"BOL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 626.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma castelanizada correspondente ao apelido galego Cebola.
-
-
ceboliño.
-
Aplícase aos nenos e nenas grosos.
-
-
-
Construción situada normalmente nas periferias e zonas máis humildes dos centros urbanos, elaborada con materiais ruíns ou de refugallo. Dedicada a uso residencial, pode catalogarse como infravivenda debido ás súas deficiencias estruturais e a que carece das instalacións e subministracións fundamentais (electricidade, traída de auga, saneamento, etc).
-
Construción sinxela destinada a conter distintos elementos, como artes de pesca, ferramentas, aparellos de labranza ou empregada como refuxio para os pastores.
-
Casa pequena e humilde.
-
Compartimento situado na proa do barco.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno urbano consistente na construción espontánea de infravivendas (barracas ou chabolas) na periferia dunha cidade. Está presente tanto en países non desenvolvidos, nos que a precariedade económica non permite dispor da infraestrutura necesaria para acoller o inmenso éxodo rural dirixido cara ás grandes aglomeracións urbanas, coma nos países desenvolvidos, nos que os colectivos de poboación máis desfavorecidos non teñen a posibilidade de acceder á vivenda debido, fundamentalmente, a motivos económicos (especulación urbanística e elevados prezos do solo e da vivenda), burocráticos (irregularidades documentais dos inquilinos) ou sociais (marxinación étnica, desestruturación persoal e familiar, drogodependencia, desemprego), razóns que en moitas ocasións se producen de xeito simultáneo e interrelacionado. Algunhas das manifestacións máis características deste fenómeno son os bidonvilles dos países africanos, as palafitas fluviais na península de Indochina, as favelas...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que vive nunha chabola.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘gaita’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘música’.
-
CAPITAIS
Capital do estado de Bolívar, Venezuela, situada ao S do país, na marxe dereita do río Orinoco (253.112 h [1992]). É o principal centro agrícola, gandeiro, mineiro (manganeso, bauxita e ferro) e comercial do Estado. O Orinoco é unha importante vía de comunicación fluvial. Fundada en 1764 por Joaquín Moreno de Mendoza co nome de Angostura, en 1846 cambiouno polo actual. Do seu patrimonio arquitectónico destaca a catedral barroca.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Club fundado en Monforte de Lemos en abril de 1923 a partir da fusión do Club Atlético e do Monforte Club de Fútbol. Viste uniforme completamente branco e foi no campo da estrada de Ourense onde disputou os seus partidos como local nos primeiros anos. Despois pasou ao campo de San Lázaro, que recibiu o nome de Luís Bodegas en homenaxe a un malogrado xogador monfortino. Dende a tempada 1999-2000 o Lemos xoga no estadio da Pinguela. Logo dunha brillante traxectoria, ao remate da tempada 1935-1936 acadou o ascenso á Segunda División da liga española, na que non puido participar ao seren suspendidas as competicións por mor da Guerra Civil (1936-1939). Rematada a guerra, o Lemos viuse na obriga de renunciar á súa praza na categoría por mor das precarias condicións económicas e deportivas nas que quedara, carente de xogadores e de instalacións axeitadas para afrontar o campionato. En 1943 reincorporouse ás competicións oficiais. En 1964 proclamouse Campión da Copa Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Club de voleibol fundado en Vigo en 1969 no seo do Colegio El Pilar. En 1971 acadou o seu primeiro ascenso á División de Honor, categoría que disputou a tempada 1971-1972. Malia rematar clasificado novamente, tivo que renunciar a ela por carecer de cartos para afrontar a participación. En 1973 ascendeu de novo á División de Honor; sen embargo, aconteceu o mesmo que na anterior ocasión e, tras competir na tempada 1973-1974, viuse obrigado a renunciar. Pasado un ano acadou o terceiro ascenso e disputou a liga de División de Honor. Esta vez superou mellor as dificultades económicas e mantívose na categoría durante cinco tempadas consecutivas, ata a 1979-1980. Nesta época conseguiu un terceiro posto na Copa do Rei (1976) e varios dos seus xogadores foron convocados pola selección española (Emilio Vallina, José Miguel Fuentes, Camilo Rodríguez, Eduardo Fernández e Ricardo Collazo). Ademais o equipo feminino, creado en 1975, proclamouse campión da Copa da Raíña en 1977. Pasadas esas cinco campañas,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Club de voleibol masculino vigués, xurdido no seo da Unión Recreativa de Empregados da Caixa de Aforros (URECA), que acadou o ascenso á Liga ACEVOL (División de Honra) en 1993. Logo de tres tempadas na máxima categoría española, fusionouse co Club Vigo Voleibol.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Linguaxe Común para os Negocios empregada para procesar datos empresariais, e que desenvolveron a principios da década dos sesenta do s XX varios fabricantes de ordenadores e o departamento de Defensa dos EE UU. As instrucións COBOL parécense a frases en inglés e a estrutura do programa require que se inclúa algo de documentación. Os programas son longos e conteñen moitas palabras, pero son fáciles de ler, escribir e comprobar; por isto xeneralizouse o seu uso, de maneira que programadores distintos aos autores podían realizar con certa facilidade correccións ou cambios.
