"García" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 414.

  • GALICIA

    Filólogo. Realizou estudos universitarios en Cuba e EE UU e doutorouse (1974) en Filosofía na Florida Atlantic University. Especialista e investigador de literatura medieval española e galego-portuguesa, e en lingüística, publicou distintos traballos sobre estes temas (“El romero engañado: una aproximación sintáctica”, “Flutuaciones de los verbos gallegos en “-ar” al comienzo de los lexemas”, “Las formas del verbo galaico-portugués seer según los textos; s. XII y XIII”, “En torno a una polémica: la normalización del gallego” e “Algunas consideraciones sobre las desinencias -an, -ano, -ao, en gallego actual”, entre outros). É membro da The Honor Society of Phi Kappa e da American Association of Teachers of Spanish and Portuguese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Realizador cinematográfico. En México foi actor, director, produtor, guionista e compositor de bandas sonoras. A súa carreira comezou coa produción Sagrario (1933), onde tamén participou como actor para posteriormente centrarse na dirección en filmes como Madre querida (1935), Siboney (1938), Una mujer de oriente (1946), Secretaria peligrosa (1955), La maldición de mi raza (1964), Historia de un gángster (1968) e El tren de la muerte (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor e pintor. Coñecido como Eiravella, cultivou unha nova figuración primitivista, pero levando as obras ata a contemporaneidade. Deste xeito, postulou o encontro entre o moderno e o autóctono a partir da esencia formal das esculturas totémicas castrexas, a abstracción dos volumes do arcaísmo ibérico e a frontalidade e a técnica de orixe medieval. Traballou principalmente empregando a talla directa sobre materiais diversos como a madeira, a pedra, o bronce, o óso de balea e o marfil. A súa obra caracterizouse polo emprego das liñas curvas, a ausencia de canons tradicionais e a predilección pola masa. Da súa extensa produción artística destacan unha serie de esculturas sobre o Camiño de Santiago, as esculturas Xogo de nenos (1987), Perdón, Nena de Velay (1970) e Peso da vida (1975-1980), e os óleos Esculpindo co arado, Predicación e Festa no camiño San Xoán de Portas (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista. Vinculado ao grupo Atlántica de forma esporádica, participou con el en exposicións como O Feito Plástico (1981). O seu debuxo caracterízase polo clasicismo e a inspiración francesa. Da súa produción destaca a serie Mulleres sentadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora e ilustradora. Pintou Carta de amor (2001) e ilustrou libros como A vendedora de mistos de Mª Dolores Hermida. Participou en numerosas exposicións tanto individuais como colectivas e gañou o Premio Eixo Atlántico 2001 por Fragmento: cinco segundos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora e profesora. Formada na Universidade de Santiago de Compostela, completou os seus estudos en Lisboa. Colaborou nas publicacións Grial, Dorna, Nordés, Festa da palabra silenciada e A Nosa Terra, onde estudou a obra de R. Carballo Calero, Álvaro Cunqueiro, Rafael Dieste e Luís Seoane, entre outros, e participou das características propias da poesía galega da década de 1980, que se concreta nunha obra profunda e intimista. Publicou os libros de poesía Entre lusco e fusco (1980), con composicións de tipo social en que canta o amor ausente; Sétima soidade (1984, Premio de Poesía Esquío), en que analiza a comunicación, os aconteceres da vida cotiá e novamente a soidade; Livro das devoracións (1996) e Poemas (2000). Tamén publicou o libro de ensaio Rosas na sombra. A poesía de Luís Pimentel (1991) e participou nos volumes colectivos Palabra de muller (1992), Daquelas que cantan...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Bispo de Tarazona (1720-1741). Relixioso mercedario, foi provincial da súa orde en Castela e catedrático na Universidad de Salamanca. Das súas obras destacan Panegyrico Funeral en las Reales Exequias que hizo la Universidad de Salamanca en su Real Capilla el día 23 de Diziembre de 1715. Al Sr. Rey Christianíssimo de Francia Luis XIV. El Grande (Salamanca, 1715) e Demostración de la verdad, y de la justicia, que asiste al Ilustmo. y Revermo. Sr. D. Fr. García de Pardiñas y Villar de Francos... (Pamplona, 1729). Unha das súas composicións poéticas foi premiada nas Festas Minervais de Santiago de Compostela (1697).