"Otero" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 108.

  • GALICIA

    Mestra e guerrilleira antifranquista. Coñecida como María Dolores, ou a Pasionaria lucense, ampliou os seus estudos de maxisterio en Madrid, onde exerceu como mestra e onde a sorprendeu o inicio da Guerra Civil Española. Incorporouse como miliciana de cultura na Brigada Móbil de Choque da 46 División. Dirixiu o hospital de Carabanchel e a Escuela Central de Milicias de la Cultura. Ao remate da Guerra Civil Española foi detida pero conseguiu fuxir e chegar ata Lugo. En Galicia coordinou a resistencia antifranquista ata que foi apresada en 1946. Condenada a morte, conmutáronlle a pena por 30 anos de reclusión e en 1965 acadou a liberdade. Recuperou o seu traballo de mestra en 1974. Fundou a Asociación de Veciños de Castroverde e a Asociación O Carriño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Futbolista. Formado nas categorías inferiores do R. C. Celta de Vigo, debutou en primeira división co equipo vigués na tempada 1992-1993. Xogou na máxima categoría no Real Betis, no Valencia C. F. e no C. Atlético de Madrid. Foi internacional absoluto en nove ocasións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Política e historiadora. Participou, en Toulouse, no movemento antifranquista (1971-1976). Formou parte do consello nacional do BNG (1982) e foi responsable de prensa e de relacións exteriores. Participou como observadora na comisión intergrupos e pertenceu ao grupo parlamentario Europa dos Pobos no Parlamento Europeo. Formou parte da comisión política que elaborou as declaracións de Barcelona, Gasteiz e Santiago de Compostela. Foi concelleira na corporación municipal de Santiago de Compostela (1991-2003). Colaborou en diferentes publicacións como A Nosa Terra, O Ensino, Andaina e Festa da Palabra Silenciada con diversos artigos sobre a muller na historia e publicou Anacos de Esperanza (2003). Recibiu 2003 o Premio Archival outorgado pola Asociación para la Recuperación de los Centros Históricos de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Doutorouse en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi decano da facultade de Medicina na Universidade de Santiago (1984-1989) e xefe da sección de Neurofisioloxía Clínica no hospital Universitario de Santiago. Escribiu diversos artigos en revistas internacionais sobre fisioloxía do sistema nervioso. Foi membro fundador e Presidente do Clube Nacionalista Alén Nos. Recibiu o Premio da Grant Fundation (Nova York) á investigación en Neurociencias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico. Coñecido como O Gaiteiro do Fragoso, foi membro da Banda de Música Municipal da cidade de Vigo (desde 1946), profesor de gaita do Conservatorio Profesional de Música de Vigo (1971-1983) e da Agrupación Breogán de Moaña (1987-2004). Foi o autor do método de ensino Leccións de gaita (1978), e escribiu un total de 223 composicións para este instrumento. Recibiu a Gaita de Ouro do Ateneo Ferrolán (2001) e o Premio da Crítica de Galicia no apartado musical (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e político. Foi conselleiro de Economía (1983) e conselleiro maior do Consello de Contas (1991-2000). Dirixiu o Colexio Universitario de Vigo e a Universidad del Atlántico. Escribiu En torno a la teoría del desarrollo económico. (Desarrollo económico italiano) (1963), Una investigación sobre la influencia de la economía en el derecho (1966), Estudios de economía gallega (1984) e Clásicos del pensamiento económico y financiero. Reflexiones sobre las corrientes tradicionales del pensamiento económico (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor e escritor. Estudou maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela e, ao rematar, en 1921, recibiu a orde de incorporarse ao Batallón Expedicionario do Rexemento Zaragoza, unidade que foi enviada a Marrocos. Alí coñeceu a Rafael Dieste, Brea Segade e Amado Villar. De regreso a Galicia, en 1923, colaborou nos xornais Faro de Vigo, Galicia e El Pueblo Gallego, e alternou a creación coa docencia, primeiro no Pósito de Pescadores de Santa Uxía de Ribeira e máis tarde nun colexio privado. Pertenceu á Xeración de 1925, aínda que non deixou publicado ningún poemario -anunciara o libro Alfabeto, pero non se chegou a publicar-. A súa obra poética e ensaística está espallada en revistas e xornais, como A Nosa Terra, Grial e Nós. En 1929 continuou estudos na Escola Superior de Maxisterio de