"Bo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4083.
-
CIDADES
Cidade da oblast’ de Mahilyo ǔ , Bielorrusia, situada á beira do Berezina (226.681 h [1997]). É un núcleo de industria da madeira. Hai tamén depósitos de fosforita preto da cidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Deporte olímpico de inverno consistente en tripular unha zorra articulada que esvara por unha superficie de xeo semicilíndrica e inclinada. O enxeño -bipraza ou de catro prazas- de estrutura metálica e cunha carena aerodinámica, descansa sobre catro patíns de aceiro, e pode acadar velocidades que chegan ata os 150 km/h. A pista ou canle de xeo admite unha soa zorra e ten uns 1.500-1.800 m de lonxitude, cun desnivel do 8-15%. A regulamentación das competicións prohibe o uso de calquera medio mecánico de propulsión. No ano 1898 celebrouse a primeira competición organizada. Posteriormente, o bobsleigh foi admitido como deporte olímpico (Xogos Olímpicos de Inverno de Chamonix, 1924).
-
-
-
Orificio do comezo do tracto dixestivo ou da cavidade dixestiva que presentan a inmensa maioría dos animais. Nos animais diploblásticos, como as medusas e as hidras, corresponde á comunicación da cavidade gastrocélica co exterior. Nos triploblásticos pode corresponder ao blastóporo da gástrula (diversos protostomados) ou deberse a unha neoformación. Nos vertebrados esta neoformación ten lugar por perforación da placa bucal.
-
Estrutura en forma de cavidade, aberta inmediatamente despois do orificio bucal e en conexión co tubo dixestivo -do que é, de feito, a primeira parte-, que posúen moitos animais. Primariamente é a estrutura pola que se inxiren os alimentos, e secundariamente, nos vertebrados, forma parte do aparato respitatorio e fonador; nalgúns casos colabora tamén no sistema defensivo e ofensivo do animal. Os invertebrados presentan unha boca máis ou menos desenvolvida (excepto os que sufriron modificacións atróficas a causa do parasitismo, ou os que se nutren por filtración ou por osmose), constituída basicamente por un aparato bucal. Nos vertebrados a morfoloxía da boca varía segundo os grupos, pero polo xeral está recuberta interiormente por unha membrana mucosa e contén os dentes (excepto nas aves actuais), a lingua, elementos receptores dos estímulos gustativos, táctiles ou térmicos, e as glándulas bucais; os vertebrados que producen sons adoitan utilizar a boca para modificalos...
-
boca a boca /
Método de respiración artificial que consiste basicamente en inducir a respiración do paciente expirando fortemente na súa boca.
-
-
Os labios como parte da cara ou da fisionomía.
-
-
Abertura, semellante ou comparable á boca, que comunica a parte exterior coa interior dalgunha cousa.
-
Parte anterior da alma dunha arma de fogo.
-
Parte da zoca que se corresponde coa empeña do pé.
-
Extremidade anterior dalgúns botalós ou dalgúns picos, de forma semicircular, pola que se aseguraban ao pau por medio do colar de raca.
-
...
-
-
-
MONTES
Monte de 1.351 m de altitude, preto da aldea de Reigosa, no concello de Samos.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte de 1.470 m de altitude, situado na parroquia de Mormentelos, no concello de Conso.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte da serra dos Ancares (1.847 m), situado no concello de Cervantes.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte de 364 m de altitude, situado na parroquia de Serres, no concello de Muros.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que se queda embobada ante calquera cousa que o sorprenda ou admire.
-
-
Porción de pan aberta en dúas metades en forma de rebandas entre as que se coloca xamón, queixo, chourizo ou calquera outro alimento.
-
Nunha obra de teatro, intervención dun actor no diálogo cando consiste en poucas palabras.
-
Oco en branco con diversas formas que aparece nos cómics, chistes ou gráficos, encerrando as palabras e as expresións dos personaxes.
-
-
-
Parte de alimento que se mete dunha vez na boca.
-
Acción na que se arrinca un cacho dun alimento cos dentes.
-
Anaco dun alimento que se arrinca coa boca.
-
Mordedura ou ferida que se fai cos dentes.
-
Comida apetitosa.
-
Espacio de tempo moi curto. OBS: Nesta acepción adoita empregarse o diminutivo, bocadiño.
-
Parte do freo que entra na boca das cabalgaduras e que se emprega para dirixilas.
-
Freo dunha cabalería.
-
Parte curva do anzol.
