"Tura" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 473.

  • mitilicultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cría industrial de mexillón e de especies afíns, onde o home se limita a proporcionar un substrato artificial axeitado para a fixación das larvas planctónicas durante a época da reprodución (inverno). Diferéncianse tres modalidades de cultivo: sobre o fondo, sobre estacas cravadas ou sobre cordas de bateas flotantes. No primeiro caso, fíxase o animal directamente á area, o que é perigoso polo fácil acceso dos depredadores. No segundo método, os mexillóns fíxanse ás estacas, que se cravan na zona intermareal; este método é moi común en Francia. O método das bateas é o que achega mellores resultados, xa que o animal permanece sempre sumerxido e separado do fondo, de tal xeito que pode alimentarse cando quiera e ademais está fóra do alcance dos depredadores, e é o que se utiliza, entre outros, en Galicia. O proceso de cultivo do mexillón divídese en varias etapas: en primeiro lugar está a obtención da semente a partir das rochas do litoral, entre outubro e abril,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada en Lugo a partir de 1995. Promovida pola área de Filoloxía Española do campus universitario de Lugo, estivo dirixida por Alexandre Veiga e Claudio Rodríguez Fer. Cada ano, e de xeito alternativo, publicou un monográfico con investigacións sobre o español e literatura española. Incluíu artigos, recensións, homenaxes e necrolóxicas. Contou entre os seus colaboradores con Manuel Seco, Alonso Montero, Teresa Moure, Hueso Montón, Darío Villanueva, Carmen Blanco e Pere Gimferrer. A revista tivo unha serie de anexos monográficos que, baixo o título Lucus Lingua, ofreceron traballos sobre lingüística de carácter científico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Animal sobre o que se monta para ir dun lugar a outro.

    2. Conxunto dos arreos que se lle poñen a un animal para poder montalo.

    3. Soporte, marco ou estrutura sobre a que vai montado un obxecto a fin de permitir a súa utilización ou manobra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao relevo en que a estrutura é a base das formas actuais. Diferéncianse diversos tipos de relevo estrutural como o aclínico, o monoclinal, o dobrado, o fallado e o apalachense, onde prima o criterio da tectónica; e o volcánico, o granítico e o cárstico, onde prima o criterio litolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cultura propia da Idade do Bronce, que se desenvolveu no SL de La Meseta, entre Albacete e Ciudad Real. A súa importancia artística aparece representada polos enormes túmulos circulares rodeados por murallas, ao redor dos que se establecían os poboados. Os máis representativos foron La Peñuela (Albacete) e Los Romeros, Azuer e Palacios (Ciudad Real).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto dos músculos do corpo.

    2. Grao de desenvolvemento dos músculos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo estadounidense, considerado o museo de historia natural máis grande do mundo, que se atopa na cidade de Nova York. Conta con corenta salas de exposicións, laboratorios de investigación e unha gran biblioteca. As súas exposicións están dedicadas á antropoloxía, á arqueoloxía, á xeoloxía, á mineraloxía, á paleontoloxía e á bioloxía. Destacan as salas dedicadas aos pobos indíxenas norteamericanos e a Sala de evolución e Bioloxía Humana. Desde 1871 patrocinou máis de mil expedicións científicas en todo o mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo continuador do Gabinete de Historia Natural, creado por Antonio Casares na Universidade de Santiago de Compostela durante o curso 1840-1841, e que conserva moitas das coleccións do s XIX. Parte dos fondos históricos conservados están constituídos polos exemplares mercados en París en 1845 polo reitor Xosé Viñas. Mais a maioría proceden da doazón de particulares. A través das súas coleccións faise un percorrido polo labor de científicos galegos dos ss XIX e XX, así como polas investigacións realizadas nos departamentos da Universidade de Santiago de Compostela. Pertence ao Consello Galego de Museos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de titularidade estatal situado no antigo colexio de San Gregorio e noutros edificios próximos, en Valladolid. O núcleo primitivo das súas coleccións procedía das desamortizacións levadas a cabo nos conventos de Valladolid e proximidades, ás que se engadiron posteriormente adquisicións estatais, co fin de completar unha visión global da escultura española con todos os seus matices. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1962.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Esencia e característica de cada ser.

    2. Órgano xenital masculino ou feminino.

    3. Órgano sexual e reprodutor feminino dos animais.

    4. Contrario ao que se considera como esixido pola natureza ou a moral humana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao animal femia que está en celo, especialmente á vaca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á natureza.