-
PERSOEIRO
Atleta. Especializado en carreiras de medio fondo, estableceu, ao longo da súa traxectoria deportiva, doce plusmarcas mundiais en catro distancias (800 m, 1.500 m, 1.000 m e a milla). Proclamouse campión olímpico dos 1.500 m nos Xogos de Moscova (1980) e Los Angeles (1984), feito que o converteu no primeiro atleta que conseguiu revalidar o título olímpico nesa distancia; ademais obtivo senllas medallas de prata nos 800 m neses mesmos campionatos. Foi tamén campión de Europa de 1.500 m e 800 m (Stuttgart, 1986), campión de Europa de 800 m en pista cuberta (Donostia, 1979), vencedor da Copa do Mundo en 1979 e 1981, e medalla de bronce e prata nos campionatos europeos de Praga (1978) e Atenas (1982), na proba dos 800 m. No verán de 1979 superou de xeito consecutivo as plusmarcas mundiais de 800 m (5 de xullo), da milla (17 de xullo) e dos 1.500 m (15 de agosto). Os técnicos da federación británica de atletismo non o convocaron para os Xogos Olímpicos de Seúl (1988), argumentando problemas...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos colémbolos.
-
Insecto da orde dos colémbolos.
-
Orde de insectos de pequeno tamaño; as especies de maior tamaño acadan os 5 mm de lonxitude. A coloración das distintas especies é moi variable e presentan seis patas coas tibias e os tarsos soldados e, as máis das veces, rematadas nunha uña. O abdome aparece dividido en 6 segmentos. O primeiro segmento presenta un tubo ventral denominado colóforo, con dúas vesículas no extremo que producen unha secrección pegañenta, empregada para adherirse ao substrato. Esta estrutura ten a súa orixe nos vestixios dun par de patas abdominais, que utilizan tamén para a absorción da auga e para controlar os procesos de ósmose. No terceiro segmento abdominal teñen unha estrutura, denominada retináculo ou hámula, onde se prende a furca, presente no cuarto segmento, que permanece pregada e que, ao soltarse e golpear o substrato, lle permite realizar un gran salto, aínda que sen unha orientación definida; ademais, pódelle servir para evitar a depredación de pseudoescorpións, ácaros e formigas. No quinto...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado formado pola unión de Bolivia e Perú en 1836. O Pacto de Tacna (1837) concedeu a presidencia da Confederación ao boliviano Andrés de Santa Cruz e dividiu o novo estado en tres repúblicas confederadas: Bolivia, o norte de Perú e o sur de Perú. Chile e Arxentina declaráronlle a guerra; trala Batalla de Yungay (1839) a Confederación disolveuse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
santa (Toscana, s III?) Mártir italiana. Segundo a tradición, á idade de doce anos negouse a ofrecerlle sacrificios ao deus Apolo; o seu pai, anoxado ante a súa desobediencia, ordenoulles aos seus escravos que a xostregasen. Logo encerrárona nunha torre, puxéronlle na cabeza unha moa de muíño e metérona nunha barca no lago de Bolsena para que afundise. Como logrou sobrevivir, mergullárona despois nunha caldeira de aceite fervendo e metérona nun forno con dúas víboras e dous áspides; sen embargo, os réptiles, lonxe de trabala, fixéronlle agarimos. Na iconografía a santa viste túnica talar e manto romano, e leva como atributos, unha moa de muíño, unha roda, unhas tenaces, dúas frechas, etc (símbolos do seu martirio); ás veces, leva tamén unhas serpes, un anciño, uns garfos de ferro, etc. A súa festividade celébrase o 24 de xuño e é titular de 28 parroquias.
-
REXIÓNS
Rexión de Guinea (6.000 km2; 97.986 h [1983]). A capital é Dabola (6.500 h[1983]).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘forno’.
-
Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘forno (das tellas)’.
-
Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘forno (do pan)’.
-
Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘forno (dos ladrillos)’.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sacar a un obxecto as aboladuras.
-
-
Mover un obxecto do lugar no que está encaixado.
-
Moverse un obxecto do lugar no que está encaixado.
-