"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
-
-
Que se dá ou se fai de forma simultánea a outra cousa ou coa mesma finalidade.
-
Que está unido ou contiguo a outra cousa.
-
Aplícase ao movemento melódico no que se progresa mediante graos conxuntos.
-
Aplícase á peza ou figura que ten algunha das súas extremidades unida a outra.
-
legado conxunto
Herdanza indivisible.
-
-
Unidade constituída por dous ou máis elementos de algo, ou pola súa totalidade.
-
Grupo de pezas de vestir que fan xogo.
-
Grupo instrumental ou vogal que executa unha composición musical.
-
Colección de obxectos, denominados tamén elementos, que comparten unha propiedade común. A finais do s XIX, o matemático Georg Cantor ideou unha teoría de conxuntos, que constitúe a base das matemáticas modernas, para tratar de solucionar problemas que afectaban ás matemáticas, especialmente os relativos aos paradoxos que afectaban a conxuntos cun número de elementos infinitos. Un dos máis coñecidos e máis antigos era o do sapoconcho e Aquiles, establecido por Zenón de Elea. Outro paradoxo foi o de Galileo polo que, o subconxunto formado polos cadrados dos números enteiros naturais (1, 4, 9, 16, etc), tiña o mesmo número de elementos que o propio conxunto de números enteiros naturais (1,2,3,4, etc) polo que o “todo” era de igual tamaño que a “parte”. Pódense representar enumerando os elementos entre chaves e separados con comas. Por exemplo, para o conxunto A dos días da semana A={domingo, luns, martes, mércores, xoves, venres, sábado}. Un conxunto pode ser finito (cando...
-
...
-
-
-
-
Que se dá ou se fai de forma simultánea a outra cousa ou coa mesma finalidade.
-
Que está unido ou contiguo a outra cousa.
-
Aplícase ao movemento melódico no que se progresa mediante graos conxuntos.
-
Aplícase á peza ou figura que ten algunha das súas extremidades unida a outra.
-
legado conxunto
Herdanza indivisible.
-
-
Unidade constituída por dous ou máis elementos de algo, ou pola súa totalidade.
-
Grupo de pezas de vestir que fan xogo.
-
Grupo instrumental ou vogal que executa unha composición musical.
-
Colección de obxectos, denominados tamén elementos, que comparten unha propiedade común. A finais do s XIX, o matemático Georg Cantor ideou unha teoría de conxuntos, que constitúe a base das matemáticas modernas, para tratar de solucionar problemas que afectaban ás matemáticas, especialmente os relativos aos paradoxos que afectaban a conxuntos cun número de elementos infinitos. Un dos máis coñecidos e máis antigos era o do sapoconcho e Aquiles, establecido por Zenón de Elea. Outro paradoxo foi o de Galileo polo que, o subconxunto formado polos cadrados dos números enteiros naturais (1, 4, 9, 16, etc), tiña o mesmo número de elementos que o propio conxunto de números enteiros naturais (1,2,3,4, etc) polo que o “todo” era de igual tamaño que a “parte”. Pódense representar enumerando os elementos entre chaves e separados con comas. Por exemplo, para o conxunto A dos días da semana A={domingo, luns, martes, mércores, xoves, venres, sábado}. Un conxunto pode ser finito (cando...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estreito do Océano Pacífico que separa as illas do norte e do sur de Nova Zelanda.