    2. Que é ou está acorde coas leis da natureza.

    3. Que é producido pola natureza sen a intervención ou manipulación do home.

    4. Que é propio da natureza do que se fala, non adquirido nin aprendido.

    5. Que é esperable.

    6. Que se comporta sen afectación nin sen artificio, tal e como é.

    7. Que ou quen naceu nun lugar determinado. OBS: Emprégase coa prep de.

    8. Nome que se lle dá ao son que non está alterado por ningún accidente (bemol, díese).

      1. Aplícase ao número enteiro e positivo.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo situado en Londres, fundado a partir da colección persoal de sir Hans Sloane (1660 - 1753), que inclúe unha gran variedade de plantas, animais e fósiles, así como máis de 600 exposicións. Estivo englobado dentro do British Museum ata 1881, cando se trasladou de Blomsbury a South Kensington. En 1986 anexionouse ao Geological Museum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade de beneficencia e protección mutua fundada en La Habana en 1928 por ortigueireses que vivían en Cuba. Foi a derradeira asociación que implantaron os emigrantes galegos en Cuba e o seu obxectivo era axudar aos socios enfermos, sen traballo ou imposibilitados fisicamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de natural.

    2. Falta de afectación ou artificialidade.

    3. Adaptación das normas coa orde regular.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina filosófica que non admite nada exterior ou superior á natureza como conxunto da realidade existente, e que, consecuentemente, intenta comprender todas as cousas segundo as leis naturais, sen recurso a ningún principio transcendente. Aínda que por definición se opón a todo o que sexa sobrenatural, non quere dicir que se opoña ao espiritual, e neste sentido hai que distinguilo do puro positivismo. Destacou John Dewey.

    2. Tendencia artística que representa o realismo máis libre, a nivel de técnica e temática. É contraria ao idealismo e ao simbolismo. Émile Zola empregaba esta denominación para falar do impresionismo.

    3. Escola literaria que naceu en Francia ao redor de 1880 e que se manifesta, sobre todo, na novela e no teatro. Despois de 1850 a difusión do positivismo e o entusiasmo polos estudos científicos conduciu os novelistas a utilizar os métodos das ciencias experimentais e aceptar a tese de Taine: o home sométese ao determinismo universal, os sentimentos e os caracteres son rigorosamente predestinados, e unhas leis, especialmente as da herdanza, rexen o contexto literario. A novela non é máis ca unha parte da historia natural e o escritor ten que usar os métodos da nova ciencia: observación e experimentación, tendo como obxectivo a reprodución da realidade cunha obxectividade perfecta en todos os seus aspectos, tanto nos máis sublimes como nos máis vulgares. E. Zola deu as normas da nova escola no Roman expérimental (1880), no Naturalisme au théâtre (1881) e nos Romanciers naturalistes (1881), resumindo as bases teóricas da novela realista no estudo do temperamento e...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao naturalismo.

      2. Seguidor do naturalismo.

    1. Persoa versada en historia natural.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de naturalizar ou naturalizarse.

      1. Modalidade de adquisición de nacionalidade, posterior ao nacemento, que se produce mediante unha declaración de vontade do adquirinte e unha autorización da autoridade estatal, outorgada de forma discrecional ou suxeita a determinadas regras. O dereito civil español establece dous tipos de naturalización: por carta de naturalización e por residencia. O tempo de residencia esixido é de dez anos continuados, reducidos a dous para os súbditos dos países iberoamericanos, Andorra, Filipinas, Portugal, Guinea Ecuatorial e os de orixe sefardí, e a un ano para os nacidos en territorio español, os de pai ou nai orixinariamente españois,  os casados con español ou española e os que non exercitasen a facultade de opción para a adquisición da nacionalidade. Hai que seguir un expediente no rexistro civil e unha vez outorgada a naturalización, ten que seguir inscrita no rexistro.

      2. carta de naturalización

        Carta de concesión a un súbdito estranxeiro da nacionalidade do país que a outorga. Normalmente outórgaa o xefe do estado, dunha maneira discrecional, mediante Real Decreto e en atención a circunstancias excepcionais.

    2. Adaptación dunha especie vexetal ou animal a unha rexión e a unhas características que non lle son propias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de naturalizar ou naturalizarse.

    2. Que recibiu a nacionalización noutro estado diferente ao seu orixinario.

    3. Aplícase á planta de procedencia estranxeira que se difundiu nunha rexión e que vexeta e se multiplica coma as plantas indíxenas.

    VER O DETALLE DO TERMO