"Fer" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2007.
-
GALICIA
Arquitecto e político. Licenciado na Escola Tècnica Superior de Arquitectura de Barcelona (1972), exerceu como profesional en Santiago de Compostela. En 1973 formou con outros profesionais o grupo interdisciplinar Oikos. Traballou en asociación con Pedro de Llano (1977-1983) co que realizou, entre outras obras, edificios de vivendas en Santiago e Ribeira, a casa Fernández Foxo en Esteiro e a casa Teixeiro en Teo; no eido do urbanismo e da rehabilitación arquitectónica o pavillón polideportivo e a facultade de Físicas da Universidade de Santiago de Compostela. Cómpre destacar os seus traballos “Notas sobre el desarrollo urbano de Santiago en la década de los 60”, en Ciudad y territorio (1977); “Santiago, un centro histórico en proceso de peatonalización”, en Galicia. A destrución e a integración do patrimonio arquitectónico. III Xornadas de arquitectura galega (1981); “Santiago de Compostela. Spain” en Soft Urbanism. 15 projects. Artpolis’96 (1996); “Compostela...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que produce estolóns.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Segunda capa máis alta da atmosfera terrestre, situada entre os 12 e os 40 km de altura sobre a superficie da Terra. Foi descuberta en 1899 polo xeólogo francés Léon Teisserenc de Bort, quen chegou a fixala en 1902 ata os 80 km de altura. Posteriormente, no Congreso da Unión Xeodésica e Xeofísica Internacional, que se celebrou en Bruxelas en 1951, distinguíronse dúas capas: a mesma estratosfera no sentido inicial e a mesosfera. Estaba considerada, de forma inexacta, como unha capa de calma absoluta e de perfecta estratificación. Os ventos poden acadar unha velocidade de ata 250 km/h e os movementos verticais chegan para homoxeneizar toda a capa. En contraste coa troposfera, constitúe unha capa clara e seca, sen practicamente vapor de auga. A rarefacción do aire aumenta coa altura, ao tempo que se concentra a parte máis grande de ozono atmosférico, que, cara aos 25 km, chega a constituír outra capa, a ozonosfera. A temperatura deixa de diminuír e estabilízase cara aos 30 km. Acaba nunha...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á estratosfera.
-
GALICIA
Mariño. Destinado en Filipinas, Cuba e New Orleans, axudou a sufocar a sublevación do arsenal ferrolán en 1872. Unha vez que se proclamou a Primeira República loitou contra os sublevados do arsenal da Carraca en Cádiz e contra as tropas carlistas no Cantábrico. En 1879 ascendeu a capitán de fragata e foi destinado a La Habana. Ata 1895 exerceu como axudante da mariña do distrito e porto de Mayagüez. Participou no combate de Santiago de Cuba, onde foi apresado polos americanos. Unha vez finalizada a Guerra de Cuba, foi xefe do estado maior do departamento de Cartagena, xefe do departamento de Cádiz, comandante da mariña de Sevilla e gobernador civil de Canarias.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Capa superior da atmosfera terrestre en que a presión adquire os seus mínimos valores. Esténdese entre os 500 e 800 km de altitude e limita co espazo interestelar. Nela, o aire está sumamente enrarecido, ata o punto de que a distancia entre unha molécula gasosa e outra pode medirse en metros. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao espazo exterior á atmosfera terrestre.
-
PERSOEIRO
Pintor e debuxante, fillo de Vicente Eyré Varela (1887-1968), maxistrado do Tribunal Supremo. Abandonou os estudios universitarios de enxeñería e arquitectura para dedicarse á pintura de xeito autodidacta. Dominou a técnica do pastel e, como debuxante, resaltou a beleza dos modelos mediante a utilización de tons moi suavizados e dunha iluminación clara e limpa. Realizou retratos de persoeiros relevantes non só en España, senón tamén en Francia, Italia e EE UU, entre outros países. Entre as súas obras destacan El Grito Supremo, Pilar Estrada Borrajo de Orozco de Eyré, Alfonso Fierro, Marqués de Amurrio, San Bartolomé, Torero e os retratos do Rei Xoán Carlos I. Colaborou coas súas ilustracións en El relato compostelano (2001). Foi académico de honra da Accademia Letteraria de Roma, socio de honor da Unione Artistica Paternopea de Nápoles, membro de honor de Les Violettes Picards et Normands, membro de honor da...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de anemia aplástica, de carácter hereditario, que afecta aos nenos de entre cinco e dez anos. Caracterízase por pancitopenia, alteracións cromosómicas, malformacións conxénitas, manchas na pel e atraso do crecemento. Denomínase tamén panmielopatía hipoplástica constitucional.
