"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Filósofa, socióloga e politicóloga norteamericana de orixe alemana. Doutorada en Humanidades na Universidade de Heidelberg. Fuxiu do nazismo en 1934, establecéndose en EE UU en 1941, onde foi profesora en varias universidades (California, Princeton, Chicago) e ocupou varios cargos en diversas organizacións xudías. Discípula de Jaspers e de Heidegger, é autora, entre outras obras, de The Origins of the Totalitarianism (As orixes do totalitarismo, 1951), The human condition (A condición humana, 1958) e About the revolution (Sobre a revolución, 1965). As súas memorias The correspondence, 1926-1969 foron publicadas en 1992.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cova de Liguria (Italia) cunha importante secuencia estratigráfica, que vai dende o Arenense, documentado nun enterramento con enxoval típico, ata a Idade do Bronce. Ademais atopáronse restos de época romana. Destaca o nivel neolítico que proporcionou a base para a periodización do Neolítico no Mediterráneo occidental.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Segunda serie do ordiviciense situado entre o Tremadoc e o Llanvir.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Manuel García Areoso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pedagogo e ensinante de finais do s XIX preocupado polas novas correntes pedagóxicas. Publicou: Método simultáneo para aprender a leer y escribir o Libro completo para la enseñanza de la lectura, escritura y ortografía práctica (1880) e La instrución primaria en España. Nueva y acertada organización de las escuelas de primera enseñanza con la explicación de las reformas modernas llevadas a la práctica en los países más ilustrados (1883). Nesta obra fixo un estudo das condicións que debe ter un local para impartir clases, propoñendo modificacións para mellorar as deficiencias que caracterizaban as nosas escolas; así mesmo, reivindicaba unha instrución agrícola práctica e informa sobre as orientacións educativas de Francia, Inglaterra e Bélxica.
-
PERSOEIRO
Nobre militar sublevado contra os Reis Católicos trala decapitación do mariscal Pardo de Cela, sogro seu, foi vencido polas tropas de López de Haro. Ao servizo dos Reis Católicos, participou na conquista de Granada. O bispo de Mondoñedo, de quen era sobriño, outorgoulle o morgado da súa casa de Baamonde e pasou a tomar o apelido e as armas desta liñaxe.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sacerdote e teólogo. Investigador especializado en etimoloxía histórica, toponimia, epigrafía e arqueoloxía galega. Os seus traballos están centrados no ámbito galaico, onde son salientables as súas contribucións á toponimia de Lugo na revista Lucensia. En 1937 ingresou no Seminario Diocesano, onde cursou estudos de Humanidades e Filosofía; logo trasladouse á Universidade Pontificia de Comillas (Santander) e obtivo a licenciatura en Filosofía e Teoloxía. Ordenouse crego en 1951 e durante dous anos rexeu a parroquia de San Cristovo da Cervela (O Incio). Dende o 1955 ata a súa xubilación en 1997, exerceu o seu maxisterio de Humanidades e Filosofía no Seminario Diocesano. Membro da Xunta do Museo Provincial e director do Museo Diocesano, colaborou habitualmente en diferentes publicacións: El Progreso (Lugo), Archivo Español de Arqueología,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Prateiro. En 1558 labrou, en estilo renacentista, unha cruz de prata para San Martiño de Cores (Ponteceso).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relacionado con Ares ou cos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Ares.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín saído na Habana en 1917 e dirixido por Xoán Antonio Castro, que estaba editado pola asociación de emigrantes da comarca de Ares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de bolboretas da familia dos satíridos ao que pertence a especie A. arethusa. O adulto desta especie é de cores castañas e presenta un ocelo negro no ápice da á superior. As eirugas teñen liñas lonxitudinais de varios tons de marrón e aliméntanse do xoio e doutras poáceas dos xéneros Dactylis e Poa. Vive no monte baixo, áreas abertas e pedregais do norte de África, Europa e Asia Central. En Galicia está presente a subespecie dentata.
