"Galicia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 405.

  • Fundación sen ánimo de lucro constituída o 26 de novembro de 1996 por iniciativa da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia e que ten como obxecto a promoción, vertebración e divulgación da empresa galega como entidade específica, caracterizada pola súa vinculación á realidade socioeconómica e cultural de Galicia. En particular, son obxectivos a normalización do uso do galego na empresa, tanto nas súas relacións internas coma externas, e sen prexuízo do apoio á poliglosia como factor esencial da actividade empresarial; a promoción da investigación das características peculiares da empresa galega e da súa potenciación e desenvolvemento; o apoio á aplicación dunha estética diferenciadora dos seus produtos; e a creación e fomento de centros de diálogo e de publicacións relativas á vinculación da empresa coa realidade económica, social e cultural de Galicia. Entre os membros do padroado inclúense Manuel Puga Pereira, actual presidente, Ramón Barral Maquieira,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación fotográfica editada na Coruña a partir de 1984. Subtitulouse “Portavoz de la asociación de fotógrafos profesionales”. Coordinada por Xosé Abad, incluíu noticias de actualidade, un apartado fiscal, información sobre o desenvolvemento das actividades da Asociación Provincial de Fotógrafos Profesionales da Coruña e unha sección titulada “Recuperación histórica” na que aparecían clásicos do fotoxornalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico editado na Coruña a partir de setembro de 1987. Cesou a súa edición no mes de outubro do mesmo ano (nº 8). Editado por El Corte Inglés e dirixido por Ana Mª Robles, saíu con motivo da exposición homónima. Incluíu artigos sobre a lingua galega, a cultura castrexa e a historia da prensa, ademais de información sobre acuicultura, novas tecnoloxías, industria e medio ambiente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista de carácter vangardista editada en Santiago de Compostela a partir de 1986. Coordinada por José A. Alonso, Suso Iglesias, Pepe Barro e Lois Rodríguez, recibiu o apoio da Xunta de Galicia e da Universidad Internacional Menéndez Pelayo (UIMP). Prestaba unha especial atención á fotografía e á pintura, e incluíu artigos relacionados co vídeo e a música.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa radiofónico retransmitido pola BBC de Londres entre os anos 1947 e 1956 e que se incluíu no denominado Spanish Programme. Presentouno Alexandre Reimúndez, que contou coa colaboración de Plácido Castro, e en Galicia coordinouno Fernández del Riego. Cómpre destacar a participación de numerosos xornalistas galegos no exilio e de escritores galegos, entre outros, R. Otero Pedrayo, Filgueira Valverde, Celso E. Ferreiro, Rafael Dieste e Augusto Assía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Galitsia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Galitsia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación mensual editada en La Habana a partir de xullo de 1956. Subtitulouse “Órgano Oficial y Viril de la Asociación Cívica Juventud de Galicia (...)”. Dirixida por Arsenio Villate, converteuse en voceiro da oposición á directiva do Centro Galego. Ademais das críticas á entidade, incluíu poesías, traballos sobre a historia de Cuba e información sobre temas médicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada en Pontevedra a partir de 1884. Subtitulouse “Somanario gallego”. Dirixida inicialmente por Rufino Ribera Losada, e logo por Roxelio Lois Estévez, na súa elaboración colaboraron destacados xornalistas da época. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Millán, dos herdeiros de Madrigal e de Roxelio Quintáns. En 1884 organizou uns Xogos Florais e en xuño de 1886 un certame literario-musical co gallo das festas da Peregrina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista aparecida en Santiago de Compostela en setembro de 1988. Subtitulouse “3º Campeonato do Mundo de Balonmán Junior Masculino”. Dirixida por José L. Otero Feijóo, incluíu información deportiva e turística en diferentes linguas (galego, castelán, inglés e francés).