"OMI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1140.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación en castelán editada na Coruña a partir do 29 de novembro de 1992. Subtitulada “Periódico gratuito de Información Deportiva”, incluíu abundante información dedicada ao fútbol, especialmente ao Real Club Deportivo de La Coruña. Ademais dos artigos críticos, marcadores, clasificacións, goleadores e entrevistas que teñen que ver con este deporte, inseriu tamén páxinas doutros como o baloncesto, o ciclismo, o hóckey sobre patíns, etc.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tenor. Naceu no seo dunha familia de cantantes de zarzuela e aos nove anos trasladouse coa súa familia a México. Alí comezou a súa formación musical, fundamentalmente adquirida no teatro cos seus pais e no Conservatorio de México, ao que acudía esporadicamente. Comezou a cantar como barítono ao debutar na zarzuela Gigantes y Cabezudos (1957), de Manuel Fernández Caballero, e aos dezaoito anos na Ópera Nacional de México como tenor co papel secundario de Matteo Borsa de Rigoletto de Verdi. O seu primeiro papel importante como tenor foi o de Alfredo de La traviata (1961) e ese mesmo ano debutou xunto a Lily Pons en Dallas co papel de Arturo de Lucia di Lammermoor. Posteriormente trasladouse a Tel Aviv onde adquiriu experiencia teatral en máis de trescentas representacións e, a partir de 1965, traballou nos principais teatros e festivais europeos e americanos (París, Viena, Berlín, Chicago, Milán, Barcelona, Washington, Salzburgo, Nova York, etc). Debutou no Metropolitan de Nova York...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e crítico teatral. Comezou a súa andaina profesional como redactor de El Parlamentario e do Heraldo de Madrid, no que escribiu diversos artigos de crítica taurina co pseudónimo de Pepe Festivo e foi tamén correspondente do xornal bonaerense La Nación. Ao finalizar a Guerra Civil española exiliouse a Alemaña e Francia. En París foi locutor da radio e da televisión francesa. Da súa autoría son os diálogos radiofónicos La Rebotica e La tertulia del Café Dupont, dedicados aos exiliados republicanos, e tamén a comedia El triunfador.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, mestre e escritor. Xornalista político, defendeu o republicanismo federal e a xustiza social. Deputado a Cortes por Tortosa (1914), fundou, xunto con Layret, o Bloc Republicà Autonomista e presidiu o novo Partit Republicà Català (1917). Encarcerado pola súa participación nas folgas de Barcelona (1917), dende outubro do 1918 colaborou na campaña a favor da autonomía iniciada en Catalunya. Fundou o Partido Radical-Socialista, xunto con Álvaro de Albornoz e Ángel Galarza (1929). Interveu no Pacto de San Sebastián (1930) e, detido e procesado, exiliouse a Portugal e Francia. Participou na fundación de Esquerra Republicana de Catalunya (1931) e durante a Segunda República foi ministro de Instrución Pública do goberno provisional (1931), ministro de Agricultura, Industria e Comercio (1931), ministro de Agricultura (1933) e ministro de Instrución Pública (1936). Fundou, con Azaña, Izquierda Republicana e presidiu o Partit Catalá d’Esquerra (1933). Ao remate da Guerra Civil, exiliouse...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Estudiou na escola de Sant Carles de València e na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1864). Con unha pensión outorgada pola deputación valenciana (1868), trasladouse a Roma onde pintou La destrució de Sagunto (A destrución de Sagunto). Mestre na escola de Sant Carles, en 1875 trasladouse a París onde residiu ata 1914. Realizou cadros anecdóticos de ambiente histórico, e retratos. Entre outros galardóns, recibiu a primeira medalla na Exposición Nacional de Bellas Artes de 1871 polo cadro Santa Clara (1870) e foi membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1917). O seu fillo Roberto Domingo Fallola (París 1833 - Madrid 1956), tamén pintor, especializouse en escenas de touros.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintora e investigadora da arte. Doutora en Belas Artes pola Universidad de Salamanca (1997) e profesora de debuxo dende 1983, impartiu cursos sobre simbolismo medieval na Universitat Politécnica de València e na Universidade da Coruña. Coñecida como Pepa Domingo, a súa pintura baséase na análise da luz e reflicte o contraste entre as terras coruñesas e almerienses onde viviu. Cultivou as naturezas mortas, os bodegóns e a figuración, e fixo esculturas para unha praza pública en Albox (Almería, 1980). Participou no I Concurso de Artes Plásticas Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos (Madrid, 1983), e en Imaxes a carón da aula, VI Mostra de pintura dun colectivo de profesores de ensino medio e universitario de Galicia (Pontevedra, 1991). Realizou exposicións, entre outros lugares, en Ferrol, A Coruña, Oleiros e Almería. No apartado da investigación, centrouse na análise do bestiario do románico coruñés e realizou, entre outros, o estudo “La estética en las rutas del...