"GR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3341.
-
MUNICIPIOS
Municipio da comunidade autónoma de Navarra, situado na beira esquerda do Ebro, no límite con La Rioja (3.496 h [1996]). A súa economía baséase na agricultura, de xeito que as actividades industriais asentadas no municipio derivan dela, como por exemplo as alimentarias, e entre elas as fábricas de conservas vexetais.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Información básica sobre un produto ou servicio, na que se tratan datos como a historia da empresa, produto, gama de produto, etc. Tamén pode interpretarse como a formación e actividade profesional desenvolvida a través dos anos.
-
Fondo dun plano nunha reprodución cinematográfica ou fotográfica.
-
Información acumulada sobre un determinado tema.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
bagrátida.
-
-
Relativo ou pertencente aos bagrátidas.
-
Membro da dinastía dos Bagratuni.
-
-
PERSOEIRO
Militar, membro da familia real armenia. Como xeneral do exército ruso participou na campaña de 1799 contra Francia e, posteriormente, nas guerras de Polonia, Italia e Suíza baixo as ordes de Suvorov. Ás ordes de Kutúzov, acadou para a Terceira Coalición (1805-1807) o éxito nas Batallas de Austerlitz, Eylau e Friedland. Así mesmo, foi comandante en xefe nas guerras contra Suecia (1808) e Turquía (1809). No 1812, cando a invasión napoleónica de Rusia, asumiu a dirección do segundo exército occidental.
VER O DETALLE DO TERMO -
LOCALIDADES
Localidade de Rusia. Ata o 1945 pertenceu a Alemaña (Prusia Oriental) co nome de Preussisch Eylau. Alí tivo lugar a batalla de Eylau.
VER O DETALLE DO TERMO -
FAMILIAS
Familia de orixe armenia que reinou en Armenia desde o 859 (a partir do 885 co título de Rei) ata o 1080. Unha rama instalada en Xeorxia acadou a unificación deste reino baixo Bagrat III (s XI). Os Bagratuni xeorxianos reinaron, divididos en diversas ramas, en Imerécia e Iberia ata que os seus estados entre 1800 e 1810 foron anexionados ao Imperio Ruso; no estamento principesco figuraron co nome de Bagration.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Escribiu poesía didáctica e relixiosa, e tentou crear unha epopea nacional co título de Hayk (1858), pero destacou sobre todo como tradutor de Homero, Virxilio e Voltaire.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Eduard Georgievič Dz’ubin.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Elisaveta Belceva.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar da parroquia de Baio, concello de Zas. Situado na confluencia das estradas comarcais C-545 (a Santa Comba e Santiago de Compostela) e C-552 (de Fisterra a Carballo e A Coruña) e a local AC-430 (a Cabana e Laxe), na ponte sobre o río Grande, é un dos principais nós de comunicacións da Costa da Morte, entre as terras de Bergantiños e de Soneira. Esa condición de encrucillada favoreceu un desenvolvemento das actividades terciarias que o converteron no principal núcleo urbano do concello de Zas (885 h [1996]). O seu crecemento levouno a sobrepasar o límite parroquial e municipal, estendéndose máis aló da ponte pola parroquia de Bamiro, no concello de Vimianzo (Baio de Bamiro).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que se coñece o grito de independencia que marca o comezo do alzamento definitivo en Cuba (23.2.1895). As concesións ofrecidas polo goberno español no mes de xaneiro non convenceron os secesionistas que, liderados por Martí, decidiron iniciar a loita para abolir o réxime colonial.