-
DISTRITOS
Distrito de Irlanda do Norte, Reino Unido, no condado de Tyrone (611 km2; 27.600 h [estim 1988]). A súa capital é Cookstown, situada no centro do Ulster, á beira do río Ballinderry. Entre o seu patrimonio histórico destaca o castelo de Kilymoon.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sociólogo. Postulou que a sociedade é un organismo biolóxico no que todas as partes son interdependentes. Distinguiu entre grupos primarios e secundarios, entre os que existe unha cooperación moi estreita. Publicou, entre outras obras, Human Nature and the Social Order (Natureza humana e orde social, 1902), Social Organization (Organización social, 1909) e Social Process (Proceso social, 1918).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cirurxián inglés. Discípulo de John Hunter, realizou traballos sobre a anatomía das rexións herniarias, que o levaron ao descubrimento da hernia de Cooper, e sobre as vías de abordaxe das arterias. Introduciu un gran número de novas técnicas cirúrxicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento de precisión utilizado en cartografía para a referencia automática das coordenadas xeográficas e a súa translación aos mapas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparello que pode medir, nunha soa acción, as tres coordenadas cartesianas de calquera punto dun sólido respecto a uns eixes de referencia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Competición internacional de clubs de fútbol. Creouse a principios da década de 1960 coa finalidade de establecer un xogo de apostas semellante á quiniela a nivel europeo que proporcionase ingresos adicionais aos clubes. Participaron nas primeiras edicións diversos equipos da Europa central e nórdica. O primeiro campión foi o Ajax Amsterdam. Despois de varios anos, o torneo, no que non competían cadros das grandes potencias (Italia, España ou as Illas Británicas), foi denostado polos grandes clubs e dexenerou nun trofeo estival ao que concorrían equipos de mediana categoría. Non obstante , no verán de 1995 a UEFA decidiu revitalizar esta competición. A intervención da federación europea viuse favorecida pola inflación de asociacións nacionais que xurdiran trala desintegración da Unión Soviética, Iugoslavia e, en menor medida, Checoslovaquia, que tivo como consecuencia un incremento do número de equipos susceptibles de participar nas competicións internacionais oficiais. Trala reestruturación,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Piloto que ten por misión asistir ao primeiro piloto.
-
PERSOEIRO
Pintor estadounidense. Formouse en Boston e estableceuse en Londres en 1775. Cultivou o retrato e sobre todo a pintura histórica, caracterizada polos temas patrióticos e militares, cun gran número de personaxes. Entre as súas obras destacan The Copley Family (A familia Copley, 1776-1777), Watson and the Shark (Watson e a quenlla, 1778) e The Death of Major Pierson (A morte do maior Pierson, 1783). Foi membro da Royal Academy (1779).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Corredor ciclista italiano. Foi campión do mundo de fondo en ruta (1953) e de persecución en pista (1947 e 1949), e cinco veces gañador do Giro de Italia (1940, 1947, 1949, 1952 e 1953) e dúas do Tour de Francia (1949 e 1952).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tempo verbal do modo indicativo que expresa coincidencia temporal con respecto a un referendo (adverbio de tempo, unha cláusula circunstancial temporal, unha forma verbal retrospectiva ou un referendo implícito no contexto extralingüístico) situado no pasado (
-
-
Excremento fósil.
-
Masa de materia fecal de consistencia pétrea que se forma nos intestinos, sobre todo de persoas con retraemento.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos coptos ou á lingua copta.
-
Individuo da comunidade copta.
-
Comunidade minoritaria de Exipto, caracterizada orixinariamente pola práctica do cristianismo monofisita, da que no ano 2001 pervivía un pequeno grupo. Os conquistadores musulmáns que chegaron a Exipto a comezos do s VII, designaron co nome de coptos á poboación exipcia, composta principalmente polos descendentes dos habitantes do antigo Exipto, xunto cos elementos de orixe grega e romana que se asentaron durante a Antigüidade. Maioritariamente practicaban o cristianismo monofisita, pero adoptaron lentamente a relixión musulmá e o termo pasou a denominar os cristiáns exipcios.
