"Ende" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 379.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación política de carácter centrista liberal e de ámbito autonómico, fundada a comezos de 1983 despois de presentarse como plataforma electoral en outubro de 1982. O seu obxectivo era articular o espazo político existente entre a debilitada Unión de Centro Democrático (UCD), da que procedían moitos dos seus membros, e Alianza Popular. Liderada por José Luis Meilán Gil, presidente do Partido Gallego Independiente (PGI), recibiu o apoio de numerosos políticos galegos como Eladio Portela, Miguel Sanmartín e Miguel Piñeiro. En 1984, logo de manter contactos con outros partidos, as converxencias da Coruña, Lugo e Ourense formaron Coalición Galega. Nas eleccións locais de 1984, a Converxencia de Pontevedra, que se presentara en solitario, obtivo máis de 30.000 votos e conseguiu catro alcaldías e 125 concelleiros.
-
PERSOEIRO
Antropólogo. Estudiou medicina na facultade de Ciencias de Porto, onde foi catedrático de Antropoloxía dende 1921 e fundador do Instituto de Antropologia. Publicou numerosos libros sobre antropoloxía, arqueoloxía e etnografía, entre os que destacan Antropologia (1915), Da biologia á história (1934) e Antropologia e história (1954). Foi membro da Sociedade Portuguesa de Antropologia e Etnologia, e da Sociedade de Geografia de Lisboa.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Enxeñeiro e político. Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos (1978), diplomouse en Dirección Xeral de Empresas (1983) e en Planificación e Administración de Empresas (1985) pola Universidad Politécnica de Madrid. Foi director técnico de Construcións Metálicas José González Gómez (1979-1981) e director xerente de Xestión Urbanística da Coruña SA (1981-1990). Membro do Partido Popular (PP), foi director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS, 1990-1993) e director xeral de Formación e Emprego (1993-1994). Foi conselleiro de Industria e Comercio (1994-1999) e membro do Parlamento de Galicia (1997-1999). Dende outubro de 1999 é presidente da Autoridade Portuaria da Coruña e presidente do Partido Popular da provincia da Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Cultivou a paisaxe, as mariñas e o bodegón. Como recurso pictórico empregou o esvaído e unha levidade cromática. As suaves tonalidades contrastan ás veces coas liñas volumétricas e algúns motivos, como os edificios, nas súas solitarias paisaxes urbanas. Expuxo de xeito individual na Casa de Cultura de Vigo (1985) e na de Baiona (1986), e no Ateneo de Ourense (1987). Participou, entre outras exposicións colectivas, na mostra Novos Valores da Bienal de Pontevedra.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en San Pedro de Crendes (Abegondo). Foilles cedida ás monxas de Cristo Rei que lle engadiron á primitiva planta rectangular un novo piso. De estilo barroco compostelán, a fachada principal divídese en dúas partes por medio dunha escaleira, unha delas cun patín. Na mesma fachada consérvase un brasón que identifica aos Ribadeneira, aos Enríquez, aos Mosquera, aos Nóvoa, aos Luaces e, probablemente, aos Catoira.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello da Teixeira baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ou San Cristovo de Cristosende Igrexa situada na Teixeira. De estilo barroco, construíuse en 1726. No exterior destaca a portada principal formada por un arco de medio punto e os retablos coas imaxes pintadas da Inmaculada Concepción e san Xosé.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga capital do nomós VI do Alto Exipto, situada a uns 50 km ao N de Luxor. Nesa localidade edificouse un templo dedicado á deusa Hathor no III milenio a C, aínda que só se conservan os templos da última dinastía exipcia e das épocas ptolemaica e romana.
-
PERSOEIRO
Poeta alemán. A súa poesía é impresionista e inspirouse no Extremo Oriente para escribir narracións curtas e contos. Escribiu o libro de versos Ultraviollet (1893), a novela Lingam (1909) e unha autobiografía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Documento adoptado o 4 de xullo de 1776 en Philadelphia durante o II Congreso continental, no que os delegados das trece colonias británicas de América do N proclamaron a súa independencia e a vontade de constituírse nos Estados Unidos de América. Encargouse da súa redacción un comité formado por Thomas Jefferson, John Adams, Benjamin Franklin, Roger Sherman e Robert R. Livingston, segundo a proposta de Richard Henry Lee. Estaba formada por cinco seccións: un preámbulo; unha proclamación dos dereitos naturais inalienables e do dereito das nacións a elixir un goberno que respecte e defenda estes principios; un conxunto de acusacións contra o monarca Xurxo III de Inglaterra; unha descrición dos intentos das colonias de acadar unha compensación polos agravios sufridos; e a declaración de independencia. A declaración estaba moi influída polas teorías de John Locke, que estableceu o principio de que as persoas necesitan dun goberno para protexeren os seus dereitos inalienables, dos que se incluían...