Madrid e tamén asistiu a clases de matemáticas e filosofía na Universidad Central. En Madrid traballou no Museo de Ciencias e participou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e empresario. Adestrador nacional de balonmán e director xerente de Fundiciones Pardo desde 1987, foi presidente da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Ceao (Lugo) desde 1991, vicepresidente e fundador da Federación Galega de Parques Empresariais, ademais de director e propietario da revista Balonmán Galego. Tamén traballou como redactor de deportes de El Progreso (1972-2001), da COPE (1976-1993) e foi director do programa TodoDeporte de Telelugo (1995-2001). Recibiu o premio nacional de Prensa da Federación Española de Balonmán (1982, 1985 e 1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e político. Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse na Universidad de Madrid en 1911. Ante a carencia de hospitais en Granada, decidiu construír, xunto con Víctor Escribano, o Sanatorio de la Salud (1923). Participou, así mesmo, en numerosos proxectos: impulsou a construción do Hospital Clínico e da Facultade de Medicina e colaborou na construción do Sanatorio da Alfaguara. Á súa volta a Granada decidiu participar activamente en política. Afiliouse ao PSOE e á UGT. Foi deputado nas Cortes en 1931 (escollido por Granada e Pontevedra optou pola acta galega). Participou como orador en todos os mitins da Frente Popular, a pesar de non figurar nas súas listas. Durante o levantamento militar do 18 de xullo de 1936 atopábase no estranxeiro pero regresou a Madrid para colaborar co goberno republicano. Posto a disposición do seu partido e do goberno, ocupou o cargo de vicepresidente do PSOE (1938) e foi nomeado subsecretario de Armanento, colaborando directamente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Especializado en material relacionado co ensino e cos movementos de renovación pedagóxica, foi membro fundador da Fundación Castelao, fundador e secretario adxunto da Fundación do Pedrón de Ouro, e presidente e membro fundador de Galix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil). Escribiu os libros de versos dedicados aos nenos Cousas para facer, dicir e pensar (1987) e O albendar dos animais (1987); o relato Por se che pasa (1988); as novelas xuvenís A verdade na bufarda (1991) e Chano (1991); a colección de relatos breves Contos de ir e volver (1994); diversos traballos sobre a figura de destacados autores galegos, especialmente Castelao, como Castelao corenta anos despois (1950-1990) (1991), A vida de Rafael Dieste (1995), A vida de Xesús Ferro Couselo (1996) e A vida de Eladio Rodríguez (2001); e os libros Que facer coas palabras? (1998) e Para iso está o futuro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor e pintor. Coñecido como Eiravella, cultivou unha nova figuración primitivista, pero levando as obras ata a contemporaneidade. Deste xeito, postulou o encontro entre o moderno e o autóctono a partir da esencia formal das esculturas totémicas castrexas, a abstracción dos volumes do arcaísmo ibérico e a frontalidade e a técnica de orixe medieval. Traballou principalmente empregando a talla directa sobre materiais diversos como a madeira, a pedra, o bronce, o óso de balea e o marfil. A súa obra caracterizouse polo emprego das liñas curvas, a ausencia de canons tradicionais e a predilección pola masa. Da súa extensa produción artística destacan unha serie de esculturas sobre o Camiño de Santiago, as esculturas Xogo de nenos (1987), Perdón, Nena de Velay (1970) e Peso da vida (1975-1980), e os óleos Esculpindo co arado, Predicación e Festa no camiño San Xoán de Portas (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista. Vinculado ao grupo Atlántica de forma esporádica, participou con el en exposicións como O Feito Plástico (1981). O seu debuxo caracterízase polo clasicismo e a inspiración francesa. Da súa produción destaca a serie Mulleres sentadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo. Foi decano da Facultade de Bioloxía de Universidade de Santiago de Compostela. Especializado no estudo dos coleópteros, é autor de numerosos artigos e comunicacións para congresos, tanto a escala nacional como internacional. Foi investigador dos proxectos Fauna Ibérica I e II e Fauna Italiana. Membro de Seminario de Estudos Galegos, é tamén vogal do comité executivo da Asociación Europea de Coleopteroloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista. Foi