"Abe" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 982.

    1. cabezallo.

    2. Parte do lagar situada no extremo dianteiro da trabe de madeira, cun furado vertical onde vai enroscado un groso madeiro chamado penso ou moa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural da Coruña. Relacionado con esta caste está o apelido Cabezoalla. A súas armas levan, en campo de azul, un carro de bois, que leva unha cabezalla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza longa de madeira situada no medio do carro, na parte dianteira do chedeiro. No extremo leva unhas furas para meter a chavella que suxeita o temoeiro do xugo, facilitando o enganche dos animais de tiro; e un puntal, chamado tentemozo, para manter incorporado o carro cando se carga e descarga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen non cede nas súas teimas ou obstinacións, mesmo ante a evidencia de estarse comportando mal ou de estar nun erro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe castelá que se espallou por toda a Península. Gonzalo Fernández Altamirano, logo de estar no sitio de Córdoba, engadiu ás súas armas, coa autorización do Rei Fernado III o Santo, un bordo de goles con catro cabezas de mouro; a partir daquela, os seus descendentes de Andalucía tomarían Cabezas por apelido. Estendeuse a León, Zamora, Asturias, Aragón e Galicia, e unha rama pasou, mesmo, a Portugal. As súas armas levan, en campo de azul, trece besantes de prata, postos de tres en tres e un de non; bordo de goles con catro cabezas de mouro, ao natural, con turbantes brancos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, na comarca de Las Marismas, drenado polo Guadalquivir (15.509 h [1996]). Ten grande importancia a agricultura, especialmente o cultivo do arroz que o converte nun dos principais núcleos produtores deste cereal en España. Hai tamén canteiras e industrias alimentarias. Os turdetanos e os romanos ocuparon o seu territorio na Antigüidade, tal e como testemuñan diversos achados arqueolóxicos. Entre 1250 e 1255 foi conquistada aos árabes polo Rei Fernando III, quen cedeu a vila á orde militar de San Xoán de Xerusalén. O 1 de xaneiro de 1820 produciuse na vila o Pronunciamento de Riego, que contou co apoio dos veciños, polo que as Cortes españolas lle concederon o título de cidade en 1822.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Levantamento militar de signo liberal promovido o 1 de xaneiro de 1820 na vila de Las Cabezas de San Juan (Andalucía) polo comandante Rafael del Riego, ao mando dunha brigada que debía embarcar en Cádiz para sufocar o movemento independentista americano. Como consecuencia do alzamento, que supuxo a restauración da Constitución de 1812, principiou o chamado Trienio Liberal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Bailarín e gaiteiro. Coñecido como Polo, en 1958 ingresou no grupo Vento das Cíes, sendo o seu mestre José Iglesias Nieto, máis coñecido como Melitón. Aos dezaseis anos comezou a impartir as súas primeiras clases de baile galego e en 1966 participou no Festival Danzas de España de TVE, no que obtivo o terceiro premio co grupo Coros y Danzas de Vigo. En 1986 incluíu o grupo Coros y Danzas na Escola de Danza do Concello de Vigo, da que era director dende 1979. Impartiu clases de baile galego e percusión en institucións, colexios, asociacións e nos centros galegos de México, Venezuela, Chile e Lisboa; dirixiu o grupo Coros y Danzas da Sección Femenina de Vigo (1965-1986), Baiona (1970-1985), Redondela (1973-1983) e Tui (1972-1973); actuou en Galicia, Francia, Italia, Suíza, etc, e organizou o Día da Muiñeira e a Mostra do Traxe Tradicional. Gravou discos con Os Cruceiros (1970 e 1971), Airiños do Parque de Castrelos (1972-1979), Antón Corral e Carlos Núñez (1987), Ricardo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Enxeñeiro agrónomo pola Universidad Politécnica de Madrid, en 1978 fundou a empresa Digrama SL e en 1991 Valdamor SA, na que desempeñou o cargo de secretario e conselleiro-delegado; en 1981 foi nomeado director-xerente da Cooperativa do Ribeiro. Foi conselleiro do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (1989) e presidente da Confederación de Empresarios Ourensáns (1993). Foi elixido deputado por Ourense na candidatura do Partido Popular nas eleccións de 1993, cargo que abandonou para presentarse á alcaldía de Ourense, obxectivo acadado en 1995.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Estudiou na Escuela de Bellas Artes de San Fernando (Madrid). Foi mestre da Escola Mestre Mateo e en 1973 ocupou a cátedra de Debuxo da Escuela de Bellas Artes de Barcelona. Na súa obra, dificilmente clasificable, predomina a materia sobre a liña e o debuxo. É colaborador da Revista Galega do Ensino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Romaría que se celebra o luns de Pascua no mosteiro de Armenteira (na parroquia da Armenteira, concello de Meis).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Capa de graxa que se forma na superficie dun líquido.

      2. Tona de nata que se forma na superficie do leite.

      1. Parte máis alta dun monte.

      2. Rocha en forma de punta, somerxida moi próxima á superficie cando a marea está alta e que sobresae da auga cando a marea está baixa.

    1. Flor do millo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia de Berrande, no concello de Vilardevós. O seu cumio atópase a 934 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da beira oriental da ría de Corcubión, no litoral da parroquia de Ameixenda, concello de Cee.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CUMIOS

    Cumio situado ao NO da cidade de Villena (Alto Vinalopó), que alcanza unha altitude de 587 m. Ao seu carón foron atopadas as ruínas dun poboado da Idade do Bronce, un dos máis grandes da zona meridional da Comunitat Valenciana. Entre os seus achados sobresae un tesouro de obxectos de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. cágado.

    2. Envoltura das tripas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Valladolid, Castela e León, situado ao NL de Valladolid (1.692 h [1996]) e drenado polo Pisuerga. A súa principal actividade económica é a agricultura (cereais, viña e remolacha). Na industria destaca a fabricación de colas e xelatina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten a cabeza grande.

    2. cabezán.

    3. e

    4. Graxa que envolve o intestino.

    5. [Eledone cirrosa, orde dos octópodos]

    6. [Holtbyrnia

    7. Doenza que ataca a cabeza do gando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta que pecha polo L a enseada de Bueu, na beira meridional da ría de Pontevedra, situada ao N da praia de Agrelo, no litoral da parroquia de Cela, concello de Bueu.

    VER O DETALLE DO TERMO