"Das" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 542.

  • Gravado rupestre situado en Louro (Muros). Consta de diversas combinacións circulares nas que alternan liñas continuas e punteadas, cazoletas e espirais, dúas delas unidas formando unha dobre espiral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Madrid a partir do 1 de maio de 1922. Cesou en xuño dese mesmo ano. Subtitulada “Folla dos rapaciños galegos”, foi a primeira publicación infantil publicada en galego. Promovida por Ramón Cabanillas e Vicente Risco, incluíu noticias e artigos sobre a toponomia, o folclore galego e aqueles temas de interese que servisen para promover a cultura galega. A publicación ilustrouse con debuxos de Castelao e Antonio Palacios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada en Vigo a partir de 1978 e que deixou de editarse na primavera de 1981 (nº9) cun suplemento que incluía unha tradución ao galego do texto de Vicente Risco “A vida dos nenos na aldea galega”. Foi a primeira revista pedagóxica editada en galego e serviu de antecedente para a posterior Revista Galega de Educación. Promovida polo Movemento Cooperativo de Escola Popular Galega, fomentaba a galeguización das escolas e a renovación didáctica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ondulacións de gran lonxitude que se forman na troposfera media e alta, a causa da distribución das presións. En ocasións o número de ondas en altura pode variar de tres a seis, pero na atmosfera tende a adoptar a configuración de catro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monumento megalítico situado en Alba (Vilalba). Incluído nun conxunto funerario formado por seis medoñas, está composto por unha cámara poligonal de enormes dimensións (12 m de diámetro e 1,50 m de altura) integrada por oito laxes chantadas inclinadas cara ao interior e que non presenta cuberta. A mámoa está cuberta na súa maior parte. Conserva unha serie de gravados que foron localizados na parte interior de catro lousas que representan liñas onduladas dispostas de xeito paralelo en dirección vertical sobre a superficie pétrea, que poden ser interpretadas como serpes, símbolo da fertilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Vilamarín, no concello homónimo. O seu cumio acada os 541 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte que pertence ao Parque Natural do Invernadeiro, situado no concello de Vilariño de Conso. O seu cumio acada os 1.604 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da serra do Invernadeiro, no concello de Vilariño de Conso. O seu cumio acada os 1.257 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • De forma intencionada ou con pleno coñecemento do que se fai e das súas consecuencias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xogador de baloncesto lituano. Considerado como un dos mellores pivotes europeos, foi campión da URSS co Zalguiris Kaunas (1985-1986 e 1986-1987). Posteriormente xogou no TSKA de Moscova, o Fórum de Valladolid e o Real Madrid, co que gañou dúas Ligas (1993 e 1994) e a Liga Europea (1995). A partir de 1995 xogou na NBA nos Portland Trail Blazers, ata que en 2003 fichou novamente polo Zalguiris Kaunas. Foi campión mundial (1982) e europeo (1985), medalla de ouro en Seúl (1988) coa selección da URSS e medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Barcelona (1992) e Atlanta (1996) con Lituania.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia da Trapa (A Fonsagrada). O seu cumio acada os 847 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conflitos desencadeados pola anfitionía de Delfos para defender os dereitos do santuario da cidade. Serviron para dar saída á rivalidade dos tebanos e dos tesalios contra os focenses. Os conflitos provocaron catro guerras entre 595 a C e 336 a C que acabaron coa invasión e o dominio de Grecia por parte de Filipo II de Macedonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obxecto de cortiza ou doutro materia moi lixeiro, recuberto de lona, que posto ao redor do corpo, mantén aboiando unha persoa na auga. OBS: Emprégase en aposición a outros substantivos para nomear obxectos que teñen o mesmo fin, como os botes salvavidas ou os chalecos salvavidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santo Ildefonso que dá nome ao concello de San Cibrao das Viñas, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Ourense, situado no centro-norte da provincia de Ourense e no centro-sur da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N co concello de Ourense (comarca de Ourense), ao S coa Merca (comarca da Terra de Celanova) e Taboadela (comarca de Ourense), ao L co Pereiro de Aguiar (comarca de Ourense) e Paderne de Allariz (comarca de Allariz-Maceda), e ao O con Barbadás (comarca de Ourense). Abrangue unha superficie de 39,5 km 2 cunha poboación de 4.151 h (2007), distribuída nas parroquias de Gargantós, Noalla, Pazos de San Clodio, Rante, San Cibrao das Viñas, Santa Cruz da Rabeda e Soutopenedo. A súa capital é o núcleo de San Cibrao das Viñas, situado a 42° 17’ 58’’ de latitude N e 7° 52’ 10’’ de lonxitude O, que dista 4 km da capital provincial. Está adscrito á diocese de Ourense e ao partido xudicial de Ourense.
    Xeografía física
    Desde o punto de vista xeomorfolóxico, San Cibrao das Viñas está vinculado á cubeta ourensá, coa presenza...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capela situada en San Cibrao das Viñas. Construída no s XIV con reformas posteriores, ten unha soa nave con cuberta de madeira a dúas augas sostida por un beiril apoiado en canzorros xeométricos e figurados, de tradición románica. O arco triunfal é apuntado e apóiase en dúas liñas de imposta con molduras. No exterior destaca pola súa sobriedade. A espadana foi un engadido posterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Coruña baixo a advocación de san Cristovo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título nobiliario outorgado por Carlos II en 1698 a Fernando Arias Ozores, señor das casas de San Miguel das Penas e La Mota. En 1719 Filipe V estendeu o Real Despacho, co vizcondado previo de San Esteban de Oca, a súa irmá Constanza Arias Ozores (Lugo 1669, VII condesa de Amarante, considerada como a I marquesa de San Miguel das Penas e La Mota. Iniciou co seu home, Andrés Gayoso Ozores e Sotomayor, a construción do pazo de Oca.   O título continuou nos seus descendentes directos ata a morte de Encarnación Gayoso de los Cobos e Téllez-Girón (1813-?) VI marquesa de San Miguel das Penas e La Mota. O condado permaneceu vacante ata que foi rehabilitado en 1931 polo seu sobriño-neto Ignacio Fernández de Henestrosa e Gayoso de los Cobos (?-1948), VII marqués de San Miguel das Penas e La Mota e XVIII conde de Ribadavia, que cedeu o título a súa irmá Casilda Fernández de Henestrosa e Gayoso de los Cobos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Vicedo baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO