"Cabe" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 151.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pequeno subsistema montañoso da vertente oriental da serra de Queixa, no chamado macizo de Manzaneda. Esténdese polo territorio das parroquias de Cernado, Paradela ambas as dúas no concello de Manzaneda, Pena Petada e Somoza (concello da Pobra de Trives), sobre un contexto litolóxico dominado polo granito e afectado polo modelado glaciar. O seu cumio é o pico da Cabeza Grande, que acada os 1.782 m de altitude, na parroquia de Cernado. En Cabeza de Manzaneda radica a única estación de inverno existente na Comunidade Autónoma, creada en maio de 1972, con pistas habilitadas para a práctica do esquí. Ademais da práctica dos deportes especificamente invernais, a oferta lúdica da estación de montaña diversificouse, favorecida pola introdución de novas disciplinas deportivas e actividades na natureza, e, sobre todo, polo proceso de popularización das vacacións e do tempo de lecer. Deste xeito, Cabeza de Manzaneda converteuse nun centro de ocio aberto todo o ano, que é aproveitado entre outras...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pequeno sistema montañoso do L de Galicia que se estende entre as parroquias de Caxide, As Paradellas (concello de Parada de Sil), As Chás (concello de Montederramo) e Xunqueira de Espadanedo (concello de Xunqueira de Espadanedo). O seu cumio, o monte Meda, con 1.320 m de altitude, atópase no vértice destas catro parroquias.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe oriúnda de Andalucía, estendida por toda a Península, que entroncou con moitas familias nobres galegas. As súas armas levan escudo axadrezado de quince pezas, oito de ouro e sete de goles; bordo de azul con seis cabezas de vaca, de prata.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Álvar Núñez Cabeza de Vaca
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado ao extremo SL da provincia no límite coa de Córdoba, en Andalucía (6.222 h [1996]). O termo, moi montañoso, está drenado polo río Zújar, que serve de límite entre as dúas comunidades. A súa economía baséase no sector agropecuario, especialmente na gandería ovina e porcina, e nos seus produtos derivados.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cabeza de Manzaneda.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado no val do Ardila, en Sierra Morena (1.684 h [1996]). A súa topografía accidentada restrinxe as actividades agropecuarias, base da economía municipal, á gandería ovina e porcina.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Golpe dado coa cabeza.
-
Movemento de inclinación da cabeza, polo xeral cara a abaixo e por efecto do sono.
-
Sinal de afirmación feito coa cabeza.
-
Corda ou soga que se emprega para amarrar as cabalerías pola cabeza.
-
Sono de breve duración.
-
Fita que adorna os bordos do lombo dun libro encadernado con pastas duras.
-
Acción de afundirse bruscamente na auga a proa dunha nave, animada cun movemento de balanceo de proa a popa.
-
-
-
-
Funda alongada de tea, enchida con algún material brando que se emprega para apoiar a cabeza cando se dorme.
-
Almofada de forma cadrada e de dimensións reducidas.
-
-
Parte superior dunha cama.
-
Corda coa que se prenden as cabalerías pola cabeza.
-
-
Parte dunha maquinaria-ferramenta que transmite o movemento principal e sostén a peza ou a ferramenta. O cabezal de certas máquinas múltiples, chamado autónomo, é unha unidade independente dotada de motor propio e destinada a un tipo determinado de mecanización.
-
cabeza magnética.
-
-
-
cabezal condensador
Parte da ampliadora que contén a fonte de luz.
-
...
-
cabezal condensador
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa dunha aldea que tiña máis propiedades aforadas ca o resto dos veciños e que recollía e pagaba os foros de toda a comunidade.
-
-
cabezallo.
