"Mos" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 604.
-
MONTES
Monte situado na parroquia dos Vilares (Guitiriz). O seu cumio acada os 587 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo mexicano. Desenvolveu unha antropoloxía filosófica dirixida a proporcionar as bases para a afirmación da liberdade, a personalidade, e a vida espiritual do home fronte aos resultados da civilización. Entre as súas obras destacan El perfil del hombre y la cultura en México (1934), Más allá de la moral de Kant (1938), Hacia un nuevo humanismo (1942) e Estudio de estética (1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Fuxir o gando atacado por moscas e tabáns cando vai calor.
-
Formarse remuíños.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cambio brusco da dirección do vento.
-
GALICIA
Relixioso. Ordenado sacerdote (1890), ingresou na orde beneditina para despois profesar como franciscano (1892). Director de El Eco Franciscano, foi administrador apostólico de Jaén, bispo de Lugo (1920-1927) e senador pola provincia eclesiática de Santiago de Compostela (1921-1922). Escribiu Instruciones breves sobre la Regla de la Venerable Orden Tercera de San Francisco (1897), Instituciones Philosophiae Christianae, El Terciario Franciscano 1872-1897 (1893), La Armonía entre la ciencia y la fe, personificada en el angélico doctor Santo Tomás de Aquino: sermón (...) (1897), Historia del culto eucarístico en la Diócesis de Compostela (1897), La vida orgánica en sí misma y en sus manifestaciones (1901) e Instrución pastoral sobre la sagrada predicación (1918). Foi académico correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e biólogo. Doutor en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago (1961), médico puericultor (1963) e doutor en Bioloxía coa tese La familia Cornide en el Archipiélago de Cabo Verde. Desde 1978, xefe do servizo de pediatría de POVISA e desde 1989 profesor de ciencias da saúde da facultade de Medicina de Santiago de Compostela. Foi tamén profesor na Escola Universitaria de Enfermería de POVISA da Universidade de Vigo (1992-1993). Os seus estudos de malacoloxía levárono a descubrir novas especies de moluscos. Colaborou na posta en marcha do Museo Galego do Mar de Vigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e ensaísta portugués. Aínda que destacou como ensaísta, as súas principais obras son O grito claro (1958), Sobre o rosto da terra (1961), As marcas no deserto (1978) e O incêndio dos aspectos (1980). Director das revistas Árvore, Cassiopeia e Cadernos do Meio-Dia, entre 1974 e 1975 publicou gran parte da súa obra poética completa.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre, poeta e relixioso. Ingresou na Compañía de Xesús en 1914 e ordenouse sacerdote en 1926. Doutorouse en Teoloxía en Quito e en Filosofía en Letras en La Habana, onde fundou e dirixiu a Academia Gertrudis Gómez de Avellaneda. Colaborador de diversas publicacións, como Vida Gallega e Diario de la Marina, das súas obras destacan O poema da Cruña (1923), en que inclúe composicións tradicionais para loar a súa cidade; Covandonga: epopeya en XV gestas (1950), de carácter épico; O velliño (Edipo na Galiza) (1951), A xesta de como a América nasceu da melodía (1953), Cervantes y Menéndez Pelayo: algunhas semejanzas (1958), Cantigas de novo xeito vello (1959), Cuentos de color del siglo (1959), Fábulas galegas pra os nenos grandes e pequenos (1960) e Cantigas de piedade (1961). Foi académico de honra da Real Academia Galega (1954) e correspondente das academias da lingua de Colombia e Cuba da...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Aquitecto israelí. Desde 1954 reside en Canadá. Formouse en Montréal e foi alumno de Loius Kahn. Proxectou o Hábitat 67, na Expo 1967 de Montréal, construción de doce pisos con capacidade para 158 familias, realizado con elementos prefabricados e módulos superpostos. A obra, na que colaboraron David Barotti e Boulvali, serviu de base para novos proxectos de hábitat en Nova York e Puerto Rico. É autor da escola rabínica Yeshivat-Porat-Josep (1970), en Xerusalén, e de escritos teóricos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Abadía beneditina fundada cara ao 651, co nome de Fleury, e que cambiou de nome (s VIII) despois do suposto traslado do corpo de san Bieito. A igrexa, comezada en 1070 e acabada no s XIII, é románica. Desde 1947 está instalada unha comunidade beneditina. En 845 asinouse o Tratado de Saint-Benoit-sur-Loire entre Carlos II o Calvo e Pipino II, polo cal este recobraba Aquitania, pero sen Poitou, Saintonge e Angoumois, cedidos a Auvernia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Recompilación bíblica de 150 salmos que na Biblia hebrea encabeza a sección dos libros haxiógrafos e na orde da Vulgata figura en segundo lugar. A compilación fíxose incorporando varias coleccións anteriores, das que destacan a iavista, que dá a Deus o nome de Iavé (salmos 3-32 e 34-41) que uns títulos tardíos atribúen a David; e a elohista, do nome de Deus, Elohim, composta de tres coleccións atribuídas aos fillos de Coré (Salmos 42-49), a David (salmos 51-72) e a Asaf (73-83). Polo que respecta ao resto dos salmos, distínguense varios grupos: un sen título (salmos 92-100), outro de salmos graduais ou de peregrinaxe (salmos 120-134) e dous de aleluia (salmos 111-120 e 146-150). A máis antiga de todas as versións gregas é a dos Setenta (s III a C), feita sobre un texto hebreo. Outras versións gregas antigas son a de Aquila, Símmaco e Teodoción, feitas directamente sobre o texto hebreo cara ao s I. Das versións semíticas destacan...