-
PERSOEIRO
Sindicalista de orixe galega que participou activamente no obreirismo cubano, como dirixente da Federación Obrera Marítima Nacional, durante o período comprendido entre as dúas guerras mundiais. De ideario socialista moderado, fundou na Habana en 1923 o xornal Acción Socialista, dende onde combateu o influxo comunista e anarcosindicalista nos sindicatos, defendendo a efectividade dos organismos de conciliación e arbitraxe. En 1927 liderou a Federación Cubana del Trabajo, na liña da American Federation of Labour de Samuel Gompers, e afiliouna á Federación Sindical Internacional con sede en Amsterdam, de carácter reformista. Representando a devandita central sindical, viaxou en diversas ocasións a Xenebra para asistir como delegado ás conferencias promovidas pola Organización Internacional del Trabajo (OIT). Ademais de varios folletos sobre a problemática sindical cubana, publicou Por tierras de Galicia (A Habana, 1929) e Viajando; Impresiones de España y de Galicia...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político guatemalteco. Primeiro Presidente do seu país (1945-1950) durante o período revolucionario instaurado á caída do ditador J. Ubico (1944). Introduciu reformas democráticas e practicou unha política anticolonialista. Deixou un código penal e un proxecto de reforma agraria que o seu sucesor, Arbenz, levaría a cabo a partir de 1951. Autor, entre outras obras, de Guatemala: la democracia y el imperio (1954) e Anticomunismo en América Latina (1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que respira con dificultade por efecto da calor, dun esforzo ou dunha enfermidade.
-
PERSOEIRO
Prateiro. Neto de Enrique de Arfe e fillo de Antonio de Arfe. Formouse en León e Valladolid no obradoiro paterno. Dotado dunha sólida formación humanística e técnica, é autor dos tratados Quilatador de la plata, oro y piedras (1572), onde analiza o grao de pureza dos metais e pedras nobres, e De varia conmensuración para la Escultura y la Arquitectura (1585-1587), no que analiza unha das temáticas máis representativas do Renacemento: as proporcións na arquitectura e na escultura. Entre as súas pezas máis salientables cómpre mencionar as custodias das catedrais de Ávila (1564-1571) e de Sevilla (1579-1587). Como escultor, aproveitando as súas habilidades no traballo do metal, dedicouse á realización de grandes estatuas de bronce. Filipe II nomeouno ensaiador da Casa da Moeda de Segovia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fillo do prateiro Enrique de Arfe, aprendeu o oficio no obradoiro familiar. A súa produción persoal comeza a ser coñecida a partir de 1539, destacando, como o seu pai, polos seus modelos de custodias e cruces procesionais. Entre 1539 e 1544 realizou varias obras salientables en Santiago por encargo do cabido, como un cáliz de ouro e a custodia do Corpus de prata para a procesión do Santísimo Sacramento. No canto de seguir a “liña oxival” ou de “mazonería”, de carácter goticista, propugnada polo seu pai, adoptou e introduciu o novo estilo denominado “ó romano” e, posteriormente, “do Renacemento”. A partir de mediados do s XVI trasladouse a Castela, onde continuou a súa produción como ourive, etapa na que realizou a custodia de Medina de Rioseco (1551-1554) cun estilo Plateresco e as andas da custodia da catedral de León.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mineraloxista e químico sueco. Discípulo de Berzelius, investigou a composición química dos minerais. No 1817 descubriu o litio, aínda que non o puido illar, e fixo traballos relativos aos compostos de uranio.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que argalla.
-
Termo da xerga dos telleiros ou daordes que corresponde á voz ‘coitelo’.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situado na parroquia de Argalo (Barbanza). Tamén é coñecido popularmente co nome de Cova da Moura. Conserva restos da mámoa na súa parte posterior. Foi violada repetidas veces na procura de supostos tesouros. No 1980 escavouse con metodoloxía arqueolóxica. A cámara ten planta poligonal, está formada por sete chantas e conserva dúas pequenas laxes de corredor. Está documentada a destrución da tampa a comezos do s XX. Posúe un anel pétreo que pecha o recinto do monumento. Desta anta proceden varios seixos-ídolos, puntas de frecha, cerámica e outras pezas datadas no Megalitismo medio, momento do seu máximo apoxeo.
-
MONTES
Monte da parroquia de Vilarente, no concello de Abadín. Ten 585 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO