"BAL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1242.

  • ENSEADAS

    Enseada do litoral atlántico da parroquia de Laxe, no concello homónimo, situada ao S do Coído Arbaliño e ao O da vila de Laxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á balea ou á súa pesca.

    2. Persoa que se dedica á pesca da balea.

      1. Barco medieval de forma alongada e baixo de banda, semellante a unha balea, empregado como barco mercante e para actividades de piratería.

      2. Barco construído ou adaptado para a pesca da balea. O primeiro construíuse no s XV. Era unha especie de barco dunhas 400 toneladas, cun casco moi resistente, que era capaz de cargar ata un total de sete baleas. Coa invención do canón lanzaarpóns xa se pode distinguir entre o barco-factoría e o baleeiro, o que provocou a desaparición do segundo. Na actualidade, os baleeiros teñen como única finalidade a de arponar a balea.

    3. Embarcación menor que ten a popa tan afiada como a proa, propulsada a remo ou a vela, e neste último caso adoitaba aparellar velas ao tercio. Ao principio, e ata finais do século XIX, utilizouse para pescar baleas, pero na actualidade utilízase como embarcación auxiliar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua africana da familia nilo-sahariana e do grupo sudánico central. Conta con aproximadamente 250.000 falantes no Zaire.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non lle gusta traballar. SIN: folgazán, galbán, gandulo, lacazán, loubán, mamalón, moulón, nugallán, preguiceiro, preguizoso, vago.

    2. Que ou quen se comporta con malicia e astucia. SIN: pillabán, pillo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca da Fonsagrada, situado na provincia de Lugo ao L da Comunidade Autónoma de Galicia (43º 00’ 53’’ latitude N e 7º 14’ 13’’ lonxitude O). Limita ao N cos concellos de Pol e Ribeira de Piquín (comarca de Meira), ao O co de Castroverde (comarca de Lugo), ao S cos de Baralla e Becerreá (comarca dos Ancares) e ao L co da Fonsagrada, da comarca homónima. Abrangue unha superficie de 168,81 km2cunha poboación de 1.658 h (2007) distribuídos nas parroquias de A Braña, Córneas, Cubilledo, A Degolada, A Esperela, A Fontaneira, Fonteo, A Lastra, Librán, Martín, Pousada e Retizós. A capital é o lugar do Cádavo, na parroquia da Esperela. Situado a 142 km de distancia de Santiago de Compostela, a 24 km da Fonsagrada e a 32 km de Lugo, está adscrito ao partido xudicial da Fonsagrada e á diócese de Lugo.
    Xeografía física
    O territorio do concello de Baleira atópase nunha área de dominio climático oceánico de montaña. Deste xeito os rexistros termopluviométricos...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de baleirar.

    2. Acción e efecto de baleirar.

    3. Procedemento para a reprodución de esculturas ou relevos consistente en aplicar ao modelo xeso, escaiola, xelatina, silicona, etc, esperando a que endureza. Conséguese así un molde que permitirá obter copias do orixinal botando unha coada no seu interior.

    4. Operación que consiste en facer imprimir parte ou a totalidade do contido dunha memoria coa finalidade de comprobar un programa e, eventualmente, poder corrixir os erros, ou mesmo como medida de precaución, para preservalos dun posible mal funcionamento da máquina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen baleira.

      1. Artesán que baleiraba metais.

      2. baleirador de cobre

        Artesán especializado no baleirado de campás e morteiros ou canóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Deixar sen nada dentro algún receptáculo sacando o que contén. SIN: baldeirar, desocupar, librar.

    2. Deixar baleiro un lugar facendo saír o que hai dentro ou abandonándoo. SIN: baldeirar, desaloxar, desocupar, evacuar.

    3. Sacar algunha cousa dun receptáculo. SIN: desocupar, librar.

    4. erter o contido dun recipiente.

    5. Formar un obxecto deitando metal fundido ou calquera outra materia branda dentro dun molde baleiro.

    6. Practicar un baleiro nun sólido.

    7. Sacar datos dun escrito.

    8. Quedar algunha cousa sen contido. SIN: baldeirarse.

    9. Saír o contido dun recipiente na súa totalidade. SIN: baldeirarse.

    10. Facerse unha cavidade no interior dalgunha cousa. SIN: baldeirarse.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Deixar sen nada dentro algún receptáculo sacando o que contén.

    2. Deixar baleiro un lugar facendo saír o que hai dentro ou abandonándoo.

    3. Sacar algunha cousa dun receptáculo.

    4. Verter o contido dun recipiente.

    5. Formar un obxecto deitando metal fundido ou calquera outra materia branda dentro dun molde baleiro.

    6. Practicar un baleiro nun sólido.

    7. Sacar datos dun escrito.

    8. Quedar algunha cousa sen contido.

    9. Saír o contido dun recipiente na súa totalidade.

    10. Facerse unha cavidade no interior dalgunha cousa.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non ten contido.

