"Rin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1743.

    1. Conxunto articulado de vértebras que sostén o esqueleto tanto dos animais coma das persoas.

    2. Cume dunha serra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como o pintor dos frades, realizou obras de temática relixiosa. Participou na decoración da catedral de Lisboa e das igrexas de São Domingos e da Encarnação.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edificación situada no centro histórico de Vigo, entre a praza de Almeida e a rúa Real. Construída en estilo renacentista a finais do s XV ou principios do s XVI, consta dun corpo rectangular feito en granito e a falta de adornos dos muros rómpese coa presenza de dous escudos: un cadrado coas armas dos Fitado e outro curvo coas dos Pazos de Figueroa. Na fachada sur está situado un balcón apoiado en ménsulas de pedra. A rehabilitación, realizada en 1997, para acoller o Instituto Camões afectou tamén á torre ou casa de Ceta, á casa dos Pazos de Figueroa e a unha pequena casa da rúa Real. Todo o conxunto conforma o local da institución portuguesa que conta con biblioteca, aulas, salas de exposicións, cafetería e dependencias administrativas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e crítico literario. Pasou a súa infancia en Xinzo de Limia por causa do traballo do seu pai, que era mestre. En 1952 trasladouse a Ourense para estudiar o bacharelato no Seminario Conciliar. Alí, por vez primeira, viviu represións, como a prohibición de falar galego, e descubriu a literatura galega e a propia vocación literaria. En 1959, dous anos despois de abandonar o seminario, gañou o primeiro premio do Concurso Provincial de Cuentos de Navidad, feito que lle deu a posibilidade de coñecer a Vicente Risco, quen o orientará cara ao galeguismo. En 1961 comezou os estudios de filosofía e letras na Universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou en 1967. Foi daquela cando empezou a relacionarse con núcleos estudiantís galeguistas e iniciou a súa amizade con Ramón Piñeiro. No ano 1967 detívoo a policía xunto co profesor José Luís Aranguren. Nos anos sesenta asistiu a algunhas xuntanzas do Consello da Mocidade e en 1964 integrouse na Asociación Democrática de Estudiantes....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico pediatra e político, irmán de Carlos Casares Mouriño. Parlamentario na V lexislatura (1997) no grupo socialista do Parlamento galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xogador e adestrador de fútbol. Comezou a xogar como defensa no Atlético Pontevedrés, de onde pasou ao Real Fortuna de Vigo. En agosto de 1923 converteuse en xogador do Real Club Celta de Vigo, debido á fusión do Fortuna co Real Vigo Sporting. Co equipo céltico, Pasarín acadou a condición de xogador internacional e representou a España nos Xogos Olímpicos de París 1924. A súa etapa como xogador céltico concluíu trala primeira tempada da Liga española (1928-1929), despois de que o club vigués renunciase a participar na competición da campaña seguinte. Por esta razón, Pasarín só chegou a disputar, como céltico, 10 dos 18 partidos da primeira Liga, e rematou a súa carreira profesional en 1935 no Valencia CF. Adestrou, entre outros equipos, o Celta, o Granada, o Málaga, o Plus Ultra de Madrid, o Oviedo, o Valencia e a selección española en dúas etapas (1946 e 1952).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Santiago de Compostela. Incluída estatisticamente na cidade de Santiago, non constou como parroquia nas distintas divisións administrativas, nin do Antigo Réxime nin nas constitucionais. O seu carácter parroquial, exclusivamente eclesiástico, debeuse producir por mor do desenvolvemento demográfico que experimentou o lugar como arrabaldo do S da cidade compostelá, e pola súa localización na confluencia das estradas que se dirixen a Ourense e á Estrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de gravados rupestres localizados debaixo dun dos parapetos do xacemento castrexo do Castriño de Conxo, preto da ponte da Rocha, na parroquia de Santa María de Conxo (Santiago de Compostela). Neste conxunto identificáronse varias figuras de armas (espadas curtas e alabardas) e tres figuras de deseño triangular interpretadas como escutiformes, aínda que tamén se interpretaron como machados de dobre anel e mesmo como deseños antropomorfos. É o único gravado con representacións de armas que aparece fóra do val do Lérez e das rías de Pontevedra e Vigo, e constitúe un dos máis importantes exemplos deste tipo. Está gravado sobre un longo bloque de granito de gran medio que non está completamente descuberto. O conxunto está formado por vinte e tres motivos dos que nove pertencen a espadas de folla triangular, catro a alabardas e tres a escudos. Debido aos tipos representados, espadas curtas de cobre elaboradas e empregadas na transición entre o III e o II milenio a C e alabardas do II...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista, escritor e crítico de arte. Licenciado en Filosofía e Letras e en Xornalismo, foi redactor e crítico de arte nos xornais El Alcázar e Informaciones, e na revista Arte y Letras. Entre as súas obras destacan as monografías Goya (1962), Victoria de la Fuente (1962), Luis Seoane (1963) e Alfonso Costa: conversación sobre vocación, pintura y manierismo (1986), e os estudios El arte abstracto (1962), Anuario del arte español (1973), O libro das galerías galegas (1975) e Cerámica, fuego, magia (1974). Con Adolfo González Amézquete e Bernardo Ynzenga escribiu Arquitectura española en el extranjero (1962). Membro numerario da Asociación Internacional de Críticos de Arte, foi un dos fundadores da Asociación Española de Críticos de Arte e formou parte da Comisión de Artes Plásticas da Dirección General de Bellas Artes. Recibiu o Premio da Crítica do Colegio de Arquitectos de Madrid (1959), o Premio Nacional de Literatura (1962) e o Premio de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesora. Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa, publicou Fermín Bouza Brey. A paixón dun humanista (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de árbores ou arbustos, da familia das casuarináceas, endémicos do sueste asiático, de Australia e das illas do Pacífico sudoccidental. Este xénero, que comprende unhas 50 especies, é propio de medios áridos e presenta as follas reducidas como se fosen pequenas escamas que se dispoñen en verticilos sobre as pólas; estas son verdes, articuladas e estriadas, e teñen capacidade fotosintética. Son plantas monoicas ou dioicas, con flores unisexuais e polinización anemófila, con froito en sámara. En Galicia está presente como ornamental a especie C. equisetifolia en xardíns e alamedas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás casuarináceas.