-
Lingua camítica derivada do antigo exipcio. Posúe un alfabeto propio. Segundo os documentos escritos coñecidos, divídese en distintos dialectos, correspondentes ás diferentes rexións de Exipto: sahídico (Al-Sa‘id), akhmímico (Akhmīm), subakhmímico (Asyūt), faiyúmico (o Faium), todos eles do Alto Exipto, boháirico (Al-Buḥayra), no NL do delta do Nilo e nas rexións occidentais do Baixo Exipto. O sahídico é o máis puro lingüisticamente pero absorbeuno o boháirico que existe como lingua litúrxica da igrexa copta. Parece que o copto se mantivo como lingua viva no Alto Exipto ata o s XVI, pero desapareceu finalmente baixo a influencia do árabe. A comunidade cristiá copta fala árabe e o uso da lingua copta é unicamente ritual.
-
Alfabeto propio da lingua copta, que adoptou o alfabeto grego e mais algunhas letras deformadas da escritura demótica. Esta parcial coexistencia de dous sistemas alfabéticos comportaba que algúns sons se representasen indistintamente coa antiga letra demótica ou coa nova letra grega, e que algunhas letras gregas se empregasen exclusivamente en palabras de orixe grega. Por outra banda, algunhas letras gregas utilizáronse só como monogramas para representar abreviadamente dúas letras máis.
-
Arte cristiá desenvolvida en Exipto entre os ss IV e VII. De orixe popular, naceu do sincretismo exipcio-romano e da constitución dunha igrexa unitaria e independente. As influencias sirias, bizantinas, mesopotámicas, persas e a pervivencia dos modelos da arte faraónica propiciaron a formación dunha linguaxe artística caracterizada polo decorativismo e a estilización das formas. O monofisismo deu orixe a unha iconografía relixiosa recollida, a miúdo, dos evanxeos apócrifos. Despois dun período de formación (ss IV-V), desenvolveuse o período copto propiamente dito (s V-VII). A arquitectura evolucionou dende unhas estruturas sinxelas, próximas ao templo exipcio, a un templo de planta basilical de tres ou máis naves con cabeceira tripartita, tomado da arquitectura paleocristiá. Destacan, entre outros, os centros monásticos de Sōhāg, Deir-el-Abyad (440?) e Deir-el-Ahmar (440?), a basílica de Henchir-el-Atench (s V?) e a igrexa de Der es Suhada. A partir dos ss XI-XII empregouse a...
-
Igrexa autóctona de Exipto, herdeira da tradición que tivo como centro Alexandría e constituída formalmente tralo Concilio de Calcedonia (451). Este, que destituíu o Patriarca Dióscoro e condenou o monofisismo, provocou a oposición e a ruptura con Constantinopla, aínda que unha fracción, denominada melquita ou realista, permaneceu fiel. A Igrexa copta ortodoxa ten uns 2 millóns de fieis. No s XVIII, algúns coptos uníronse a Roma e formaron a comunidade copta católica, que no ano 2001 tiña ao redor de 80.000 fieis, cun patriarca propio. Ten na súa historia unha forte tradición monástica.
-
Os documentos coptos máis antigos que se coñecen son do s II a C: un grafito dun título real en Abidos, unha inscrición sobre unha pedra de Akhmmein, e un fragmento dun glosario bilingüe. Á parte desta expresión popular, o copto desenvolveu unha literatura propia coa expansión do cristianismo, pero pasando polo seu estadio gnóstico e maniqueo. Os primeiros escritos, propiamente cristiáns, orixinais coptos que se coñecen son escritos monásticos, como as cartas de santo Antonio (s III), as cartas e a regra de san Pacomio (s IV) e os textos litúrxicos de san Serapio de Thmuis (s IV). Un escritor relevante da época foi o abade Šenuti (348?-457), de quen se conservan regras, homilías e cartas. En prosa narrativa destacan textos haxiográficos e actas de mártires, a miúdo ampliacións literarias e piadosas de escritos orixinais gregos e siríacos. Cara ao s X houbo un renacemento da poesía en sahídico e consérvanse himnos pascuais e en honor da Virxe e dos santos. En conxunto, a produción copta...