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Foi director do Teatro Nacional Universitario. Escribiu Historia de la ciudad de La Coruña (1985), El Ojo de Dios: historia y leyenda de la Torre de Hércules (1991) e A Galicia de alén mar: a aventura americana de 1600 a 1825 (1992). Recibiu o Oscar de Oro de la Comunicación ao mellor labor de divulgación histórica e o Premio Pérez Lugín (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Observador meteorolóxico. Foi instrutor de voo de Aviación Civil e instrutor e inspector de Mercancías Perigosas da Federal Aviation Administration en EE UU. Desde 1986 realiza as predicións meteorolóxicas na TVG. Escribiu Guía meteorológica del Camino de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesora e escritora. Licenciada en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela, estudou belas artes na Academia de San Fernando en Madrid. A súa actividade literaria centrouse na poesía, se ben tamén escribiu teatro e colaborou con diversas publicacións con artigos sobre arte e literatura, especialmente da obra de R. Otero Pedrayo e Álvaro Cunqueiro. Publicou os poemarios Con los pies en la frontera (1976), Ya soy para tu muerte (1980), Galicia, fondo val (1982), en que contrapón o mundo rural ao urbano e onde o amor, a terra e a morte son os temas principais; e O santuario intocable (1992), con algúns elementos mitolóxicos. Ademais, traduciu unha escolma de poemas de Eusebio Lorenzo Baleirón (2000) e publicou as pezas teatrais A volta de Edipo (Premio Abrente de Teatro, 1974) e Algún deus está a soñar. Foi galardoada nos Xogos Minervais de Santiago de Compostela (1970) e nos III Xogos Florais Populares...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Doutor en Historia (1975), centrou a súa investigación nos temas gandeiros. Da súa produción destacan La Lanzada a principios del s XVIII. Población y economía (1975), Un Modelo de sociedad rural de antiguo régimen en la Galicia costera: la península del Salnés: (Jurisdición de La Lanzada) (1979) e Un Modelo social leonés en crecimiento: la Vega Baja del Esla entre 1700 y 1850 (1998). Membro da Societé de Demographie Historique.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Prehistoriador. Formouse na Universitat de Barcelona, onde foi discípulo de P. Bosch i Gimpera. Catedrático na Universidade de Santiago de Compostela, trasladouse á de València e logo exerceu como profesor de etnoloxía na Universitat Autònoma de Barcelona. Os descubrimentos de Parpalló e doutras covas valencianas levárono a especializarse no Paleolítico Superior. Da súa obra destaca Prehistoria de la Península Ibérica (1923), Los vasos campaniformes de la colección La Iglesia (1927), La España primitiva y romana (1934), Las raíces de España (1952) e Cincuenta años de prehistoria (1964). Vicepresidente do Consello Superior de Investigacións Científicas, foi académico correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador. Activo no terceiro cuarto do s XIII, na corte de Afonso X e probablemente tamén na de Afonso III de Portugal. Pola temática dalgunha das súas composicións, especialmente as dirixidas contra Deus, pensouse na súa orixe hebraica. Os tres cancioneiros principais recollen 52 composicións súas, que amosan a unha gran capacidade innovadora, mesmo no nivel lingüístico xa que empregou neoloxismos e recuperou algunhas expresións arcaicas. Segundo os xéneros, a súa produción divídese en 35 cantigas de amor, como “[A]y mia sennor e meu lum’e meu ben!”, con xogos de rima e o emprego do dobre e da palabra rima. Noutras composicións amorosas, relacionadas co amor cortés, o trobador amósase innovador e transgresor ao revelar o nome da amada, como en “Joana, dix’ eu, [S]ancha e [M]aria”, ou mesmo ao dirixirse a Deus achegándose á blasfemia, como “Nunca Deus quis nulha cousa gram ben”. Tamén é autor de dúas composicións de amigo e trece burlescas, como “Dom’na Maaria [N]egra, ben talhada” e “Maria...