-
-
PERSOEIRO
Escritor israelí. De moi novo participou activamente no movemento sionista, militancia que determinou toda a súa produción, da que destaca Hubala ḥ ba-Sadot (Atravesou os campos, 1947), Ha-Gěvul (A fronteira, 1966) e Ḥ ayai im Ismael (A vida con Ismael, 1969). Escribiu tamén novelas de tema histórico.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa grega do arquipélago das Espóradas Meridionais, situada no Mar Exeo, preto de Asia Menor. De estrutura calcaria, con rochas metamórficas e xistos, presenta dous grupos montañosos: o Kerkis (1.437 m) e o Ambelos (1.137 m). A súa economía baséase nos cultivos de vides, oliveiras, froiteiras, tabaco e algodón. Ocupada na Antigüidade por colonos xonios cara aos ss XI-XII a C, participou (ss VII-VI a C) nos movementos colonizadores e fundou núcleos de poboación en Amorgós, Samotracia e incluso en Italia, á vez que politicamente instauraba a democracia, que foi abatida no 540 a C por Polícrates. No 499 a C a illa participou na rebelión xónica, entrou na Liga Délica (478 a C) e pasou aos romanos. Os seus restos arqueolóxicos, dos que destaca o templo de Hera, foron declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1992.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de santa Xertrude que dá nome ao concello de Samos, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Sarria, situado no SL da provincia de Lugo, no L da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N cos concellos de Láncara e Triacastela (ambos os dous na comarca de Sarria), ao S con Folgoso do Courel (comarca de Quiroga), ao L con Pedrafita do Cebreiro (comarca dos Ancares) e Folgoso do Courel, e ao O co Incio e Sarria (ambos os dous na comarca de Sarria). Abrangue unha superficie de 136,6 km 2 cunha poboación de 1.768 h (2007), distribuída nas parroquias de Castroncán, Estraxiz, Formigueiros, Freixo, Frollais, Gundriz, Loureiro, Lousada, Montán, Pascais, Reiriz, Renche, Romelle, Samos, San Cristovo de Lóuzara, San Cristovo do Real, San Mamede do Couto, San Martiño do Real, San Xil de Carballo, San Xoán de Lóuzara, Santalla, Suñide, Teibilide e Zoó. A súa capital é a vila de Samos, situada a 42° 43’ 59’’ de latitude N e 7° 19’ 26’’ de lonxitude O, que dista 43 km da capital provincial. Está adscrito á diocese de Lugo e ao partido xudicial de Sarria....
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nomós de Grecia, situado na rexión do Exeo Setentrional (778 km2; 41.965 h [1991]). A súa capital é Samos (5.613 h [1981]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Oribio en Samos. Trátase dunha ponte dun só van de laxes de xisto. Atópase no Camiño de Peregrinación a Santiago á beira do mosteiro de San Xián.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro beneditino situado en Samos. A orixe da vida monacal remóntase a época sueva pois o primeiro nome do que se ten constancia é o de Sámanos, que fai referencia a un lugar habitado por unha comunidade relixiosa. Fundado en tempos de san Martiño de Dumio, o bispo de Lugo Ermefredo restaurouno no s VII seguindo a norma de san Froitoso. O cenobio foi abandonado coa chegada dos musulmáns a comezos do s VIII e a vida relixiosa restaurouse en tempos do Rei Froila I (757-768). O mosteiro seguiu nestes primeiros tempos as regras de san Isidoro e de san Froitoso ata que no s XII se adoptou a de san Bieito. En 1175 o Papa Alexandre III concedeu unha bula pola que se lle outorgou aos monxes os dereitos xurisdicionais sobre 105 igrexas dos arredores e do Bierzo. Tras a reforma monacal dos Reis Católicos, en 1505 incorporouse á Congregación de San Benito el Real de Valladolid. O s XVII foi unha época de puxanza económica que se reflectiu na intensa actividade construtiva, situación que continuou...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade siria situada na ribeira dereita do curso superior do Éufrates (actualmente Samsat, a uns 50 km ao NO de Urfa). Nó importante de comunicación nos períodos hitita e asirio, na época helenístico-romana foi o centro político da rexión.