"Amil" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 182.
-
PERSOEIRO
Arquitecto e historiador. Dedicado á intervención sobre o patrimonio arquitectónico dende unha óptica próxima ás formulacións de John Ruskin, elaborou unha teoría da intervención en edificios históricos baseada en formulacións teóricas posteriores. Da súa obra escrita cómpre subliñar L’Architettura del Medio Evo in Italia (A arquitectura do medievo en Italia, 1880).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor. Licenciado en Psicoloxía e diplomado en Psicoloxía da Educación imparte clases na Universidade de Vigo. Publicou Fundamentos de Psicología para maestros (1984), Os xogos dos nosos rapaces (1986) e Bilingüismo y lectura en escolares gallego y castellano-parlantes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Foi destacado representante da corrente informalista que deriva directamente do surrealismo. Asinou o manifesto dimensionista con Duchamp, Arp, Picabia e Delaunay, entre outros, aínda que non chegou a traducirse nunha práctica pictórica definida.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político guineano. Formado en enxeñería industrial na Universidade de Lisboa foi un dos membros fundadores, no ano 1948, do Centro de Estudos Africanos xunto con Viriato da Cruz e Mário de Andrade. En 1956, fundou o Partido Africano da Indepêndencia de Guiné-Bissau e Cabo Verde (PAIGC) e un ano máis tarde o Movimento para a Libertação de Angola (MPLA) xunto con Agostinho Neto. Durante case unha década compaxinou o seu labor político coas súas accións como guerrilleiro na súa loita contra o dominio portugués, ata que no ano 1972 foi creada a Assembleia Nacional do Povo Guineano. Entre as súas obras hai que destacar A arma da teoria (1975) e A práctica revolucionária (1975). No 1973 foi asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Estudiou a carreira de medicina, que rematou en Valladolid con premio extraordinario en 1875. Exerceu como médico en Madrid e realizou diversas viaxes de estudios aos EE UU. Publicou unha Introdución a la Fisiología (1892) e Nociones clínicas de las aguas minerales (1907), un estudo detallado e ordenado sobre as características e efectos terapéuticos das augas, amodo de prontuario.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á orde dos camilos.
-
Relixioso que pertence á orde dos camilos.
-
Nome popular dos relixiosos da orde dos Padres da Boa Morte, tamén chamada dos Clérigos Regulares dos Enfermos. Esta orde, fundada en Roma por san Camilo de Lelis (1584) e confirmada por Sisto V en 1586, foi elevada á categoría de orde relixiosa (1591) por Gregorio XIV. Desde o s XVIII xurdiron diversas ramas femininas.
-
-
PERSOEIRO
Eclesiástico latino, fundador da orde dos camilos. Militar ao servizo de Castela ata 1574, tentou entrar na orde capuchina pero impediullo unha chaga incurable que o recluíu na cama. En 1584 foi ordenado sacerdote e, guiado por Filipe Neri, agrupou ao seu redor un grupo de sacerdotes e dedicouse ao apostolado e á asistencia dos enfermos. En 1585 fundou en Roma os Clérigos Regulares dos Enfermos, orde dos camilos ou Padres da Boa Morte. Leva como atributos un estandarte cunha cruz vermella (emblema da Congregación); un bordón con dobre cruz (por ser fundador) ou un anxo que o acompaña cun crucifixo que tende cara a un moribundo (por ser avogado da boa morte). Foi canonizado en 1746 e declarado patrón do persoal auxiliar hospitalario.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade cultural, con sede nas Casas dos Cóengos (Iria, Padrón), creada na década de 1980 por Camilo Jose Cela para acoller todos os seus manuscritos, libros, cadros, obras de arte, arquivo e referencias literarias, e constituír un centro de investigación da súa obra. Está dirixida por un padroado presidido de xeito vitalicio por Camilo José Cela, que se encarga de representar, dirixir, administrar e preservar os bens da fundación; entre eles, destaca o legado de Camilo José Cela, composto polos manuscritos e bosquexos da súa obra, a súa biblioteca de traballo, documentos persoais e unha compilación dos artigos xornalísticos sobre a súa obra. A biblioteca da Fundación complétase con todas as edicións da súa obra, incluíndo as edicións de bibliófilo, bibliografía sobre a obra e a vida de Camilo José Cela, todas as publicacións da Real Academia Española e os legados feitos por Jose María Sánchez-Silva, autor de Marcelino pan y vino, e o poeta José García Nieto. A Fundación posúe, tamén,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Concurso literario convocado dende 1989 polo concello de Padrón. A entrega do galardón realízase o 19 de outubro, día en que lle foi concedido a Camilo José Cela o Premio Nobel de Literatura. Entre as obras galardoadas están Caladamente (1990), de Manuel Ribeiro Loureiro; O barco de seixo (1991), de Carlos Arias Iglesias; Valquiria (1993), de Antonio Riveiro Coello; La guerra de los escribas (1994), de Manuel García Méndez; Estromil (1995), de Xoán Piñeiro Cochón; Sueños (1996), de Luis M. García Méndez; Dos latidos (1997), de Carmen Payá Ferrando; Sñik (1998), de Antonio M. Martínez Flores; e Hacedor de patria (1999), de Antonio L. Vera Velasco.