-
Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘bocado’.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Quenlla que pode superar os 5 m de lonxitude; caracterízase por ter seis branquias, unha cola que mide unha cuarta parte da lonxitude total, a cabeza máis ancha ca o tronco e case plana pola parte superior e tan só unha aleta dorsal detrás das ventrais. É de cor gris acastañada, xeralmente cunha franxa máis clara na liña lateral. Propia dos océanos Atlántico, Índico e Pacífico, e do Mar Mediterráneo, é unha especie carnívora que se alimenta dunha gran variedade de especies mariñas entre as que se poden atopar outras quenllas. Resulta moi difícil que ataque ao home.
-
REXIÓNS
Rexión da Baixa Normandía, Francia, comprendida entre os departamentos de Manche, Orne e Calvados. Forma parte do macizo Armoricano. O principal recurso económico é o pastoreo e, en Granville, a pesca e o turismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de paisaxe rural formado por campos de medida desigual, pechados por cerrados de árbores mestas e altas. É orixinaria de Normandía e Bretaña.
-
PERSOEIRO
Zoólogo. Estudiou Medicina na Universidade de Coimbra. En 1849 entrou na Escola Politécnica de Lisboa como profesor de Zooloxía e reorganizou e desenvolveu o Museo Nacional de Lisboa (Museo Bocage), onde estableceu importantes coleccións científicas e dende onde organizou o ensino e a investigación no eido da Zooloxía en Portugal. En 1863 foi nomeado membro estranxeiro da Zoological Society de Londres. En 1865 describiu a esponxa Hyalonema lusitanica, recollida fronte ás costas portuguesas, que constituíu a primeira proba aceptada pola comunidade científica da existencia de vida abisal. Describiu máis de 200 especies animais novas, entre as que se atopa a salamántiga endémica galega Chioglosa lusitanica (1864), aínda que a maioría pertencían ás colonias portuguesas, particularmente ás africanas. Entre as súas numerosas publicacións, cómpre destacar Memoria sobre a cabra montez da Serra do Gerez (1857), Liste des mammifères et Reptiles observés en Portugal...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Aos 14 anos enrolouse no rexemento de Infantería en Setúbal e logo entrou na Académia Real da Marinha. Posteriormente embarcou con rumbo á India (1786) e, despois dunha estadía no Brasil, retornou a Lisboa en 1789. Irreverente coa monarquía e a relixión, foi perseguido pola Inquisición debido á vida bohemia que levaba e ás sátiras que escribía e recitaba, o que provocou o seu encarceramento no Limoeiro en 1797 e o posterior enclaustramento no mosteiro de São Bento e no Oratorio, para logo ser posto en liberdade en 1798. Grande ilustrado e poeta prerromántico, a obsesión pola morte e os clamores retóricos de celos e blasfemia, de actitude claramente prerromántica, engadiron un lánguido erotismo e un concepto da divindade que pertencen de cheo á tradición do s XVIII. Escribiu odas, cantatas, epigramas e sobre todo sonetos, reunidos en tres volumes de Rimas (1791, 1799 e 1804).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de València, da comarca do Val de Albaida, situado no centro do val de Bocairent (97 km2; 4.627 h [1996]). Rodeado polas serras de Onteniente e Mariola, drenado polos ríos Vinalopó, Xúcar e Clariana. O territorio é de carácter montañoso, con bosques de piñeiros e aciñeiras. Na agricultura predominan os cultivos de secaño, se ben o regadío aproveita as augas do Vinalopó. Os cultivos máis estendidos son os cereais e as árbores froiteiras, especialmente a maceira nas áreas de regadío, e os cereais, oliveira e o bidueiro nos de secaño. A actividade económica básica é a industria, cunha ampla tradición no téxtil, especialmente a fabricación de mantas. A poboación medrou, fundamentalmente ao longo do s XVIII. De orixe islámica, foi vila real con voto en Cortes. Dentro do termo municipal hai restos ibéricos.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Peza con forma de embude, na que se apoian os beizos para soprar nos instrumentos de vento.
-
Peza que pode estar feita de diferentes materiais e que se coloca no fociño dos cans para que non traben, e no dos cabalos ou bestas de tiro para que non paren a comer.
-
Peza do freo en forma de barra que entra na boca dos cabalos e que se emprega para dirixilas.
-
O freo da cabalgadura.
-
Boca do canón de artillería.
-
Abertura do candeeiro onde se coloca a candea.
-
Boca de calquera vasilla.
-
Peitoril na boca dun pozo.
-
-
-
Palabra malsoante que sinala falta de educación.
-
Cousa que se di para presumir, por fachenda, aínda non sendo certa.
-
-
-
Que ou quen blasfema ou di groserías.
-
Que ou quen fala por presumir, mentindo ou esaxerando.
-
Persoa que fala demasiado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘preñada’.