"Lucí" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 245.

  • PERSOEIRO

    Teólogo e biblista. Profesor de eséxese do Novo Testamento en Louvain, da súa obra destaca unha triloxía centrada na teoloxía de san Paulo composta por La théologie de l´Eglise suivant saint Paul (A teoloxía da Igrexa segundo san Paulo, 1942), Le Christ dans la théologie de saint Paul (Cristo na teoloxía de san Paulo, 1945) e Le chrétien dans la théologie de saint Paul (O cristián na teoloxía de san Paulo, 1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarina norteamericana. Debutou en 1937 co Mordkin Ballet e en 1939 fundou, xunto con Richard Pleasant, a compañía Ballet Theater que dirixiu dende 1941 ata 1957.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cineasta, crítico e escritor. Evolucionou dende o vangardismo ao retrato boulevardier, como en Un chapeau de paille d’Italie (Un sombreiro de palla de Italia, 1927); posteriormente, introduciu a ironía social en Le million (O millón, 1931) e À nous la liberté (A nós a liberdade, 1931). En 1935 emigrou ao Reino Unido, onde realizou unha poesía do fantástico con The ghost goes West (O fantasma vai ao oeste, 1935) e Break the News (Grandes novas, 1938), que proseguiu nos EE UU con I married a Witch (Casei cunha bruxa, 1942) e It happened tomorrow (Sucedeu mañá, 1944). Da súa produción destaca Paris qui dort (París durmido, 1923), Entr’acte (Entreacto, 1924), Le silence est d’or (O silencio é ouro, 1947), Les grandes manoeuvres (As manobras do amor, 1955) e Porte des Lilas (Porta das Lilas, 1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Colaborou en diversas publicacións periódicas e dirixiu os xornais El Progreso, La Opinión Liberal e Álbum Literario. Publicou, entre outras obras: Leyendas, tradiciones y episodios históricos de Galicia (1891), El mejor juez es Dios (1887) e Biografía del insigne poeta gallego Manuel Curros Enríquez (1908). Editou tamén os traballos Tradición del tributo de las cien doncellas (1886) e Memoria sobre la crisis que en la actualidad sufre la industria pecuaria (1887).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patricio romano. Elixido cónsul no 460 a C, foi nomeado ditador no 458 a C para axudar o cónsul Municio na campaña contra os ecuos. No 438 a C foi de novo ditador, para combater os proxectos democráticos do patricio Espurio Melio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xeneral romano. Membro do partido demócrata de Mario, apoiou o seu retorno do exilio (88 a C). Elixido cónsul no 87 a C, destituírono pola defensa da lei Sulpicia e expulsárono da cidade. Regresou acompañado de Mario e dos samnitas e apoderouse de Roma, onde proscribiu os seus adversarios políticos. Renovado no consulado no 85 e 84 a C, aboliu as leis de Sila e marchou a Oriente para derrotalo. Morreu asasinado polos seus soldados nun motín en Ancona.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. olta tortuosa que describe algunha cousa.

    2. Cada un dos pregamentos flexuosos da superficie cerebral. Están limitadas por sucos e fendas, e forman parte dos lóbulos do cerebro. Segundo a súa situación chámanse circunvolucións frontais, parietais, temporais, occipitais, do corpo caloso, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Evolución simultánea de dous grupos de organismos que se inflúen reciprocamente e que se adaptan progresivamente uns aos outros, como por exemplo as anxiospermas de polinización por insectos e os propios insectos. Tamén se coñece como evolución concertada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor latino. Participou co exército romano nas campañas en Siria e, posteriormente, dedicouse á explotación das súas propiedades na Bética. Entre as súas obras destacan De arboribus (As árbores), un resumo sobre agricultura, o tratado Adversus astrologos (Contra os astrólogos) e De re rustica (Sobre a agricultura), 12 libros en prosa nos que defende a agricultura como base da cultura romana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo de xestión creado en 1929 para preparar os Congrés Internationaux d’Architecture Moderne (Congresos Internacionais de Arquitectura Moderna, CIAM). Os seus membros, elixidos polo mesmo congreso, tiñan a misión de ocuparse dos temas centrais e da súa posterior resolución. En 1932 tivo lugar en Barcelona unha reunión do CIRPAC para preparar o Congreso de Moscova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escisión, producida no ano 1921, da Xuntanza Nazonalista da Habana liderada por Francisco Gómez. Caracterizouse polo seu carácter separatista, que o aproximou aos comités separatistas cataláns de Cuba e que o afastou doutros movementos galeguistas da illa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (180-192), fillo de Marco Aurelio. En 176-177 foi proclamado imperator e augusto, e converteuse desde este momento en correxente. Adoptou o nome imperial de Marco Aurelio Comodo e comezou o seu goberno asinando un acordo de paz, pouco favorable para os romanos, cos pobos dos marcomanos, os cuados e os buros. Exerceu o poder dun xeito despótico, sen contar co Senado e cos colaboradores do seu pai, e apoiouse no exército e na plebe. Atacou a nobreza senatorial, que tramou varias conspiracións na súa contra e tivo que someter dous levantamentos en África e Britania. Durante o seu goberno tentou equilibrar a situación económica con escasos resultados, preludio da situación de postración económica do Imperio no s III. Morreu asasinado a instancias da súa amante, Marcia, e dos seus servidores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello empregado para contar a velocidade de rotación do motor dos vehículos automóbiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento político orientado a combater unha revolución ou a neutralizar os seus efectos. A miúdo busca unha restauración das institucións e os privilexios anteriores, e comporta a represión dos elementos revolucionarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á contrarrevolución.

