"BRE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 949.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Paz asinada en Cateau-Cambrésis (actual Cateau Cambresis), Francia, o día 2 de abril de 1559 entre Francia e Inglaterra, e o día 3 entre Francia e a monarquía hispánica, que puxo fin ás guerras entre Francia e os Habsburgo. No tratado con Inglaterra, Francia recuperou a cidade de Calais e, pola paz con Filipe II, as prazas de Somme; ademais, conservou os bispados de Metz, Toul e Verdun, recoñeceu as posesións hispánicas en Italia e nos Países Baixos, e devolveu Córsega aos xenoveses e Savoia e o Piemonte ao duque de Savoia, agás algunhas prazas fortes máis alá dos Alpes. Lombardía quedou repartida entre os Savoia, os Farnesio e os Gonzaga. Por último, acordaron o matrimonio entre Filipe II e Isabel de Valois, filla de Enrique II.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra escrita por Valentín Lamas Carvajal baixo o pseudónimo de Marcos da Portela. Publicouse por entregas dende o 21 de outubro ata o 2 de decembro de 1888 no semanario O tío Marcos da Portela. Parrafeos co pobo gallego (nº 250-256), baixo o título de O catecismo do gallego e posteriormente Catecismo da Doutrina Labrega. Composto polo R. P. M. Fr. Marcos da Portela, doutor en Tioloxía campestre, antes de acadar a súa forma definitiva como libro (1889). En clave satírica exponse a mísera situación do labrego galego do s XIX, sometido ao poder das autoridades administrativas que atentan contra a súa dignidade e se aproveitan dos froitos do seu traballo. O autor parodia o Catecismo de la doctrina cristiana do Padre Gaspar Astete (1599), posiblemente o único texto coñecido por toda a poboación galega cunha estrutura dialogada, que conforma un esquema literario eficaz para dirixirse a un público maioritariamente iletrado. O autor, mediante unha disposición en preguntas e respostas semellante...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mattia Predi.
-
PUNTA
Punta do litoral occidental da Illa de Ons, situada na parroquia da Illa de Ons (concello de Bueu), ao N da enseada de Caniveliñas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao Cebreiro ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante do Cebreiro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Queixo elaborado con leite de vaca, opcionalmente de cabra, en proporción minoritaria, propio da zona oriental da provincia de Lugo. A súa obtención documéntase desde o s XVIII, aínda que as súas características apuntan a unha orixe moi antiga. Consómese principalmente como sobremesa. Preséntase madurado, tenro a curado. Trátase dun queixo graxo, cun peso entre un e dous quilogramos, cunha codia tan fina que apenas se recoñece, de cor branca amarelada. Nos queixos artesanais madurados adoita estar balorecida. A pasta é branca, de mol a semidura, untuosa e fundente, granulosa, esmigallable e con estrías. O sabor é lácteo e acedo, incluso lixeiramente amargo e picante nos máis curados. É moi característica a súa forma de gorro de cociñeiro. O método tradicional de elaboración consiste en permitir o callado por acedificación láctica do leite cru a 20° durante un ou dous días, ao que se lle engade un pouco de callo animal. O callado esmigállase á man, escórrese nunha bolsa de tea e a continuación...
-
MONTES
Monte da parroquia de Tosende, no concello de Baltar. O seu cumio acada os 1.265 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Prenome feminino e apelido que ten a súa orixe nos topónimos homónimos espallados por toda Galicia. Os nomes de lugar Cebreiro e Cebreiros son de carácter abundancial e, aínda que antigamente se interpretou este termo como derivado do latín Februariu ‘mes de febreiro’, parecen remitir á presenza no lugar de cebros ‘asnos salvaxes xa extinguidos na Península’ ou de acevros, con aférese da sílaba inicial. No primeiro dos casos, o étimo que o explica é o latín vulgar *ecĭfĕru, derivado de equiferu, composto de equu ‘cabalo’ e feru ‘salvaxe, bravo’ (aplicado na Idade Media ao asno salvaxe) e mais o sufixo -ariu; e no segundo caso remite ao latín vulgar *acifolu, derivado do clásico aquifoliu, máis o sufixo -ariu. Sábese, polas documentacións medievais, que o Cebreiro de Pedrafita ten como etimoloxía *ecĭfĕru; sen...
-
Liñaxe que leva como armas, en campo de azul, un brazo de prata, movente da parte sinistra da punta, entre chamas de goles, sostendo na man, tamén en prata, unha espada do mesmo metal; na parte superior destra do escudo, un libro aberto de prata, superado dunha estrela de ouro.