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa constituída en 1992 tralo acordo entre o ministerio de Industria, a Xunta de Galicia e o Grupo Gas Natural para distribuír gas canalizado en Galicia. No momento da súa constitución o maior accionista era Gas Natural SDG, cun 62% das accións, a Xunta controlaba un 28%, e Caixa Galicia o 10% restante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución creada polos Reis Católicos a finais do s XV co fin de controlar política e administrativamente o territorio galaico. Esta figura, que cumpría a dobre función de ser o representante da monarquía en Galicia e presidir as Xuntas do Reino e a Audiencia, tiña os seus precedentes no cargo baixomedieval de Adiantado Maior e no de presidente e gobenador do Reino de Galicia, creado en 1475 polos Reis Católicos. Ocupado xeralmente por foráneos, circunstancia que provocou o absentismo e o desinterese destas personaxes polos asuntos galegos, desempeñárono durante o reinado de Carlos I dous galegos, Alonso de Fonseca e Fernando de Andrade e Pérez das Mariñas. O Gobernador Capitán Xeneral, ademais de gozar dun gran prestixio, contaba cunha remuneración moito máis elevada ca dos restantes cargos institucionais. Como figura de maior rango político na Galicia da Idade Moderna, gozou de grandes competencias gobernativas, xudiciais e militares pero, que co tempo, foron transferidas á Audiencia,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación cultural creada en 1983 co fin de promover o estudo e difusión da cultura galega en Madrid. O seu principal promotor foi Manuel Mourelle de Lema. Colobararon asiduamente con esta entidade, entre outros, X. F. Filgueira Valverde, A. Fraguas Fraguas, A. Meijide Pardo, B. Varela Jácome, X. L. Barreiro Rivas, F. I. González Lage, D. García-Sabell e E. Cornide Ferrant. Desde 1986, GRUGALMA diversificou as súas actividades a tres ámbitos principalmente: a organización anual dunhas Xornadas de Cultura Galega, publicación da revista Galicia en Madrid e a celebración anual dos premios Galicia en Madrid de artigos e poesía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario editado en La Habana en 1919. Cesou a súa edición en 1933. A partir de maio de 1920 converteuse en quincenal, e desde 1927 saíu cada dez días. Dirixido por Manuel Fernández Doallo, incluía artigos sobre os problemas de Galicia orientados aos emigrantes, cuestións de política internacional e, no apartado literario, algunhas poesías e narracións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Ourense a partir de 27 de outubro de 1930. Cesou a súa edición en xullo de 1936. Dirixido por Ricardo Outeiriño e Xosé Goyanes, foi o substituto de Heraldo Orensano. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de La Región. Entre os seus colaboradores figuraban diversos autores relacionados co Grupo Nós. Identificado cos adxectivos de galeguista, católico e independente, incluía artigos en defensa do mundo rural, temas políticos e culturais, e diversos textos literarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en 1959 pola sociedade Juventud de Galicia de Lisboa. Imprimiuse nos obradoiros da Tipografía Ideal. Editada por Fernando Toucedo e dirixida por Carlos Baquero Peruch, tentaba ser un instrumento de comunicación para achegarlles a cultura e a actualidade galega aos emigrados na capital portuguesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa radiofónico emitido desde 1951 por Cadena Radio Continental, propiedade de Ramón Ferreiro, en México. Contou co patrocinio do Padroado da Cultura Galega de México. Interrompeu as súas emisións ao redor de 1968. Presentárono en épocas diferentes Roxelio Rodríguez, Luís Soto e Carlos Velo, e incluía contidos culturais e informativos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal editado en Santiago de Compostela a partir de 1841. Cesou a súa edición o 15 de xaneiro de 1842. Fundado e dirixido por Domingo Díaz de Robles, levaba por subtítulo “Periódico sabatino. De Literatura, Ciencias y Artes en general, Historia, Moral y Costumbres”. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos da viúva de Compañel. Voceiro oficioso da Academia Literaria de Santiago, foi o pioneiro entre os periódicos de tendencia provincialista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista quincenal editada en Madrid a partir do 15 de xuño de 1878. Cesou a súa edición o 10 de xaneiro de 1879. Dirixida por Manuel Murguía, incluíu colaboracións de Rosalía de Castro e Eduardo Pondal, e artigos en galego, castelán e bable. Imprimiuse na Tipografía Estereotipa de Perojo. Foi substituída por La Ilustración Gallega y Asturiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bisemanario editado en Santiago de Compostela a partir do 1 de novembro de 1868. Subtitulouse “Revista política, literaria, ilustrada”. Dirixido por Félix Moreno Astray, imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Paredes. Incluíu fundamentalmente literatura en prosa e verso de diversos autores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación Pedro Barrié de la Maza.

    VER O DETALLE DO TERMO