
-
-
Acción e efecto de amortizar.
-
-
amortización contable
Depreciacións ou diminucións de valor de determinados elementos patrimoniais, por causas diversas a través do tempo, que se reflicten na compatibilidade. Isto é, a expresión contable das depreciacións dos elementos integrantes da estrutura fixa (activo inmobilizado ou fixo) orixinados polo uso, o desgaste e máis o envellecemento técnico. Os seus obxectivos son principalmente repartir entre os exercicios contables afectados o importe dun gasto que ten que ser efectuado ou que se efectúa nunha única vez; deducir no valor contable dos bens non inmediatamente funxibles unhas cotas que representan a parte que, segundo o desgaste e o envellecemento previstos, contribúen á obtención da produtividade do exercicio e á constitución dunha reserva para a restitución do elemento amortizado.
-
sistemas de amortización contable
Sistemas que teñen como obxectivo esquematizar os procesos de depreciación e simplificar deste xeito o cálculo das cantidades e o tempo de amortización. Os máis importantes son: o sistema lineal, o de tanto fixo, o americano e o de amortización variable. O sistema lineal ou de cotas fixas consiste en amortizar en todos os exercicios ou, en xeral, en cada período de amortización, unha cantidade fixa igual á enésima parte do valor amortizable. Denomínase lineal porque tanto o valor residual coma as cotas de amortización acumuladas responden na súa formación a unha función matemática que ten como representación gráfica unha liña recta. O sistema de tanto fixo de amortización sobre o valor inicial variable non determina o tanto por cento que periodicamente se toma sobre o valor variable pendente de amortización ao inicio de cada exercicio; obtense unha amortización decrecente indefinida. O sistema americano ou Cole consiste en determinar previamente...
-
amortización contable
-
Liquidación do activo fixo, conversión periódica deste activo en dispoñibles que proporcionen á empresa recursos líquidos para realizar novos financiamentos, inversións ou repartos aos accionistas. Este sistema de amortización aplícase especialmente no caso de que os elementos patrimoniais estivesen fixados mediante préstamos a longo prazo ou empréstitos; por este motivo, a amortización de préstamos e empréstitos é a segunda acepción importante do termo amortización financieira. O fundamento deste tipo de amortización é a concepción do ben patrimonial como un capital frutífero que necesita destinar parte da utilidade que produce á súa substitución. Os sistemas de amortización financeira son os que dan transcendencia na orde económica contable das amortizacións ao fenómeno de interese. Clasifícanse en simples e compostos. Nos dous tipos de sistemas as cotas de amortización teñen que ser concretadas ou materializadas en elementos patrimoniais capaces de producir un rendemento....
-
Incremento que experimentaba a pensión censual cando, polo feito de ter pasado a propiedade sometida a enfiteuse, desaparecía de feito a expectativa de percibir laudemios en futuras transmisións. É un termo de carácter arcaico.
-
-
-
Acción e efecto de ampliar.
-
-
Proba fotográfica obtida por proxección do negativo sobre unha emulsión de papel sensible mediante os aparellos axeitados.
-
Proceso levado a cabo para obter unha copia fotográfica ampliada, máis grande ca o negativo empregado para producila.
-
-
Aumento da cifra do capital dunha sociedade mercantil por medio da aportación de bens dos antigos socios ou doutros dos novos, ou polo traspaso á conta do capital do contido nas contas de reserva ou a conversión de créditos pasivos e plusvalías en capital.
-
Operación destinada a mellorar parcialmente as capacidades ou o rendemento dun equipo informático, instalando neste equipo módulos adicionais de memoria.
-
-
-
Acción e efecto de amplificar.
-
-
Nos amplificadores, aumento dunha tensión ou dunha corrente. Cando o sinal a amplificar é de tipo periódico (sinusoidal ou non), a amplificación ten que reproducir exactamente na saída un sinal de amplitude maior pero sen deformar o sinal primitivo. Neste caso, moi corrente en electroacústica, trátase dunha amplificación lineal. A amplificación pódese facer por medio de tubos electrónicos (principalmente tríodas e péntodas), transistores e, nalgúns casos, dispositivos magnéticos. Distínguense diferentes clases básicas de amplificación: A, AB, B e C. Na clase A, o tipo de polarización é tal que para un sinal de entrada sinusoidal circula corrente de saída durante todo o tempo que dura o ciclo. Na clase B, só circula corrente de saída durante medio ciclo do sinal de entrada. Na clase AB, circula corrente durante un tempo inferior a un ciclo pero superior a medio ciclo. Na clase C, a corrente só circula durante un tempo inferior a medio ciclo.
-
Relación entre os valores de saída e de entrada dunha magnitude nun amplificador calquera. Tamén se denomina beneficio. Segundo a magnitude á que se refire, pódese falar de amplificación de potencia, de tensión ou de corrente. A amplificación pódese expresar en forma dunha relación por cociente, pero é máis corrente utilizar o decibelio.
-
factor de amplificación
Nun tubo electrónico, relación entre a variación de tensión anódica e a variación de tensión de reixa cando a corrente anódica se mantén constante. É un dos parámetros máis correntemente utilizados para caracterizar a eficiencia dun tubo. Polo xeral, aparece representado pola letra μ.
-
-
Nun discurso oral ou escrito, desenvolvemento pormenorizado e exhaustivo que se dá a unha proposición ou idea co fin de deixala máis clara e darlle máis forza. Os seus efectos poden conseguirse por medio da hipérbole, da perífrase ou doutros recursos.
-
Produción de moitas copias dun mesmo xen por replicación selectiva dun fragmento determinado do ADN.
-
-
-
Acción e efecto de amputar.
-
-
Operación cirúrxica pola que se extrae, coa axuda de instrumentos cortantes, un membro, unha parte dun membro ou outra parte do corpo. As causas máis frecuentes que obrigan á amputación son algunhas doenzas infecciosas (certos casos de osteomielite), vasculares (arterioesclerose, diabete, embolias, artrite), a gangrena producida por lesións traumáticas dos tecidos, os tumores cancerosos, a transformación dunha parte do corpo en inútil e molesta (certas cicatrices viciosas) e algunhas malformacións conxénitas, entre outras.
-
amputación cinemática ou cineplástica
Amputación na que os músculos do toco están colocados de xeito que poidan actuar de motor do aparello ortopédico substituíndo o membro amputado.
-
-
Malformación conxénita que consiste na amputación completa ou incompleta dun membro ou dunha parte dun membro pola acción dunha brida ámnica constrictora ou dun defecto do desenvolvemento embrionario.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que se coñece a Carta Europea do Patrimonio Arquitectónico, proclamada polo Consello de Europa no ano 1975. Estableceu a extensión do concepto de ‘patrimonio arquitectónico’ ou ‘monumento’ para o conxunto dos centros históricos das cidades e para os ambientes urbanos en xeral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de anarquizar.