-
GALICIA
Política. Foi presidenta de Novas Xeracións do Partido Popular da Coruña desde 1994 e deputada no Congreso pola circunscrición da Coruña na VI (1996-2000) e VII (2000) lexislaturas, nas que foi membro das comisións de Sanidade e Consumo, Administracións Públicas, Regulamento e da comisión mixta para o estudo do problema das drogas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e director de orquestra húngaro. Compuxo óperas, música sinfónica e de cámara, ballets e bandas sonoras.
VER O DETALLE DO TERMO -
DIARIOS
Diario aparecido en Ferrol en 1914. Dirixido por Adolfo Lahorra, a súa orientación política foi liberal-prietista.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización creada en Ferrol en 1935, que recuperaba a organización da Juventud Libertaria de Ferrol (1933), desmantelada tralos sucesos de outubro de 1934. O primeiro grupo libertario xuvenil de Ferrol xurdira a finais de 1913 co nome de Juventud Libertaria e durante a Segunda República este movemento acadou certo nivel de organización. En decembro de 1935 incorporóuselle a Juventud Libertaria de Mugardos. A súa actuación estivo vinculada á da CNT e, ademais da súa participación no sindicalismo, os grupos libertarios xuvenís destacaron polo seu traballo cultural e propagandístico, a través de mitins e conferencias que se celebraban tanto en Ferrol como noutras poboacións da comarca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Federación constituída en agosto de 1931 en que figuraba media ducia de sociedades de Ferrol e unha de Mugardos, e na que destacaban o Sindicato General, dos traballadores da industria naval, polo seu volume de afiliación, e o de Camareros e de Transportes, pola súa combatividade. A finais do mesmo ano produciuse a incorporación dalgunhas sociedades escindidas da UGT e do Sindicato de Canteros, cunha traxectoria como sindicato independente dende finais do s XIX.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo federativo das sociedades obreiras de Ferrol, fundado en xaneiro de 1919 e no que figuraban tanto sindicatos de carácter socialista como anarcosindicalista ou sen orientación definida. Foi coetáneo coa época de achegamento entre a CNT e a UGT, trala folga xeral de 1918, na que ambas centrais sindicais actuaron conxuntamente. En decembro de 1919 varios delegados de sociedades vinculadas á Federación participaron no Congreso da CNT en Madrid, no que esta organización se amosou contraria á fusión coa UGT, optando por tratar de absorber o sindicato socialista. En Ferrol xurdiron tamén diferencias entre anarcosindicalistas e socialistas, que remataron coa creación do Sindicato Único de Obreros Metalúrgicos en febreiro de 1920, xermolo da CNT ferrolá. No II Congreso da Federación, en abril do mesmo ano, decidiuse por maioría o ingreso na UGT. A maior parte dos seus afiliados pertencían aos diferentes gremios de traballadores da construción naval, sumando un total de 2.063 afiliados...
-
PERSOEIRO
Matemático. Estudiou na University of Meryland e na Princeton University, na que se doutorou en 1969. En 1978 otorgóuselle a Medalla Fields por diversas innovacións en análise clásica, útiles no estudo da interficie entre análise harmónica, análise complexa e as ecuacións diferenciais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo e debuxante. Famoso polos traballos publicados na revista Village Voice, cos que en 1961 presentou o espectáculo titulado The Explainers (Explicacións), no que facía unha lectura crítica das teimas e problemas da clase media americana. Outros traballos salientables foron Feiffer’s People (A xente de Feiffer, 1968), The White House Murder Case (Asasinato na Casa Branca, 1970), Hold Me! (Cólleme!, 1977), xunto con diversos guións para cine e televisión como I want to go home (Quero volver a casa, 1990), dirixido por Alain Resnais. En galego a revista Grial publicou en 1965 o texto breve Arnold a gatas, con tradución de Ramón Lugrís Pérez.
VER O DETALLE DO TERMO -
CABOS
Cabo de Alxeria, situado no wilāya de Annaba, ao O da desembocadura do río Seybouse, que constitúe o extremo occidental das montañas de Edough.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Animal salvaxe, especialmente o que pode causar dano ao home ou ao seu gando.
-
Persoa cruel e de carácter moi violento.
-
Persoa que ten coñecementos, actitudes ou é moi competente para unha actividade determinada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de feraz.