"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
ILLAS
Illa situada no arquipélago ártico, situada no mar de Beaufort, ao O da illa Victoria. Descuberta en 1851 por Robert Mac Clure, pertence administrativamente aos Territorios do Noroeste (Canadá).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo. Autor de dramas históricos ao xeito de Racine, sentimentais e eróticos. Obtivo un grande éxito durante a Restauración inglesa. Entre as súas obras destacan:Virtue betrayed; or Anna Bullen (A virtude traizoada ou Ana Bolena, 1692), The Island Queens; or The Death of Mary, Queen of Scotland (A raíña da illa ou a morte de María, Raíña de Escocia, 1684), etc.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Naturalista e explorador. Acompañou a Cook na súa primeira viaxe no Endeavour (1768-1771), durante a que estudiou a fauna de Australia e de Nova Zelanda. Participou noutras expedicións, entre as que cómpre salientar a que fixo a Islandia (1772). Foi presidente da Royal Society en 1778.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico e actor. Estreouse en Hollywood en 1914 dirixido por Sennet. Consagrouse en Inglaterra a partir de 1928, abandonando as persecucións de coches e optando polo cine burlesco e irónico. Dirixiu, entre outras, as películas: Cokctails (Cócteles, 1928), Almost a honeymoon (Lúa de mel perpetua, 1930), Money for nothing (Diñeiro para nada, 1932), The church house (A casa da igrexa, 1934), Queen of hearts (Raíña de corazóns, 1938) e Great guns (Grandes pistolas, 1941).
VER O DETALLE DO TERMO -
PENÍNSULAS
Península de Nova Zelanda, na costa oriental da illa do Sur (1.165 km2 de superficie). É unha rexión montañosa formada por rochas volcánicas, con vales onde se acumula o loess.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Unión Industrial Bancaria.
-
PERSOEIRO
Actor británico. Polo seu físico, interpretou sempre papeis de home duro e malvado, aínda que nalgunha ocasión cambiou a súa imaxe, como no papel de avó no filme Hope and glory (Esperanza e gloria, 1987). En 1965 foi nominado ao Oscar como Mellor Actor Secundario por Flight of the Phoenix (O voo do Fénix). Entre as súas películas destacan: Private’s progress (Progreso privado, 1956), Penelope (1966), Fright (Acosadas polo pánico, 1971), Il viaggio (A viaxe, 1974), Gandhi (1982) e The sound and the silence (O son e o silencio, 1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Termo inglés que significa ‘pancarta’ e que se utilizaba primeiramente para designar os espacios de forma rectangular dos xornais, nos que se insería publicidade na súa edición informática vía Internet. Posteriormente, converteuse nun anuncio publicitario das páxinas de Internet do que existen dúas modalidades: fixo e animado. Os fixos son unicamente unha mensaxe publicitaria construída con aplicacións infográficas e no seu caso de tratamento de fotografías, e os animados son unha sucesión de banners fixos que se repiten conforme a un programa establecido, coa mesma técnica cós debuxos animados. Cada banner pode estar ligado a unha páxina web.
-
Aplicación escrita en linguaxe Java que amosa un banner, no que con gran rapidez e de forma secuencial se amosan enderezos da Internet que se poden visitar.
-
-
PERSOEIRO
Atleta británico. Foi o primeiro que percorreu unha milla en menos de catro minutos.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción e efecto de bañar ou bañarse. SIN: bañadura.
-
Líquido disposto para bañarse ou no que alguén se dá un baño.
-
Recipiente para bañarse. SIN: bañeira.
-
Cuarto amañado especialmente para bañarse ou asearse. OBS: Tamén se chama cuarto de baño e xeralmente consta de bañeira, lavabo, retrete e demais servicios hixiénicos. SIN: aseo.
-
Instalación destinada ao baño, especialmente de tipo medicinal. SIN: balneario.
-
Revestimento superficial dun obxecto que consiste nunha película de metal, verniz, esmalte ou outra substancia para embelecelo ou protexelo.
-
Artesa onde se salga a carne de porco para a súa conservación. Normalmente está formado por un tronco de árbore, especialmente de castiñeiro, cunha tapadeira en forma de taboleiro e un burato na parte inferior do mesmo tronco para que vaia saíndo a salmoira.
-
-
Recipiente onde se lle bota a comida aos animais, especialmente aos porcos. SIN: bacía, maseira.
-
Caixa de madeira onde se vai picando a comida dos animais, especialmente o toxo.
-
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar onde os presos cumprían traballos forzados.
-
ENSEADAS
Enseada do litoral meridional da ría de Ferrol, na parroquia de Mugardos, no concello homónimo. Esténdese entre a punta Redonda ao O e a punta Peteiro ao L.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Orde de cabalería de Inglaterra, segunda en importancia do Reino. Foi fundada no 1399 por Enrique IV e anovada no 1725 por Xurxo I. O seu nome deriva do baño que tomaban os donceis para se purificaren antes de recibir a armadura. Hoxe pertence a ela o soberano, os príncipes reais e persoeiros estranxeiros ilustres.
-
ENSEADAS
Enseada da beira oriental da ría de Betanzos, comprendida entre a punta Redonda (ó N) e a punta Satareixas (ó S) no litoral do concello de Miño (parroquias de Perbes, Castro e Miño).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Apelido de orixe toponímica. Este topónimo, localizado en terras de Miño e Guitiriz, semella ser unha formación híbrida composta polo latín balneu ‘baño’ máis a terminación de orixe celta -obre, derivada do céltico -brix ~ -bris ‘altura, monte’.
-
Na heráldica galega corresponde aos Tenreiro do pazo de Bañobre en Miño, partido de Pontedeume.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situado en Santa María de Castro (Miño). Recibe tamén o nome de pazo de Leiro. Foi reformado en 1981. A fachada está revocada, sobre a entrada, constituída por un muro de cantería no que sobresae o balcón. O brasón principal está dividido en oito cuarteis coas armas dos Andrade, Bermúdez, Castro, Figueroa, Moscoso Santiso, Soutomaior e Vilardefrancos. Conserva a capela pero moi afectada por unha vivenda construída á súa beira.
-
-
Relativo ou pertencente a Banyoles ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Banyoles (Pla de l’Estany).
-
Diñeiro de billón cuñado en Banyoles entre o 1600 e o 1605.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe orixinaria, segundo algúns investigadores de Monterrei e, segundo outros, da antiga xurisdición de Baños composta polas freguesías de Arcos, Baños, Carracedo, Cequeril, Couselo, Estacas, Montes, Moimenta, Morillas, Portela, Piñeiro e Troáns, próximas ao concello de Baños de Cuntis. Coa Reconquista espallouse por toda España: Soria, Logroño, Burgos, Bizkaia, Madrid, Sevilla, Granada e outras provincias de España. Os heraldistas reseñan outra casa de onde procede Benito de Baños, un dos guerreiros que participaron con Fernando III o Santo na toma de Córdoba aos mouros. De Galicia pasaron a San Esteban de Gormaz e, de aquí, a Colombia. A rama galega leva, en campo de goles, seis besantes de ouro (ou prata), colocados en dous paos. Os de Bizkaia traen, en campo de ouro, catro bandas onduladas de goles. Os de Pedrosa (La Rioja) levan, en campo de goles, un castelo de ouro; partido de ouro, cunha árbore de sinople sobre ondas de azul e prata e un lobo de sable, pasante, ao pé...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome orixinal do concello de Cuntis, constituído en 1813. Mantivo esta denominación nas sucesivas divisións municipais de 1821 e 1836 e durante todo o s XIX. A vila de Cuntis, que foi sempre a capital municipal, pertencía á parroquia de Baños e rematou por impor o seu nome ao concello e á parroquia.