"llo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1518.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo nome da parroquia de Galegos, no concello de Láncara que, durante o s XX, alternou a súa denominación entre estas dúas formas e mesmo chegou a integralas nunha soa (Santa Mariña de Carballo ou Galegos), aínda que sempre se mantivo baixo a advocación de santa Mariña.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Taboada baixo a advocación de san Tomé, onde se atopa a capital municipal, a vila de Taboada.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Bergantiños, situado na provincia da Coruña ao NO da Comunidade Autónoma de Galicia. Situado á beira do Océano Atlántico, limita ao L cos concellos de Cerceda (comarca da Terra de Ordes) e Laracha, ao S co de Tordoia (Terra de Ordes) e ao O cos de Coristanco, Ponteceso e Malpica de Bergantiños (Bergantiños). Abrangue unha superficie de 186,8 km 2 cunha poboación de 30.091 h (2007), distribuídos nas parroquias de Aldemunde, Ardaña, Artes, Berdillo, Bértoa, Cances, Carballo, Entrecruces, Goiáns, Lema, Noicela, Oza, Razo, Rebordelos, Rus, Sísamo, Sofán e Vilela. A capital municipal é a vila de Carballo, situada 43° 12’ 5’’ de latitude N e 8° 41’ 5’’ de lonxitude O, 46 km ao N de Santiago de Compostela, e 33 km ao O da Coruña. Asume as funcións de cabeceira comarcal e é sede do partido xudicial, está adscrito á arquidiocese de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O territorio municipal de Carballo sitúase baixo o dominio climático do litoral... -
-
Apelido de orixe toponímica que procede da raíz prerromana *carb- ‘pedra, planta nacida entre as pedras’. Documéntase no s XIV: “Mayor do Carballo” (doc ano 1364 en Emilio Duro Peña El Monasterio de San Esteban de Ribas de Sil, 1977, p 316). Nalgún caso a orixe deste apelido podería ser un alcume aplicado a individuos fortes, brutos; de feito, aínda se conserva a expresión “estar como un carballo” empregada para referirse a unha persoa con gran fortaleza física. Adoita aparecer grafado cun -v- non etimolóxico (Carvallo).
-
Liñaxe natural da vila coruñesa de Carballo. Estendeuse por Asturias e Portugal, e entroncou con ilustres familias lusitanas. Para os galegos recóllense dous brasóns: un leva, en campo de ouro, unha árbore de sinople, arrincada, no lado destro, e un brazo armado de sable, cunha espada na man, movente do flanco sinistro; e outro, en campo de ouro, un carballo de sinople, e, penduradas das súas pólas, dúas cadeas de ferro, unha a cada lado e un lobo pardo ao pé do tronco, atado cunha cadea de sable. Os de Asturias traen, en campo de prata, un carballo de sinople, afroitado de ouro e acompañado, na parte destra, dunha muller en actitude de tirar das pólas da árbore e, na parte sinistra, dun león da súa cor, rampante, sostendo nas súas mans un escudiño de goles pendurado dunha das ramas, cargado no lado sinistro dunha alcándara de prata cunhas luvas de cazador de ouro colgando e no lado destro dun falcón da súa cor; o escudiño está rodeado da lenda: “La virtud me hace torcer; que por fuerza,...
-
-
GALICIA
Arqueólogo. Doutor en Historia coa tese A cultura castrexa na bacía media do río Ulla, especializouse en diferentes aspectos da cultura castrexa, sobre todo relacionados co seu patrón de asentamento, e defendeu unha postura “pacifista” da súa organización. Dirixiu as escavacións de varios castros na Terra de Trasdeza, do castro da Forca (A Guarda) e de diferentes puntos de Lucus Augusti. Colaborou, entre outras, nas revistas Brigantium, Gallaecia, Zephyrus, Trabalhos de Arqueologia e Etnologia e Trabajos de Prehistoria. Participou en obras colectivas como Concepcións espaciais e estratexias territoriais na historia de Galicia (1993), A cultura castrexa galega a debate (1996) e El oro y la orfebrería prehistórica de Galicia (1996) e coordinou a Historia da arte galega (1999). É autor de Povoamento castrexo e romano da Terra de Trasdeza (1986), Castro da Forca (A Guarda Pontevedra: campaña...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Pasou a nenez e a mocidade en Ferrol, estudiou por libre o bacharelato e publicou os seus primeiros versos e prosas en galego e castelán en El Correo Gallego e Maruxa. Nesta cidade viviu de 1910 a 1950, coas obrigadas ausencias universitarias e as derivadas da Guerra Civil. De 1926 a 1933 a carreira de dereito e o servizo militar levárono a Santiago de Compostela onde entrou en contacto coa cultura galega, a través do Seminario de Estudos Galegos. Ingresou nesta institución cunha lectura poética, traballou en diversas seccións (Filoloxía, Historia da Literatura e Ciencias Sociais, Xurídicas e Económicas), publicou na revista Arquivos “Como vía a Aristóteles o P. Feijoó” (1930), o seu primeiro estudo literario, e chegou a ser secretario de actas e secretario xeral. Tamén nesta cidade iniciou o exercicio da política esquerdista e nacionalista. Na súa traxectoria intelectual sentiuse sempre, aínda que desde a independencia persoal, un discípulo dos mestres...