-
PERSOEIRO
Xeneral e político romano. Coñecido como segundo fundador de Roma, loitou contra os etruscos, ecuos, hérnicos e volscos (389 a C) e foi en varias ocasións ditador de Roma.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Prenome procedente da forma latina Camillus, que amais de nome persoal era un substantivo común da linguaxe relixiosa que significaba ‘rapaz de condición non servil que servía de asistente nos sacrificios’. Probablemente, este termo deriva do nome dunha antiga divindade etrusca, Camillus, correspondente ao grego Hermes ou ao latino Mercurio. Foi o cognome empregado por moitas persoas da gens Furia, como Marco Furio Camilo, que venceu a Veio e liberou Roma dos celtas. Unha lenda conta tamén como o Rei Metabo, na súa fuxida, se viu obrigado a atarlle á súa filla Camila unha pica para pasar un río e lanzouna á outra banda ofrecéndolla á deusa Diana se a salvaba. El pasou a nado e criou a Camila vivindo os dous agachados nunha fraga e alí, afeita á caza, fíxose unha amazona que loitou contra Eneas. San Camilo de Lelis fundou en Roma os Clérigos Regulares dos Enfermos, orde dos camilos ou Padres da Boa Morte. A súa festa celébrase o 14 de xullo.
-
PERSOEIRO
Escritor. Comezou a súa andaina literaria en El Correo Gallego, de Ferrol. Publicou os poemarios La musa loca (1910?) e Flor de mi senda (1912), e a miscelánea Alborear (1915?), que incluía poesía e teatro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
GALICIA
Poeta. Publicou: Parrafeos de amor (1981), Feixe de gramos verdes e cousas do pobo (1981), Poemas (1982) e Idilios do Feal de Ansemil (1983).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Autor polifacético, enmarcado no romanticismo, está considerado como o Balzac luso. Triunfou na novela pasional centrada na vida da nobreza provinciana e da burguesía do Porto, de acordo cos tópicos románticos populares máis exaltados e anticlericais. As súas primeiras novelas apareceron nas páxinas dos xornais Eco Popular e O Nacional, e, posteriormente, exerceu o xornalismo na Gazeta Litéraria (1868). Na súa extensa produción destacan os volumes de poesía lírica Pundonores desagravados (1845), Murraca (1849), Inspirações (1852), Ao anoitecer da vida (1876); as pezas teatrais Agostinho de Ceuta (1848) e Abençoadas lágrimas (1862); as obras de crítica literaria Esbozos de apreciações literárias (1866) e Curso de literatura portuguesa (1879); e, entre a súa produción novelística, obras como Doze casamentos felizes (1861), Noites de Lamego (1863), Coração, cabeça...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político italiano, conde de Cavour. Fixo a carreira militar, pero pola súa adhesión á Revolución de 1830 desterrárono ao Val de Aosta e ao ano seguinte abandonou o exército. Despois do establecemento da liberdade de prensa (1847) fundou Il Risorgimento, desde onde propuxo a unidade italiana e a adopción de reformas dentro dun liberalismo conservador (sufraxio censatario). Foi deputado entre 1848 e 1850, e defendeu na cámara a abolición dos privilexios eclesiásticos; posteriormente, formou parte do gabinete moderado de Azeglio como ministro de Agricultura e Comercio (1850-1851) e de Finanzas (1851), e impulsou unha política librecambista cara a Europa. En 1852 elixírono presidente do Consello de Ministros e organizou o estado do Piemonte segundo os principios do liberalismo burgués. En 1858 pactou con Francia o Tratado de Plombières, acordo polo que os franceses se comprometían a axudar ao Piemonte na expulsión dos austríacos, pero o seu fracaso provocou a súa dimisión temporal...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. A súa primeira infancia transcorreu na Galicia rural das Rías Baixas, concretamente nas vilas de Iria Flavia, Tui e Cangas. Primoxénito do matrimonio formado por Camilo Cela Fernández e Camila Enmanuela Trulock y Bertonini, no seu libro de memorias La rosa (1959) vincula as súas primeiras lembranzas ás estadías nas casas dos avós maternos, en Iria Flavia, e paternos, en Tui. O contacto co cosmopolitismo da súa familia inglesa, por parte materna, e a relación íntima con Galicia, resultado do trato co mundo do avó paterno e co contorno galegofalante, sentaron as bases do futuro creador enraizado no rural galego. Con motivo do traslado do pai, funcionario de aduanas, a familia estableceuse en Cangas e o neno asistiu á escola en Vigo. Nesta época coñeceu o poeta Antón Noriega Varela, que fundara, xunto co seu pai e Antón Villar Ponte, o xornal anticaciquil Guau, Guau. A este antecedente literario paterno súmase a relación da súa bisavoa María Margarita Jones con Rosalía de Castro,...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Correa que rodea o pescozo dos animais de tiro para xunguilos á canga a través dunhas asas que ten na punta.
-
PERSOEIRO
Político libanés, cristián maronita. Accedeu á presidencia da república en 1952, cargo do que dimitiu en 1958 ante o clima de conflito civil creado pola oposición musulmana. Dirixente do Partido Nacional Liberal, en 1973 organizou unha milicia do seu partido, que combateu os fedaín palestinos instalados no Líbano. Foi tamén ministro de Finanzas (1975-1976) e de Asuntos Exteriores e Defensa (1976). En 1979 integrou os seus seguidores, xunto cos da Falanxe Libanesa, na Fronte Libanesa Cristiá.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Revolucionario cubano. Participou no desembarco do Gramma en 1956 e posteriormente acompañou o Che na toma de Santa Clara en 1958. Morreu en accidente aéreo.
VER O DETALLE DO TERMO