"Sil" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 565.
-
-
Relativo ou pertencente ás psilotais.
-
Planta da orde das psilotais.
-
Orde das psilotópsidas integrada por plantas herbáceas perennes, sen raíces, de rizomas con rizoides, talos dereitos e dicotómicos, e follas pequenas, escamiformes, dispostas helicoidalmente. Comprende unicamente dous xéneros (Psilotum e Tmeripteris), propios de países cálidos e húmidos.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás psilotópsidas.
-
Planta da clase das psilotópsidas.
-
Clase de pteridófitas que inclúe só a orde fósil das psilofitais e a orde actual das psilotais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen ten pouco ánimo ou pouco valor para enfrontarse ás cousas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de pusilánime.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de moluscos, da clase dos gasterópodos, coa cuncha de pequeno tamaño enrolada helicoidalmente. Viven no nivel intermareal, enriba de algas pardas das que extraen o alimento. En Galicia aparecen as especies P. parva, P. interrupta e P. radiata.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe lendaria de Roma, nai de Rómulo e Remo. Segundo a lenda, o seu tío Amulio, que destronara ilexitimamente ao seu pai Numitor, rei de Alba Longa, converteuna obrigatoriamente en vestal para asegurarse a descendencia. Tivo amores clandestinos e admítese xeralmente que foi amante de Marte. Ao evidenciarse o seu embarazo, foi encarcerada e liberada da morte inmediata grazas á intervención da súa curmá Anto. Morreu despois do parto ou liberada polos seus fillos, Rómulo e Remo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Vilafiz (Friol). Realizada en cantaría de granito, ten planta en forma de U e dous pisos, cuberta de lousa a catro augas e catro chemineas. A fachada caracterízase polo barroquismo palaciano do s XVIII. No piso baixo presenta tres portadas con arco de medio punto e desde un patín dobre, cun frontón formado por tres arcos de medio punto separados por pilastras, accédese cara ao piso superior. Nos lados do patín prolóngase a solaina. O conxunto complétase cun cruceiro e unha capela, baixo a advocación de Nosa Señora da Concepción.
-
PERSOEIRO
Político e militar ruso. Membro dunha familia principesca rusa, foi embaixador en Polonia (1763-1769), á que converteu nun protectorado ruso, e gobernador de Estonia e Livonia (1794).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Resistencia que presentan os sólidos á rotura por choque, dada por unha cifra que caracteriza a fraxilidade do sólido.
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Clodio que dá nome ao concello de Ribas de Sil, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Quiroga, situado no SL da provincia de Lugo e no L da Comunidade Autónoma de Galicia. A súa posición xeográfica é 42° 27’ 59’’ de latitude N e 7° 17’ 12’’ de lonxitude O. Limita ao N cos concellos da Pobra do Brollón (comarca de Terra de Lemos) e Quiroga (comarca de Quiroga), ao S cos de Castro Caldelas (comarca de Terra de Caldelas), San Xoán de Río e A Pobra de Trives (os dous da comarca de Terra de Trives), ao L novamente con Quiroga e ao O con Monforte de Lemos (comarca de Terra de Lemos). Abrangue unha superficie de 67,8 km 2 en que acolle unha poboación de 1.218 h (2007) distribuída nas parroquias de Nogueira, Peites, Piñeira, Rairos, Ribas de Sil, Soutordei e Torbeo. A súa capital é o lugar de San Clodio, na parroquia de Ribas de Sil, localizada a 82 km da capital provincial. Está adscrito á diocese de Lugo e ao partido xudicial de Monforte de Lemos.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Ribas de Sil emprázase na vertente S do val do Sil ao... -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro beneditino situado en Ribas de Sil. En 1151 documéntase a súa doazón a Velasco Pérez e a súa nai, Elvira Núñez, por parte de Afonso VII. Do antigo cenobio, restaurado en 1604, só queda parte dunha torre derruída situada detrás da igrexa, que lembra as loitas dos monxes contra os cabaleiros da orde militar de San Xoán na súa encomenda de Quiroga. O templo, hoxe parroquial, foi construído en estilo románico no s XII, pero sufriu numerosas reformas e da edificación orixinal só se conserva a ábsida e a porta norte, con arco de medio punto. Ten unha soa nave de planta rectangular e presenta numerosos elementos que foron considerados protorrománicos e visigodos, aínda que só forman parte da decoración, co que non se pode afirmar que existira un templo anterior no seu emprazamento. O ábsida cúbrese con bóveda de canón no tramo recto e con bóveda de forno na cabeceira semicircular. O arco triunfal apóiase en columnas entregadas. A porta lateral situada no adro, daba acceso ao claustro...