"EAC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 135.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obtención de aminas primarias, mediante a reacción entre haluros de alquilo con hexametilentetraminas e a posterior hidrólise dos sales cuaternarios que se forman.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de delinear.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Resposta inflamatoria alérxica que se localiza na pel por contacto ou por introdución dunha substancia á que o organismo é sensible.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción de formación dun composto aromático por adición dun alqueno ou un alquino (dienófilo) nas posicións 1,4 dun dieno conxugado. Esta reacción coñécese grazas a O. Diels e K. Alder, e permite obter moitos compostos, incluso produtos naturais, posto que é moi estereoespecífica.
-
-
Relativo ou pertencente ás dioscoreáceas.
-
Herbácea da familia das dioscoreáceas.
-
Familia de liliáceas integrada por herbáceas gabeadoras, de raíces e rizomas tuberosos. Algunhas especies de dioscoreáceas tamén se cultivan, como o ñame. A familia comprende máis de 670 especies, as máis delas de distribución tropical, que en Galicia está representada pola saltasebes.
-
-
PERSOEIRO
Actriz. Filla do actor Maurice Dorléac, comezou a traballar no cine con catorce anos en pequenos papeis. Demostrou a súa capacidade para interpretar personaxes dunha certa complexidade psicolóxica en películas, como Repulsión (1965), Belle de jour (Bela de día, 1966), Tristana (1970), Le dernier métro (O derradeiro metro, 1980), Agent trouble (Axente turbio, 1987), Indochine (Indochina, 1992), Ma saison préférée (A miña estación preferida, 1993), La partie d´échecs (A partida de xadrez, 1994), Les voleurs (Os ladróns, 1996) ou Genealogies d´un crime (Xenealoxías dun crime, 1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: European Astronauts Center.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fillo de Zeus e da ninfa Exina. Desexoso de ter un pobo sobre o que reinar, conseguiu que Zeus convertese en homes os milleiros de formigas que poboaban a illa de Enone; a este novo pobo deulle o nome de mirmidóns (μύρμηκες ‘formigas’). Casou coa filla de Escirón, Endeis, coa que tivo dous fillos, Telamón e Peleo. Logo uniuse á filla de Nereo, Psámate, e tivo a Foco, que destacaría como un grande atleta. Precisamente, foi esta virtude a que espertaría os celos dos seus irmáns, que acabarían por matalo. Como castigo, Éaco, que pasa por ser o máis piadoso de todos os gregos, desterrou os seus fillos da illa. Segundo algunha lenda, participou na construción da muralla de Troia xunto con Apolo e Posidón. Trala súa morte, foi nomeado xuíz do Hades e ocupábase de xulgar as almas dos mortos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Intervalo que se produce no medio de dous actos nunha obra de teatro para descansar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de enuclear.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Motor de reacción de tipo atmosférico, inventado por René Lorin en 1913, que aspira o aire de combustión por efecto da velocidade da aeronave que impulsa. Está constituído por un conduto de aspiración do aire seguido dun difusor onde se incrementa a presión. O aire entra na cámara de combustión e o combustible, ao queimarse, produce unha enerxía que se tranforma en enerxía cinética na expansión que se produce na tobeira de saída de gases. É moi apropiada para a propulsión de mísiles.
-
-
Relativo ou pertencente aos feacios.
-
Individuo deste pobo.
-
Pobo mitolóxico de mariñeiros descendentes de Féax. Orixinarios do país de Hiperia, de onde foran expulsados polos cíclopes, chegaron ata a illa de Esqueria, xa desde a Antigüidade identificada con Corcira (Corfú). O seu rei, Alcínoo, acolleu a Ulises cando volvía de Troia e se dirixía a Ítaca, e deulle un navío no que efectuaría a última etapa da súa viaxe. Non obstante , Posidón, co permiso de Zeus, castiga os feacios transformando en rocha a nave e rodeando a capital dos feacios cunha montaña. Tamén chegaron a terras feacias os argonautas, e alí celebrouse a voda entre Xasón e Medea.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proba realizada para detectar os azucres redutores presentes nunha solución mediante unha disolución de sulfato de cobre(II) e outra de tartrato sódico alcalino. Mestúranse estas dúas disolucións en cantidades iguais e, se hai axente redutor, aparece un precipitado de cor vermella. Descubriuna o químico alemán H. Ch von Fehling.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Solución de sulfato de cobre(II), hidróxido de sodio e tartrato sódico-potásico (sal de Rochelle) que se emprega para detectar azucres, aldehidos e outras substancias redutoras nunha solución, polo feito de que a acción do reactivo produce óxido de cobre(I) (Cu2O) de cor vermella. Descubriuno o químico alemán H. Ch von Fehling.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción de coloración característica do ácido desoxirribonucleico que se produce cando se trata, en medio ácido, co reactivo de Schiff, que reacciona co grupo aldehido da desoxirribosa do ADN e toma cor. Emprégase en citoquímica para a localización do ADN en preparacións histolóxicas e para o estudo dos cromosomas.
-
CIDADES
Cidade do departamento de Lot, situada na rexión de Midi-Pyrénées, Francia (9.500 h [estim 2001]). Ten as súas orixes na fundación da abadía de Saint-Sauveur (s XI), ao redor da que se desenvolveu a vila. A importancia do patrimonio arquitectónico do centro histórico da vila fixo que en 1990 o goberno francés a incluíse dentro das Villes et Pays d’Art et d’Histoire.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción de alquilación ou acilación dun composto aromático por un haloxenuro de alquilo ou de acilo que ten lugar nun solvente aprótico por acción do cloruro de aluminio anhidro. A etapa inicial da reacción é a formación dun complexo iónico do haloxenuro e do AlCl3; o C unido ao halóxeno vólvese entón positivo e dá lugar á substitución electrofílica. A alquilación é reversible e dá xeralmente produtos polisubstituídos. Como o AlCl3 se rexenera, pódese utilizar en cantidades catalíticas. Na acilación, por contra, o AlCl3 complexa a cetona que se forma e tense que utilizar en cantidades equimolares. Esta reacción ten moita relación coas de Gattermann-Koch e de Fries e é moi versátil.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción de transposición que ten lugar cando se trata o éster dun fenol con cloruro de aluminio e se converte nunha orto- ou nunha para- hidroxicetona ou nunha mestura destas. A importancia desta reacción en síntese débese ao feito de que os fenois son difíciles de acetilar coa reacción de Friedel e Crafts.
-
CIDADES
Cidade do estado de Bengala Occidental, India, ao SO da área metropolitana de Calcuta (191.389 h [1981]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción de síntese de aldehidos aromáticos que consiste na formilación de compostos aromáticos policíclicos mediante HCl e CO en presenza de ALCl3 e Cu2Cl2: ArH+CO... ArCHO.