"RCA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 608.

  • Dar unha cousa ou persoa e recibir outra a cambio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción ou efecto de intercambiar.

    2. Cambio ou permuta de bens e servicios que realizan dúas ou máis persoas, sociedades ou entes entre si.

    3. Fenómeno que, por efecto da turbulencia, ten lugar entre dúas masas de aire. Teñen especial importancia os intercambios de calor, de humidade e de cantidade de movemento.

    4. Acto diplomático constituído por dous ou máis documentos que se dirixen mutuamente aos representantes de dous gobernos. As notas teñen por finalidade constatar o acordo ao que se chega despois dunha negociación previa.

    5. Proceso quimicofísico segundo o cal, ao porse en contacto unha solución iónica cun composto inmiscible de constitución axeitada, que se denomina intercambiador iónico, prodúcese a fixación neste dos catións ou dos anións de dita solución, co cambio, respectivamente, de cantidades equivalentes de catións ou de anións, procedentes do intercambiador, que son liberados do seu retículo e pasan á solución. O intercambio pode ser catónico ou aniónico, segundo o signo da carga dos ións intercambiados. Na práctica, póddese levar a termo o proceso de intercambio iónico segundo dúas técnicas diferentes: operación en baños discontinuos e operación por percolación en columna. Na primeira, engádese unha cantidade de intercambiador na solución e trátase e axítase ata que alcanza o equilibrio entre as dúas fases, de xeito que o intercambio non é nunca total. Pode chegar a selo na operación por percolación en columna, posto que a solución que flúe ao longo dunha columna chea de...

    6. Substitución mutua de átomos dun mesmo elemento, entre dúas moléculas, pero isotopicamente diferentes. HD + H 2 O ⇋ H 2 + HDO. O emprego de trazadores puxo en evidencia a espontaneidade das reaccións de intercambio isotópico.

    7. Fenómeno fisicoquímico de carácter fundamental que consiste no movemento ou permutación, non resoante, de electróns solitarios e cargas positivas ou negativas, de forma intramolecular, en determinado tipo de substancias orgánicas fortemente cloradas.