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Sacerdote membro da congregación da Misión de San Vicente de Paúl, licenciouse en Historia e Teoloxía pola Universidad Complutense de Madrid en 1954. Posteriormente, ampliou estudios en Barcelona, Salamanca e Roma, e exerceu a docencia entre os anos 1965 e 1985 en Salamanca e Vigo. Colaborou en diversas publicacións (A Nosa Terra, A trabe de ouro, Encrucillada, etc), con artigos como os titulados: “A igrexa ante o Estatuto de Autonomía de 1936”, “A década 1976-1986: problemática permanente e coxuntural”, “A nación galega e o nacionalismo: democracia e realismo histórico como eixos dunha teoría para a construción da nación”. Foi presidente do consello de administración de Promocións Culturais Galegas e presidente da Asociación Cultural de Vigo. Participou nos volumes colectivos Castelao sen manipulación (1984), A nosa literatura (1988), Historia de Galicia (1-2) (1991) e Doce anos na búsqueda da nosa identidade (1991),...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e xornalista. Despois de licenciarse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, gañou a praza de catedrático de Dereito Administrativo e Economía Política da Universidad de San José de Costa Rica. Alí exerceu como redactor da revista El Foro. Ao seu regreso a Ourense, obtivo o cargo de tenente fiscal da Audiencia Provincial e ingresou no Partido Republicano. Dirixiu o semanario La República. Despois dese período, en 1910 marchou novamente a Bos Aires como correspondente de Vida Gallega e Noticiero de Vigo. Ademais colaborou en Acción Gallega, Suevia e Correo de Galicia e traballou como redactor en La Nación. Vinculado á Casa de Galicia, fundou a agrupación antiforal A Terra.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Animador cultural e teatral. Fixo unha versión do texto de Molière Le medecin malgré lui que titulou O menciñeiro á forza (1971). Escribiu as pezas Bon nadal? (1982) e Dous vellos e unha soia soidade, en colaboración con Marica Campo, e as narracións Parábolas chairegas (1981). Foi, ademais, director de diversos grupos afeccionados de teatro entre os que destacan: Crecente Vega, Os Valuros, A Roga, Alborada ou Malveira.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bióloga. Licenciada en Bioloxía pola Universitat de Girona. Redactora da Enciclopedia Galega Universal, coordina as coleccións de guías da natureza de Ir Indo Edicións.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Ximnasta. Proclamouse campión de España de barra fixa nos anos 1965, 1966, 1967 e 1968. Obtivo tamén o título de campión da Copa del Generalísimo co seu club, o Real Madrid. Foi integrante da selección española de ximnasia durante oito anos, e con ela acudiu aos Xogos Olímpicos de México 1968, onde sufriu unha grave lesión. Competiu nos Xogos do Mediterráneo de Tunes 1967 e nos campionatos do Mundo de Dortmund 1966 e Ljubljana 1970, onde unha nova lesión obrigouno a abandonar a práctica da ximnasia. Con posterioridade incorporouse ao equipo técnico da Federación Española de Gimnasia como adestrador do equipo nacional masculino, ao que dirixiu entre 1974 e 1978, nos Xogos Olímpicos de Montreal 1976 e nos Campionatos do Mundo de Estrasburgo 1978. A partir desa última data traballou co equipo español de ximnasia artística feminina, co que participou en seis Xogos Olímpicos consecutivos (Moscova 1980, Los Angeles 1984, Seúl 1988, Barcelona 1992, Atlanta 1996 e Sidney 2000); en todos...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ximnasta. Fillo de Jesús Carballo García, iniciouse no deporte da ximnasia aos 5 anos de idade. Nos Campionatos do Mundo celebrados en San Juan de Puerto Rico en 1996 proclamouse vencedor na disciplina da barra fixa, título que revalidou en Tianjin 1999. Obtivo a medalla de prata nos Campionatos do Mundo de Lausanne 1997 e foi Campión de Europa en San Petersburgo 1998. Participou nos Xogos Olímpicos de Atlanta 1996, onde acadou o sétimo posto en barra fixa, e na Universiada de Palma de Mallorca 1999, onde tamén obtivo posto de finalista. En xuño de 1997 gañou a medalla de ouro no concurso completo dos Xogos do Mediterráneo, celebrados en Bari. No plano técnico, incorporou ao repertorio ximnástico tres elementos que levan o seu nome (Carballo): un para barra fixa e dous para barras paralelas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Publicista. Dedicado ao sector publicitario dende os anos sesenta, en 1970 creou a axencia publicidade Luis Carballo. Dende un principio organizou as