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e gravador. Formado na Escola de Bells Oficis de la Mancomunitat, pertenceu á Agrupació Courbet (1918-1919). Admirador de Cézanne, mantivo unha preocupación constante pola estrutura. Durante a súa estancia en París (1922-1927), achegouse ao cubismo e enriqueceu o colorido. Residiu en Bretaña (1927-1929), e entre 1929 e 1931 a súa pintura pasou por unha etapa espectral. Regresou a Barcelona (1931-1939) onde cultivou un realismo social que idealizaba o ocio dos obreiros. Despois da Guerra Civil, estivo un tempo na Arxentina e en 1951 estableceuse en São Paulo. Entre as súas obras destaca Homes a la taverna (Homes na taberna, 1920), coñecido tamén como Els Jugadors (Os xogadores). Foi colaborador gráfico de Almanac de La Revista, L’Amic de les Arts e Quaderns de Poesia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora. Na xuventude trasladouse a Madrid e posteriormente a Barcelona. De ideas espiritistas, colaborou en El Criterio e dende 1879 publicou a revista mensual La Luz del Porvenir e libros de poesía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xornada de revoltas populares que iniciou a Revolución de 1905. Aconteceu o día 22 de xaneiro en San Petersburgo, e a acción represiva do exército e da policía causou gran número de mortos e acabou coa confianza da clase obreira rusa no seu tsar.
-
SEMANARIOS
Semanario editado na Coruña en xaneiro de 1881 e subtitulado “Pasatiempo semanal ilustrado”. Fundado e dirixido por Xosé Millán Astray, contou coa colaboración de R. Navarro e X. Puga. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos do propio X. Puga. Incluíu diversos artigos dedicados a temas artísticos nos apartados “De actualidad”, “Mascar hilo”, “Refranes castellanos”, acompañados de diversos gravados humorísticos, e “Los amigos”. No apartado literario cómpre subliñar os textos “Sinónimos”, de Vicente Platél, “Pensamientos de un fumador”, de Miguel A. Príncipe, “Epígrama”, de Cándido Salinas, e, en galego, “Pois xa q’o dixo Bras...”, de Francisco Mª de la Iglesia. Substituíuno en xullo de 1881 a publicación Día de Fiesta.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e escultor. Discípulo de H. Rovira e Jaume Molíns o Vello, a súa plástica marcou a transición entre o barroco e o neoclasicismo. Entre as súas obras escultóricas destacan o interior da igrexa de Sant Andreu e os traballos para a capela da Mare de Déu dels Desemparats, ambas en València, e Sant Joaquim e santa Anna na igrexa parroquial de Llíria. Foi membro da Acadèmia de Santa Bárbara dende 1754 e director de escultura dende 1765 na Acadèmia de Belles Arts de Sant Carles.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eremita. Pastor de oficio, foi ordenado presbítero polo cardeal Gregorio, a quen acompañou nas súas viaxes. Ao non ser aceptado no mosteiro de San Millán de la Cogolla e Santa María de Valvanera entregouse á vida eremita da oración e da penitencia. Co gallo de axudar os peregrinos que se dirixían a Compostela arranxou camiños, preparou albergues e un hospital, construíu unha ponte sobre o río Oja, unha calzada e unha igrexa, entre outras obras. Deste xeito creou a cidade que levaría o seu nome, Santo Domingo de la Calzada. A tradición atribúelle milagres, como o do galo que resucitou para probar a inocencia dun peregrino condenado á forca inxustamente por roubar un cáliz. Na iconografía viste hábitos monacais, con carapucha e báculo, e leva como atributos persoais un galo (ou galiña) e unha corda (alusión ao milagre do aforcado). É o patrón dos arquitectos e enxeñeiros. A súa festividade celébrase o 12 de maio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Caleruega 1170 - Boloña 1221) Relixioso fundador da orde dominicana. Estudiou filosofía e teoloxía en Palencia (1184-1194) e, ordenado sacerdote, converteuse en subprior do capítulo dos cóengos regulares de Osma. En 1203 acompañou a Roma o bispo de Osma, Diego de Azevedo, antigo prior do capítulo. De volta, estableceuse en Languedoc cos legados e predicadores mandados por Inocencio III para converter os cátaros e albixenses. En 1208 fundou en Prouille, preto de Toulouse, un convento con nove monxas baixo a regra de santo Agostiño. Trala cruzada dos albixenses (1209-1213), decidiu crear unha pequena comunidade relixiosa de predicadores en Toulouse, dedicada non só á contemplación senón tamén ao estudo das ciencias sagradas e á práctica dos mesteres pastorais. Con esta finalidade acudiu xunto do Papa Inocencio III, quen nun comezo se amosaba dubidoso a lle conceder o permiso. En 1217, coa aprobación do Papa Honorio III, recibiu a profesión solemne dos dezaseis primeiros...