    2. Que ou quen é partidario da contrarrevolución.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Enrodelamento lonxitudinal.

    2. Dadas dúas funcións reais de variable real, f(x) e g(x), función definida pola integral: (f*g)(x)= f(x)*g(x)=cf(t)g(x-t)dt. A convolución, ou produto de convolución, ten as propiedades conmutativa, asociativa e distributiva. Hai dous teoremas destacados sobre a convolución: o teorema de Parseval, que afirma que a transformada de Laplace ou de Fourier da convolución de dúas funcións é o produto das transformadas de Laplace ou Fourier, respectivamente, das dúas funcións; e o que di que a transformada de Fourier do produto de dúas funcións é igual á convolución das súas transformadas dividido por 2π.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e político. Foi director xeral de Instrução Pública e fundador da Sociedade de Geografia (1875). Escribiu obras de historia e literatura, como Diogo Caõ: descobertas e descobridores (1892) e Arte e literatura portugueza d’hoje: livro de critica: 1868-1869 (1869).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor arxentino. Estudiou en Florencia co escultor Luchessi. De regreso ao seu país, foi profesor na Escuela de la Sociedad Estímulo de Bellas Artes e na facultade de Arquitectura. A súa obra amosa un carácter indíxena motivado polas viaxes realizadas por toda Arxentina. Entre as súas obras destacan Ondina del Plata (1880) e La cautiva (1905).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e urbanista francés. Estudiou pintura e arquitectura na Escola Nacional de Belas-Artes de Rio de Janeiro. Representante do modernismo en Brasil, asociouse nos anos vinte con George Warchavchik. En 1930 nomeárono director da Escola Nacional de Belas-Artes, pero ante a oposición aos seus proxectos educativos dimitiu do cargo. Entre 1935 e 1939 dirixiu o equipo encargado da construción da nova sede do Ministério de Educação e Saúde, coa participación de Le Corbusier. En 1938 proxectou xunto con Oscar Niemeyer o pavillón brasileiro da New York World’s Fair e en 1957 gañou o concurso do plano de Brasilia, a nova capital. Participou na fundación do Serviço de Patrimônio Histórico e Artístico Nacional e dirixiu dende 1947 a Divisão de Estudos e Tombamentos. Entre os seus escritos teóricos destacan Razões da nova arquitetura (1930), Considerações sobre o ensino da arquitectura (1945) e A crise da arte contemporânea (1959). Recibiu o Gran Premio da I Bienal...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Trasladouse en 1964 a Barcelona, onde estudiou pintura con Josep Maria Baixas i Castellví (1969) e na Escola de Llotja (1973), na que cursou estudios de litografía e gravado en 1977. Dende 1982 dedícase exclusivamente á pintura. As súas primeiras obras foron naturezas mortas e paisaxes; nestas últimas introduciu o eixe da súa pintura: a figura humana. Nun primeiro momento foron tres ou catro figuras espalladas polo cadro, despois representou multitudes ou grupos, para pouco a pouco reflectir novamente tres ou catro persoas caracterizadas polas miradas intensas dos seus rostros. Formalmente, as súas figuras están ben perfiladas pero tamén se achegan á abstracción. A cor lembra os fauvistas, mentres que a sinuosidade da liña recorda os expresionistas, pero en ningún caso son obras de carácter dramático. Cultivou tamén o cartelismo (Letras Galegas, Barcelona, 1987) e a ilustración (Contos e lembranzas, de J. A. Pet Posse). Participou en numerosas exposicións colectivas e realizou...

    VER O DETALLE DO TERMO