    2. Vexetal leñoso da familia das casuarináceas.

    3. Familia de árbores e arbustos da orde das casuarinais que ten como único xénero a Casuarina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás casuarinais.

    2. Árbore ou arbusto pertencente á orde das casuarinais.

    3. Orde de plantas pertencente á subclase das magnólidas que ten como única familia a das casuarináceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á roda de dentes agudos e oblicuos que fai mover o mecanismo de certos reloxos.

    2. Aplícase á roda dentada que transmite ás rodas da bicicleta a forza exercida sobre os pedais a través dunha cadea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenome feminino procedente do grego Ekaterine, quizais derivado de Ekatos, atributo de Apolo, ou de Hécate ( ἑ κάτη), deusa nutricia da xuventude e da maxia. No mundo cristián occidental, este nome relacionouse co adxectivo grego καταρός ‘limpo, puro’; por esta razón, a forma Catharina espallouse por todas as linguas occidentais mentres que en Oriente perviviu a grafía tradicional: Aikaterine (grego moderno) ou Ekaterine (ruso). Como antropónimo presenta as variantes gráficas Cateliña, Cataliña, Catalina e os hipocorísticos Catuxa e Catia. Santa Catarina de Alexandría, patroa dos teólogos e filósofos, celébrase o 25 de novembro; Santa Catarina de Siena, patroa de Italia e das mulleres solteiras, o 29 de abril; e Catarina Labouré, quen tivera unha visión da Virxe en París en 1830 da que naceu a advocación da Milagrosa, o 28 de novembro....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Virxe e mártir cristiá. A tradición relacionouna coa célebre filósofa pagá Hypatia e fixo dela a Palas Atenea cristiá. Conta a lenda que un ermitán a converteu ao cristianismo e lle propuxo como único noivo digno do seu mérito a Xesús. Segundo unha tradición do s IX, morreu martirizada en Alexandría durante a persecución dos cristiáns efectuada por Maximino, gobernador de Exipto. Disque venceu dialecticamente a 50 doutores ou sabios de Alexandría, enviados polo Emperador para refutar a súa elocuencia. Logo, foi azoutada e encarcerada pero logrou sobrevivir ao ser alimentada por unha pomba. Durante o seu cativerio logrou converter a Emperatriz Constanza e o xefe de tropas Porfirio. Posteriormente, o emperador acordou martirizala mediante unha roda dentada de púas ou coitelas, pero un raio esnaquizou a roda e cegou os verdugos. Finalmente, morreu decapitada. Conta a lenda que da súa ferida xurdiu leite e que uns anxos trasladaron o seu corpo ao monte Sinaí, onde se construíu un mosteiro que...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Inglaterra (1509-1536), filla dos reis Católicos e nai de María Tudor. En 1502 casou con Arturo, príncipe de Gales, e, trala morte deste, co seu irmán, Enrique VIII de Inglaterra. Rodeouse de serventes casteláns e foi protectora dos humanistas. A falta de sucesión masculina e a paixón do rei por Ana Bolena conducírono a anular o primeiro matrimonio (1531) sen esperar pola decisión papal (1533), o que provocou a ruptura con Roma e o inicio do cisma anglicano. Estivo recluída nos castelos de Hampthill (1531), Bucken (1533) e Kimbolton (1535), pero nunca renunciou ao título de raíña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Portugal (1525-1557), filla de Filipe o Fermoso e Xoana a Tola. Casou en 1525 con Xoán III e exerceu como rexente durante a minoría de idade do seu neto don Sebastián (1557 e 1562).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Inglaterra (1662-1685) e rexente de Portugal (1704-1705), filla de Xoán IV. Casou en 1662 con Carlos II de Inglaterra. Trala morte do rei trasladouse a Somerset e en 1696 regresou a Portugal, onde foi rexente durante a enfermidade do seu irmán Pedro III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Valois (París 1401 - Bermondsey 1437) Raíña de Inglaterra, filla de Carlos VI de Francia. No Tratado de Troyes acordouse o seu casamento con Enrique V de Inglaterra (1420), recoñecido como herdeiro do soberano francés. O seu fillo Enrique VI foi proclamado rei de Francia e Inglaterra. En 1428 casou con Owen Tudor e un dos seus netos, Enrique Tudor, foi rei de Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO