"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Ensaísta e novelista francés. Formou parte da dirección de La Nouvelle Revue Française (A Nova Revista Francesa) e publicou novelas e contos de intención moralista, entre outros, L´Ordre (A orde, Premio Goncourt, 1929) e o libro de relatos Attendez l´aube (Esperade a alba, 1970). Publicou tamén ensaios de crítica como Proche du Silence (Achegado ao silencio, 1973) e o dietario Je vous écris (Escríbovos, 1960-1963). Foi elixido membro da Académie Française en 1968.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Aeronauta francés. Con Pilâtre de Rozier fixo a primeira ascensión en globo libre o 21 de novembro de 1783. Saíron do castelo de La Muette, atravesaron París e aterraron en Butte-aux-Cailles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Castela, na conca do Douro. Afluente pola esquerda do Arlanzón, no que desemboca logo dun percorrido de 159 km. Nace na serra de Neila, no Sistema Ibérico, na fronteira entre Castela e León e La Rioja. Flúe en dirección L-O, pasa por Lerma e recibe o Cubillo pola dereita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Castela, na conca do Douro. Afluente pola esquerda do Pisuerga, no que desemboca augas arriba de Torquemada, logo dun percorrido de 122 km. Nace na serra da Demanda e pasa pola cidade de Burgos. Recibe as augas do Urbel pola dereita, e as do Cogollos e o Arlanza pola esquerda. No val alto do río está situado o encoro de Arlanzón, que alimenta a central hidroeléctrica de Villasur de Herreros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico, xornalista e crítico. É autor de numerosos melodramas que tiveron grande éxito entre o gran público. Lanzou ás pantallas a actores como James Mason, Stewart Granger e Margaret Lockwood. A partir de 1955 dedicouse á televisión. Dirixiu, entre outras: The night has eyes (A noite ten ollos, 1942), Love story (Historia de amor, 1944), Idol of Paris (Ídolo de París, 1948), See how they run (Olla como corren, 1955) e Miss Tulip stays the night (A señorita Tulip detén a noite, 1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e político conservador. Marqués de Figueroa. Doutor en Dereito e deputado nas Cortes por Pontedeume e pola Coruña. Foi ministro de Agricultura e Obras Públicas e de Gracia e Xustiza. Amais, foi presidente e vicepresidente do Congreso e membro numerario da Academia de la Lengua Española e da Academia de Ciencias Morales y Políticas. Publicou varias obras, entre elas: De la poesía gallega (1889); Del Renacimiento literario y artístico de Galicia (1890); La música popular gallega (1906). A súa poesía bilingüe está recollida nos volumes Del solar galaico (1917) e Libro de cantigas. En tierras galaico-lusitanas. Impresiones. Reminiscencias del vagar (1928). Ademais escribiu as novelas El último estudiante (1883), Antonio Fuertes (1885), La Vizcondesa de Armas (1887) e Gondar e Forteza (1900).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta bilingüe residente en Río de Xaneiro. Publicou o poemario Anacos d’alma (1991), caracterizado por un ton intimista que reflicte a saudade por Galicia e polo tempo pasado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de mosaicos romanos atopados en Lugo, nas escavacións da rúa Armañá realizadas por A. Rodríguez Colmenero e E. Alcorta en 1986. Neste mosaico predominan os elementos xeométricos que enmarcan, dispoñéndose en rexistros concéntricos, un emblema de carácter mitolóxico. A escena do emblema representa o momento en que Dédalo lle entrega a Pasífae a becerra de madeira que, recuberta coa pel dunha vaca, vaille servir para satisfacer a paixón que sentía por un touro, debido ao castigo que lle impuxeran Venus e Poseidón. Tanto pola técnica de elaboración como polo motivo representado, o mosaico dátase na primeira metade do s III, aínda que con posterioridade sufriu frecuentes reformas, concretamente na segunda metade do s IV. É un dos exemplos máis sobranceiros da musivaria romana atopados na Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación anual en occitano, fundada en Aviñón en 1855, que seguiu editándose baixo formas diversas. Órgano principal do felibrismo, propúxose iniciar ao lector no renacemento literario do provenzal. Mistral publicou nel traballos en prosa e verso, e contribuíu a darlle un estilo peculiar, chamado “prosa de Armana”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Augardente de viño elaborada na cunca de Armagnac destilando viños brancos producidos pola variedade de viña coñecida por folle blanche ou pique pouille blanc. Ordinariamente é elaborada polos mesmos viticultores con alambiques sinxelos. A graduación corrente varía de 52° a 54°.

