"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • Compañía creada en 1996 en Santiago de Compostela por Gloria Rico, Pablo Rodríguez e Xabier Picallo. Dos seus espectáculos destacan Cachorros sen domesticar (1996) con dirección de Xabier Picallo; Interruptus   (1997), Interruptus II (1998) e Interruptus III (1999), propostas realizadas en coprodución con Pífano Teatro, e Detritus corazón (1998), con dirección de Xabier Picallo. O seu traballo busca dunha síntese entre tendencias estéticas, con especial atención ao kitscht e a presentación de temáticas relacionadas cunha sexualidade desinhibida e libre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía profesional creada en 1996 por Pablo Suárez e Larraitz Urruzola. Orientado cara ao público máis novo, dos seus espectáculos destacan Historia do pequeno Muk (1996), A Gaita que facía a todas bailar (1997) e O bosque animado (1998). Tamén desenvolve propostas específicas en campañas de animación á lectura e participa no movemento de recuperación da figura dos contacontos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía teatral fundada na Coruña en 1967 por Manuel Lourenzo. Ligada inicialmente ao Circo de Artesanos da Coruña, realizou diversos espectáculos, cursos e conferencias buscando a dinamización cultural. En 1977, por problemas coa censura, disolveuse e constituíu a Escola Dramática Galega. Das súas representacións destacan Longa noite de pedra (1968), de Celso E. Ferreiro; Entremés famoso sobre a pesca do río Miño (1973), de G. Feixóo de Araúxo; Zardigot (1974), de E. R. Ruibal; Macbeth (1975), de W. Shakespeare; e Os vellos non deben de namorarse (1977, Premio ao mellor espectáculo da Aula de Teatro de Compostela), de A. Castelao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía creada por Ramiro Neira, Alejandro Piñeiro e Xoán Carlos Mejuto. En 1998 presentaron o seu primeiro espectáculo, O xardín das pernas roubadas, a partir dun texto de Xoán Carlos Mejuto, responsable igualmente da dirección escénica. En 2000 presentaron unha versión de O Rei Lear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reunión de delegados da CNT celebrada entre os días 10 e 18 de decembro de 1919 no Teatro de la Comedia, de Madrid. Organizou os sindicatos únicos para o ramo da industria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía profesional creada en 1985 por Xulio Lago despois da disolución do grupo Teatro da Mari-Gaila. O seu primeiro espectáculo foi Xoana (1985), creado a partir dun texto homónimo de Manuel Lourenzo, con dirección de Xulio Lago, responsable da realización escénica dos espectáculos, e tamén destacan Eu, Gulliver Ferreiro (1988), recital poético con textos de Celso E. Ferreiro e dramaturxia de Xulio Lago; Liberdade Brenana (1989), de Rainer W. Fassbinder; Historia de Neera (1990), a partir dun texto de Roberto Salgueiro, e   galardoado co Premio Compostela para Xulio Lago, á mellor dirección, e Antonio F. Simón, á mellor escenografía; Ocasos (1991), con textos de Manuel Lourenzo e Marguerite Yourcenar, polo que María Barcala acadou o Premio Compostela á mellor interpretación feminina protagonista; Non se chora (1993), de Roberto Cossa; Casa de bonecas (1995), de Henrik Ibsen; A noite das tríbades (1996), a partir...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de teatro creado en 1955 ao abeiro da escola de teatro da Casa de Bellas Artes de Cali, Colombia. Dirixido por Enrique Buenaventura, desenvolveu unha das experiencias máis destacadas e significativas do teatro popular e comprometido de Hispanoamérica. A súa influencia e a dos seus métodos de traballo, formación actoral e creación colectiva, deixáronse sentir tanto no continente como en Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía profesional de teatro fundada en abril de 1991 en Sada. Nese mesmo ano estreou os espectáculos Descubrir a lectura é un espectáculo e Onde están os libros, dirixidos por Pedro Rubín. A estes seguíronlle, entre outros, Trasnos (1995), Pauto do Demo (1997), A esperar por Godot (1999) e O divertimento do Rei (2005).