    2. Que non ten xente ou habitantes.

    3. Que carece de interese ou fundamento.

    4. Que presenta algunha carencia. OBS: Sempre se emprega con complemento.

    5. Receptáculo ou lugar que non ten o seu espazo ocupado, especialmente polo que está destinado a conter.

    6. Aplícase á femia do gando que non está preñada.

    7. Sentimento experimentado pola ausencia dunha persoa ou carencia dunha cousa.

    8. Dentro dun sólido, espazo non ocupado pola materia.

    9. Lugar de gran profundidade ou visto desde unha considerable altura onde non se rexistran corpos sólidos.

    10. Rexión bilateral do abdome, situada entre o hipocondrio e a fosa ilíaca.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de significación escura que puido ter a súa orixe nun alcume probablemente de orixe toponímica, xa que na época medieval se rexistra dentro da cadea onomástica funcionando como alcume e tamén como topónimo indicador de procedencia ou residencia. Con todo, actualmente non se atesta ningún topónimo con este nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo a aqueles cetáceos da familia da balea.

    2. Mamífero da familia dos balénidos.

    3. Familia de mamíferos cetáceos da suborde dos misticetos que comprenden diversas especies de baleas. Son animais de grandes dimensións, coas barbas longas e flexibles e as primeiras vértebras cervicais fusionadas, coñecidos coa denominación de baleas verdadeiras. A diferenza dos balenoptéridos, carecen de aleta dorsal e de pregaduras baixo o pescozo. Os xéneros principais son Balaena, Eubalaena e Megaptera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Semellante ás baleas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao mamífero da familia dos balenoptéridos.

    2. Mamífero da familia dos balenoptéridos.

    3. Familia de mamíferos cetáceos da suborde dos misticetos que comprenden diversas especies de baleas do xénero Balaenoptera, denominadas máis propiamente rorcuais. Teñen as barbas máis curtas e ríxidas ca as dos balénidos, e as primeiras vértebras cervicais libres. Baixo o pescozo e o peito teñen unhas grandes pregaduras lonxitudinais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, na chaira de Vic (3.025 h [1996]). As principais actividades económicas derivan dos seus recursos agropecuarios (cereais, patacas e forraxe) e do gando bovino, porcino e ovino, xunto coa fabricación de embutidos) Tamén cómpre salientar as manufacturas de teas metálicas e de tecidos. A capital municipal é Hostalets de Balenyá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río que forma a ría de Ladrido. O seu curso discorre por completo polo concello de Ortigueira, cunha dirección basicamente SL-NO. Ten a súa cabeceira nas estribacións meridionais da serra da Coriscada, na parroquia de Devesos, a 400 m de altitude. Drena as parroquias de Devesos, Couzadoiro e O Mosteiro, onde desemboca formando unha marisma, artellando unha rede fluvial composta por numerosos regos entre os que destacan o rego de Lombao e o de Montecalvelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Colaborou coa administración británica e influíu na adopción do federalismo como modelo de organización do seu país. Foi primeiro ministro dende o ano 1957, e coa independencia de Nixeria (1960) nomeárono primeiro ministro da federación (1961-1966). Participou na organización do OUA. Morreu asasinado en 1966, no transcurso dun golpe de estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Isabel Pérez Sánchez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político conservador británico. Reprimiu duramente o nacionalismo irlandés durante a súa etapa como secretario para Irlanda (1887-1891). Posteriormente, cando asumiu o goberno entre 1902 e 1905, reformou a instrución pública e a reorganización e potenciación do exército. Debido á cuestión do libre cambio, que dividiu o partido, perdeu as eleccións de 1906, o que lle levou a presentar a súa dimisión da dirección do partido en 1911. Foi lord do almirantado (1915) e ministro de Asuntos Exteriores (1916-1919), publicou a chamada declaración de Balfour (1917) e asinou o Tratado de Versalles (1919). En 1920 representou o seu país na Sociedade de Nacións e en 1921 foi o delegado británico na Conferencia de Washington. Foi presidente do Consello (1925-1929), defendeu o concepto de dominio e foi o artífice do Estatuto de Westmister (1931). Concedéronlle o título de conde de Balfour e o de vizconde Traprain de Whittingehame (1922). Entre os seus escritos destacan The foundations of belief...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento publicado no ano 1917 polo ministro de Asuntos Exteriores inglés Balfour e enviado a lord Rothschild, presidente da Federación Sionista Británica, no que se compromete a apoiar a constitución dun estado xudeu en Palestina. Esta declaración foi o punto de partida do actual estado de Israel. A declaración foi refrendada polos aliados e aprobada pola Sociedade de Nacións (1921).

    VER O DETALLE DO TERMO