presidente da Asociación da Prensa de Vigo, director do gabinete de prensa da Universidade de Vigo e fundador e director do Seminario de Estudios Sociales. Traballou como xornalista en La Voz de Galicia, El Correo Gallego, El Pueblo Gallego e La Hoja del Lunes de Vigo. Escribiu Justificación del estudo de lo jurídico en Galicia (1957), Perspectivas del Derecho Gallego (1958) e El pensamiento jurídico de Juan Francisco de Castro (1961). Recibiu o Premio Nacional de Alfabetización (1969), o Premio Extraordinario de Periodismo Manuel Peleteiro (1977) e o Premio Reconquista de Vigo (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Bailarina. Coñecida como Carolina Otero ou A Bella Otero, marchou moi nova a Lisboa, onde traballou como bailarina. Despois estivo en Barcelona e, finalmente, chegou a París, onde estudou baile e realizou os seus primeiros espectáculos no Folies Bergére. A súa fama e a súa beleza permitíronlle relacionarse con grandes personalidades, entre as que se contaban Nicolao II de Rusia, Eduardo VII de Inglaterra ou Guillerme II de Alemaña. En 1906 iniciou unha serie de actuacións por América e obtivo un grande éxito en Bos Aires coa pantomima lírica Reve d’oinum. Retirouse profesionalmente aos 45 anos en Niza, onde escribiu as súas memorias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Foi director audiovisual en GAM, director de radio na Cadena SER e director xeral da cadea de televisión Localia Galicia, pertencente ao Grupo Prisa. Desde abril de 2004 pasou a ocupar o cargo de director xeral da Cadena SER en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Coñecido como Carlos Estrada, comezou interpretando teatro en Arxentina, con obras como Cita en Seulis, Viaje de un largo día hacia la noche e La luna es azul, ademais de participar en radioteatros e fotonovelas. En España realizou a súa interpretación máis importante en La tía Tula (1964). Participou nos filmes Su seguro servidor (1954), El rufián (1961, premio ao mellor actor do ano do Instituto de Cinematografía), Humo de marihuana (1968), Los muchachos de antes no usaban gomina (1969), Paño verde (1973), Los drogaditos (1979), Sin querer, queriendo (1985), El cóndor de oro (1995) e Comisario Ferro (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso franciscano. Foi gardián de San Francisco de Salamanca, ministro provincial e visitador das provincias de València e San Miguel. Destacou como teólogo e orador. Escribiu Templos vivos de Dios, medidos por el Templo de Dios vivo [...]. (1756) e Oración del Apóstol y único Patrón de España, predicada en la iglesia del Real Convento de San Felipe de Madrid, por el Rmo. Mro. Fr. (1757).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Cultivou o debuxo, o gravado, a xoiaría e o tapiz. Abarcou unha gran variedade de estilos, desde a figuración próxima á pop-art ata modalidades de figuración fantástica. Traballou a madeira, a pedra, a arxila, o mármore, o bronce e a cerámica, empregando a talla, modelando a tamaño real ou cocendo con diferentes técnicas. A maior parte das súas composicións son monumentais, aínda que tamén empregou o pequeno formato. Da súa produción destacan La Pasionaria e os álbums La petite reine e Comme disait ma grand-mére. A súa obra está presente en numerosas coleccións e museos, entre outros, o Museo do Pobo Galego e o Musée National d’Art Moderne en París. Recibiu o Premio Bourdelle en 1975 e o Gran I Premio de Tapices Gran Palais en 1981, ambos os dous en París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista. Avogado do estado ante o Tribunal Supremo, durante o Franquismo foi un dos fundadores do grupo Tácito. Foi director xeral de Política Interior (1975-1976), subsecretario técnico do presidente Adolfo Suárez (1976-1977), ministro da Presidencia (1977-1979) e ministro de Educación (1979-1980). Promoveu o decreto de incorporación da lingua galega ao sistema educativo. Deputado pola UCD e polo PP (1979-1993), en 1982 fundou o Partido Demócrata Popular. Colaborador en diversas publicacións, escribiu Reformas de la Asesoría Jurídica de las Administraciones tributarias (1974), La administración financiera del Estado como sujeto de relaciones jurídico-obligacionales (1978), Nuestra democracia puede morir (1987), Educación: una incógnita en el cambio actual (1998) e Fundamentalismos enmascarados (2001). Recibiu a Gran Cruz das ordes de Carlos III, Isabel La Católica e Alfonso X el Sabio.

    VER O DETALLE DO TERMO