"aris" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 297.

    1. Que pertence á familia das aristoloquiáceas.

    2. Planta da familia das aristoloquiáceas.

    3. Familia de plantas da orde das aristoloquiais integrada por sete xéneros que comprenden máis de 600 especies de plantas herbáceas ou leñosas, a miúdo gabeadoras, distribuídas por todo o mundo sobre todo nos trópicos. Son moi apreciadas como plantas ornamentais. Pertence a esta familia a aristoloquia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcaloide tóxico que se extrae dalgunhas aristoloquias. Causa paradas cardíacas e respiratorias e ten uso medicinal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carbonato de quinina que se emprega en medicina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e científico grego, un dos intelectuais máis influentes da historia. Fillo de Nicómaco, médico e amigo de Amintes II de Macedonia, aos dezaoito anos ingresou na Academia. Á morte do mestre Platón (374), Aristóteles viviu en Assos e Mitilene. No 343-342 Filipo de Macedonia encargoulle a educación do seu fillo Alexandre e cando este foi nomeado rexente (340), despois dunha estancia de catro ou cinco anos en Estagira, volveu a Atenas, onde fundou unha escola propia, o Liceo, na que impartía as súas leccións mentres paseaba cos seus discípulos baixo os pórticos ou polo xardín; de aquí vén o termo peripatética que se aplica á súa escola (περιπατέω, en grego ‘pasear’). Para Aristóteles a realidade auténtica son as cousas concretas (substancias). Á doutrina metafísica da substancia correspóndelle a concepción lóxica das categorías. “O ser dise de moitas maneiras”: como substancia, cantidade, calidade, relación,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Aristóteles e á súa filosofía.

    2. Que é partidario de Aristóteles, seguidor das súas teorías.

    3. Expresión creada por Bertolt Brecht para designar a dramaturxia baseada na ilusión teatral e no efecto catártico. Tamén denominado “teatro dramático”, “teatro ilusionista” ou “teatro de identificación”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que se designa a doutrina de Aristóteles e os aspectos desta doutrina que callaron no pensamento doutros filósofos e escolas posteriores. A influencia de Aristóteles foi considerable ao longo da historia, exercida primeiramente dende o Liceo e a denominada Escola Peripatética. Desde a recompilación do corpus aristotélico feita por Andrónico de Rodas no s I a C na Biblioteca de Alexandría, o aristotelismo renaceu sobre todo nesa cidade exipcia. Boecio intentou unha síntese de aristotelismo e platonismo, e traduciu ao latín diversas obras de Aristóteles, única fonte do aristotelismo medieval en Occidente antes do s XII. A tradución directa de Aristóteles do grego non foi rematada na súa totalidade ata ben entrado o s XIII, mercede ao esforzo de Bartolomé de Messina, Robert Grosseteste e Guillerm de Moerbeke. Nun principio, o aristotelismo penetrou na Facultade de Artes de París confundido co averroísmo. A Filosofía e a Teoloxía escolástica intentaron asimilar a Aristóteles: nesta...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modelo proposto por Henry F. Osborn como explicación do progreso evolutivo. Sería resultado da acción dunha minoría de individuos superiores, escollidos para esa tarefa pola perfección que se lles supón. Osborn ampliou esta concepción dual de superior e inferior aos grupos étnicos, o que derivou nunha teoría racista do feito evolutivo humano. Na súa obra Man rises to Parnassus (O home ascende ao Parnaso, 1927), desautoriza as teorías que relacionan a especie humana coa evolución dos simios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teórico grego da música, discípulo de Aristóteles. Defendía, contra as teorías pitagóricas, o criterio da sensibilidade sobre o cálculo. Escribiu un tratado sobre elementos harmónicos e outro sobre o ritmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xunto con Harmodios dirixiu a conspiración contra os tiranos Hipias e Hiparco, fillos de Pisístrato, no ano 514 a C. Aristoxiton foi executado. A acción tiranicida obtivo o favor popular, que lle dedicou diversos monumentos, o máis coñecido, o grupo escultórico dos Tiranicidas, realizado por Critias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de vermes da clase dos nematodos que reciben o nome de ascárides.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tendencia que pretende outorgar á asemblea poderes decisorios.

