"ILi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1725.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade do que é alleable ou alienable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aliaxe lixeira de aluminio, formada por un 97% de Al, un 2% de Si e un 1% de Mg.
-
PERSOEIRO
Vicealmirante neerlandés. Durante a Guerra da Liga de Augsburgo (1689-1697) comandou as escuadras aliadas contra a francesa, que derrotou na Hague (1692).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente aos alquilos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
patilobo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de alterable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Designación xenérica dos silicatos dobres de aluminio e doutro metal, monovalente ou divalente. Os aluminosilicatos son sólidos, xeralmente de orixe natural e de constitución complexa. Nalgúns aluminosilicatos, como o berilo, os grupos SiO4 forman estruturas cíclicas, e noutros, como as micas, forman capas de dúas dimensións. O caso máis corrente é, sen embargo, aquel no que se forman estruturas continuas tridimensionais, con substitución parcial do silicio por aluminio. Pertencen a este grupo os feldespatos, as zeolitas, a sodalita, a lazurita e outros.
-
PERSOEIRO
Narrador, poeta e ensaísta encadrado na Xeración do 1936. Estudiou Maxisterio en Pontevedra e Filosofía e Letras en Santiago de Compostela, estudios que tivo que interromper en 1936 por causa da guerra civil e o fusilamento do seu pai. Durante a súa etapa universitaria foi un dos fundadores da revista escolar Tude, dirixida por Xesús Ferro Couselo, co que tamén levou a cabo a organización da Exposición Regional de Arte Infantil, que non se chegou a celebrar pola sublevación do 36. En 1942 trasladouse a Vigo onde, dende 1947 e ata a súa morte, desempeñou o cargo de Chanceler do Consulado de Uruguai. Nos anos sesenta viaxou por distintos países de Latinoamérica como conferenciante. Impulsou múltiples iniciativas culturais como a fundación das editoriais galegas Castrelos -xunto aos seus irmáns Xosé María e Álvaro Álvarez Blázquez-, e a colección Salnés, da Editorial Galaxia, codirixida xunto a Celso Emilio Ferreiro e Francisco Fernández del Riego. Colaborou nas publicacións Galicia...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Catedrático de Ensino Secundario no Instituto de Pontevedra, cidade na que permaneceu ata a súa morte ocupando diversos cargos de responsabilidade como a dirección do Instituto, a vicepresidencia da Deputación ou a presidencia da Sociedade Económica. Participou na vida cultural e política da cidade, colaborando nos xornais pontevedreses Galicia Humorística, El Iris, El Eco de Pontevedra, Crónica de Pontevedra, entre outros e dirixindo outros como El Ditamen, La Paz, El Alerta, El Fénix e El Eco de Tambo. Membro correspondente da Academia da Historia e, como militante nas filas liberais, integrante do Comité Revolucionario de Pontevedra en 1868. Na literatura galega considérase o iniciador dunha gran familia dedicada ás letras á que pertencen os Álvarez Limeses, Álvarez Gallego, Álvarez Negreira, Álvarez Gándara, Álvarez Blázquez e Álvarez Cáccamo. En galego escribiu a obra teatral de tema histórico Mari-Castaña, Drama hestórico...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Publicou poesía na prensa periódica e o libro Caminos al atardecer (1973), e en galego, o poemario Albas de primaveira (1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Funcionario da Administración local, xornalista e poeta. Colaborou en revistas e xornais como Finisterre, Sonata Gallega, Agro, Ciudad, Alba, Litoral, El Pueblo Gallego, La Noche, Faro de Vigo, El Ideal Gallego ou Diario de Pontevedra, onde desempeñou o cargo de redactor xefe. Empregou frecuentemente os pseudónimos Ramón de Silva, Emilio Ramón Álvarez e Era. No 1949 colaborou con Celso Emilio Ferreiro na fundación da colección de poesía Benito Soto, na que publicou o poemario Madrigal. Posteriormente editou Sonetos de Quicio Volante (1992), volume en que reuniu poemas escritos entre 1950 e 1990. No eido da prosa, publicou La veleta apunta a Pontevedra (1991), recompilación de textos que viron a luz na prensa entre 1947 e 1971. Entre os recoñecementos que obtivo...