    8. Fenómeno que consiste nun cambio entre segmentos equivalentes dunha parella de cromosomas e, polo tanto, de material xenético. Este fenómeno ten lugar durante o entrecruzamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Funcionario que na Roma imperial se encargaba de velar pola paz e a tranquilidade públicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conflito que en 1911-1912 enfrontou a Italia e Turquía, e rematou coa anexión de Tripolitania e a Cirenaica a Italia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Sim 1903 - Moscova 1960) Físico nuclear. Dirixiu as investigacións que levaron á fabricación da primeira bomba atómica da URSS e á primeira bomba termonuclear do mundo. Foi director do Instituto de Enerxía Atómica e académico de ciencias da URSS, estudiou as aplicacións pacíficas da enerxía nuclear, como por exemplo os reactores nucleares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis e tamén do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘alpargata’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Luaces (Pol) e Martín (Baleira).O seu cumio acada os 586 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sindicalista. De profesión tapiceiro e de ideoloxía anarquista, foi compañeiro de Ricardo Mella na súa militancia internacionalista na década de 1880. Foi un dos fundadores da Sociedad de Carpinteros de Santiago de Compostela (1894) ata que, trala folga de 1898, estivo na cadea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Paxaro de ata 17,5 cm, cabeza, peito e partes superiores pardas con listas máis escuras en contraste coas partes inferiores cun ton entre branco e ocre. A parte anterior da cara é pálida e destaca unha curta crista na cabeza, que levanta cando se excita. Ten un voo irregular e move as ás de forma rápida producindo un voo ondulante. As lavercas regresan en pequenos grupos despois de ter invernado na conca do Mediterráneo e aos poucos días, empezan a cantar e realizan a súa primeira posta. O niño sitúase nunha depresión no chan. Comunmente ten catro ovos, postos entre maio e xuño e pode haber dúas roladas anuais. Aliméntase tanto de herbas e sementes de plantas silvestres ou grans de trigo ou centeo, como de arañas e insectos. É unha ave de distribución paleártica, que non está presente nas áreas máis setentrionais, pero si no N de África. É sedentaria en toda a Península Ibérica, con individuos invernantes. En Galicia repártese pola totalidade do territorio, ata os 1.600 m. É moi común na...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • condado da Marca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arcebispo de Ravenna e de Boloña (1952-1958) e cardeal (1953-1976). Promoveu o movemento litúrxico en Italia. Paulo VI nomeouno moderador do Concilio Vaticano II (1963), onde representou a tendencia aperturista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro publicado por primeira vez en agosto de 1955 en que se inclúen as mellores marcas de cada especialidade. A idea partiu do director-xerente da empresa cervexeira Guinness, quen a confiou a Norris e Ross McWhirter, creadores dunha axencia onde se rexistraban estas marcas. Cunhas vendas que superan os 94 millóns de exemplares, difúndese en máis de 100 países e está traducido a 37 idiomas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comarca do SL de Galicia, situada no S da provincia de Ourense. Limita ao N coas comarcas de Allariz-Maceda (concellos de Allariz, Baños de Molgas, Maceda e Xunqueira de Ambía) e Terra de Caldelas (concello de Montederramo), ao L coa comarca de Verín (Cualedro), ao S con Portugal e ao O coas comarcas de Baixa Limia (concellos de Bande e Muíños) e Terra de Celanova (concellos da Bola, A Merca e Verea). Abrangue unha superficie de 794,2 km2en que acolle a unha poboación de 24.373 h, distribuída entre os concellos de Baltar (94 km2; 1.233 h), Os Blancos (47,6 km2; 1.190 h), Calvos de Randín (97,7 km2; 1.240 h), Porqueira (43,3 km2; 1.144 h), Rairiz de Veiga (67,8 km2; 1.799 h), Sandiás (52,8 km2; 1.670 h), Sarreaus (74,6 km2; 1.789 h), Trasmiras (56,7 km2; 1.829 h), Vilar de Barrio (106,7 km2; 1.974 h), Vilar de Santos (20,7 km2; 986 h) e Xinzo de Limia. (132,2 km2;...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor. Foi membro fundador e presidente do Ateneo Ferrolano e formou parte dos consellos de administración das revistas Concepción Areal e Ferrol Análisis. Da súa produción destacan Ferrolterra na colección Guillermo Escrigas de tarxetas postais e Historia da prensa ferrolá: (1845-1992) (1993). Recibiu o Premio de Investigación J. Quintanilla Martínez (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e crítico literario. Doutor en Filoloxía Hispánica e profesor da Universitat de València, foi membro destacado das Festas Minervais, en que resultou premiado en diversas ocasións. Polo seu poemario Mesteres (1976), está considerado como un dos autores que abre a poesía de signo realista ás liñas de renovación da lírica galega no último cuarto do s XX. Colaborador asiduo de La Noche e doutras publicacións periódicas, a súa obra destaca polo relevo dos mundos mítico-simbólicos e a plenitude expresiva que acada a palabra poética. Da súa produción destacan os poemarios Sonetos de espranza presentida (1965), Palabra de honor (1967), Retratos pra tempos de pouca luz (1968), Memoria dunha edá (1976), Liturxia do corpo (1983), Antología personal (1987) e Noite do degaro (1994), máis a recompilación do seu traballo poético Do tempo posuído (2003). No ámbito da teoría, a crítica e a historia literaria...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Murcia, situado na beira do río Guadaletín (77.477 h [2001]). É un centro comercial e agrícola do Campo de Lorca e posúe pequenas industrias alimentarias e de cemento. Cidade romana, foi sé episcopal no período visigodo e durante o dominio árabe converteuse nunha taifa independente. Reconquistada no s XIII, serviu de base de operacións aos Reis Católicos contra o Reino de Granada. Do seu patrimonio cultural destacan as murallas, os castelos medievais e a colexiata (1533), cunha portada barroca do s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Berrande e Moialde (Vilardevós). O seu cumio acada os 724 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comarca do interior de Galicia, situada no centro da provincia do mesmo nome. Limita ao N coas comarcas de Terra Chá (concellos de Guitiriz, Begonte, Cospeito e Castro de Rei) e Meira (concello de Pol), ao L coa Fonsagrada (concello de Baralla), ao S coas comarcas dos Ancares (concello de Baralla), Sarria (concellos de Láncara, O Páramo e Paradela) e Chantada (concello de Taboada), ao SO coa comarca da Ulloa (concellos de Monterroso e Palas de Rei) e ao O coa comarca de Terra de Melide (concellos de Toques e Sobrado). Abrangue unha extensión de 1.363,67 km2nos que acolle unha poboación de 112.218 h (2001), distribuídos entre os concellos de Castroverde (174 km2; 3.378 h), O Corgo (157,3 km2; 4.280 h), Friol (292 km2; 4.685 h), Guntín (154,7 km2; 3.423 h), Lugo (329,6 km2; 88.414 h), Outeiro de Rei (135,6 km2; 4.447 h), Portomarín (115,1 km2; 2.008 h) e Rábade (5,17 km2; 1.583 h). A rede viaria...

    VER O DETALLE DO TERMO