"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

    1. Relativo ou pertencente á hora de completas.

    2. completas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Maneira de comportarse.

    2. Maneira constante ou variable de presentarse as diversas calidades que compoñen un son: ton, timbre, cantidade e intensidade.

    3. Conxunto de reaccións adaptativas dun individuo nun medio e nunha unidade de tempo determinados. O termo, intimamente ligado ás teorías do condutismo, só se pode empregar estritamente para cualificar as modificacións espacio-tempo, deixando de lado os procesos non manifestos de natureza mental ou afectiva.

    4. Conxunto de accións coas que os animais afrontan os cambios que se producen no ambiente e se adaptan a el.

    5. Comportamento social máis ou menos espontáneo que numerosos individuos manifestan ao mesmo tempo, en presenza dun mesmo estímulo ou de situacións afíns, estean reunidos nun mesmo lugar, separados fisicamente, dispersos ou nun ámbito reducido da vida social. O termo abrangue dende os estados de inquietude grupal ata as formas primarias dos movementos sociais, pasando polas modas e mitomanías, as condutas de masas e as formas espontáneas de contestación social. As teorías sobre o comportamento colectivo tiveron un gran desenvolvemento en Europa, a partir da obra de Émile Durkheim (1858-1917) e, máis tarde, na teoría crítica de Erich Fromm (1900-1980), e nos EE UU, o termo collective behaviour difundiuse a partir da obra de Robert Park (1864-1944) e Ernest Burgess (1886-1996).

    6. Proceso de formación e expresión das preferencias políticas individuais respecto das alternativas políticas presentes no procedemento da votación. As teorías sociolóxicas sobre o comportamento electoral analizan os resultados oficiais das eleccións tratando de atopar os fundamentos do voto, da abstención e das súas evolucións. Mediante o enfoque ecolóxico-comparativo relaciónanse os votos dos partidos con algunhas características políticas, demográficas, históricas, sociais e económicas. Os estudios electorais analizan tamén as motivacións do comportamento individual e dos votos, e ademais, a fidelidade partidista.

    7. Comportamento social capaz de influír directamente sobre o funcionamento do sistema político e dos seus principais compoñentes: os grupos de interese, os partidos políticos, as eleccións, os órganos lexislativos e de goberno e as decisións políticas e administrativas trascendentes. O seu estudo constitúe unhas das liñas de investigación predominante na ciencia política. Ata mediados dos anos sesenta a súa análise centrouse no estudo da personalidade política e das elites, das actitudes políticas e da opinión pública e do comportamento electoral. Nesa década comezáronse a estudar aspectos relativos á socialización política e aos problemas da elección racional adaptados ao eido político. Destacan os estudios da escola de Chicago (Merriam e os seus discípulos, Lasswell e Gosnell), da xeneración de politólogos americanos de Key, Almond e Verba, os estudios electorais de Lazarsfeld e a teoría de sistemas de Easton.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao que é heteroxéneo ou constitúe unha mestura.

    2. orde arquitectónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen compón.

    2. Persoa que compón música.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proxecto de renovación e dinamización urbana da cidade de Santiago de Compostela que se desenvolveu ao longo da década dos noventa, elaborado e impulsado polo seu concello. Na década anterior, Santiago de Compostela e o seu Camiño acadaron recoñecementos internacionais: a cidade, como Patrimonio Cultural da Humanidade (UNESCO); e o Camiño, como Primeiro itinerario cultural europeo (Consello de Europa). Eses recoñecementos déronlles un novo pulo, civil e europeo, máis alá da súa permanente significación relixiosa. Desde outro punto de vista, os anos oitenta permitiron tamén unha definición dun proxecto urbanístico, moderno e democrático, que cristalizou no Plan Xeral de Ordenación Urbana de 1989, e nunha primeira dotación de equipamentos para a cidade, como o Auditorio de Galicia. Con estas premisas, o goberno municipal dirixido polo alcalde Xerardo Estévez, quixo aproveitar a circunstancia da celebración na década dos noventa de dous anos xubilares (1993 e 1999) e a conmemoración en 1995...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial constituída en Santiago de Compostela en 1938 por Juan Sáenz-Díez García. Amais da publicación, impresión, edición e venda de xornais, libros, revistas e publicacións en xeral, participa na creación e na explotación de empresas de comunicación (radio, televisión, axencias informativas, centros de proceso de datos, informática, telemática, etc) e na produción e realización de programas audiovisuais para empresas de televisión e radio. No que respecta á área informativa, edita, imprime e distribúe diariamente os xornais El Correo Gallego e O Correo Galego. No apartado das artes gráficas, edita, imprime e distribúe xornais non diarios e boletíns oficiais, como é o caso do Diario Oficial de Galicia (DOG). Na área editorial, encárgase da edición do Anuario, da Agenda de la Comunicación de Galicia, da Guía Municipal de Galicia, do Ranking de empresas de Galicia y Norte de Portugal, e do Atlas comercial de Galicia,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de compoñer e compor.

      1. Que está formado por varios elementos.

      2. palabra composta

        Palabra formada por composición.

      3. tempo composto

        Tempo verbal dalgunhas linguas que se compón de dous ou máis elementos, un auxiliar, e o participio do verbo correspondente. O galego non posúe tempos compostos, trazo que o individualiza fronte ás demais linguas románicas. Na Idade Media o galego posuía as perífrases aver/seer + participio que, ao non superar a primeira fase de creación dos tempos compostos, quedaron na significación aspectual sen chegar a orixinar as novas oposicións temporais e, pola contra, desenvolveu un vasto e complexo sistema de perífrases verbais.