campañas promocionais dalgunhas das empresas máis dinámicas de Galicia e creou un programa de desenvolvemento da súa industria téxtil, sector en auxe que competía nos mercados nacionais e internacionais. En relación con esta actividade publicou o libro Galicia siete años de moda, no que se promocionaba a pasarela de moda Luada (París, Barcelona, Vigo, Santiago, A Coruña, etc), o salón Gaudí (Barcelona) e a revista Galicia Moda, onde apareceron as principais firmas téxtiles internacionais e galegas. Ademais, editou a revista ITH, dedicada á promoción cultural de Galicia, e a revista DOA, vinculada ao sector da gastronomía e alimentación. Da súa autoría son os contidos expostos no Pavillón de Galicia da Expo’92 celebrada en Sevilla e algúns dos deseños do Ano Santo Xacobeo 1993. Entre outros galardóns, recibiu...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Naturalista e músico. Estudiou piano no conservatorio de música de Santiago. Aos 18 anos marchou para Barcelona, onde se fixo sacerdote e ingresou nos Salesianos. Realizou estudios de ciencias naturais na Universidad de Madrid e foi discípulo de Rodríguez Carracido. Doutorouse no ano 1922 coa tese “El Paleolítico en la costa Cantábrica”. Amosou interese pola xeoloxía, especialmente pola espeleoloxía, e considéraselle o introdutor desa disciplina en España. Gracias aos seus esforzos constituíuse, en 1926, o Museo Provincial de Prehistoria de Santander, do que foi o primeiro director. Entre os seus traballos destacan: Fauna espeleológica de la Montaña (1910), Mentalidad humana del troglodita cuaternario y del hombre primitivo (1911) e Prehistoria universal y especial de España (1924). Ademais de diversos artigos sobre os alfabetos prehistóricos e os petroglifos galegos cómpre sinalar a novela histórica Fida, la hija del último druida galaico (1951).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e político, marqués de Brabazón. Catedrático de Historia do Instituto de Lugo e deputado progresista entre 1854 e 1856. Foi redactor, entre 1848 e 1865, do Boletín Oficial del Ministerio de Comercio, Industria y Obras Públicas e da revista de carácter industrial El Fomento (1862), e director do diario madrileño La Nación (1850). Ademais foi o tradutor da novela de António Augusto Teixeira de Vasconcellos La ermita de Castromino (1880).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. En 1683 realizou as andas da efixie da confraría de san Xulián e en 1684 pintou o retablo e as imaxes da capela da confraría das Ánimas en Santiago de Compostela. En 1689 traballou na capela maior do mosteiro de Santa María de Oseira e entre 1693 e 1704 realizou diversas obras na catedral compostelá.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiadora da arte. Licenciada en Filosofía e Letras e doutora en Arte, foi directora da escola de artes aplicadas e oficios artísticos Ramón Falcón de Lugo e profesora de arte e directora do departamento de Historia da Arte e Xeografía da facultade de Humanidades da Universidade de Vigo, da que foi decana. Foi comisaria das exposicións Julia Minguillón: período de 1934-1964 (1991), Olga Reinoso (1993) e Luís Seoane: pinturas, debuxos e gravados, 1932-1979 (1999). Ademais de numerosos artigos sobre arquitectura e transformacións urbanas, e sobre diversos artistas galegos (Camilo Díaz Baliño ou Arturo Souto), publicou as obras: La ilustración en la revista Nós (1983), Julia Minguillón (1984), Os castelaos de Ourense (1985), Antonio Failde (1986), La transformación de una ciudad: Orense (1995) e El santuario de Nuestra Señora de las Ermitas (1996), xunto con Antonio Bonet Correa. É membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e da Real Academia Gallega de Bellas Artes...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Gravado rupestre do III milenio a C localizado nas proximidades do Outeiro dos Cogoludos no lugar de Paredes da parroquia de Moimenta (Campo Lameiro). Atopado en 1981, escavouno Antonio de la Peña Santos en 1982 e descubriuse un panel de forte inclinación con varias combinacións de círculos concéntricos e numerosas figuras de cérvidos que, no seu conxunto, representan unha grea que se despraza pola ladeira dun monte de esquerda á dereita do espectador. Os cervos están debuxados cun estilo esquemático, aínda que reflicte certo dinamismo, e os diferentes tamaños suxiren un intento de dotar de perspectiva á composición. Destaca o de maior tamaño, de esaxerada cornamenta e provisto dunha serie de detalles anatómicos pouco comúns no foco galaico de arte rupestre (orellas, boca e ollos), que ten cravadas no seu lombo varias lanzas. O feito de permanecer cubertos de terra permitiu que os sucos mostrasen un perfecto estado de conservación con indicios aínda sen borrar da técnica de gravado orixinal.