-
PERSOEIRO
Produtor, distribuidor, guionista e realizador cinematográfico. Coa participación dos seus irmáns Francesc Balcázar (produtor) e Jaume Jesús Balcázar (realizador), tentou, con resultados económicos irregulares, agrupar nunha soa empresa estas ramas da cinematografía. Fundou en 1951 Produciones Balcázar SA e máis tarde a produtora Filmax. Como director realizou La encrucijada (1959), Cena de matrimonios (1962), Con la muerte a la espalda (1967), Las primeras experiencias (1974) e Julieta (1983), películas das que tamén foi o guionista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Educadora e líder feminista. Catedrática de Economía Política e Ciencias Sociais do Wellesley College, redactora do xornal The Nation de Nova York, delegada do Primeiro Congreso Feminino da Haia e secretaria da Liga Feminina Internacional pro Paz e Liberdade (1919-1922), en 1946 obtivo o premio Nobel da Paz xuntamente con John R. Mott. Escribiu Our slavic fellow citizens (Os nosos compatriotas eslavos, 1910) e Approaches to the great settlement (Aproximación aos grandes centros sociais, 1918).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio do impulso que a contracción cardíaca lle comunica ao corpo.
-
PERSOEIRO
Escritor en lingua inglesa. É autor de novelas e contos de ciencia ficción, onde reflicte as reaccións dos personaxes obrigados a enfrontarse a un ambiente hostil. Destacan as súas narracións The Disaster Area (A rexión devastada, 1967), The Atrocity Exhibition (A exhibición atroz, 1970), Vermilion Sands (Areas vermellas, 1973), The Terminal Beach (A praia terminal, 1992), e as novelas The Drowned World (O mundo anegado, 1962), The Drought (A secura, 1965), Crash (Estalido, 1973), Hello America (Ola América, 1981) e a autobiográfica The Empire of the Sun (O imperio do sol, 1984), levada ao cine por S. Spielberg no 1988, onde evoca a súa nenez nun campo de concentración xaponés.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade oficial de crédito a longo e medio prazo creada en Madrid no ano 1964 como continuadora do Servicio Nacional de Crédito Agrícola, fundada no ano 1925. Ata o 1962, o servizo actuou con cartos da banca privada e das caixas de aforros, e tiña por obxecto conceder préstamos para investimentos no agro. No ano 1964, cando cambiou o seu nome para Banco de Crédito Agrícola, quedou subordinado ao ministerio de Finanzas; en 1991 integrouse en Argentaria (Corporación Bancaria de España).
-
VER O DETALLE DO TERMO
O antecedente máis claro desta agrupación foi a Banda de Música de Tabagón, fundada en 1880 por Manuel González Groba e dirixida posteriormente por Pablo Piedra González, dende 1925 ata a súa desaparición en 1965. Outros grupos musicais que se poderían considerar como antecedentes son A Banda do Maestro Ulloa, Os Cesteiros de Novás (1933) e Música dos rapaces (1946-1949). O promotor desta iniciativa musical foi José Flores Costas, sendo a presentación da Agrupación Musical do Rosal o 4 de maio de 1986, formada por 40 rapaces e dirixida por Laureano Matos Barcia, que acadou en 1987 o II Premio no Certame de Bandas Populares Galegas de Cangas. Dende finais de 1987 dirixiu a banda José Luís Represas Carrera e o grupo participou en distintos encontros e festivais ata que en 1989 organizou o I Festival de Músicos Xoves. En 1989 a banda contou coa dirección esporádica do profesor Vicente Esparza Roselló, logo retomou a batuta José Luís Represas ata que se fixo cargo da dirección Bolívar González...
-
PERSOEIRO
Médico canadense. É autor de estudios básicos sobre a fisioloxía do páncreas que o levaron, xunto con C. H. Best e J. Macleod, ao descubrimento da insulina (1921). En 1923 compartiu o Premio Nobel de Medicina con Macleod.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e director de orquestra. Estudiou na Royal Academy of Music (1889-18939, dirixiu The New Quaterly Musical Review e foi profesor de Música na Universidade de Birmingham (1908-1934). Compuxo unha gran cantidade de obras: óperas, poemas sinfónicos, ballets, sonatas (violín e violoncelo), música para piano, para coro, cancións, etc. Entre os seus títulos destacan: Omar Khayyám (1909), oratorio e a obertura The Pierrot of the Minute (1908).
VER O DETALLE DO TERMO