"Berà" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 137.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que delibera.
-
-
Tratar un asunto entre varias persoas para chegar a un acordo común.
-
Reflexionar alguén sobre algo antes de tomar unha decisión.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Figura retórica de pensamento que consiste na valoración das vantaxes e desvantaxes dunha decisión en curso, desde unha perspectiva racional. A súa fórmula habitual é o finximento dunha vacilación por parte do orador, que decidiu previamente a opción pola que vai optar.
-
-
Relativo ou pertencente á deliberación.
-
Que delibera.
-
Aplícase a calquera unidade gramatical coa que o suxeito da enunciación se pregunta “qué debe facer ante máis dunha posibilidade”. Distínguense así as oracións deliberativas (Marcharei ou quedarei?) e, no latín, a utilización do subxuntivo deliberativo na interrogación (quid faciam? Que facer?).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo político constituído en Madrid en maio de 1930 por Niceto Alcalá Zamora, Miguel Maura e Rafael Sánchez Guerra, entre outros, coa intención de incorporar a dereita española a un posible novo réxime republicano. A participación dos seus líderes principais no primeiro goberno republicano facilitou a expansión do partido, que, no caso galego, tivo especial incidencia na Coruña e Lugo, onde acadaron tres e dous deputados respectivamente nas eleccións de 1931. O grupo fraccionouse cando os seus líderes principais, Alcalá Zamora e Maura, fundaron novos partidos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo guerrilleiro do estado de Chiapas (México) creado en 1969. Seguiu os ideais de Emiliano Zapata que reivindicaba terra, pan e liberdade para os indíxenas. Desde o 1 de xaneiro de 1994 reiniciou as súas actividades dirixido por unha pequena cúpula militar encabezada polo subcomandante Marcos e co apoio de todas as comunidades indíxenas. Pódense apuntar como causas desta nova sublevación: a marxinación dos grupos indíxenas, a forte presenza do racismo como elemento do ámbito cultural dos grupos sociais dominantes, unido ao agravio e a vexación das comunidades indíxenas con respecto ao seu pasado histórico, a súa resistencia secular contra os caxtlanes (brancos e mestizos) e a necesidade de tomar unha iniciativa que os sitúe de novo na historia contemporánea. Os numerosos enfrontamentos entre o exército e a guerrilla levaron ao goberno a decretar o alto o fogo (12.1.1994). Coa mediación do bispo Samuel Ruíz negociouse unha saída pacífica e asináronse o 12 de febreiro de 1996...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lingua que pertence á familia lingüística chocó, que se fala en Panamá e Colombia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de exuberante. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é moi abundante en algo ou que está moi desenvolvido. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fronte guerrilleira de El Salvador fundada en 1980 coa finalidade de establecer un réxime democrático. En 1992 chegou a un acordo co goberno, pero o conflito continuou ao non cumprirse o programa de transferencias das terras e de compensacións dos ex-combatentes. Coa intervención dos denominados escuadróns da morte o enfrontamento converteuse nunha guerra civil. En 1994 celebráronse as primeiras eleccións tralo conflito, nas que se presentou convertido xa en partido político. Nas eleccións do 2000 acadou a maioría dos votos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización político-militar creada en Nicaragua en 1961 coa finalidade de derrocar o réxime de A. Somoza. Intégrase dentro do movemento do sandinismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido nacionalista alxeriano nacido en 1954 da fusión de diversos movementos políticos que iniciaron unha guerra de independencia fronte ao dominio colonial francés. Trala independencia (1962), a Constitución de 1963 converteuno en partido único. Derrotado polo FIS nas eleccións lexislativas de 1991, perdeu definitivamente o poder tralo golpe de estado militar de 1992. O seu candidato, Abdelaziz Buteflika, resultou vencedor nas eleccións presidenciais de 1999, cun programa de reconciliación nacional.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico editado en Santiago de Compostela a partir de agosto de 1885. Na súa cabeceira anunciaba o seu carácter independente e a súa saída dúas veces á semana. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Alonso. Ademais das noticias locais e de carácter xeral, incluíu poesías e folletíns.
-
PERSOEIRO
Médico e xornalista. Foi redactor de El Liberal Coruñés e de La Mañana (1896), e colaborador do Diario de Avisos. Sucedeu a Marcelino Dafonte na dirección de La Voz de Galicia. Foi correspondente da Real Academia Galega e escribiu Historia de la Guerra de la Independencia en Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Doutor en Historia, realizou a súa carreira nas universidades de Barcelona, Madrid e Santiago de Compostela, universidade esta última onde accedeu á cátedra de Historia Contemporánea en 1995. Especializado nos movementos políticos e especialmente nos nacionalismos, publicou entre outros títulos O nacionalismo galego, con X.M. Núñez (1995), La historia política: algunos conceptos básicos (1999) e La España de los nacionalismos y las autonomías, con J.L. Granja e P. Anguera (2001). Tamén contribuíu á creación das revistas Negaciones (1977), A Trabe de Ouro (1990) e Tempos Novos (1995), e realizou colaboracións na prensa. Formou parte da Xunta Rectora do Museo do Pobo Galego e foi membro das fundacións Castelao e Vicente Risco. En 2000 cambiou a orde dos seus apelidos por Beramendi González.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar. Foi correxidor en Chiquimula de la Sierra e Casablastran (Guatemala) desde 1730. Nomeado gobernador de Nicaragua (1748) ascendeu a coronel de Infantería (1751).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Loitas entre os celtiberos e os romanos que se estenderon entre o 154 a C e o 133 a C. O exceso de poboación dos territorios celtiberos e a dureza do clima, levou as tribos celtiberas a realizar incursións de saqueo nos territorios dominados polos romanos no val do Ebro e a Meseta Sur. Trala sublevación e as primeiras vitorias dos lusitanos, produciuse a rebelión dos celtiberos, liderada por Caro, que se negaron a pagar os tributos. Durante a Primeira Guerra Celtibera (154 a C-152 a C) derrotaron os romanos en varios enfrontamentos, ata que a política conciliadora de Claudio Marcelo negociou un acordo de paz. No 143 a C iniciouse unha nova sublevación, coñecida como Segunda Guerra Celtibera, que se estendeu ata o 133 a C. Os xenerais romanos Quinto Cecilio Metelo, Quinto Pompeio Aulo e Caio Hostilio Mancino sucedéronse no sitio de Numancia. A partir do 137 a C levantouse temporalmente este sitio, pero no 134 a C o Senado romano outorgoulle o mando das operacións a P. Escipión Emiliano,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que está feito sen deliberación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode liberar.
-
-
Acción e efecto de liberar ou de liberarse.
-
Interpretación teolóxica cristiá da salvación ou da liberación que recorre a teorías sociais, políticas e económicas na súa metodoloxía. O concepto foi empregado por primeira vez en América Latina a finais da década de 1960 por Rubén Alves, Gustavo Gutiérrez, Hugo Assmann, Leonardo Boff e outros teólogos católicos e protestantes preocupados pola pobreza estrutural (xurdiu concretamente da II Conferencia General del Consejo Episcopal Latinoamericano, celebrado en Medellín en 1968). Baséase en sistemas teóricos de dependencia e nunha análise e crítica marxista ao papel da relixión na sociedade, así como en varios temas bíblicos fundamentais. Procura un proxecto social que ten como obxectivo transformar a sociedade de xeito que se superen as condicións de pobreza, opresión e violencia, entendendo a Igrexa como unha comunidade ao servizo do pobo, e a súa xerarquía e organización só é lexítima en tanto que preste este servicio.
-