"UNE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 232.
-
PERSOEIRO
Psicólogo e educador. Profesor na Universidade de Harvard (1952-1972) e presidente da American Psychological Association (1964). Posteriormente, estableceuse en Inglaterra onde traballa na Universidade de Oxford. Nun principio ocupouse dos problemas de psicoloxía social e a súa relación coa percepción, a aprendizaxe e a linguaxe. Influído por J. Piaget, pola escola soviética e o culturalismo, a súa obra, realizada baixo unha perspectiva empirista, céntrase no campo da cognición, sendo un dos pioneiros no desenvolvemento da psicoloxía cognitiva. Aplicou os seus coñecementos ao terreo da educación destacando a necesidade de entender o proceso educativo como unha totalidade educativa cos procesos psicolóxicos de aprendizaxe do neno, e non unha simple acumulación de materias que se lles presentan aos estudiantes, e tamén subliñou como imprescindible coñecer o funcionamento mental do neno como base para aprenderlle os conceptos. É autor, entre outras obras, de A study of thinking...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Entallador asentado en Santiago de Compostela. Realizou os retablos de San Vicente de Berres (A Estrada, 1591), Santa María de Mourente (Pontevedra, 1595), Santa María de Loxo (Arzúa, 1570) e o da capela de San Xoán de Santa María de Beán (Ordes, 1597).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Entallador. Colaborou co escultor Francisco de Moure nos retablos de Santa María de Laroá e Vilar de Cobelas (1601), ambos en Xinzo de Limia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora chilena. Foi directora da revista Familia. Cultivou a novela e o conto protagonizado por campesiños, analizando a súa situación social. Entre 1939 e 1952 ocupou cargos diplomáticos en Bos Aires e foi agregada cultural en Rio de Janeiro e Montevideo (1962). Entre as súas obras salientan as novelas Montaña adentro (1923), Bienvenido (1929), Humo hacia el sur (1946) e os libros de contos Raíz de sueño (1949) e Soledad de la sangre y otros cuentos (1967).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid, situado ao SO de Madrid e á dereita do río Guadamar (3.940 h [1996]). Lugar de veraneo tradicional modificado pola expansión residencial de Madrid que o converteu nun núcleo satélite da capital, experimentou un notable crecemento demográfico e un aumento na construción de urbanizacións de vivendas unifamiliares. Este proceso contribuíu a alterar significativamente a estrutura laboral e socioeconómica do concello, pois a maior parte dos seus veciños son profesionais e traballadores cualificados, dispoñendo de rendas elevadas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción militar que tivo lugar entre o 5 e o 25 de xullo de 1937 durante a Guerra Civil levada a cabo ao redor da poboación de Brunete (Madrid). Os obxectivos das forzas republicanas eran a sublevación de Madrid e a distracción da ofensiva do norte. Estas forzas, dirixidas polo xeneral Miaja, contaron coa axuda das Brigadas Internacionais. Unha vez rota a fronte o 6 de xullo, Brunete foi ocupada pola división Líster. Refeitas as tropas do goberno de Burgos, coa axuda da lexión Cóndor recuperaron Brunete o 25 de xullo.
-
PERSOEIRO
Crítico occitano. Dirixiu e animou a Revue des Deux Mondes (1893). Combateu a arte pola arte, o naturalismo, o subxectivismo e a ciencia, que pretendía substituír a fe. Publicou, entre outras obras, Études critiques sur la littérature française (Estudios críticos sobre a literatura francesa, 1880-1925).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Álvar Núñez Cabeza de Vaca
-
PERSOEIRO
Cantante e guitarrista arxentino. En 1957 estableceuse en Salta, onde cantou no bar Madrid. Logo integrouse en Las Voces del Huayra, ata 1959, e formou parte de Los Cantores del Alba. Comezou como solista no ano 1961, actuando na radio, na televisión e en teatros. En 1972 viaxou a España, onde residiu ata 1976. O seu repertorio abrangue temas de Atahualpa Yupanqui, Aníbal Sampayo ou Osiris Rodríguez Castillejos, entre outros músicos e compositores. Realizou xiras por Arxentina, EE UU, España e diferentes países europeos. Gañou o segundo premio no Festival Odol de la Canción coa zamba Que seas vos, de Marta Mendicute. Un dos seus maiores éxitos foi Zamba de mi esperanza. Na súa discografía destacan, ademais, Labrador del canto (1971) e La historia de Jorge Cafrune (1973), entre outros títulos.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Camerún ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Camerún.
