"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Filme producido por EE UU, Francia e Canadá en 1981 e dirixido por Louis Malle e interpretado por Burt Lancaster, Susan Sarandon, Hollis McLaren, Kate Reid e Michel Picoli. Un conxunto de seres solitarios viven unha monótona existencia na vella Atlantic City. As vidas de Sally (Susan Sarandon), unha muller nova que desexa ser croupier en Montecarlo, e o vello gángster Lou (Burt Lancaster), entrecrúzanse, xurdindo unha tenra e imposible historia de amor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa petrolífera norteamericana fundada en Los Ángeles en 1966, como continuadora de Atlantic Refining Company, creada en 1920. As súas actividades tradicionais, petróleo e química, ampliáronse nos últimos anos cara á enerxía solar (ARCO Solar), á electrónica, á minería e á prensa. No estado español ten como filial a ARCO Chemical International.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proposta artística iniciada en 1980 polos pintores Menchu Lamas, Antón Patiño, Ánxel Huete e Guillerme Monroy. Naceu pola necesidade de renovar as estruturas artísticas que ata ese momento se desenvolvían en Galicia. Estiveron vencellados á estética dos anos oitenta por unha serie de constantes: a adscrición a unha corrente romántica, a volta á pintura ou ao vitalismo artístico, así como a organización de exposicións de arte nova e macroexposicións. As vinculacións coas estéticas románticas e expresionistas veñen dadas pola admiración que os catro fundadores do grupo sentían polo Action Painting americano. A subxectividade, as referencias a un mundo mítico, a creación de novos deuses a partir de elementos naturais, o gusto polas situacións límites, ou o panteísmo, achégaos ao pensamento artístico romántico. No caso de Menchu Lamas ou Antón Patiño, implica a utilización de signos-símbolos dunha iconografía indefinida que se move entre as coordenadas do relixioso, o ateo e unha determinación...
-
DEPARTAMENTOS
Departamento de Colombia (3.388 Km2; 1.837.468 h [1993]). A capital é Barranquilla.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Editorial coruñesa aparecida nos anos oitenta do século XX.
-
-
Relativo ou pertencente ao Océano Atlántico ou ás súas costas.
-
Relativo ou pertencente ás montañas de Atlas.
-
Dise dos subelementos corolóxicos propios da provincia atlántica.
-
Grupo de linguas da rama níxero-congolesa. As características das linguas deste grupo son: clases nominais marcadas por prefixos e sufixos, sistema de concordancia segundo a clase nominal do suxeito e permutación de fonemas iniciais no nome e no verbo.
-
Fase climática holocénica que se desenvolve entre 7500-5500/4300 BP, caracterizada polo aumento das temperaturas e a extensión do bosque.
-
Provincia da rexión bioxeográfica eurosiberiana que comprende as terras da Europa occidental sometidas a climas marítimos temperados e moi húmidos. O clímax é, en xeral, o bosque de planocaducifolios (carballeiras, bosque mixto con freixos, abeleiras, bidueiros, etc; na montaña, a miúdo bosques de faias. Esténdese do sur de Noruega ao centro de Portugal e á vertente setentrional dos Pireneos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal subtitulado “Periódico independiente de Galicia”, fundado en Vigo en 1988 e dirixido por Luís Rodríguez, Xosé M. Couselo e Manuel Orío Ávila na súa primeira etapa, e por Rodrigo Varela Rodríguez, a partir do ano 1996. Foron redactores-xefe o propio Manuel Orío e Marcelo Fernández Otero. Editado pola empresa Rías Baixas Comunicación, SA, conta, nas diferentes páxinas dedicadas a “Opinión”, coas colaboracións de Manuel Vidal Villaverde, Lalo Vázquez Gil, Guillermo del Alba, José Manuel Ponte, Fernando Jáuregui, Julia Navarro e Francisco Castro, entre outros. Esta publicación viguesa conta con diversas seccións dedicadas a “Vigo”, “Comarcas”, “Galicia”, “Pontevedra”, “España” e “Mundo”, onde se analizan temas políticos e sociais, “Economía”, con especial atención aos mercados de valores, “Mar”, con novas referentes ás lonxas, á situación da flota pesqueira dos portos galegos e ao desenvolvemento dos acordos internacionais sobre pesca, “Sociedade”, unha sección de anuncios breves e “Deportes”,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fanzine nado en maio de 1983 en Lugo. Editou dous números para logo reaparecer en 1985 co nome de Atlántico extress. Xaime Dapena, Cristina Pavón, Antonio Coira, X. Carlos Fernández, Xoán Soto e Pantera Fucsia, entre outros, formaban parte da redacción. Contiña cómics, información sobre música -sobre todo do nacemento de novos grupos de rock como Semen Up- e cine, xunto cun apartado de creación literaria da man de Antón Grande, X. A. Dobao e Miguel A. Murado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de operacións navais que tiveron lugar no Océano Atlántico no trancurso da Segunda Guerra Mundial. Ao principio tratouse de manter un bloqueo a distancia dos países do Eixe; pero, a partir de 1940, adquiriu novas características que durarían toda a guerra. Dunha banda, Inglaterra precisaba de liñas de comunicación cos EE UU que permitisen levar a termo a política de colaboración establecida na carta do Atlántico; doutra, Alemaña intentou evitar a chegada de convois a Gran Bretaña por medio da guerra submarina. Os recursos investidos na investigación militar aplicada a esta batalla axudaron a acadar considerables melloras tecnolóxicas. Os aliados incrementaron a construción de navíos mercantes e perfeccionaron os métodos de construción (Liberty), inventáronse sistemas de detección submarina (ASDIC e sonar) e apareceron novos tipos de navíos adaptados á escolta de convois. Por parte dos alemáns, a innovación máis importante foi a introdución do schnorchel (dispositivo que...