"bat" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 561.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción militar da Guerra Civil que tivo lugar entre xullo e novembro de 1938. Foi planeada co obxectivo de dificultar as comunicacións do exército franquista na fronte mediterránea e restablecer a conexión entre Catalunya e o resto da España republicana. O Estado Mayor Central republicano confioulle a operación ao denominado Exército do Ebro que iniciou a ofensiva o 25 de xullo e estaba ás ordes de Juan Modesto e composto por tres corpos mandados por Enrique Líster, Manuel Tagüeña e Etelvino Vega. O exército pasou o río en barcas por diversos puntos entre Mequinenza e Amposta. Á marxe dereita do río estaba o exército marroquí, dirixido polo xeneral Yagüe, que se viu sorprendido inicialmente pola rapidez da ofensiva. Pola zona norte, entre as localidades de Mequinenza e Fayón, a 42 División estableceu unha cabeza de ponte que se mantivo ata o día 7 de agosto. Na fronte sur, o avance republicano viuse freado rapidamente polos exércitos franquistas. No sector central, entre Riba-roja d’Ebre...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade poboada dende o II milenio a C e situada en Irán, denominada actualmente Hamadān. Foi capital do imperio dos medos e dos persas aqueménidas dende o reinado de Ciro II o Grande (550 a C). Alexandre o Grande conquistouna no 330 a C e, trala conquista árabe (664), perdeu a súa importancia. Conserva, entre outros monumentos, os mausoleos de Esther e Mardoqueo e o de Avicena.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfrontamento entre os benimeríns, dirixidos polo sultán Abū Yūsuf Ya’qūb ibn’Abd al-Haqq, e as tropas castelás dirixidas por Nuño de Lara, que se produciu preto de Écija no 1275 e que supuxo a derrota do exército castelán. As presións de Castela sobre o reino nazarí de Granada motivaron unha petición de axuda do monarca nazarí Mu Palatino; ḥ ammad II aos benimeríns, que dominaban o N de África dende o 1269, e que emprenderon unha campaña contra os reinos cristiáns.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Batalla acaecida o 16 de xaneiro de 1809 durante a ocupación francesa da Coruña, que enfrontou a ingleses e franceses, situados no monte Mero e no Peñasquedo, respectivamente. A superioridade numérica destes últimos e o falecemento dos xenerais británicos Braid e Moore, outorgoulles a vitoria aos invasores e a rendición da cidade o 19 de xaneiro de 1809.
-
-
Forte golpe de mar ou de vento contra algo.
-
Ataque forte e violento.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Analxésico illado da pel dunha ra ecuatoriana da especie Epipedobates tricolor en 1976 por John William Daly, científico estadounidense do National Institutes of Health. Trátase dun alcaloide que ten un poder analxésico semellante ao da morfina, pero unhas 200 veces máis potente ca esta. A actividade deste alcaloide baséase na súa afinidade polos receptores nicotínicos humanos. Pódese sintetizar de forma artificial a partir dun aminoácido, a serina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción militar que tivo lugar nas proximidades de Épila o 21 de xullo de 1348 e que enfrontou os exércitos de Pedro IV o Cerimonioso coas forzas da Unión Aragonesa, dirixidas polo infante Fernando de Aragón. As vitorias dos exércitos reais permitiron acabar cos privilexios da Unión Aragonesa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sombra que nun lenzo fai un corpo sobre outro porque o intercepta a luz.
-
GALICIA
Empresario. Foi presidente de ACTEMSA e Escurís, e fundador de Tunaliment SA e Cartogal (Cartón Galicia SA). Recibiu a medalla ao mérito do traballo da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao organismo que non tolera variacións amplas da presión. Sófrenas especialmente os animais que, sendo propios de zonas peláxicas, se ven circunstancialmente empurrados cara á superficie polos procesos de emerxencia, feito que lles pode ocasionar a morte.
-
-
Basamento sen molduras que serve de asentamento a un edificio.
-
Apoio dun muro no que descansa unha columna coa súa base.
-
-
-
Base sobre a que descansa unha columnata.
-
Cada unha das lousas que compoñen a base sobre o que se erixe unha columna.
-
Plano de apoio das columnas dunha columnata.
-
Chanzo superior da escalinata dun templo sobre o que descansan as columnas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Batalla do Ameixial Enfrontamento que tivo lugar en 1663 a 5 km da vila de Estremoz, en que os exércitos portugueses venceron os casteláns dirixidos por Xoán Xosé de Austria. Con esta vitoria, Portugal recuperou as prazas de Évora, Valdeflor e Castel-Lundoso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Combate que tivo lugar o 8 de febreiro de 1807 en Preussisch Eylau (Bagrationovsk) entre o exército de Napoleón I e o exército ruso-prusiano comandado polo xeneral Rudolf von Benningsen. As tropas francesas, malia ter sido decimadas pola artillería ruso-prusiana, conseguiron saír vitoriosas do enfrontamento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Combate entre Xulio César e Cneo Pompeio durante a Guerra Civil que tivo lugar o 9 de agosto do 48 a C en Tesalia. As tropas de Pompeio, compostas por 11 lexións e un corpo de cabalería formado por 7.000 xinetes, foron derrotados polas oito lexións de veteranos que dirixía César apoiadas por un corpo de cabalería de 1.000 xinetes.
-
GALICIA
Pintora, filla de Xulio Antón Fernánez Argüelles. Coñecida como Coco Argüelles, formouse co seu pai e co pintor Juan Luis e no Círculo de Bellas Artes de Madrid. Na súa obra, de carácter intimista, predomina o debuxo. Cultivou a paisaxe e as escenas de interiores. Aínda que a súa obra é figurativa, en ocasións achégase á abstracción. Os seus traballos foron seleccionados, entre outras mostras, na VI Bienal de Pontevedra (1982), no Premio Concello de Cambre (1985 e 1987), na I Mostra Unión Fenosa (1989), 33 artistas con Amnistía Internacional (1991) e na Exposición Homenaxe Laureano Álvarez (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Filipe de Grecia e de Dinamarca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Operacións militares en Filipinas durante a Segunda Guerra Mundial. A ofensiva xaponesa (10 de decembro de 1941) obrigou a McArthur a abandonar as illas (marzo de 1942) e á rendición dos últimos continxentes norteamericanos en Bataan e Corregidor. A resistencia das guerrillas impediu o control total das Filipinas polos invasores. O contraataque aliado reconquistou o arquipélago e liberou Manila (4 de febreiro de 1945).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Combate entre os cesarianos Marco Antonio, Octavio e Lépido e os republicanos Bruto e Casio, que tivo lugar na Macedonia oriental o 23 de outubro do 42 a C. Trala vitoria das tropas dos cesarianos, Bruto e Casio suicidáronse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Combate naval que tivo lugar no cabo de Fisterra o 22 de xullo de 1805 entre a escuadra franco-española, comandada por Villeneuve e Gravina, e a británica, comandada por Calder. A derrota dos franco-españois non permitiu a proxectada invasión de Inglaterra.