"PTE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 160.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes pulmonados, da orde dos dipnoos, de ata 35 cm de lonxitude. Propios do Devónico, os xacementos máis importantes están en Alemaña e Escocia.
-
-
Relativo ou pertencente aos ditiópteros.
-
Insecto da orde dos ditiópteros.
-
Orde de insectos caracterizados por presentar o aparato bucal mastigador, as antenas xeralmente filiformes, tarsos de cinco artellos e as ás anteriores eritroides, e poñer os ovos en ootecas. Divídese nas subordes dos mantoideos, ao que pertencen as barbantesas, e na dos blatáridos, que engloba as cascudas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de algas pardas de talo membranoso, de ata 30 cm de lonxitude e 2 cm de ancho, dividido irregularmente nun único plano e cun nervio central moi patente. En Galicia está presente a especie D. polyplodioides no mesolitoral e infralitoral de costas expostas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fentos perennes, da familia das aspidiáceas, de rizoma groso, con frondes planas oblongas ou triangulares, pinnadas de xeito simétrico e semellantes tanto as estériles coma as fértiles. Os esporanxios, moi pequenos e con anel de dehiscencia vertical, agrúpanse en soros arredondados que se dispoñen no dorso da fronde, separados da marxe do limbo e protexidos por un indusio persistente con forma de ril. Na Península Ibérica están presentes as especies: D. aemula, nas serras costeiras do norte; D. affinis, en toda a Península pero moi rara no SL; D. carthusiana, no terzo N; D. corleyi, en Asturias, en bosques próximos ao litoral; D. dilatata, no terzo N da Península e descende polo O ata a serra de Sintra e Sierra Carbonera (Cáceres); D. expansa, no Sistema Pirenaico-Cantábrico, ao N do Sistema Ibérico e no Sistema Central; D. filix-mas, frecuente na metade N da Península e rara na metade S; D. guanchica, no...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de réptiles, da orde dos pterosaurios, de ata 3 m de envergadura, coa crista ósea e as mandíbulas estreitas e longas, curvadas cara a arriba. Propios de principios do Cretáceo, os xacementos máis importantes están en China.
-
-
Relativo ou pertencente aos efemerópteros.
-
Insecto da orde dos efemerópteros.
-
Orde de insectos á que pertencen as efémeras.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos embiópteros.
-
Insecto da orde dos embiópteros.
-
Orde de insectos, de ata 10 mm, alongados e de cor acastañada ou amarelenta, co abdome rematado en dous cercos segmentados. A cabeza conta con mandíbulas mastigadoras, antenas filiformes de entre 15 e 32 segmentos, ollos compostos con forma de ril, de maior tamaño nos machos, e sen ocelos. As patas teñen unha gran mobilidade, feito que lles permite desprazarse con igual facilidade cara a adiante que cara a atrás. Ademais, como característica única entre os insectos, teñen os tarsos das patas dianteiras engrosados e portan unhas glándulas produtoras de seda. Os machos presentan dous pares de ás de cor afumada. Son animais hemimetábolos, que durante o desenvolvemento larvario teñen un aspecto semellante ao dos adultos. Son animais gregarios que viven, baixo pedras e cortizas, en sistemas de tobos que fabrican coa súa seda. Rara vez abandonan estes niños e só se dispersan os machos, que morren pouco despois de copular, con femias doutras colonias. Agrandan, aos poucos, a súa vivenda para conseguir...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao insecto, ou ao seu ciclo vital, no que as alas só están presentes na fase adulta, á que chega logo dunha metamorfose, sendo as formas larvarias totalmente ápteras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de morcegos, da familia dos vespertiliónidos, de ata 82 mm de lonxitude corporal e 54 mm de cola, cunha envergadura de ata 381 mm. As orellas son curtas e case triangulares, co bordo posterior estreito e pregamentos transversais. O trago ten 1/3 da lonxitude da orella, lixeiramente curvado cara a dentro e curvado na parte superior. As dúas últimas vértebras non están comprendidas no uropataxio. É un morcego antropófilo que vive en asentamentos humanos, parques e xardíns, e que hiberna principalmente en covas. Na Península Ibérica -ademais do resto de Europa occidental, ata Corea e Tailandia, N de África, a maioría das illas do Mediterráneo, Senegal, Nixeria e Guinea Ecuatorial-, está presente a especie E. serotinus. Existen no mundo outras 16 especies: E. bobrinskoi, dende Kazakhstán ata Irán; E. nilssonii, dende Europa Central ata Xapón e o Tibet; E. gobiensis, Mongolia e N de China; E. nasutus, dende a Península Arábiga ata Paquistán; E. fuscus, dende o S de Canadá ata o extremo...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes mariños bentónicos, da familia dos escuálidos, de talle pequeno. O seu corpo é cilíndrico, comprimido ou lixeiramente deprimido; a boca está en posición ventral e carece de aleta anal. Os dentes superiores presentan 3 ou 5 cúspides -das que a central é máis longa-, e os dentes inferiores unha soa cúspide moi inclinada lateralmente. Nas costas galegas están presentes as especies E. princeps, E. pusillus e E. spinax.
-
VER O DETALLE DO TERMO
heterometábolo.
-
-
Relativo ou pertencente aos fenicoptéridos.
-
Ave da familia dos fenicoptéridos.
-
Familia de aves á que pertence o flamengo.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos fenicopteriformes.
-
Ave da orde dos fenicopteriformes.
-
Orde de aves á que pertence a familia dos fenicoptéridos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de lepidópteros, da familia dos piéridos, duns 4 cm de tamaño e tórax robusto cuberto de pelos. A especie máis corrente é a G. rhamni, que son as primeiras bolboretas que aparecen na primavera nas rexións máis frías; o macho é de cor amarela e a femia de cor branca verdosa, moi parecida ás follas cando están en repouso sobre elas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Molécula de baixo peso molecular que por si mesma non pode desencadear unha resposta inmune, pero unida a unha molécula maior (proteína ou polisacárido) é capaz de estimular a formación de anticorpos. Os anticorpos que se forman poden unirse tanto ao hapteno como á molécula.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano que permite a fixación, de algas ou plantas, a un substrato.
-
VER O DETALLE DO TERMO
hapterio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xiroavión no que a forza de sustentación é debida a un ou máis rotores, de eixes case verticais, que xiran pola acción de toda ou case que toda a potencia motriz instalada. Esencialmente, o helicóptero caracterízase pola posibilidade de efectuar o levantamento e a aterraxe verticais e o voo estacionario. Foi Leonardo da Vinci quen deseñou un vehículo con hélices helicoidais e propuxo o nome de helicóptero para designalo. O primeiro modelo foi construído en 1784, por Launoy e Bienvenu. Durante o s XIX experimentouse co principio de acción e reacción por Philips (1812), e a máquina de vapor por Ponton d’Amécourt (1861) e E. Forlanini (1877). En 1904 Charles Renard e Victor Tatin fixeron voar helicópteros movidos por motores de explosión. Renard fixo tamén importantes achegas teóricas e Louis Breguet, seguindo os estudios de Renard, formulou as teorías sobre o batemento das pas, sobre a variación cíclica do paso do rotor ou paso cíclico e a variación colectiva do paso...
-
-
Relativo ou pertencente aos hemípteros.
-
Insecto da orde dos hemípteros.
-
Orde de insectos pterigotos que se divide na orde dos heterópteros e na dos homópteros, á que pertencen os chinches.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hidrocarburo isomérico non saturado de fórmula C7 H14 -. Orixínase na destilación do carbón mineral e do petróleo. A temperatura ambiente é líquido, incoloro, sen olor e lixeiramente soluble na auga.