-
Parte do lagar situada no extremo dianteiro da trabe de madeira, cun furado vertical onde vai enroscado un groso madeiro chamado penso ou moa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe natural da Coruña. Relacionado con esta caste está o apelido Cabezoalla. A súas armas levan, en campo de azul, un carro de bois, que leva unha cabezalla.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peza longa de madeira situada no medio do carro, na parte dianteira do chedeiro. No extremo leva unhas furas para meter a chavella que suxeita o temoeiro do xugo, facilitando o enganche dos animais de tiro; e un puntal, chamado tentemozo, para manter incorporado o carro cando se carga e descarga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen non cede nas súas teimas ou obstinacións, mesmo ante a evidencia de estarse comportando mal ou de estar nun erro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe de orixe castelá que se espallou por toda a Península. Gonzalo Fernández Altamirano, logo de estar no sitio de Córdoba, engadiu ás súas armas, coa autorización do Rei Fernado III o Santo, un bordo de goles con catro cabezas de mouro; a partir daquela, os seus descendentes de Andalucía tomarían Cabezas por apelido. Estendeuse a León, Zamora, Asturias, Aragón e Galicia, e unha rama pasou, mesmo, a Portugal. As súas armas levan, en campo de azul, trece besantes de prata, postos de tres en tres e un de non; bordo de goles con catro cabezas de mouro, ao natural, con turbantes brancos.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, na comarca de Las Marismas, drenado polo Guadalquivir (15.509 h [1996]). Ten grande importancia a agricultura, especialmente o cultivo do arroz que o converte nun dos principais núcleos produtores deste cereal en España. Hai tamén canteiras e industrias alimentarias. Os turdetanos e os romanos ocuparon o seu territorio na Antigüidade, tal e como testemuñan diversos achados arqueolóxicos. Entre 1250 e 1255 foi conquistada aos árabes polo Rei Fernando III, quen cedeu a vila á orde militar de San Xoán de Xerusalén. O 1 de xaneiro de 1820 produciuse na vila o Pronunciamento de Riego, que contou co apoio dos veciños, polo que as Cortes españolas lle concederon o título de cidade en 1822.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Levantamento militar de signo liberal promovido o 1 de xaneiro de 1820 na vila de Las Cabezas de San Juan (Andalucía) polo comandante Rafael del Riego, ao mando dunha brigada que debía embarcar en Cádiz para sufocar o movemento independentista americano. Como consecuencia do alzamento, que supuxo a restauración da Constitución de 1812, principiou o chamado Trienio Liberal.
-
GALICIA
Bailarín e gaiteiro. Coñecido como Polo, en 1958 ingresou no grupo Vento das Cíes, sendo o seu mestre José Iglesias Nieto, máis coñecido como Melitón. Aos dezaseis anos comezou a impartir as súas primeiras clases de baile galego e en 1966 participou no Festival Danzas de España de TVE, no que obtivo o terceiro premio co grupo Coros y Danzas de Vigo. En 1986 incluíu o grupo Coros y Danzas na Escola de Danza do Concello de Vigo, da que era director dende 1979. Impartiu clases de baile galego e percusión en institucións, colexios, asociacións e nos centros galegos de México, Venezuela, Chile e Lisboa; dirixiu o grupo Coros y Danzas da Sección Femenina de Vigo (1965-1986), Baiona (1970-1985), Redondela (1973-1983) e Tui (1972-1973); actuou en Galicia, Francia, Italia, Suíza, etc, e organizou o Día da Muiñeira e a Mostra do Traxe Tradicional. Gravou discos con Os Cruceiros (1970 e 1971), Airiños do Parque de Castrelos (1972-1979), Antón Corral e Carlos Núñez (1987), Ricardo...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Enxeñeiro agrónomo pola Universidad Politécnica de Madrid, en 1978 fundou a empresa Digrama SL e en 1991 Valdamor SA, na que desempeñou o cargo de secretario e conselleiro-delegado; en 1981 foi nomeado director-xerente da Cooperativa do Ribeiro. Foi conselleiro do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (1989) e presidente da Confederación de Empresarios Ourensáns (1993). Foi elixido deputado por Ourense na candidatura do Partido Popular nas eleccións de 1993, cargo que abandonou para presentarse á alcaldía de Ourense, obxectivo acadado en 1995.
VER O DETALLE DO TERMO