-
-
Protexer unha persoa ou unha cousa por algún medio para que non sufra dano ou prexuízo.
-
-
Loitar alguén contra quen ataca unha persoa ou unha cousa.
-
Batallar alguén para impedir que lle sexa arrebatado algo.
-
-
-
Dar argumentos a favor de algo ou de alguén.
-
Soster a defensa dun acusado.
-
Preitear un avogado en interese do cliente.
-
-
Facer que o adversario non acade os obxectivos do xogo.
-
Protexerse alguén dunha persoa ou dunha cousa.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
desde.
-
-
Feito de depender.
-
Lugar, cuarto ou edificio que forma parte dunha construción maior.
-
Sección ou departamento que depende dunha organización superior.
-
Situación na que se atopa quen traballa por conta doutro e baixo a súa dirección.
-
Relación que mantén un ser vivo cos outros membros da biocenose e cos factores ambientais polos que está condicionado.
-
Territorio que depende da administración dun Estado ou doutra división administrativa. É un vestixio da época colonial que tivo a súa máxima expansión durante a segunda metade do s XIX. Estados como o Reino Unido, Francia, os Países Baixos e os EE UU manteñen aínda algunhas dependencias baixo a súa administración, que son na súa maioría arquipélagos de Oceanía, do Índico e das Antillas.
-
Relación sintagmática fundamental que se crea no discurso entre un elemento x e un elemento y se a elección ou manifestación de y está condicionada pola natureza de x (por exemplo, en galego a presenza da segunda forma do artigo coa preposición tras: tralo). L. Hjelmslev, introdutor deste concepto, consideraba que as diversas partes dun obxecto de análise existen só polas dependencias que as unen e son o único obxecto de descrición científica. Distinguía entre constelación (ou independencia), determinación (dependencia unilateral) e interdependencia (dependencia mutua).
-
-
ínculo relacional ou funcional entre dúas variables, conxuntos ou calquera outro obxecto matemático, de xeito que os valores duns están condicionados polos dos outros.
-
dependencia alxébrica
Relación xerárquica entre as estruturas numéricas. En O os números que non dependen alxebricamente de N, e que polo tanto son alxebricamente independentes, denomínanse números transcendentes; en consecuencia, os números transcendentes, como e ou π, non son raíces de ningún polinomio con coeficientes en N.
-
...
-
-
-
-
Que depende.
-
-
Aplícase ao morfema que aparece nunha construción condicionado pola presenza doutro morfema de xeito que o cambio que afecta ao primeiro implica un cambio que afecta ao outro. Por exemplo, nós e a desinencia -mos nos verbos (cantamos, andemos, etc) son dous morfemas dependentes.
-
subordinado.
-
-
-
-
Persoa que presta os seus servicios nun comercio, especialmente a que atende o público.
-
Apoderado singular do comerciante que recibe deste o encargo de desempeñar de forma continuada xestións propias da empresa. Este encargo, que pode ser verbal ou escrito, é sempre limitado e implica que o dependente actúe en nome e por conta do mandante ou empresario.
-
-
-
-
Estar unha persoa baixo o dominio ou a autoridade doutra.
-
Necesitar alguén a outra persoa para o seu sustento ou protección.
-
-
Estar unha cousa condicionada, vinculada ou determinada por outra.
-
-
-
Adquirir coñecementos sobre algo a través do estudo ou da experiencia.
-
Transmitir coñecementos a través de distintos métodos didácticos.
-
-
-
Non prestar a atención ou a axuda debida a unha persoa ou cousa.
-
Non facer caso daquilo que alguén di.
-
-
-
Acción de descender.
-
-
Acción de baixar da Cruz o corpo de Xesús.
-
Representación iconográfica dese acto. A escena mostra a Xosé de Arimatea e Nicodemo no momento de baixar o corpo de Xesús da Cruz, polo que agardan a Virxe, san Xoán e María Madalena. Entre outras representacións, destacan as de Fra Angelico, Roger van der Weyden, Rubens e Rembrandt.
-
-