"bat" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 561.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tivo lugar no verán do 825 en Anceu (Ponte Caldelas). Nesta batalla enfrontáronse as tropas cristiás de Afonso II o Casto coas musulmanas de Abd al Rahman II, dirixidas por Mälik e Al-Abäs -irmáns da estirpe dos Quraisies-. Os obxectivos das forzas musulmanas centráronse en atacar o territorio galaico, procurando a conquista da zona lucense para acadar así unha superficie de dominio que impedise as comunicacións e contactos entre Asturias e Galicia. Partindo con cadanseu exército, Mälik de Coimbra e o seu irmán de Viseu, ascenderon pola costa seguindo a vía romana que cruzaba o Miño por Tui, para tomar logo unha secundaria que se dirixiría a Lugo polo interior. A batalla debe situarse nun contexto máis amplo caracterizado pola independencia do Emirato de Al-Andalus, que procuraba ampliar os seus dominios cara ao N peninsular (Batalla de monte Cubeiro, de Araba, etc), no mundo islámico, e a integración e consolidación da monarquía galaico-astur. De feito, a ameaza real que supuxo...
-
PERSOEIRO
Autor dramático e actor italiano. Fillo de actores, incorporouse á compañía dei Gelosi (1594) co alcume de Lelio e, máis tarde, á dei Fedeli. Nas súas obras, procurou xuntar a tradición clásica co teatro improvisado: Turca (1608), I due Lelii simili (1622) ou Due commedie in commedia (1623). Escribiu tamén dramas relixiosos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e periodista italiano. Foi crítico literario de Il Rissorgimento liberale (O Rexurdimento liberal), editor de diversas revistas e autor do ensaio Scrittori d’Europa (Os escritores de Europa, 1928). Tamén cultivou a prosa narrativa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Batalla que tivo lugar en Cibuq Abad, preto de Angora, en xullo de 1402, entre o Emir mongol Tamerlán e o Sultán otomano Baiazet quen, vencido e feito preso, morreu en catividade. Esta derrota frea temporalmente a expansión otomana.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida na cidade de Ferrol no ano 1903, onde se recollían as actividades do Ateneo Ferrolano. Na edición de 1905-1906 incluíase un extenso poema en galego titulado “Cipriana” de Emilio Balás.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que expresa ou implica aprobación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome da batalla que contra o 25 a C rematou coa última resistencia dos cántabros durante as Guerras Ástur-cántabras. O militar romano vencedor, Caio Antistio, desenvolvera a campaña bélica á fronte das lexións X Gemina e VI Vitrix, coas que xa acadara as vitorias de Vellica e Mons Vindius, así mesmo contra os cántabros, tendo Bracara Augusta (Braga) como centro de operacións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Batalla que tivo lugar en Arapiles (cerca de Salamanca) en xullo de 1812, durante a Guerra da Independencia contra Napoleón. As tropas francesas do mariscal Marmont foron vencidas polo exército de Wellington, obrigándolles aos franceses a abandonar Andalucía definitivamente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Batalla de Gangamela.
-
PERSOEIRO
Pintor e teórico da arte italiana. A súa obra Dei veri precetti della pittura (Ravenna 1587) preconiza unha pintura baseada no coñecemento das escolas dos diferentes países.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción bélica da Segunda Guerra Mundial na que a primeira división aerotransportable británica tratou de manter unha cabeza de ponte sobre o Rin á altura de Arnhem, nos Países Baixos (17-25.9.1944). Os británicos tiveron que ceder despois de sufrir grandes perdas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen arrebata.
-
-
Quitar ou tomar algunha cousa con violencia.
-
Causar unha forte atracción.
-
Provocar que alguén se adhira con entusiasmo a algo.
-
Atraer unha persoa a outra coa súa beleza e encanto.
-
Torrar a codia exterior do pan con moito lume, quedando crúa a miga.
-
-
-
Axitación repentina causada por unha emoción violenta, que provoca a perda de control sobre os propios actos.
-
Estado do que se sente atraído de forma irresistible por algo ou alguén.
-
-
Estado psicolóxico que produce un ofuscamento momentáneo da intelixencia e un debilitamento da vontade, inclinando a persoa ao delito; por esa razón, considérase, xunto coa obcecación, circunstancia atenuante da responsabilidade criminal no dereito penal.
-
arrebato e obcecación
Termo empregado para designar unha circunstancia atenuante da responsabilidade criminal.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Filme producido en España no 1979 e dirixido por Iván Zulueta e interpretado por Eusebio Poncela, Will More, Cecilia Roth e Marta Fernández-Muro. Explora as relacións persoais que se establecen entre José Sirgado (Eusebio Poncela), un realizador de películas de terror de ínfima categoría, a súa examante Ana Turner (Cecilia Roth), e Pedro, un individuo que se dedica a rodar constantemente a vida cotiá coa súa cámara. A obra amosa unhas curiosas interconexións entre o cine e o vampirismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Combate naval entre gregos e cartaxineses escasamente documentado. Se ben moitos manteñen que aconteceu ante o cabo de Artemisión, hoxe en día cabo da Nao (provincia de Alacant), entre 493-490 a C, a maioría dos historiadores defenden a opinión de que tivo lugar no Mediterráneo oriental.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Combate naval entre gregos e persas (480 a C) ante o cabo Artemisión, ao NO de Eubea. Desenvolveuse a loita naval mentres en terra firme tiña lugar a Batalla das Termópilas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Batalla que tivo lugar na chaira de Atapuerca (Burgos) en setembro do 1054, entre os fillos de Sancho III de Navarra, García IV de Navarra e Fernando I de Castela, a causa das aspiracións deste último nos territorios casteláns que ampliaran o Reino de Navarra. García morreu na batalla e os casteláns ocuparon La Rioja e A Bureba.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de operacións navais que tiveron lugar no Océano Atlántico no trancurso da Segunda Guerra Mundial. Ao principio tratouse de manter un bloqueo a distancia dos países do Eixe; pero, a partir de 1940, adquiriu novas características que durarían toda a guerra. Dunha banda, Inglaterra precisaba de liñas de comunicación cos EE UU que permitisen levar a termo a política de colaboración establecida na carta do Atlántico; doutra, Alemaña intentou evitar a chegada de convois a Gran Bretaña por medio da guerra submarina. Os recursos investidos na investigación militar aplicada a esta batalla axudaron a acadar considerables melloras tecnolóxicas. Os aliados incrementaron a construción de navíos mercantes e perfeccionaron os métodos de construción (Liberty), inventáronse sistemas de detección submarina (ASDIC e sonar) e apareceron novos tipos de navíos adaptados á escolta de convois. Por parte dos alemáns, a innovación máis importante foi a introdución do schnorchel (dispositivo que...
-
-
Relativo ou pertencente aos atrebatenses.
-
Individuo do pobo atrebatense.
-
Pobo prerromano da Galia belga, no Pagus Atrebatensis (Artois), que tiña por núcleo principal Nematacum (Arras).
-