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Trobador galego. Activo entre 1228 e 1260, e proveniente dunha familia da pequena nobreza, militou nas tropas de Rodrigo Gomez de Trastámara e estivo relacionado coas cortes de Fernando III e Afonso X. Mencionado nunha doazón ao mosteiro de San Martiño de Xubia (1228), participou na Reconquista nas campañas de Murcia (1244) e Jaén (1246), acompañando a Afonso X. Posteriormente ausentouse da Península coa intención de viaxar a Terra Santa, de onde regresou en 1253. Mantivo unha relación coa soldadeira Maria Perez a Balteira, feito polo que tivo que soportar críticas doutros autores, como Afonso X, Gonçal’Eanes do Vinhal, Johan Baveca, Pedr’Amigo de Sevilha, Pero Gomez Barroso e Vasco Perez Pardal. No seu corpus literario aparecen quince cantigas: unha de amor “Grave dia naçeu, senhor”, en que trata a coita e a morte por amor de forma paródica nunha composición con irregularidades métricas e rítmicas; unha de amigo “Ay, meu amigo, pero vós andades”, en que a namorada, malia saber...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidad de Madrid, é autor dunha obra intelectual e irónica. Escribiu poesía, experimental e antivangardista, que plasmou en Protocolos (1973), e narrativa, marcada polo realismo subxectivo, como El heroe de las mansardas de Mansard (1983, Premio Heralde), El metro de platino iridiado (1990, Premio de la Crítica), Donde las mujeres (1997, Premio Nacional de Narrativa), El cielo raso (2001, I Premio Fundación Lara), en que trata o tema da homosexualidade e o cristianismo; Alrededores (2002) e Una ventana al norte (2004), en que procura a realidade a partir do gusto pola irrealidade. É membro da Real Academia Española (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santa María que dá nome ao concello das Pontes de García Rodríguez, onde se localiza a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca do Eume, situado no NO da Comunidade Autónoma de Galicia e no N da provincia da Coruña. A súa posición xeográfica é 3° 27’ de latitude N e 7° 51’ de lonxitude O. Limita ao N co concello de Mañón e Ortigueira (comarca de Ortegal), ao L con Muras e Xermade (comarca de Terra Chá), ao S con Xermade (comarca de Terra Chá) e Monfero (comarca do Eume), e ao O coa Capela (comarca do Eume) e San Sadurniño e As Somozas (os dous da comarca de Ferrol). Abrangue unha superficie de 249,4 km2, en que acolle unha poboación de 11.531 h (2007), distribuída nas parroquias do Aparral, Bermui, O Deveso, Espiñaredo, A Faeira, O Freixo, Goente, As Pontes de García Rodríguez, Ribadeume, San Pedro de Eume, Seoane, Somede e Vilavella. A capital está na vila das Pontes de García Rodríguez, localizada a 121 km de Santiago de Compostela e a 76 km da Coruña. Está adscrito á diocese de Mondoñedo-Ferrol e ao partido xudicial de Ferrol.
    Xeografía física
    O relevo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Chamoselo en Vilavella (As Pontes de García Rodríguez). Coñecida como a ponte romana, construíuse no s XIII e ten un só van de xisto. Sitúase no antigo camiño a Viveiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada nas Pontes de García Rodríguez. Datada entre os ss XVI-XVIII, ten planta rectangular e tres naves cunha sancristía engadida no lado sur. As capelas laterais cóbrense con bóveda de cruzaría e a central cunha bóveda estrelada. A fachada ten unha porta arquitrabada con ventás rectangulares e circulares, e está enmarcada baixo un frontón partido coa imaxe da Virxe. Destaca a torre-campanario (1759) formada por dous corpos e rematada nunha cúpula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e política. Especialista en comunicación corporativa, traballou en distintos medios de comunicación (1972-1984), como El Pueblo Gallego, El País e Radio Popular de Vigo, onde realizou un dos primeiros programas informativos en lingua galega, A bisbarra. Posteriormente ocupou os cargos de xefa de Relacións Públicas e Prensa do concello de Vigo, directora do Boletín de Información Municipal de Vigo e concelleira e tenente de alcalde.
    Deputada no Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE (1989-1997), foi xerente de Información & Comunicación Local SA (INCOLSA) ata a súa reincorporación ao concello de Vigo (2001) para ocuparse das relacións internacionais e do departamento de prensa da Xerencia de Urbanismo. En 2003 foi concelleira e en 2004 deputada do Congreso de los Diputados. Representou o concello de Vigo na Conferencia de Cidades...

    VER O DETALLE DO TERMO