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edificio construído en Vigo entre 1911 e 1927 segundo un proxecto de Antonio Palacios. Substituíu ao Teatro Rosalía de Castro, incendiado en 1910, e ademais empregouse como cinematógrafo e casino. Está formado por dúas salas teatrais superpostas, con diversos salóns de columnas e unha monumental escaleira, iluminada cenitalmente cunha vidreira deseñada por Palacios. A platea da sala principal apóiase nunha bóveda nervada de formigón con arcos moi rebaixados. A fachada principal fai referencia á Opéra de París de Charles Garnier e organízase como un grande arco que acolle grandes ventás e balcóns. Inaugurouse o 23 de abril de 1927 coa ópera Madame Pompadour. En 1982 Caixanova adquiriuno e rehabilitounno como centro cultural e engadíronselle esculturas de Buciños e Oliveira como remate na fachada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teatro Jofre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edificio situado en Lugo. Construíuse baixo a iniciativa de Buenaventura Miguel Pla en 1844, seguindo o modelo do Teatro Principal de Santiago de Compostela. Demoleuse en 1892.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía teatral fundada por Eduardo Blanco Amor en Bos Aires en 1957, na que se integraron actores como Fernando Iglesias Tacholas, que representaron as súas pezas no Centro Lucense. Dos seus espectáculos destacan Estadeíña, de M. Lugrís, e O cantar dos cantares, de Blanco Amor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía teatral fundada en Vigo en 1966. Dos seus espectáculos destacan A raposa e as uvas (1966), de G. Figueiredo, e A puta respetuosa (1968), de J. P. Sartre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edificio situado en Ourense. Construído entre 1837 e 1839 por Santiago Sáenz Martínez, nun estilo entre o barroco e o romanticismo. Experimentou varias remodelacións e ampliacións, como a instalación dun cine en 1915. A piques de ser derrubado en 1975, unha campaña de sensibilización logrou que se restaurase e reabrise na década de 1990. A fachada principal organízase con tres corpos: baixo, principal con dous pisos e superior, rematados por unha cornixa; e caracterízase pola sobriedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edificio situado en Santiago de Compostela. Construído entre 1840 e 1841, destaca a fachada de cantaría, en estilo neoclasicista tardío. Conta cun baixo de soportal, aberto con cinco vans: tres arquitrabados e dous rematados en arco de medio punto rebaixados, sobre os que se alzan dúas alturas, case ausentes de decoración ao exterior. O piso principal, de maior altura, organízase en cinco vans arquitrabados e o superior, amodo de ático, conta con cinco ventás cadradas, separadas por resaltes circulares de pedra. Sufriu varias reformas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edificio situado en Tui. Construído entre 1842 e 1844, destacou pola peculiaridade da súa planta elíptica. Ao exterior presenta un aspecto macizo. A fachada principal organízase en tres pisos separados por impostas e en que se abren vans. Tiña tres portas de acceso. En 1891 acolleu a celebración dos primeiros Xogos Florais integramente en galego. Pechado desde 1972, en 2000 recibiu a denominación de Fundación de Interese Galego e constituíuse a Fundación Teatro Principal de Tui, para intentar adquirir o inmoble e recuperar a súa actividade cultural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edificio situado en Pontevedra. Foi construído por encargo da xunta do Liceo Casino de Pontevedra cara a 1864 segundo un proxecto de Filipe Bouza Tredis. Adquirido por Manuel Becerra Armesto en 1880, cambiou o seu nome polo actual. En 1897 realizouse nel a primeira exhibición de cine da cidade. Foi reconstruído tras o incendio de 1980.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teatro de ópera situado en Madrid. Orixinariamente (1708) construído pola compañía italiana de Bartoli, en 1818 encargóuselle a Antonio López Aguado un novo proxecto que concluíu Custodio Moreno. En 1850 abriuse ao público como Teatro de Oriente, pero en 1925 desaloxouse polo seu estado ruinoso. Despois da Guerra Civil, reabriuse como sede da Orquesta y Coro Nacionales de España. Desde 1986 Francisco Rodríguez Partearrovo dotouno dunha maquinaria escénica que permitiu reabrilo como teatro de ópera en 1997. Cun aforo máximo de 1.750 localidades e un escenario de 1.400 m2 destaca o salón Goya e o Palco Real, de dobre altura e tripla anchura. A sala do teatro, de catro plantas de altura, pódese percorrer por todo o arredor. Foi declarado BIC (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edificio situado na Coruña. A súa construción (s XIX) amosa un estilo ecléctico. Inicialmente recibiu o nome de Teatro Principal, pero despois dun incendio (1867), foi reconstruído por Faustino Domínguez Coumes-Gaye, desde 1909 recibiu o nome actual. Desde entón sufriu varias modificacións no que respecta á decoración, iluminación e estrutura do interior, en especial a adaptación realizada en 1910 para proxeccións cinematográficas.

    VER O DETALLE DO TERMO