    2. Substancia formada por átomos ou ións de dous ou máis elementos químicos diferentes. Un composto diferénciase dunha mestura porque está constituído nunha proporción definida polos seus elementos, porque estes non se poden separar por medios físicos, e porque posúe propiedades diferentes das dos seus elementos. Os compostos clasifícanse xenericamente en orgánicos ou compostos de carbono e hidróxeno, con outros elementos ou sen eles, e en inorgánicos, que non conteñen carbono (excepto os óxidos de carbono, carbonatos, carburos, etc). Os poucos compostos que non cumpren a lei das proporcións definidas chámanse non estequiométricos ou bertholidos. Tamén recibe a denominación de corpo composto.

    3. asterácea.

    4. orde arquitectónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza movible do tear que vai pegada ao orgo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que arranxa ou coloca os ósos no seu sitio cando están dislocados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que comproba ou serve para comprobar.

    2. Conxunto de aparatos (tacómetro, voltímetro, manómetro, oscilógrafo, etc) dispostos nunha mesma instalación, que permiten comprobar as diferentes partes do motor sen ter que desmontar cada elemento. Pódese comprobar o número de revolucións por minuto, a presión da bomba de carburante, a compresión nos cilindros, os diferentes elementos da instalación eléctrica, o avance do acendido, o contido do CO nos gases de escape, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de comprometer ou comprometerse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico norteamericano. En 1916 doutorouse na Universidade de Princeton e traballou como profesor nas universidades de Minnesota (1917), Washington, Saint Louis (1920-1923), e Chicago (1923-1945). En 1945 volveu á Universidade de Washington como secretario, onde permaneceu ata a súa xubilación en 1961. Realizou notables traballos sobre os raios X, que conseguiu polarizar totalmente en colaboración con C. H. Hagenow. Son básicas as súas investigacións sobre os raios cósmicos. En 1927 compartiu o Premio Nobel de Física con C. T. R. Wilson polo estudo do fenómeno que leva o seu nome, descuberto en 1923. Durante a Segunda Guerra Mundial traballou na sección metalúrxica do proxecto Manhattan para a construción da bomba atómica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aumento da lonxitude de onda da radiación electromagnética (nas bandas dos raios X e raios γ), difundida polos electróns menos ligados dos átomos. Observouno por primeira vez A. H. Compton en 1923 e, simultánea e independentemente, P. J. W. Debye. O fenómeno ten lugar ao incidir un feixe de radicación de frecuencia ν sobre unha lámina material; obsérvase que a radiación difundida ten unha frecuencia menor, ν’< ν. A teoría clásica non xustifica o aumento da lonxitude de onda; esta pódese explicar en termos de colisións fotón-electrón. O efecto Compton confirmou a validez da teoría corpuscular da luz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista. Describiu a alta sociedade inglesa de comezos do s XX cunha grande agudeza e mordacidade. Da súa produción destacan as obras Brothers and Sisters (Irmáns e irmás, 1929), Men and Wives (Homes e mulleres, 1931) e The Mighty and their Fall (O poderoso e a súa caída, 1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de computar.

      2. facer un cómputo

        Establecer a ollo un prezo global para un conxunto de cousas de diferente valor que se trata de cambiar en conxunto.

    1. Sistema de cálculo que determina a categoría de cada ano (normal ou bisesto) e a adecuación das festas móbiles cristiás que se rexen polo curso da lúa, como entre os xudeus, no ano solar. OBS: Tamén se denomina cómputo eclesiástico e cómputo pascual.

    2. Medida do número de sílabas que ten un verso. No cómputo débense distinguir as sílabas fonolóxicas das métricas, posto que existen certos fenómenos que poden alterar o número real de sílabas métricas, de xeito que non sempre coinciden coas fonolóxicas.

    3. Casa principal entre as diversas casas, chabolas ou terras agrupadas das que se encargaba un mesmo campesiño para un só señor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar onde se comunga ou onde se sitúan os fieis para comungar.

    2. Sala onde se recibe a comuñón ou ventá a través da que comungan as monxas no convento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación relixiosa que se editou en Ferrol en setembro de 1981. De tendencia católica, dedicouse a ofrecer información sobre o desenvolvemento da vida parroquial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización europea creada en aplicación do Tratado de Roma, asinado o 25 de marzo de 1957 por Bélxica, Francia, os Países Baixos, a República Federal de Alemaña, Italia e Luxemburgo. Con sede en Bruxelas, comezou a funcionar en 1958. Os seus obxectivos concretáronse no establecemento dun mercado común de produtos nucleares e no desenvolvemento das industrias de aplicacións pacíficas da enerxía nuclear. Son membros todos os estados adheridos á Comunidade Económica Europea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización fundada en 1992 que promove a cooperación entre os seus membros co fin de crear un mercado común entre eles. Está formada por Angola, Bostwana, a República Democrática do Congo, Lesotho, Malawi, Illa Mauricio, Moçambique, Namibia, Seychelles, República Sudafricana, Swazilandia, Tanzania, Zambia e Zimbabwe. Os seus órganos de goberno son a Conferencia de xefes de estado ou de goberno, o Consello de ministros e a Secretaría, con sede en Gaborone.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa radiofónico emitido na mañá dos sábados por Radio Cadena Española dende Barcelona. Ideado por García Cortizas, encargábanse do seu patrocinio os restaurantes galegos da cidade condal. Agustín Rodríguez, locutor e presentador, contaba coa colaboración dende Galicia de Antonio Luaces, e dende Barcelona, con Xesús Vázquez, Olegario Sotelo Blanco e outros membros da colectividade galega.

    VER O DETALLE DO TERMO