    2. Esaxeración no número e duración das asembleas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Abadesa dun mosteiro de París por designación de santo Eloi, o seu fundador. Cóntanse dela varios feitos sobrenaturais: un anxo pousou na súa cabeza unha coroa luminosa, unha monxa do seu convento quedou coa boca torta por rirse das súas austeridades, etc. Morreu martirizada nunha cadeira con cravos. A súa festividade celébrase o 11 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de autoritario.

    2. Actitude que pretende a obediencia indiscutida. Atópase nos individuos e nos sistemas sociais nos que se esixe a obediencia incuestionada a un xefe, caudillo, déspota, supremo sacerdote, pater familias, etc. Emprégase sobre todo en tres contextos: a estrutura dos sistemas políticos, as disposicións psicolóxicas relacionadas co poder e as ideoloxías políticas. É característico dos réximes antidemocráticos, onde o poder se concentra nun só órgano, no que non hai parlamento e no que a oposición política se suprime. Varias características distinguen o autoritarismo doutras formas anteriores, como o despotismo, o absolutismo e a tiranía. As autocracias anteriores estaban gobernadas por un monarca ou por calquera outro aristócrata, que gobernaba baseándose nun principio como o dereito divino dos reis, por exemplo, mentres que o estado autoritario moderno está dirixido normalmente por un partido político que encarna unha ideoloxía que defende a súa autoridade universal e que non permite...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do Exipto faraónico situada, probablemente, na zona NL do delta do Nilo. Os hicsos fixeron dela a súa capital permanecendo alí uns cento cincuenta anos, ata que foi tomada polo Faraón Amosis (1567? a C). A partir de entón, Avaris desapareceu das fontes, aínda que nalgúns casos se identifica, como algúns investigadores defenden, con Tanis a moderna ( Palatino; Ṣ ān al-Hağar) ou con Qantir- Hattana; para outros estudiosos sería a residencia de Pi-Ramsés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, novelista e crítico literario. Estaba moi influído polo Modernismo; entre as súas obras cómpre destacar o libro de poesía Mitos (1929) e a novela Los terribles amores de Agliverto y Celedonia (1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Formado con Conrado del Campo, pertenceu á chamada Xeración da República. A súa produción é ecléctica e refinada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria francesa fundada no ano 1966 como resultado da fusión do Banco Nacional para o Comercio e a Industria (constituído no ano 1932) e o Comptoir National d’Escompte de París (fundado no ano 1848). Chegou a ser mediante esa fusión, no 1968, o primeiro banco da Comunidade Económica Europea polo volume de depósitos e o terceiro banco do mundo capitalista. Introduciuse no mercado español no 1981 adoptando o nome de BNP España.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. icio da linguaxe que consiste en pronunciar ou escribir mal as palabras (faltas de ortografía, acentuacións incorrectas, derivacións erróneas, etc), por exemplo, o uso do verbo explosionar (un artefacto) no canto da voz estoupar; ou mesmo pode consistir no emprego dun termo cun significado ou uso que non ten (deformado, inventado, etc), como pode ser a utilización do termo fallo co significado de ‘sentencia’ ou ‘veredito’ dun xurado, etc.

    2. Palabra ou expresión tomada ou adaptada dunha lingua estranxeira. Cando o estranxerismo foi asimilado e adaptado ao sistema da lingua, adoita tomar o nome de préstamo lingüístico. O uso do termo barbarismo e a distinción do de préstamo non son claramente satisfactorios dende un punto de vista lingüístico. En calquera caso, trátase de fenómenos que deben ser considerados dentro da óptica máis ampla da interferencia lingüística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Bangladesh, capital da provincia homónima, ás beiras do río Bā ṛ isal, no delta do Ganxes (163.481 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • División administrativa de Bangladesh (13.297 km2; 7.757.334 h [1991]). A súa capital é Barisāl.

    VER O DETALLE DO TERMO