"Tura" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 473.
-
-
Que permanece fóra do que é natural ou conforme ao curso natural das cousas, sen ser realmente sobrenatural.
-
Aplícase aos dons outorgados por Deus ao home no seu estado orixinal, que perdeu por causa do pecado e, a diferenza dos dons sobrenaturais, non volveu recuperar a pesar da redención. Entre estes destacan a inmortalidade, a ausencia de sufrimento e o dominio das paixóns.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cargo ou dignidade de pretor.
-
-
Condición de primoxénito.
-
Conxunto de dereitos do primoxénito. No Antigo Testamento, o primoxénito do pai tiña dereito a unha parte dobre dos bens paternos e a ser o cabeza de familia, e o da nai tiña que ser consagrado a Iavé. Na Idade Media, pola lei sálica, o feudo era indivisible, inalienable e transferible ao primoxénito home.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial fundada en Vigo en que se integra A Nosa Terra Edicións, dirixida por Cesáreo Sánchez. Edita o semanal A Nosa Terra, dirixida por Afonso Eiré, o boletín trimestral Cadernos monográficos de pensamento e cultura, e as publicacións semestrais A Nosa Cultura e A Nosa Historia.
-
-
Dignidade ou función de propretor.
-
Duración do cargo de propretor.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe ou familia da que procede alguén.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da medicina que estuda o conxunto de medios que favorecen o desenvolvemento físico e psíquico dos nenos. Ten catro funcións principais: hixiénica, médico-sanitaria, protectora e educativa.
-
GALICIA
Xurista. Estudou leis nas universidades de Santiago de Compostela e Salamanca. Foi rexedor perpetuo do concello de Ourense, membro da Xunta Superior do Reino de Galicia (1809) e deputado nas Cortes por Ourense (1834-1835). Pertenceu á Real Sociedad Económica de Amigos del País de Orense (1835), da que foi presidente, e membro da Comisión de Instrución Provincial (1842). Escribiu Medios que se proponen para minorar y aun desterrar la mendiguez y adelantar, extender y perfeccionar las artes y oficios (1853).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Especialidade pictórica que se fundamenta no dominio das técnicas da perspectiva e na habilidade manual. Foi propia de artistas menores, xeralmente emilianos e venecianos, vinculados cos ámbitos da escenografía teatral e expertos no xénero de cabalete, en vistas con ruínas antigas. Obtivo gran difusión nas igrexas e sobre todo en palacios entre os s XVI e XVIII, porque lembraba o gusto manierista de superar os límites arquitectónicos reais dun xeito ilusionista e fantasioso.
-
-
febre.
-
Bocha que se forma nos labios a causa dun aumento da febre.
-
Calor suave e agradable.
-
Calor forte.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de rock-pop creado en 1978 que se disolveu en 1992. Formado por Santiago Auserón, Luis Auserón e Enrique Sierra da súa discografía destacan Música moderna (1980), De un país en llamas (1985), Escuela de calor. El directo de Radio Futura (1989), Veneno en la piel (1990) e Tierra para bailar (1992).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada en Madrid por Real Decreto de 25 de febreiro de 1847 que ten como obxectivo promover o estudo e o progreso das ciencias, así como normalizar e establecer os criterios a seguir en investigación científica, coa creación de dicionarios técnicos, diversas publicacións e cursos. Ten a súa orixe na Academia Naturae Curiosorum (1657) de Madrid, que foi substituída en 1834 pola Academia de Ciencias Naturales, que se suprimiu coa creación desta real academia. Desde 2001 está composta por 54 membros numerarios, 90 correspondentes nacionais e académicos supernumerarios e correspondentes estranxeiros. Organízase nas seccións de Exactas, Físicas y Químicas e Naturales. Está incorporada ao Instituto de España. Publica a Revista de la Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales, creada en 1850 co título Revista de los progresos de las Ciencias Exactas, Físicas y Naturales, e, desde 2001 a Serie A Matemáticas de la RACSAM, que recolle as contribucións...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cultura precolombina que se desenvolveu (300 a C - 500 d C) no val do río Recuay, na rexión do Callejón de Huaylas, nas terras altas do norte de Perú. Nas tumbas atopouse cerámica de formas complicadas, decorada coa técnica do negativo, que consiste en recubrir con cera os debuxos que se querían preservar e en somerxer en pintura a peza así preparada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rede ecolóxica europea constituída a partir dos lugares declarados como zonas de especial conservación (ZEC) e zonas de especial conservación para as aves silvestres (ZEPAs). Xurdiu a partir da Directiva Hábitat coa intención de aplicar os criterios de sostemento ao mantemento e conservación do medio natural. Baséase no progresivo incremento de especies animais e vexetais en desaparición e de espazos naturais do territorio europeo en grave deterioro, causados polo progresivo abandono das actividades agrícolas tradicionais, a contaminación ou a destrución física pola súa urbanización ou industrialización. En Galicia está constituída por 14 ZEPAs e por 59 espazos incluídos na proposta de Lugares de Importancia Comunitaria (LIC), dos que 55 están incluídos na lista de LICs da rexión bioxeográfica atlántica aprobada en 2004.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Espazo natural situado no centro oriental da Cordilleira Cantábrica asturiana, de 376,2 km2 de superficie, que foi declarado Parque Natural (1996) e Reserva de la Biosfera (2001). Presenta unha orografía de media e alta montaña caliza, formacións de orixe glaciaria e formas kársticas nas que predomina o bosque atlántico, pradarías e pastos e fauna característica do N peninsular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Operación ou regra de substitución (rewriting) que, en gramática xenerativa, converte un elemento gramatical noutro ou ben nun conxunto doutros. Por exemplo, F → SN + SV, SN → D + S, SV → V + C, é unha regra que indica que a frase (F) ha de ser convertida nunha cadea de sintagma nominal (SN) e sintagma verbal (SV); o SN, nunha cadea de determinante (D) e substantivo (S); o SV, nunha cadea de verbo (V) e complemento (C), etc, ata chegar a uns símbolos terminais non susceptibles xa de máis reescritura.
-
-
Acción e efecto de reestruturar.
-
Proceso de adecuación dun sector produtivo, mediante unha nova combinación de factores, para obter máis produtividade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Modificar ou crear unha nova estrutura.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Santiago de Compostela a partir do 17 de maio de 1984, da que saíron só tres números, o segundo e terceiro en 1987. Editada pola Asociación Cultural O Facho, os promotores da revista foron tamén os responsables da asociación, Miguel Anxo Fernán-Vello, Roxelio Martínez, Francisco Pillado Mayor e Xulio L. Valcárcel. Cunha temática cultural, dedicou diversos monográficos a A. Cotarelo Valledor, Castelao e Alexandre Bóveda.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Campaña de rectificación (zhengfeng) iniciada por Mao Zedong coa axuda de Lin Biao, en setembro de 1965, para provocar “un gran salto cara a adiante na perspectiva mental das masas” e achegarse máis ao ideal comunista. A ideoloxía pasou a primeiro termo na sociedade chinesa, perdendo peso o sector máis pragmático do partido, normalmente asociado á liña soviética. Foi expulsado todo o aparato de propaganda, chegando a purga a altos cargos como Deng Xiaoping, secretario xeral do comité central. Tras once anos de duración, o movemento pechouse coa morte de Mao Zedong en 1976, iniciándose entón unha violenta campaña contra os seus dirixentes principais, a Banda dos Catro, que foron acusados de ultraesquerdismo.