"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • GALICIA

    Guerrilleiro antifranquista. Alcumado Lúa, foi labrego de profesión. Serviu de enlace dos guerrilleiros que actuaban na zona ata finais de 1947, ano en que, xunto á súa irmá Xosefa e outros colaboradores da guerrilla, marchou ao monte por temor ás represalias policiais a raíz da caída do guerrilleiro Xosé Vázquez Ubaldo. Caeu nos arredores de Ourol nun enfrontamento coa Garda Civil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de estudios filolóxicos e lingüísticos realizados, sobre todo nos dominios lingüísticos francés e alemán, sobre as linguas vernáculas escritas antes da invención da imprenta. Esta disciplina trata de achegarse ao feito xeneralizado das variantes gráficas tan frecuentes nas scripta medievais. Naceu cos estudios de Louis Remacle sobre o antigo valón (1948) e continuou con Carl Theodor Gossen e Hans Goebl, entre outros. Un dos temas máis importantes destes estudios é a elaboración de mapas escriptolóxicos que permitan situar no espazo e no tempo un documento dado, grazas aos seus trazos ou características gráficas. Así, poderase aplicar esta metodoloxía aos distintos textos galegos de finais do s XX que documentan distintas heterografías. Unha aproximación para o s XV galego pode localizarse na tese doutoral Para unha escriptoloxía da lingua galega, de Xulián Maure.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que escribe, especialmente obras literarias.

    2. de escribir.

    3. Que se expresa ou representa mediante a escritura.

      1. Calquera cousa escrita.

      2. Texto que funciona como amuleto protector contra o mal de ollo e o meigallo. Adoitaba estar escrito en latín ou castelán e pendurábase do colo dunha persoa ou na trabe da mesma casa, co fin de preservar dos malos espíritos.

      1. Documento que se redacta para facer constar un acto ou contrato.

      2. Documento presentado á autoridade xudicial ou administrativa para reclamar un dereito ou formular unha petición.

      3. escrito de agravio

        Escrito no que o que apelaba expoñía diante do tribunal superior os agravios que cría que recibira do inferior e demandaba que a sentenza destes fose revogada ou modificada.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de escribir.

    2. Que se expresa ou representa mediante a escritura.

      1. Calquera cousa escrita.

      2. Texto que funciona como amuleto protector contra o mal de ollo e o meigallo. Adoitaba estar escrito en latín ou castelán e pendurábase do colo dunha persoa ou na trabe da mesma casa, co fin de preservar dos malos espíritos.

      1. Documento que se redacta para facer constar un acto ou contrato.

      2. Documento presentado á autoridade xudicial ou administrativa para reclamar un dereito ou formular unha petición.

      3. escrito de agravio

        Escrito no que o que apelaba expoñía diante do tribunal superior os agravios que cría que recibira do inferior e demandaba que a sentencia destes fose revogada ou modificada.

      4. escrito de conclusións

        Escrito que, ao rematar a primeira instancia do xuízo, cada litigante presenta para compilar as súas probas e críticar as do contrario.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que escribe, especialmente obras literarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Moble destinado a escribir, especialmente mesa con caixóns para gardar papeis, escritos, do-cumentos e utensilios de escritura.

      1. Sala ou estancia onde está o despacho dunha persoa.

      2. Sala destinada á transcrición de códices, á redacción de escrituras e á copia de documentos e libros que durante a Antigüidade clásica se situaba nas tendas dos editores, e na Idade Media nos mosteiros, colexiatas e catedrais. Entre os escritorios medievais máis célebres destacan o de Vivarium, creado no s VI por Casiodoro, os da curia pontifical e os de Verona, York, Tours, Ratisbona, Reims e Montecassino. Desde o s XIII, ante a crecente demanda de libros e manuscritos, organizáronse aulas conxuntas onde se utilizaba o sistema das peciae, que permitía a copia simultánea dunha mesma obra en cadernos separados.