    2. Licor espirituoso de imitación, elaborado macerando regalicia e realizando ulteriores operacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro francés. Perfeccionou o tratamento da auga de alimentación das locomotoras dos ferrocarrís franceses. Despois da Segunda Guerra Mundial foi nomeado directorxeral e presidente da SNCF. Foi presidente da Euratom (1957-1959) e formou parte do consello de administración de numerosas e importantes empresas industriais francesas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome introducido a través do francés Armand, variante meridional de Harmand, de orixe xermánica. A súa orixe pode estar no nome Hariman formado por hari ‘exército’ e man ‘home’, isto é, ‘home de armas, soldado’ latinizado en Harimannus; ou, máis ben, en Hardman ou Hartman, composto por hart ‘forte, afouto’ e man ‘home’. Á súa difusión contribuíu a novela decimonónica Dama aux Camèlias (A dama das camelias, 1848) de Alexandre Dumas, na que o protagonista se chamaba Armand Duval. Na vida real, destaca con este nome Armand Jean du Plessis, cardeal e duque de Richelieu. A festividade de santo Armando (s XII), bispo de Bressanone e fundador do convento italiano de Novacella, celébrase o 23 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Armando Martínez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á persoa que inventa embustes e mete en leas aos demais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e teólogo. Ingresou no convento dos Agostiños Calzados de Barcelona (1732). Foi secretario provincial (1750) e prior do novo convento de Santo Agostiño (1752), provincial de Catalunya e Aragón (1758), bispo de Lugo (1768-1785) e arcebispo de Tarragona (1785). Colaborou en todas as obras públicas da cidade, e rematou a reconstrución do acueduto romano investindo rendas da mitra (1798). Durante a súa estadía en Lugo preocupouse intensamente pola cultura e a sociedade: deu o seu azo á importante Biblioteca Episcopal (1768), creou e mantivo tres escolas gratuítas (1780) e mandou construír o cárcere (1776). O seu espírito ilustrado fixo que fora un dos principais promotores e o primeiro Director da Sociedade Económica de Amigos do País coa finalidade de estimular a economía e o ensino en Lugo. Varios dos seus traballos foron reeditados durante o s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e escritora. Investiga sobre problemas e teorías filosóficas, das que fixo algúns traballos, especialmente referidos ás vidas de Karl Marx e Friedrich Engels. Traballa tamén no eido do cómic e da caricatura. As súas obras foron editadas en numerosos países. Publicou Embajada de Perú, análisis de una campaña propagandística; Moro, el gran aguafiestas, traducida ao galego co título de Mouro, o eterno rebelde (1996) e La vida en cuadritos, onde trata e analiza o mundo do cómic.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Entallador. Construíu en 1627 un retablo de nogueira para a igrexa de Santa Baia de Rioaveso (Vilalba) e realizou obras de reparación na sancristía e confesionario da catedral lucense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico español coñecido como Montxo Armendáriz. Comezou o seu labor realizando algunhas curtametraxes entre as que cómpre salientar Carboneros de Navarra (1981). Volveu tratar o mesmo tema na longametraxe Tasio (1984), producida por Elías Querejeta, principiando unha relación persoal entre director e produtor que se prolongou en 27 horas (1986), Las cartas de Alou (1990) e Historias del Kronen (1995). No ano 1997 dirixiu Secretos del corazón (1997), nominada ao Oscar como mellor película estranxeira, na que volta ao mundo da súa primeira obra, a Navarra rural dos anos sesenta vista polos ollos dun neno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que foi coñecida na Antigüidade a parte de Armenia que fica ao leste do Éufrates. O seu núcleo, no val do Araks, foi o reino fundado por Artaxias no 189 a C ( Armenia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e teórico da arte italiana. A súa obra Dei veri precetti della pittura (Ravenna 1587) preconiza unha pintura baseada no coñecemento das escolas dos diferentes países.

    VER O DETALLE DO TERMO