-
PERSOEIRO
Frade beneditino. Foi prior no mosteiro de San Millán de la Cogolla ata que foi desterrado pola súa inimizade con García de Navarra. Refuxiouse en Burgos, e Fernando I de Castela confioulle o mosteiro de Silos (1041), que reconstruíu e converteu nun lugar de traballo e oración e no que foi abade ata a súa morte. O pulo que lle deu a este mosteiro fixo que lle puxesen o seu nome. Na iconografía viste de pontífice, con mitra na cabeza e báculo na man, e leva por debaixo o hábito negro da súa orde. Ás veces represéntase acompañado de homes con cadeas (alusión aos cristiáns que liberou cando eran escravos dos musulmáns). A súa festividade celébrase o 20 de decembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Discípulo de san Xoán Bosco. Fundou a Compañía da Inmaculada e Pío XII canonizouno o 12 de xuño de 1954. A súa festividade celébrase o 6 de maio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo cristián procedente do latín Dominicus ‘do señor’, con conservación da terminación en -s do nominativo latino ou por restitución culta. Como nome persoal documéntase no s X: “Dominicus” (doc ano 915 en E. Rivas Quintas, Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 145), “Domingia” (doc ano 953 en J. Mª Andrade Cernadas, O tombo de Celanova, 1995, p 727), “villa de Domenci” (doc ano 969 en J. Mª Andrade Cernadas, O tombo de Celanova, 1995, p 346), “Domingos Perez” (doc ano 1084 en E. Rivas Quintas, Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 145). Na Idade Media non era moi frecuente, pero desde o s XVI fíxose moi común debido ao poder e á influencia dos dominicos nos reinos da Coroa de Castela, e nos ss XVII e XVIII pasou a ser o segundo nome masculino por orde de frecuencia en Galicia. Presenta os hipocorísticos: Mingos, Mingo, Mingote, Mingacho, Mingucho, Minguiños/Minga, Minguiña, e serviu de base...
-
-
Relativo ou pertencente ao domingo.
-
Que ou quen adoita realizar certas actividades só en domingos ou festivos.
-
Aplícase despectivamente ao condutor pouco hábil.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante do apelido galego Domínguez.
-
PERSOEIRO
Arquitecto. En 1388 comezou as obras de construción do convento de Santa Maria da Vitória en Batalha, de estilo gótico.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Apelido de tipo patronímico formado a partir do nome Domingo/Domingos. Na época medieval presentaba máis variantes ca hoxe en día: “Eika Duminizi” (doc ano 1069 en Santiago Montero Díaz, La colección diplomática de San Martín de Jubia [Ferrol], Boletín Universitario de Santiago 7, 25, 1935, p 60), “Nullo Domenguiz” (doc ano 1080 en E. Rivas Quintas, Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 338), “Johã Domingez” (doc ano 1278 en Manuel Lucas Alvarez/P. Lucas Domínguez, San Pedro de Ramirás. Un monasterio femenino en la Edad Media. Colección diplomática, 1988, p 415).
-
Liñaxe que se asentou no Grove, Raxó (Poio), Reinante (Barreiros), Borreiros (Gondomar), Cacheiras (Teo) e Manzaneda. As súas armas levan, en campo de sinople, dous castelos de ouro unidos por unha cadea do mesmo metal e sumados dunha aguia, tamén de ouro, que asenta as súas gadoupas en ambas as torres centrais dos dous castelos. Algúns ostentan escudo cortado por unha faixa de ouro: no alto, en campo de azul, dúas cabezas de prata, e no baixo, en campo de goles, unha caldeira de sable. Outros traen, en campo de goles, un brazo nacente do flanco destro sostendo un escudo, para facer fronte á acometida doutro brazo armado nacente do flanco sinistro, que empuña unha espada; terrazado de sinople, con cinco cabezas sinistradas. Outros amosan escudo cuarteado: primeiro e cuarto cuartel, de prata, con tres paos de goles; segundo e terceiro, de azul, con tres espadas, de prata, coa gornición de ouro e as puntas cara a arriba. Os do Grove levan no seu escudo unha bandeira envolta nunha cruz, sobre...
-