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro que puido estar situado en Castro Caldelas. Desde o s XII pertenceu a Montederramo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro beneditino situado en Parada de Sil. Descoñécese con certeza a súa data de fundación pero documéntase a súa existencia desde o s IX. Recibiu doazóns e privilexios dos monarcas castelán-leoneses e dos papas. As súas posesións estendéronse por Lugo e Ourense, na ribeira do Sil, aínda que cando se incorporou á Congregación de Valladolid (1499) xa case fora abandonado polos monxes, e no s XVI pasou a depender de Santo Estevo de Ribas de Sil. Consérvase unha parte das antigas dependencias, o claustro e a igrexa. O claustro ten forma de L e sitúase ao lado norte e leste da igrexa. Divídese en tres tramos reforzados con contrafortes e na planta baixa destacan os arcos de medio punto sobre columnas. Neste lado norte presenta unha torre acaroada coa base aberta mediante tres arcos de medio punto asentados sobre columnas pegadas ao muro e rematados por capiteis profusamente decorados. As demais dependencias do mosteiro abríanse a este claustro. A igrexa foi construída en estilo románico...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro masculino situado en Sacardebois (Parada de Sil). Fundouno no s X o abade Froila segundo consta nunha inscrición do Tumbo Nuevo de Santa María de Montederramo de 1648.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro beneditino situado en Santo Estevo de Ribas de Sil (Nogueira de Ramuín). A primeira proba documental da súa existencia é un documento de 921 do Rei Ordoño II no que se autoriza ao abade Franquila a reconstrución do mosteiro de Santo Estevo, pero puido exisir nos ss VI e VII. O Rei Afonso IX defendeuno fronte aos intereses de varios nobres e o mosteiro chegou a ter xurisdición sobre un extenso territorio. Incorporouse á Congregación de Valladolid en 1499 e no s XVI tivo entre os seus priorados a Santa Cristina de Ribas de Sil e San Vicente de Pombeiro, e acadou unha grande importancia económica ata a exclaustración de 1835. Acometeuse unha restauración do conxunto e en 2004 inaugurouse nas súas dependencias un Parador Nacional de Turismo. Realizado en estilo románico, ten elementos arquitectónicos que van desde o gótico e o renacentista ata o neoclásico. Das distintas dependencias que se conservan destacan os tres claustros. O Procesional ou dos Bispos, recibe este nome en...
-
GALICIA
Escultor. Formouse na escolas de Artes de Vigo e Madrid e no Círculo de Bellas Artes de Madrid. A partir de 1969 colaborou no taller de Xoán Piñeiro en Goián e entre 1976 e 1977 estudou cerámica, invitado polo Seminario de Estudios Cerámicos de Sargadelos. En 1979 instalouse en Francia, onde abriu o seu taller en Bonneuil-sur-Marne e participou en numerosas exposicións no estranxeiro e en Galicia, onde tamén formou parte do movemento Atlántica desde 1980. En 1986 regresou a Galicia e en 1992 instalou o seu estudo en Paramos (Tui). Nas súas esculturas, abstractas, experimentou coas formas, xogando cos ocos e os volumes, coas texturas e cos materiais: empregou poliéster, aceiro, ferro, madeira (Acacia, 1976), pedra (Pensando en Stendhal, 1995) e bronce (As agullas da catedral, 1992; Personaxes de Millet, 2000) e innovou coa realización conxuntos articulados e desmontables de cerámica. Da súa obra pública destaca a formación de granito de grandes dimensións...
VER O DETALLE DO TERMO -
LIÑAXES
Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de prata, unha faixa ondada de azul; bordo de goles, cargado de cinco besantes de ouro, un no medio do xefe e dous en cada flanco.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como Velázquez, iniciouse no mundo artístico nos obradoiros sevillanos de Francisco de Herrera o Vello e Francisco Pacheco, sogro seu desde 1618. Na súa etapa sevillana (1617-1623) achegouse ao tenebrismo, influído por Caravaggio, e abordou a temática do bodegón (La vieja friendo huevos, 1619; El aguador de Sevilla, 1620), o retrato (Góngora, 1622) e as escenas relixiosas (Cristo en casa de Marta e María, 1618; La Adoración de los Magos, 1619), que se caracterizaron ademais de pola tendencia á representación obxectiva, pola modelaxe rotunda e o uso dunha gama cromática limitada. Tamén foi frecuente a representación de modelos extraídos da rúa ou da súa familia como protagonistas dos seus cadros. Desde 1623, coa axuda do seu sogro, trasladouse a Madrid, onde pasou a ocupar importantes cargos artísticos e administrativos na corte de Filipe IV. Foi nomeado pintor do rei, pero ademais dos retratos cortesáns (Filipe...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante e compositor cubano. O seu estilo sitúase dentro da chamada Nueva Trova Cubana. Da súa discografía destacan Días y flores (1975), Unicornio (1982), a triloxía Silvio (1993), Rodríguez (1994) e Domínguez (1996); Descartes (1998), Expedición (2002) e Cita con Ángeles (2003).
VER O DETALLE DO TERMO