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sacerdote e líder agrarista. Estudiou o bacharelato en Ourense. Posteriormente ingresou no Seminario Conciliar de San Fernando, onde foi ordenado sacerdote. Pouco despois principiou unha intensa actividade pública, colaborando en múltiples xornais como La Nueva Época, El Eco de Orense ou La Galerna. Foi alentador do ourensán Círculo Católico de Obreiros. Exerceu por primeira vez como abade rural en Parada de Laviote (O Irixo) onde no 1904 escribiu o seu primeiro folleto independente El cura rural. No 1907 marchou a Madrid para se establecer como capelán do marqués de Urquijo. Alí vencellouse aos círculos galeguistas, colaborando nas actividades do Centro Galego e coa revista Galicia, que dirixiu a partir do 1908. Publicou unha colección de contos titulados Por los agros celtas (1907). Xunto con Alfredo Vicenti, Manuel Portela Valladares, Luís Antón de Olmet, Prudencio Canitrot e outros fundou o movemento Acción Gallega, que dende 1910...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de amable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome procedente do adxectivo latino amabilis, xa daquela nome propio, co sentido aínda evidente de ‘digno que o amen’. A forma feminina realmente significaba ‘cousas merecedoras de amor’ e é un dos moitos casos do neutro en plural convertido en feminino singular por mor da súa terminación en -a asociada a este xénero igual que marabilla
-
-
Que pertence á familia das amarilidáceas.
-
Planta da familia das amarilidáceas.
-
Familia de herbáceas da orde asparagais, integrada por uns 75 xéneros que comprenden unhas 1.100 especies de plantas herbáceas a miúdo bulbosas, de distribución tropical, subtropical e de rexións temperadas. Moitas especies se empregan en horticultura e xardinería. Pertencen a esta familia os narcisos, as cebolas das gaivotas e os xéneros Amaryllis e Leucojum.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos grupos amilo.
-
Nome trivial dos alcois isómeros de fórmula C 5 H 11 OH e das súas mesturas que se ofertan a nivel comercial. Existen 8 alcois amílicos, sen contar os isómeros ópticos. Os principais produtos comerciais constituídos por mesturas de alcois amílicos son o alcol amílico primario, o alcol amílico de fermentación e tamén o pentanol.
-
Mestura de 3-metil-1-butanol e 2-metil-1-butanol, obtida a partir da rectificación do aceite de fusel. Ten un cheiro desagradable. Emprégase sobre todo como disolvente para a preparación de ésteres amílicos, para a síntese de produtos farmacéuticos e como xelatinizante de explosivos.
-
Mestura disolvente comercial de alcois amílicos primarios que contén, aproximadamente, 60% de 1-pentanol, 35% de 2-metil-1-butanol e 5% de 3-metil-1-butanol. Utilízase como disolvente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto de 2 moles de teofilina e 1 mol de etilendiamina, que forma gránulos ou pos amarelados, solubles en auga. Utilízase en medicina como relaxante dos músculos lisos, estimulante do miocardio e diurético.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia estrutural derivada do dibenzocicloheptadieno. Utilízase en medicina como antidepresivo.
-
GALICIA
Profesor de pedagoxía das Escolas Normais da Coruña, León e Ourense. Durante o mandato do Xeneral Primo de Rivera, desempeñou o cargo de gobernador civil de Huesca e Murcia. Non publicou ningún libro, pero realizou varias colaboracións na prensa (“Hacia la uniformación de la ortografía gallega?”, en Galicia, 1930) e o epílogo do libro Del Orense antiguo de Xosé Adrio Menéndez.
VER O DETALLE DO TERMO