    2. Zona principal de traballo na pantalla nos sistemas operativos gráficos, en que aparecen os iconos que permiten acceder a distintos recursos ou aplicacións dun sistema informático.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista literaria xuvenil que apareceu en Lugo a partir de marzo de 1959. Cesou a súa edición en maio de 1960. Dirixiuna Luis J. Quintela Ferreiro. De tendencia progresista, defendía o humanismo cristián e o iberismo, e propugnaba a unión de Galicia e Portugal. Incluía numerosas composicións poéticas de autores novos e doutros xa consagrados como Noriega Varela ou Ramón Cabanillas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bolsa de pel fina e rugosa que recobre os testículos na súa parte exterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hernia que se produce no escroto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación fundada en Santiago de Compostela en 2002. A Xunta xestora quedou constituída, entre outros, por Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Nemesio Barxa, Laura Bugallo, Marcelo Couñago, Rosa Chapela, Óscar Fernández Refoxo, Gustavo García, Marcial Gondar, Celso López Pazos, Fernando Martínez Randulfe, Afonso Ribas, Xosé Manuel Sarille, Elvira Souto, Elías Torres e Vítor Vaqueiro. O 19 de xullo presentaron en Santiago o seu Manifesto fundacional pola recuperación das liberdades públicas, co fin de facer un chamamento fronte ao recorte das liberdades e contra a pasividade cidadá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modalidade da arte contemporánea que se sitúa a medio camiño entre a escultura e a pintura. Conxuga o relevo escultórico e a forma pictórica e concédelle grande importancia á cor -que se obtén dos propios materiais e non de forma externa- e á luz. Realízase sobre diferentes materiais, entre outros, o coiro, o plástico, as teas metálicas e elementos de refugallo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constelación austral situada entre as de Balea e o Fénix. N. L. Lacaille chamouna Taller do escultor. O seu astro principal é α Scl que é unha estrela de magnitude visual 4,39.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se dedica á escultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á escultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de escurecer.

    2. Alteración enzimática que experimentan certos produtos alimentarios de orixe vexetal (mazás, peras, plátanos, patacas, etc), e que consiste nun escurecemento progresivo pola oxidación dos compostos o-dihidroxifenólicos que conteñen. O osíxeno do aire realiza a oxidación e os enzimas, como as fenolases, as polifenolases e as polifeniloxidases, caracterizadas polo feito de posuír cobre no grupo prostético, catalízana.

    3. Escurecemento producido en alimentos, unicamente por reaccións químicas, sen a intervención de enzimas. O mecanismo principal é a reacción de Maillard. En certos casos, pódese provocar controladamente o escurecemento non enzimático, como no escurecemento da cervexa e do mel, na torrefacción do café e dos froitos secos, e na obtención de extracto de carne; en todos estes casos as reaccións que se producen levan á aparición de compostos volátiles que son compoñentes importantes do aroma característico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte que serve de fronteira hispanolusa no territorio da parroquia de Abades, concello de Baltar. O seu cumio acada os 1.234 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula globosa do talo das rodofíceas rica en bromo e iodo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma patoxénica dos eritrocitos, que adquire unha forma esférica, moi abundante no sangue dos afectados pola esferocitose hereditaria, a drepanocitose e as anemias hemolíticas autoinmunes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Trastorno en que os eritrocitos adquiren forma de esferocito.

    2. Enfermidade hereditaria, de carácter dominante, que acostuma manifestarse na infancia, aínda que tamén pode aparecer en idades máis avanzadas, e que se caracteriza por unha anemia hemolítica con itericia e esplenomegalia. A causa é un trastorno da membrana dos eritrocitos, que os converten en esféricos e máis pequenos. Tamén se coñece como enfermidade de Minkowski-Chauffard.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bacteria ou lévedo que perdeu parcialmente a parede celular e que pasou a ser esférico debido aos cambios na permeabilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO