"Alle" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 636.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘voda’.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, situado en Vallès oriental (14.983 h [2001]). A súa base económica é a industria, en que destacan o sector téxtil, químico, de transformacións metálicas, de construción, de alimentación, e de artes gráficas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político creado en 1933 a partir da Federación Agraria que xurdira o ano anterior no antigo concello de Valadares. Declarouse antiforista, progresista, de esquerdas, antiburgués e anticaciquil, e o seu programa tivo un marcado influxo galeguista. Limitaba o seu ámbito de actuación a Galicia e segundo as súas listas de afiliados, acadou unha importante implantación, especialmente entre os labregos da provincia de Pontevedra. Apoiou o proxecto da Autonomía de Galicia pero, despois do fracaso das eleccións de 1933, desapareceu como partido político para desenvolver un papel sindical. En 1936 decidiu apoiar o programa do Partido Galeguista.
-
-
Danza cortesá de compás ternario e orixe española propia do s XVI.
-
Marcha musical que tocan as bandas nas festas polas rúas dun lugar. Ten a súa orixe nas marchas españolas do s XVI e XVII de 4 e 6 compases, que se executaban cun tamboril e unha frauta. Estendeuse por toda Europa e foi cultivada por compositores como J. S. Bach, J. Brahms e M. Ravel. OBS: Adoita empregarse en plural con significado de singular.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Santiago de Compostela a partir do 30 de marzo de 1891. Cesou o 15 de xaneiro de 1892. Subtitulada “Boletín-revista. Órgano oficial de la Asociación Regionalista”, editouse quincenalmente baixo a dirección de Alfredo Brañas e promovido por esta sociedade. A publicación xurdiu co gallo dos Xogos Florais de Tui, celebrados en xuño de 1891, momento en que se fundou a Asociación Regionalista Gallega, presidida por M. Murguía. De carácter literario, incluíu recensións e artigos xornalísticos en que manifestaba un grande interese polo rexionalismo catalán como modelo a seguir en Galicia. Pode considerarse como unha das publicacións máis destacadas da época.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en La Habana a partir de 1912. Cesou ese mesmo ano (nº72). Subtitulada “Revista Semanal Ilustrada: Órgano de los Intereses Gallegos en La Habana”, estivo dirixida por Xosé Baqueiras. De periodicidade semanal, ofreceu información de carácter xeral sobre acontecementos relacionados con Galicia e coas actividades desenvolvidas polo Centro Galego e o seu centro de saúde La Benéfica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cadernos editados en Vigo a partir de 1928 e dirixidos polo marqués de Quintanar, Xavier Ozores Pedrosa e Xosé Cao Moure, propietario da editorial PPKO, encargada de publicar cada un dos volumes. O seu último caderno foi probablemente o nº7, editado en 1932. Como publicación de excelente calidade, incluía fotografías dos pazos máis importantes de Galicia, ademais dos artigos en que se explicaban as súas características e os escudos das casas propietarias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
pedregoso.
-
PERSOEIRO
Mineiro e enxeñeiro estadounidense. Estudou e fabricou diversos instrumentos para facilitar a busca de ouro. Inventou unha coñecida turbina hidráulica que leva o seu nome, tamén chamada roda Pelton.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mariño e inventor. Ingresou no Colegio Naval de Cádiz, onde acadou o grao de alférez (1872). Como oficial serviu en Cuba e Filipinas, e participou no saqueo naval de Bermeo, durante a Terceira Guerra Carlista. Foi profesor de física e química na Escuela de Ampliación de Estudios de Marina en Cádiz. Interesado pola navegación submarina, continuou os estudos de N. Monturiol e inventou un submarino propulsado electricamente (1885). Aínda que as autoridades españolas non o axudaron, non permitiu que o seu invento se desenvolvese no estranxeiro. Tamén inventou, entre outros, un proxector luminoso, un acumulador eléctrico, un varadoiro de torpedeiros ou unha metralladora eléctrica.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e escritor. Doutor en Dereito e licenciado en Filosofía e Letras. Poeta do Rexurdimento, estivo vinculado ao labor cultural do segundo provincialismo e do rexionalismo, momento en que publicou a maioría dos seus textos. Membro da Asociación de Folklore Gallego creada por Emilia Pardo Bazán, foi un dos 40 numerarios fundadores (1905-1918) da Real Academia Galega, onde desempeñou o cargo de tesoureiro (1905-1914). Colaborou en Galicia, El Heraldo Gallego e Revista de Galicia, onde incluíu cantares populares e algunhas paráfrases de textos bíblicos. Na súa obra, caracterizada pola riqueza dos termos léxicos e o amor pola natureza, destacan Versos en dialecto gallego y correspondencia castellana de sus principales voces (1878), en que recolle poemas intimistas, sociais e de circunstancias; Cancionero popular gallego y en particular de la provincia de La Coruña (1885-1886), que o recoñeceu internacionalmente como folclorista; e Foguetes...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Premio convocado desde 1989 pola Sociedad Artística Ferrolana para homenaxear a figura do poeta ferrolán Xosé María Pérez Parallé. Os poemas premiados publícanse na revista Poesía Galicia.
-
GALICIA
Escritor. Formado en filosofía e letras, dereito e maxisterio en Santiago de Compostela, pertenceu ao Centro Obrero de Cultura e á Sociedad Artística Ferrolana. Colaborador de El Compostelano e El Eco de Galicia, foi un dos cofundadores da revista Abrente. A súa obra caracterizouse por unha liña de carácter tradicional con trazos propios das tendencias descritivas de principios de século e con elementos populares. Da súa produción destacan Mariñanas (1961), en que se inclúen composicións premiadas no Certamen Candilejas (1960); Non falarei, non (1977) premiada en Guimarães (1975); Cartafol da saudade (1983), Dorna romeira (1985), premiada nos Xogos Florais de Pamplona (1969); Chanteiro (1990) e Poemas, cantigas (1995). Escribiu tamén as pezas dramáticas O rodicio (1977), A subela (1982) e Parladoiro (1986).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Foi a Italia (1736-1739), onde realizou o Mercure attachant ses talonnières, para presentarse á Acadèmie (1744). Por encargo de Luís XV fíxolle unha réplica, que, xunto con Vénus qui ordonne un message à Mercure (1748), foi enviada a Federico II. Traballou tamén para madame de Pompadour (1750-1758), para quen realizou Madame de Pompadour en amitié (1753). Foi o autor do monumento funerario de Mauricio de Saxonia (1753-1776) e do monumento a Luís XV, en Reims (1756-1765).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
mexalleira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Plan de reforma do bacharelato elaborado polo ministro de Instrución Pública Eduardo Callejo en 1926. Establecía dous bacharelatos: un elemental de tres cursos e un superior ou universitario.
-
PERSOEIRO
Poeta alemán. Na súa poesía lírica buscou a perfección formal e atacou frecuentemente o romanticismo. Escribiu Ghaselen (Gacelas, 1821), Sonette aus Venedig (Sonetos Venecianos, 1825), Der romanische Oedipus (O romántico Edipo, 1828), onde atacou a Heine, e Geschichten des Königreichs Neapel (Historias do reino de Nápoles, 1833).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
froalla.
-
VER O DETALLE DO TERMO
porcallán.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘banco (onde se gardan os cartos)’.