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Declaración asinada o 14 de agosto de 1941 por Franklin Delano Roosevelt, Presidente dos EE UU, e polo Primeiro Ministro británico Winston Churchill, onde se expresaban principios comúns das súas políticas nacionais que se seguirían durante o período da posguerra. Defendía o dereito de todos os pobos a elixir a súa propia forma de goberno, a non imposición de novas fronteiras, o desexo de cooperación económica entre as nacións e a mellora das condicións de vida para os traballadores. Recoñecía o principio de liberdade dos mares e expresaba a convicción de que a humanidade debía renunciar ao uso da forza nas relacións internacionais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Océano que forma unha franxa en forma de S entre as costas de América e as de Europa e África, e queda limitado, na parte N, polo Océano Ártico, mentres ao S se abre totalmente ao Antártico. É o segundo en superficie con 82.880.000 km2; 92.111.000 km2, contando os mares adxuntos. A profundidade media é de 3.322 m, e a máxima acada os 8.380 m (Fosa de Porto Rico). Acolle un volume aproximado de 3.530.000.000 km3 de auga, sendo o océano que recolle a maior superficie de drenaxe, recibindo as augas dos ríos máis grandes do planeta que verten directamente nel (Amazonas, Mississippi, Orinoco, San Lourenzo, Río da Prata, Congo, Níxer, Rin, Elba), ou nos seus mares adxacentes: Mediterráneo (Nilo), Báltico e Mar Negro. As costas do Atlántico setentrional, en contraste coas do Atlántico meridional, están moi recortadas, incluíndo grandes illas (Islandia, Grenlandia, as Illas Británicas, As Antillas), e baías (Baffin, Hudson), golfos (México, Bizkaia) e mares tributarios...
-
DEPARTAMENTOS
Departamento de Honduras (4.251 km2; 255.000 h [estim 1991]). A capital é La Ceiba (89.200 h [1995]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Segundo a tradición grega, illa ou continente, país dos atlantes, que asolagou o mar en época remota. Esta tradición chegou sobre todo a través de Platón, que a referencia nos diálogos Timeo e Critias como feito histórico, explicando que durante unha viaxe de Solón de Atenas a Exipto, os sacerdotes de Sais narráronlle a historia da Atlántida, imperio soberano de “toda a illa da Atlántida, doutras illas e parte do continente”. Nunha ocasión sitúaa “ó norte” e noutra “perante as columnas de Hércules” (estreito de Xibraltar). O asolagamento producírase 9.000 anos antes de Solón, época de gran cambio climático e trastornos cósmicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista mensual aparecida entre 1915 e 1920 e editada para Portugal, Brasil e Francia. Contén información sobre arte, literatura e sociedade. Ademais de autores portugueses e brasileiros, colaboraron nela Ramón Cabanillas, Vicente Risco e Castelao, este último no aspecto gráfico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista fundada na Coruña en 1954 por un grupo de escritores (Mariano Tudela) e artistas plásticos (Urbano Lugrís e Xosé María de Labra). No ano 1956, como consecuencia dos incidentes internos que provocou a morte de Ortega y Gasset -a quen lle dedicaran unha homenaxe-, suspendeuse a publicación da revista, polo que o número 13 dedicado a Valle-Inclán non chegou a saír. A revista tentaba ofrecer unha información de vangarda afastada do endemismo que caracterizaba o panorama cultural galego do momento, pretendendo buscar novos camiños fóra da cultura oficialista imperante, desmarcándose do provincianismo folclorista e do costumismo realista na plástica, así como do garcilasismo na poesía, buscando unha nova sensibilidade máis ligada a fórmulas internacionalistas, sen perder non obstante a tradición galega. A revista estaba estruturada en seccións e en áreas de responsabilidade. Urbano Lugrís ilustraba as portadas e todos os números; Labra compartía con el as tarefas de dirección artística...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cantata escénica, obra póstuma e inacabada do compositor Manuel de Falla, na que traballou desde 1928 ata 1946, baseada no poema de L´Atlántida, de Jacint Verdaguer. E. Halffter completouna baseándose nas notas e borradores do autor. Unha selección en versión de concerto foi estreada en Barcelona no 1961.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poema épico en dez cantos, cunha introdución e cun epílogo, de Jacint Verdaguer. Colón, aínda novo, náufrago dunha nave xenovesa, é acollido por un ermitán que lle narra o afundimento das terras que un día cubriran o mar Atlántico. Verdaguer combinou as experiencias persoais coa lectura de vellas crónicas peninsulares e de grandes epopeas clásicas. Refundiu elementos mitolóxicos e cristiáns, e desenvolveu, ligándoos, tres temas principais: o afundimento da Atlántida, o nacemento de España e o descubrimento de América.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Benín (3.222 km2; 1.060.310 h [estim 1992]). A capital é Cotonou.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome da cuarta lanzadeira espacial norteamericana. Fixo o primeiro voo o 4 de outubro de 1985. Realizou moitas misións militares secretas.
-
-
Estratexia militar e política da Alianza Atlántica ( Organización do Tratado do Atlántico Norte).
-
Actitude favorable á Alianza Atlántica.
-