-
A arte musical da Igrexa copta presenta unhas melodías, dunha gran variedade e expresividade, que forman tres grandes agrupacións: litúrxicas, hímnicas e relixioso-folclóricas. As principais formas responsoriais son Mardd, Psali e Psalmos; das antifonais destacan as denominadas Vôhem, Paralex, Hôs e Theotokia. Entre os tons musicais sobresaen, entre outros, o Adam, o Bartos, o Kiyakhi do Advento e o tristeiro al-lahn al-ha-zaini da Paixón. É frecuente o uso de címbalos e sistros na igrexa.
-
Forma da celebración do culto, propia da Igrexa copta que, xunto co rito etiópico, constitúe a familia litúrxica alexandrina, fronte á antioquense. Desenvolveuse de xeito autóctono en Exipto, en grego en Alexandría e en copto no interior. Despois da escisión entre ortodoxos e monofisitas, a raíz do Concilio de Calcedonia (451), permaneceu como propio da Igrexa copta e en lingua autóctona, mentres que a fracción que seguiu fiel a Constantinopla, a melquita, adoptou progresivamente o rito bizantino, en grego.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade de Exipto, na ribeira oriental do Nilo, uns 35 km ao NL de Luxor. Documentada desde a época predinástica, posteriormente foi capital do nomós V do Alto Exipto. Foi destruída durante o reinado de Diocleciano (284-305). De escasa importancia política, tivo un papel considerable no ámbito económico como punto de partida das rutas comerciais a Punt, Uadi Hammamat e á rexión aurífera próxima. Era tamén o centro de culto do deus Min, señor do deserto oriental.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á persoa que coida moito o seu físico e a súa vestimenta para causar un bo efecto ou sentimentos amorosos nos demais.
-
GALICIA
Avogado e xornalista. Estudiou dereito nas universidades de Madrid e Santiago de Compostela. Despois de licenciarse nesta última trasladouse a Lugo para formar parte da redacción de El Progreso, xornal que dirixiu durante varios anos e no que escribiu numerosos artigos de temática política, económica e cultural, ás veces baixo o pseudónimo de D’Orca. Foi o creador do personaxe Pelúdez, presente nas páxinas do xornal dende a súa fundación. Colaborou noutros medios informativos e dende a Librería Religiosa editou publicacións e postais de Lugo. Exerceu tamén como presidente do Orfeón Gallego e do Círculo das Artes. Dende a presidencia da Asociación da Prensa convocou diversos certames literarios nos que se recoñeceron diversos traballos de Antón Villar Ponte, Antonio Couceiro Freijomil e Ramón Otero Pedrayo, entre outros. Foi primeiro tenente de alcalde do concello de Lugo, posto dende o que promoveu a creación da Banda Municipal. Paralelamente, sen abandonar o...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación coral formada por un grupo de pais de alumnas do colexio da Compañía de María de Cangas, coa colaboración de José Pena Collazo. Integrante da Federación Coral Galega (FECOGA), fixo a súa presentación en Lugo no ano 1974 co gallo da IV Asemblea de APAs dos colexios da Compañía de María. O seu repertorio abrangue obras do clasicismo, renacemento e música contemporánea, así como pezas populares galegas. Realizou numerosas actuacións en Galicia e fóra dela (Ponferrada, Mérida, Zaragoza, Girona, Barcelona, Avilés, Santillana del Mar, Canarias e Lisboa) e participou no Festival Intercéltico de Lorient e na Temporada XIII Musical, organizada pola Agrupación Musical Toledana. Da súa discografía destaca Homenaxe a Castelao (1986) e Polifonía en Cangas (1988). Entre outros galardóns, obtivo o II Premio Bimilenario de Lugo (1976).
-
CIDADES
Cidade da provincia de Bari, Puglia, Italia (42.366 h [1991]). A súa economía é predominantemente agrícola (vide e oliveira).
VER O DETALLE DO TERMO