"Ōta" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 576.

  • Construción situada na Mota (Guntín). Fundouna o conde de Lugo, Ero Ordoñez, no s IX, e foi destruída polos irmandiños no s XV. En 1613, xa como parte do señorío do bispado de Lugo, comezou a súa reconstrución. Ten varios corpos arrimados, dos que destaca unha torre central cuadrangular, e conserva parte das súas murallas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Riobó (A Estrada). Ten planta en forma de L distorsionado, pola presenza da bodega a un lado e da capela ao outro. Está constituído por planta baixa e andar. Na fachada principal está o acceso á capela con coro, cunha entrada presidida por un cruceiro. No interior ten galería e solaina, así como unha dependencia para o graneiro. Conserva o hórreo e unha fonte sobre a que se situaron os escudos de armas dos Guntín e dos Taboada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos motacílidos.

    2. Ave da familia dos motacílidos.

    3. Famila de aves paseriformes, de 14 a 20 cm, que presentan o bico curto, fino e case cilíndrico, as patas e os dedos finos e longos, as ás agudas, con nove rémixes primarias, e a cola bastante longa. Son esencialmente insectívoras e desprázanse en voo sostido e ondulado, ou ben andando pola terra con rapidez. Habitan en todo o mundo, excepto nos polos, en Nova Guinea e nas illas de Oceanía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves, da familia dos motacílidos, ao que pertencen as lavandeiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Guatemala que nace no macizo volcánico, no S do país, e desemboca no golfo de Honduras, no mar das Antillas, preto da fronteira con Honduras (400 km).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno que consiste no cambio de poder rotatorio específico dunha substancia disolta en auga ou nalgún outro disolvente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do centro da illa de Luzón, Filipinas, situada entre a baía de Manila e o lago de Dagatdagatan, ao N de Manila (186.000 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á antiga rexión do Nilo.

    2. Natural ou habitante da antiga rexión do Nilo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Malawi, situado na rexión Central (4.259 km2; 229.460 h [1998). A capital é Nkota-Kota (10.316 h [1994]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sinal ou marca escrita que se pon sobre algunha cousa para distinguila.

      1. Indicación que se pon nun documento como aclaración, explicación ou comentario para advertir o lector que consulte a anotación correspondente que, encabezada por un signo idéntico, atopará á marxe, ao pé da páxina ou á fin da obra ou de cada unha das súas divisións.

      2. nota marxinal

        Nota escrita ou impresa nas marxes laterais dun libro.

    2. Breve comunicación escrita.

    3. Anotación esquemática daquilo que se le, escoita ou observa.

      1. Cualificación que se dá por un exame ou avaliación.

      2. Cualificación alta nun examen ou avaliación.

    4. Factura global ou detallada de gastos.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión latina que significa ‘observa ben’, que se emprega para encabezar observacións ou explicacións referidas a un escrito. OBS: Represéntase coa abreviatura N.B.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de notable.

    2. Persoa ou cousa notable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é susceptible de ser notado.

    2. Que ou quen atrae a atención polo seu interese, pola súa calidade ou magnitude ou pola súa rareza.

    3. Cualificación nun examen ou nunha proba inferior ao sobresaliente e superior ao ben.

    4. Asemblea de Francia durante o Antigo Réxime que estaba formada polos membros máis representativos de cada un dos tres estamentos. Era convocada polo rei nos momentos de crise con carácter consultivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes osteíctios, da familia dos notacántidos, que presentan o corpo angüiliforme, comprimido ou cilíndrico, a aleta caudal moi pequena e a aleta dorsal formada por espiñas duras e independentes. Teñen unha cola rematada en punta e a liña lateral pouco marcada. Viven en fondos profundos entre 2.000 e 2.500 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos notacántidos.

    2. Peixe da familia dos notacántidos.

    3. Familia de peixes, da orde dos notacantiformes, que presentan o corpo angüiliforme e a boca disposta en posición ínfera. Carecen de aleta dorsal ou é rudimentaria e no seu lugar presentan unha serie de espiñas. A esta familia pertencen os xéneros Notacanthus e Polyacanthonotus.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos notacantiformes.

    2. Peixe da orde dos notacantiformes.

    3. Orde de peixes actinopterixios, da superorde dos teleósteos, angüiliformes e coa cintura escapular conectada coas primeiras vértebras. Viven nas profundidades abisais de case todos os mares.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome común que reciben algúns peixes do xénero Notacanthus, da familia dos notacántidos.

    2. Peixe de corpo alongado, serpentiforme e coa boca en posición ínfera. É de cor cinsenta e ten a aleta dorsal transformada en espiñas fortes, entre cinco e nove. Vive desde os 700 ata os 2.000 m de profundidade, e aliméntase de invertebrados como os ofiuroideos, os briozoos, as anémonas, as esponxas ou as holoturias.

    3. Peixe teleósteo de ata 1,20 m. De corpo angüiliforme, presenta no lombo de oito a doce espiñas, modificación da aleta dorsal. Vive entre os 125 e 1.000 m, aínda que pode acadar os 2.500 m de profundidade, e aliméntase principalmetne de anémonas de mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Maneira de notar ou de representar algunha cousa cun sistema de sinais ou de caracteres.

    2. Conxunto de símbolos que se utiliza para representar os entes e as operacións matemáticas. A resolución dos problemas matemáticos é moito máis simple se se emprega unha notación axeitada. O sistema de numeración decimal actual utiliza a denominada notación posicional ou de posición, que consiste no feito de que o valor de cada símbolo non é determinado só pola súa forma senón tamén pola posición que ocupa respecto aos outros símbolos.

    3. Sistema de escritura musical que mediante signos convencionais axuda a precisar a altura absoluta ou relativa dos sons, a súa duración e a duración dos silencios. Na civilización occidental a primeira notación é da Grecia antiga, que mediante 15 letras servía indistintamente para a música vogal e instrumental. Guido d’Arezzo (990-1050), estableceu a escala 4 2 nos países anglófonos e xermanófonos e nas súas áreas de influencia. Cara ao s X apareceu a notación pneumática. Progresivamente, os pneumas fixáronse arredor dunha liña, á que se engadiron outras paralelas ata chegar a cinco (pentagrama). Os pneumas evolucionaron e os puntos fixéronse cadrados, pero a notación cadrada era moi pobre en signos rítmicos e axiña apareceu a notación proporcional ou medida, baseada nos modelos rítmicos. Cara á fin do s XVI apareceu a barra de compás e continuou a evolución da notación musical, que durou ata hoxe, cando se propuxeron outros sistemas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión latina que significa ‘notas de dereito’. Designa as abreviaturas empregadas nos manuscritos antigos de obras xurídicas, especialmente referidas aos termos técnicos. Coñecidas xa a partir do s III, nalgunhas ocasións prohibíronse para evitar as ambigüidades e fraudes.

    VER O DETALLE DO TERMO