-
-
GALICIA
Cartógrafo, agrimensor e matemático. Cara ao ano 1781 emigrou a América e, posiblemente, en 1782 trasladouse a Bos Aires. En 1873 foi nomeado enxeñeiro da expedición de recoñecemento da mina de ferro de Potosí. Parece que tres anos despois realizou unha carta dos ríos Paraná e Uruguay. De volta a Bos Aires (1792), foi o encargado de deseñar un novo peirao, rúas e a ampliación da enseada de Barragán (1801). Foi, xunto con Alsina Gassa, impulsor e director da Escuela Náutica (1799), na que impartía clases de xeometría, trigonometría, hidrografía e debuxo ata a súa desaparición (1806). Foi partidario da difusión da ciencia para mellorar as condicións de vida da sociedade. Realizou traballos de carácter cartográfico, como o plano para ampliar as fronteiras dos indios (1801) ou o plano do arroio Maldonado (1805), e en 1814 foi o encargado de elaborar o plano topográfico de Bos Aires. Tamén fixo diversos traballos sobre as linguas indíxenas. Colaborou no xornal Telégrafo mercantil, rural,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e poeta. Viviu en Francia desde 1912, onde entrou en contacto co ambiente das primeiras vangardas artísticas. Influído pola visión cubista de Metzinger e Le Fauconnier, instalouse en Barcelona (1914-1918), onde coñeceu a obra de Picabia e realizou a exposición Art Ornamental na galería Dalmau, na que presentou obras de estilo abstracto. De volta a París aproximouse ás propostas estéticas dadaístas e colaborou en revistas como Pereroz Dadá. En 1927 coñeceu a Ozenfant e a súa pintura entrou nunha fase de reflexión antroposófica (Natureza morta con cunca branca, 1928), aínda que sen esquecer a inspiración dadaísta (Paisaxes elásticas, 1930). Nos anos corenta a súa obra caracterizouse pola idea do musicalismo marcado pola interpretación onírica das temáticas da música, do mar ou da auga: Tema musical (1942) e Sinfonía de Salmos de Stravinskij (1957). Da súa obra poética destacan títulos como Foute inmobile ou Le Ciel-Cloche (1919-1965).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ou quen forma parte dunha comunidade.
-
-
Membro dunha comunidade creada con fins políticos.
-
Membro dunha sociedade política liberal, fundada en 1821. Facíanse chamar Hijos de Padilla; procedían da francmasonería e disque acadaron uns 40.000 afiliados. En 1822 separáronse os membros máis exaltados e fundaron a Sociedade Landaburiana, nome tomado do oficial liberal Landaburu.
-
comuneiros de Castela
Comunidades de Castela.
-
-
-
Membro dos movementos insurreccionais xurdidos na América colonial durante o s XVIII.
-
comuneiros do Paraguay
Membros do movemento insurreccional que estalou en Paraguay entre 1717 e 1735. A revolución iniciouse co nomeamento dun gobernador que a aristocracia crioula e a burguesía consideraban contrario aos seus intereses. O cabido municipal de Asunción opúxose ao nomeamento, e o movemento converteuse nunha loita do municipio pola súa autonomía, que durou ata que o gobernador de Bos Aires entrou en Asunción (1725). En 1730 houbo un novo levantamento dirixido por Fernando de Mompox. Esta longa revolta considérase un precedente da loita pola independencia.
-
comuneiros de Nueva Granada
Membros do movemento insurreccional contrarios á autoridade do vicerrei, que estalou na cidade de Socorro, en Nueva Granada, en 1781, provocado por un aumento dos impostos. O 16 de abril, os comuneiros, dirixidos por Francisco Berbeo, marcharon sobre Santa Fe, pero as autoridades aceptaron as súas condicións. Pouco tempo despois o vicerrei desaprobou as capitulacións e enviou tropas que reprimiron a revolta (1782).
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que arrenda, especialmente gando.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista internacional de periodicidade mensual que se edita en braille e en 36 linguas, entre elas a galega. A primeira publicación en galego apareceu en 1989, cando figuraba como director xeral da UNESCO o español Federico Mayor Zaragoza. Sen subtítulo, cada número aparece baixo un epígrafe diferente. Coordinan a edición galega Xabier Senín e Xosé Cermeño. Contén novas e artigos referidos a diversas cuestións como, a situación en África, a celebración do entroido en Rio de Janeiro, a hospitalidade dos pobos, os nenos, a ciencia e o home, a historia do mundo e das relixións, o universo, a liberdade ou as cidades. Ademais, inseriu entrevistas a diversas personalidades do mundo artístico, político e intelectual, entre outros, François Miterrand, Jorge Amado, Richard Attenborough, Václav Havel, Gabriel García Márquez, Jacques-Yves Cousteau, José Carreras e Oliver Stone, entre outros. Sobre todo, préstalle unha especial importancia á acción da UNESCO no mundo e á protección dos elementos culturais...
-
-
Relativo ou pertencente á Coruña ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante da Coruña.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal que apareceu en 1843 baixo a dirección de Fernando Rubire Firpo. Substituíu a El Telégrafo e cesou no mesmo ano.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que apareceu en 1850 co subtítulo de “Periódico comercial, industrial, agrícola, marítimo y de anuncios”. Cesou non antes de 1854. O seu redactor xefe foi Xoán Pedro Vicenti. A partir de 1855 denominouse El Correo de La Coruña e dende xullo ata decembro de 1856 volveu recibir o nome de El Coruñés.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación que apareceu na Coruña no ano 1952. Foi subtitulada “Órgano de los sindicatos provinciales de La Coruña”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Profesor, avogado e político. Estudiou segundo ensino en Monforte de Lemos, dereito na Universidade de Santiago de Compostela, e doutorouse en Madrid en 1846. Foi catedrático de Dereito Internacional Privado. Deputado a Cortes polo distrito de Vigo (1853), en 1857 foi nomeado fiscal da Audiencia Territorial da Coruña. Despois desempeñou a función de fiscal de Imprenta en Madrid. En 1863 foi reelixido deputado polo distrito do Carballiño. No Congreso de los Diputados presentou a súa proposición de lei sobre a abolición dos foros. Interveu no Congreso Agrícola Rexional convocado en 1864 pola Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago para estudar a cuestión foral. Continuou co seu escano entre os anos 1864 e 1865. Participou na Revolución de 1868 no bando liberal. Co triunfo da Revolución, desempeñou os cargos de asesor do ministerio de Facenda e subsecretario de Gracia e Xustiza, posto do que dimitiu ao pouco tempo. Senador por Vigo e A Coruña a partir de 1870, defendeu os intereses...
VER O DETALLE DO TERMO