-
-
GALICIA
Debuxante, ilustrador e caricaturista. Estudiou na Escola de Comercio da Coruña ata que en 1919 comezou a colaborar como caricaturista en diversas publicacións como A Nosa Terra, Mondariz ou Alborada. Posteriormente traballou como ilustrador nas revistas Vida Gallega, Ronsel e Alfar e en El Ideal Gallego, xornal no que publicaba diariamente os seus debuxos acompañados dun pé cunha mensaxe filosófica. Ingresou na Irmandade da Fala da Coruña en 1920. En 1922 asinou con Manuel Antonio o manifesto vangardista Máis alá. En 1923 viaxou a París, onde frecuentou academias libres e trabou amizade con numerosos artistas da época, entre eles o pintor Foujita. Deixou de publicar por causa da Guerra Civil ata 1945. A súa obra posúe un grafismo de trazo expresivo, que nalgúns casos se achega ao retrato psicolóxico, acompañado de pés que subliñan o seu agudo e sutil sentido do humor. Entre as súas caricaturas salientan as de Antón...
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Pedrafita do Cebreiro baixo a advocación de santa María. Por ela penetra na Comunidade Autónoma de Galicia o Camiño Francés de peregrinación a Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado no Cebreiro do que só se conserva a igrexa. A súa orixe está na fundación dun hospital para peregrinos e dun pequeno templo no s IX, fundados posiblemente por Xerardo, conde de Aurillac, despois de percorrer o Camiño de Santiago. O mosteiro noméase nun documento de doazón de Afonso III ao bispo de Iria no 833. Estas dependencias substituíronse por outras en 1072, cando Afonso VI lles cedeu o control do hospital aos monxes franceses da abadía de Saint-Geraud d’Aurillac, máis tarde anexionada á de Cluny. O mosteiro recibiu privilexios e doazóns de Afonso VI, Afonso VII e Fernando II. En 1487, os Reis Católicos, peregrinos a Compostela, ampliaron o primitivo hospital e separárono, grazas á bula de Inocencio III, de Aurillac. En 1496 pasou a depender da congregación de san Benito el Real de Valladolid ata a súa exclaustración en 1835. O deterioro que sufriu o conxunto monástico alongouse ata que no ano 1962 se iniciou a rehabilitación do hospital, convertido na Hospedería...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que leva como armas, en campo de azul, unha caldeira de ouro sobre chamas de goles.
-
GALICIA
Historiador. Doutor en Dereito (1997) pola Universidade da Coruña e profesor na facultade de dereito da Universidade da Coruña, especializouse na historia da administración galega na Idade Moderna. Realizou investigacións en Catania (Italia) e Santiago de Chile. Colaborador da Revista Galega de Administración Pública (REGAP) e do Anuario da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña, foi autor de El Municipio de Santiago de Compostela a finales del Antiguo Régimen: (1759-1812) (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Ávila, Castela e León, situado no val do río Alberche, preto do encoro de Burguillo (3.483 h [1996]). É o principal centro agrícola e comercial da comarca homónima, cunha importante produción vitivinícola e de cereais. No sector industrial destacan as pequenas fábricas de licores e os serradoiros.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe orixinaria do Cebreiro. As súas armas levan, en campo de ouro, un río con ondas de azul e prata, en situación de faixa, acompañado de seis estacas de sinople, tres en faixa e tres en punta, na mesma posición. Outra variante emprega, en campo de prata, unha montaña de sinople.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Cambre baixo a advocación de san Salvador.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENCORO
Pantano situado sobre a confluencia do río Mero co seu afluente o Barcés. Serve de límite aos concellos de Cambre (parroquias de Bribes e Cecebre), Carral (parroquia de Vigo), Abegondo (parroquias de Orto, Crendes e Mabegondo) e Betanzos (parroquia de Piadela).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Herbácea do xénero Sisymbrium, da familia das brasicáceas. Pode chegar aos 90 cm de altura e presenta pétalos amarelos de ata 4 mm de lonxitude. En Galicia están presentes as especies: S. austriacum, en rochedos marítimos e marxes de cursos de auga; S. irio, en baldíos; S. officinale, en cultivos e beiras de camiños; e S. orientale, naturalizada en ruderais.
-
-
Que ten nome e fama.
-
Aplícase á persoa que destaca polas súas singulares calidades, como a graza e a extravagancia nos ditos e nos feitos. OBS: O superlativo é celebérrimo.
-